Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

- CPI Plurilingüe Virxe da Cela – 15009241

- Lugar O Xestal s/n – San Fiz de Monfero - Monfero – A Coruña

- Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpivirxedacelamonfero/

- Correo electrónico: cpi.virxedacela.monfero@edu.xunta.gal

- Educación Infantil: 42 nenos e nenas e 4 persoas docentes especialidade Ed. Infantil

- Educación primaria – 82 alumnas e alumnos e 12 profesionais docentes

- Educación secundaria obrigatoria – 37 chicas e chicos e 13 profesionais docentes

-Xefatura do Departamento de Orientación e especialidades de Pedagoxía Terapéurica

e de Audición e Linguaxe, esta última, compartida

- Servizos complementarios de comedor e transporte escolar

- Xornada partida

- Proxecto E-Dixgal – Abalar

- Centro Plurilingüe nas tres etapas educativas

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

En anexos (contextualización.pdf)

Breve xustificación do mesmo


O Plan Dixital baséase na normativa seguinte:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021-2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

1.4. Proceso de elaboración
Nesta primeira versión do Plan Dixital, os membros do Equipo de Dinamización do mesmo
son:
- Rafael Pita da Veiga Vázquez – Coordinador
Profesor da ESO, ademais de Coordinador TIC e Coordinador EDixgal
- María del Camino Pereiro González – Directora
Directora do CPI Plurilingüe Virxe da Cela e profesora de Educación Primaria
- Lara Real Lema
Orientadora do centro
- María Dolores Negreira Gerpe
Profesora no ámbito da Pedagoxía Terapéutica
- Ángela González Galán
Profesora de Educación Infantil
- María Cristina Lage García-Armero
Profesora de Educación Primaria
Todo o equipo de dinamización do Plan Dixital contribuíu activamente ao seu
desenvolvemento, aportando de forma constante e discutindo activamente cada unha das
súas partes. A partires do mes de novembro realizouse unha reunión mensual e nos meses
de maio e xuño, previamente á presentación, realizáronse dúas reunións mensuais.
Os pasos seguidos para a elaboración do Plan Dixital, segundo indicacións do ADIX, foron:
- Preparación da enquisa SELFIE con preguntas personalizadas
- Realización da enquisa SELFIE por parte da directiva, profesores de infantil e primaria,
profesores de secundaria, alumnos de 5º e 6º de primaria, e todos os alumnos da ESO. A
destacar que a participación foi moi alta.
- Elaboración do informe dos resultados SELFIE
- Realización test CDD (Competencia Dixital Docente) por parte dos profesores do centro. A
participación tamén foi elevada.
- Estudio do informe grupal do test CDD
- Elaboración do informe DAFO
- Realización do Plan de Acción
- Redacción do borrador do Plan Dixital
- Redacción da versión definitiva, para o próximo curso, do Plan Dixital
Unha vez elaborado o borrador do Plan Dixital, foi enviado polo coordinador ao equipo de
dinamización do mesmo para a súa corrección e mellora. En todo momento contouse co
valioso apoio do ADIX da área de Ferrol, quen guiou e supervisou este Plan Dixital. Ademais,
todo o equipo do Plan Dixital participou na formación en liña impartida.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

En anexos: informe SELFIE, test CDD

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H1.- Os alumnos pensan que teñen un comportamento seguro, en discrepancia coa opinión dos docentes e directivos Alumnado Non
Debilidade H6.- Non se recoñece de forma axeitada o traballo dos demais Alumnado Non
Debilidade C7.- Descoñecemento da normativa de autor e licenzas de uso Infraestruturas Non
Debilidade A1.- Descoñecemento do profesorado da estratexia dixital ou ben non a consideran boa Oferta Non
Debilidade B1.- Mellorable avaliación do progreso Persoal docente Non
Debilidade G6.- Necesidade de mellorar os comentarios a outros alumnos sobre o seu traballo Persoal docente Non
Debilidade F6.- Necesidade de aumentar o número de proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Fortaleza C8.- Gran dispoñibilidade de dispositivos dixitais para o aprendizaxe, moitos deles adquiridos polo centro Alumnado Non
Fortaleza C2 - Gran dispoñibilidade de dispositivos dixitais para a ensinanza. Infraestruturas Non
Fortaleza A3.- Moi boa opinión das novas modalidades de ensinanza, tanto en primaria como en secundaria Oferta Non
Fortaleza C5.- Asistencia técnica tanto para os docentes como paro os alumnos Organización de centro Non
Fortaleza D2.- Boa participación no DPC Persoal docente Non
Fortaleza E1.- Alta cualificación dos recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza F1.- Boa adaptación as necesidades do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza B3 - Boa calidade das colaboracións para o intercambio de experiencias Persoal docente Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C11.- Falta de formación dixital en moitas familias Contorna Non
Ameaza C11.- Falta de formación dixital en moitas familias Contorna Non
Oportunidade C1.- Adecuada infraestrutura Administración educativa Non
Oportunidade C3.- Boa conectividade a internet Administración educativa Non
Oportunidade B3.- Colaboracións de outras entidades no desenvolvemento do plan educativo do centro Outras Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Analise DAFO: en anexos

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD AUMENTO DO EMPREGO DA PLATAFORMA EVA EDIXGAL O CPI Plurilingüe Virxe da Cela é un centro E-Dixgal. Os centros adscritos a este proxecto terán acceso ao Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), e deberán utilizar para o desenrolo curricular materiais dixitais que poden proceder de este entorno ou ben proporcionados polo centro. O Coordinador E-Dixgal do centro, decatouse de que o uso da plataforma EVA-E-Dixgal era absolutamente minoritaria xa que soamente un 10% dos profesores con materia Edixgal a empregaban. Preguntados os docentes sobre a razón de este feito, as respostas foron de dous tipos: - Sempre empreguei a Aula Virtual do centro e non teño necesidade de cambiar ou ben non quero cambiar. - A plataforma E-Dixgal e moi complicada e non a sei empregar. Hai que recordar que na resolución na que se convoca a selección de centros que participan no proxecto E-Dixgal se di: - ¿O incumprimento das condicións e dos compromisos recollidos nesta resolución poderá ocasionar a exclusión do centro no proxecto¿ - ¿d) No caso do profesorado implicado, do coordinador E-Dixgal e do equipo directivo, segundo corresponda, deberá participar nas actividades de formación vinculadas ao proxecto que se planifiquen tanto desde o centro como desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.¿ - ¿h) No caso do profesorado participante, comprometerse a participar na formación específica que se oferte dentro do programa. A formación no centro articularase obrigatoriamente no marco dos Plans de Formación Permanente do Profesorado, para o que recibirán o asesoramento da Rede de Formación do Profesorado.¿ Polo tanto, é necesario arranxar esta situación e por esta razón establécese este obxectivo. - Os responsables do obxectivo serán o Coordinador E-Dixgal e a directiva. - O indicador do obxectivo será a porcentaxe de profesores que empregan a plataforma EVA. Actualmente é do 10% e sería desexable un mínimo dun 90%.
02PD ACTUALIZACIÓN DOS EQUIPOS INFORMÁTICOS OBSOLETOS Hai un gran número de ordenadores obsoletos ou ben non reparables, que necesitan ser cambiados. As necesidades máis urxentes son: 8 ordenadores nas aulas 004, 101, 102, 103, 105, 107, 115, 008 2 proxectores nas aulas 202 e 007 Sería convinte cambiar 9 ordenadores nas aulas 005, 003, 202, 203, 105, 104, 106, 113, 007
03PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado para mellorar a seguridade na rede Na actualidade, co uso intensivo dos medios dixitais e da rede, é fundamental á seguridade. Detectouse na enquisa SELFIE a necesidade de formar aos alumnos neste tema.
04PD Informar ao profesorado do centro da Estratexia Dixital do mesmo
05PD Promover a comunicación entre titores e as familias mediante o uso de Abalar
06PD Aumentar o coñecemento por parte do profesorado da normativa de autor e licenzas de uso

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

AO1.1.

AO1.2.

AO2.3.

AO2.4.

AO3.1.

2º Trimestre

Non se imparten cursos solicitados porque primaron outras necesidades no PFPP.

3º Trimestre

Non se realizan accións

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e consecución dos obxectivos é:

 

- Avaliación procesual: Se realizará por parte do coordinador TIC unha vez ao mes. Os

 

aspectos a valorar son:

 

a) Estado da execución das accións.

 

b) Análise e valoración dos resultados.

 

c) Modificación, si é necesario, das accións e propostas de mellora.

 

- Avaliación final: No remate do curso. Os aspectos a valorar son:

 

a) Análise da consecución dos obxectivos.

 

b) Propostas de mellora.

Valoración xeral

01PD NON se acada

Infórmase da necesidade de usar a plataforma periodicamente nas materias edixgal

Proponse a realización de cursos a través do PPFP relacionados co uso do edixgal, mais a demanda do profesorado estaba máis enfocada a outro tipo de formación.

Non se imparten os cursos no PFPP ao ocuparse a demanda con outras formacións

Adicionalmente, en secundaria vótase a saída de edixgal nesta etapa, ao rematar o compromiso co programa tras catro anos. En primaria mantense edixgal. Compre modificar obxectivos de cara ao curso que ven dada esta casuística.

 

02PD acádase parcialmente

- Realizar un inventario completo dos equipos informáticos obsoletos. Queda pendente de actualizar coa adquisición dos novos paneis.

- Solicitar equipos á UAC, ao servizo premium de e-dixgal e ao coordinador de zona e-dixgal

A medidados de curso o servizo premium envía equpos para profesorado edixgal máis potentes e recollen os que non se usaban.

Tamén mandan os novos paneis dixitais nas aulas de infantil, e en primaria até 4º EP.

-Solicitar un presuposto para mercar equipos por parte do centro

Realizado a principio de curso

Quedan equipos pendentes de renovar. A renovación queda pendente para o inicio do próximo curso escolar.

 

03PD parcialmente

-Solicitación de charlas aos organismos oficiais sobre seguridade e perigos na rede

Pídense e impártense charlas ao longo do curso ao respecto para alumnado

- Non se crean sin embargo os grupos de traballos nas aulas por parte dos titores para poñer en práctica o aprendido durante as charlas.

 

04PD só se realiza particlamente.

Si que se informa ao profesorado sobre o plan dixital e déixase dispoñible na páxina web do centro, pero non se solicitan aportacións nin se realiza enquisa ao profesorado sobre o mesmo. Queda pendente para realizar durante o seguinte curso académico.

05PD cúmplese

A maior parte do profesorado usa abalar para as comunicacións coas familias, e viceversa.

06PD non se cumple

Non se pediu formación ao respecto. A demanda de formación relacionada coas TICs foi máis enfocada ao uso de recursos e materiais presentes no centro (impresión 3D, software dispoñible...)

 

Proposta de mellora

-Modificar e engadir obxectivos dadas as novas circunstancias do centro. En particular, necesítase

 - formación para o profesorado sobre o uso de moodle, xa que abandonamos edixgal na secundaria

- formación para as familias sobre os perigos da rede e o uso adecuado dos equipos por parte do alumnado, xa que se detectou durante o curso esta necesidade.

- Renovación de equipos aproveitando as pezas de equipos en desuso. A compra de discos duros de estado sólido (SSD) podería permitirnos reciclar equipos que agora mesmo non se atopan en uso.

 

- Realizar en tempo os obxectivos que non se acadaron neste ano.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital se enviará a todos os profesores no principio de curso e se falará del no primeiro claustro. Informarase ao profesorado da súa evolución nos claustros do curso e no claustro final.

URL con acceso ao plan dixital

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpivirxedacelamonfero/?q=system/files/_PlanDixital_10-22.pdf