Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O Centro está situado na parroquia de Xanceda, no concello de Mesía. É un C.P.I. (Centro Público Integrado), que acolle alumnos/as pertencentes aos Concellos de Mesía (na maioría) e Frades (da parroquia de Abellá), desde Educación Infantil de 3 anos ata 4º de ESO. Ademais incorpóranse os alumnos/as das escolas unitarias de Olas e Visantoña. Os seus habitantes son galego falantes, case na súa totalidade. Os alumnos/as deste Centro xeralmente optan por continuar estudos en Ordes ou en Curtis, e incluso en centros de A Coruña.

O concello de Mesía, está situado na cunca do río Tambre e pertence á comarca de Ordes na provincia de A Coruña. Conta cunha superficie de 107,10 km2, dividida en 12 parroquias, 11 dentro do termo municipal e unha, Bruma, situada fóra del, entre os concellos de Ordes, Abegondo e Carral. Esta zona ao igual que toda a comarca conta con abundantes precipitacións e néboas. As temperaturas son suaves no verán e frías no inverno, con abundantes xeadas e incluso nevadas.
Conta cunha poboación de 2.497 habitantes segundo o último censo do 2020. Segundo a gráfica da evolución demográfica, a poboación presenta un continuo descenso. A poboación está distribuída de forma dispersa en 12 parroquias. A parroquia máis poboada de todo o Concello é Visantoña. O centro administrativo está na parroquia de Xanceda. Predomina o sector primario, cunha pequena parte da poboación empregada no sector secundario e terciario. A presenza do sector industrial está relacionada co aproveitamento do solo e dos produtos gandeiros. A existencia de terreos arxilosos provoca o xurdimento de varias telleiras, funcionando na actualidade dúas, adicadas á produción de ladrillo e tellas, cunha elevada produción. En canto ao sector gandeiro, a transformación do leite en produtos elaborados: queixo e iogures especialmente. O sector terciario non ten relevancia, sendo cubertos os servizos polos núcleos urbanos de Curtis e Ordes. A casa do Concello está situada no “Campo das Mentiras”, na parroquia de Xanceda. É a institución encargada do mantemento do Centro. O Concello conta con Biblioteca Municipal na Casa da Cultura, a través da que se realizan cursos de animación á lectura, informática, teatro, etc, e ten contacto permanente co centro para a realización de actividades.

O Plan Dixital forma parte do Proxecto Educativo, aportando recursos e ferramentas dixitais para o proceso de ensino-aprendizaxe, así como para o funcionamento do centro; ademais de contribuír a unha mellora considerable da calidade do ensino. Así mesmo, nos últimos anos, a dixitalización do ensino forma parte das liñas de traballo do centro, contribuíndo deste xeito á alfabetización informacional que se pretende, neste caso, desde a implantación da plataforma Edixgal en 1º e 2º ESO e este curso 2021-2022 implantouse en 5º de E. Primaria e en 3º e 4º de Secundaria.. Nos últimos anos participouse en diferentes plans e proxectos da administración, destacando o PLAMBE, o Club de Lectura e o programa de voluntariado na biblioteca e tamén os Contratos Programa en varias modalidades.
O Plan Dixital, tamén é considerado na Programación Xeral Anual, xa que os obxectivos que se pretenden no mesmo forman parte tamén dos obxectivos que se pretenden acadar para cada curso académico.

1.3. Breve xustificación do mesmo

- Art.11bis, art. 121 e art. 132 da LO 2/2006 de 3 de maio, de Educación.
- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e Bacharelato no curso académico 2021-22.
- Resolución de 3 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital, nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2021-2022.

1.4. Proceso de elaboración

Para o proceso de elaboración do Plan Dixital formouse un Equipo no que se integran os membros do Equipo TIC do centro e o equipo directivo, sendo coordinador do mesmo o Coordinador TIC
Seguimos para a elaboración os seguintes pasos:
    • Selfie: Todo o profesorado cunha antigüidade mínima de 1 ano no centro e o alumnado de E. Primaria (5º e 6º) e o alumnado de E. Secundaria (1º ,2º, 3º e 4º)
    • Realización do TCDD, polo profesorado do centro e equipo directivo.
    • Recompilación de datos, reflexión e DAFO.
    • Deseño do Plan Dixital. Plan  de Acción: Definir obxectivos e acción a seguir, así como establecer competencias de realización e prazos de avaliación dos obxectivos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Realizouse enquisa SELFIE en decembro 2021 e test CDD en febreiro 2022 ambos en Anexos.

Interno
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H11-H13 - O alumnado non aprende a codificar ou programar, non aprende a resolver problemas técnicos. Alumnado Non
Debilidade H2-H1 - O alumnado non aprende a verificar a calidade da información e debe aprender a actuar de forma segura en internet. Alumnado Non
Debilidade Nivel de apoio/recursos das familias en relación ao eido dixital Familias Non
Debilidade Porcentaxe de familias que non dispoñen de acceso de calidade a Internet. Familias Non
Debilidade Nivel de apoio e recursos das familias en relación ao eido dixital. Familias Non
Debilidade Porcentaxe de familias que non dispoñen de competencia dixital. Non dispoñen de dispositivos TIC. Familias Non
Debilidade - Conexión a internet mellorable. Infraestruturas Non
Debilidade G1 - Non se utilizan tecnoloxías dixitais para avaliar ao alumnado sexan competencias ou outras. Persoal docente Si
Debilidade A4 - Non hai tempo suficiente para que os docentes poidan explorar novas experiencias educativas dixitais. Persoal docente Non
Debilidade F6 - Non existe participación en proxectos interdisciplinares utilizando as tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade H4 - O alumnado non aprende a verificar a calidade da información. Persoal docente Non
Debilidade B6 - Non existe cultura de traballo colaborativo en redes por parte do profesorado. Persoal docente Non
Debilidade H1 - O alumnado debe aprender a actuar de maneira segura en internet. Persoal docente Non
Fortaleza H7-H8-H10 - O alumnado aprende a crear contidos dixitais e a comunicarse utilizando tecnoloxías dixitais e desarrolla habilidades dixitais en diferentes materias. Alumnado Non
Fortaleza - Entenden a dixitalización do ensino coma un valor engadido necesario. Familias Non
Fortaleza C8 - C10 Dispositivos para o alumnado con acceso a internet e actualización dos mesmos. Infraestruturas Non
Fortaleza C2 - Dispositivos dixitais para o ensino. Infraestruturas Non
Fortaleza - Club de lectura: Promoción da lectura. en blogue, web e redes sociais ... Oferta Non
Fortaleza E4 - Comunicación coa comunidade no referente ao centro educativo a través de tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza - O equipo directivo promove o software libre no ámbito educativo. Organización de centro Non
Fortaleza F4 - Realización de actividades de aprendizaxe dixital que implican ao alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza F1 - Uso de tecnoloxías dixitais para a adaptación do ensino ás necesidades do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza D2 - Acceso a posibilidades de desenvolvemento profesional continuo nas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E4 Comunicación coa comunidade no referente ao centro educativo a través das tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza - Persoal administrativo con equipamentos axeitados. Persoal non docente Non
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C7- Insuficiente política de Protección de datos. Administración educativa Non
Ameaza Non hai ANPA ANPA Non
Ameaza ¿ Estabilidade da conexión a rede e velocidade da mesma. Contorna Non
Ameaza Grao de apoio na lexislación. Lexislación Non
Ameaza Existencia e participación en programas externos relacionados coas TICS (debido ao tema da protección de datos) Outras Non
Oportunidade Programas da Consellería vinculados ás TIC como Edixgal. Administración educativa Si
Oportunidade D2 - Acceso a posibilidades de desenvolvemento profesional continuo no relativo ao ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade Grao de implantación dos recursos dixitais para desenvolver as distintas tarefas administrativas e docente (comunicación, traballo colaborativo, avaliación cooperativa, aprendizaxe mixta) Administración educativa Non
Oportunidade Colaboración co Concello (préstamo de materiais, instalacións, ...) Contorna Non
Oportunidade Plan director. Ministerio do Interior: Ciberacoso, Internet e RRSS¿ Outras Non
Oportunidade Plan Proxecta+: Aprendo programando, Meteoescolas, ¿ Outras Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Continuar coa formación do profesorado en Edixgal
O02PD Mellorar a retroalimentación da avaliación mediante rúbricas na Aula Virtual - Edixgal

Seguimento

Procedemento

En canto á avaliación do plan, o Equipo de Dinamización do Plan Dixital reunirase periodicamente para analizar e comprobar a evolución da consecución dos obxectivos previstos.

Levarase a cabo unha avaliación procesual que se realizará como mínimo unha vez ao trimestre. Para esta avaliación usaranse os instrumentos que se indican nas táboas dos obxectivos. Así, comprobarase o valor e o progreso de cada obxectivo e formularanse propostas de mellora, se fora o caso, co fin de reconducir a acción e poder acadar a consecución dos obxectivos segundo se temporizaron na organización inicial.

Ademais, ao final de curso realizarase unha avaliación final valéndose de cuestionarios sobre os indicadores que se pasarán ás persoas responsables de cada un deles.

Preténdese valerse da avaliación para formular propostas de mellora e establecer obxectivos de cara ao vindeiro curso escolar.

1º Trimestre

No primeiro trimestre desenvolvéronse todas as accións relativas á preparación da formación. A acollida inicial por parte da comunidade educativa foi moi boa.

2º Trimestre

No segundo trimestre se fixeron as sesións de formación e do traballo para aplicar á mesma. Tanto a formación coma o impacto da incorporación de ferramentas de avaliación en aulas Edixgal está a ser moi positivo.

3º Trimestre

Rematouse a formación do PFPP en tema de rúbricas e guías de corrección dentro do obxectivo 02.

Recibimos paneis dixitais interactivos dende infantil ata 4º de primaria e recibimos formación (pouca) para poñelos a funcionar.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

En canto á avaliación do plan, o Equipo de Dinamización do Plan Dixital reunirase periodicamente para analizar e comprobar a evolución da consecución dos obxectivos previstos.

Levarase a cabo unha avaliación procesual que se realizará como mínimo unha vez ao trimestre. Para esta avaliación usaranse os instrumentos que se indican nas táboas dos obxectivos. Así, comprobarase o valor e o progreso de cada obxectivo e formularanse propostas de mellora, se fora o caso, co fin de reconducir a acción e poder acadar a consecución dos obxectivos segundo se temporizaron na organización inicial.

Ademais, ao final de curso realizarase unha avaliación final valéndose de cuestionarios sobre os indicadores que se pasarán ás persoas responsables de cada un deles.

Preténdese valerse da avaliación para formular propostas de mellora e establecer obxectivos de cara ao vindeiro curso escolar.

Valoración xeral

O desenvolvemento do plan dixital precisa o enfoque dun proceso continuo e evolutivo.

A avaliación do desenvolvemento do plan dixital debe ter en conta os resultados e o impacto na aprendizaxe dos estudantes, así como a experiencia e a retroalimentación dos docentes, pais e outros actores chave. Ao ser este o primeiro Plan Dixital que desenvolvemos os indicadores que permiten esta retroalimentación son moi sutís e haberá que agardar a vindeiros cursos nos que voltemos a realizar un exercizo SELFIE de autoavaliación da situación dixital da comunidade educativa.

Proposta de mellora
  • Afondar na formación e no desenvolvemento profesional contínuo do corpo docente en colaboración cos CFR afondando na estabilización dunha liña TIC nos PFPP.  A idea é continuar no desenvolvemento de habilidades de avaliación docente en Edixga incluíndo o libro de cualificacións.
  • Realizar unha reavaliación das necesidades tecnolóxicas e os recursos dispoñibles no centro educativo. Afondar nas posiblidades de emprego didáctico dos paneis dixitais interactivos. 

  • Integración curricular: Promover a integración da tecnoloxía no currículo escolar de maneira transversal. Isto implica identificar oportunidades para utilizar ferramentas dixitais en diversas materias e actividades, fomentando a creatividade, a colaboración e o pensamento crítico dos estudantes. Así mesmo, débense establecer criterios claros para avaliar o uso da tecnoloxía e o seu impacto na aprendizaxe.

  • Establecer un sistema de avaliación e seguimento continuo para medir o impacto do plan dixital na aprendizaxe dos estudantes e na calidade do ensino. Isto implica recompilar datos, analizar resultados e realizar axustes periódicos segundo os achados. Tamén é importante comunicar os avances e logros do plan á comunidade educativa.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Por outro lado, seguindo o indicado na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implantación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, o plan será aprobado polo Consello Escolar no último trimestre do curso 2021/2022, unha vez oído o claustro.

Así, seguindo o anterior, no noso centro, levarase o plan á sesión do Claustro no mes de xuño e ao Consello Escolar na sesión ordinaria do mesmo mes para a súa aprobación, se procede.

Unha vez aprobado polo Consello Escolar, este Plan Dixital será difundido a toda a comunidade educativa a través da páxina web do centro.