Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O plan dixital do CEIP San Ramón é unha ferramenta de planificación integrada no Proxecto Educativo que ten por obxecto o tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensino-aprendizaxe.

Hoxe en día, é primordial o dominio das ferramentas básicas destas novas tecnoloxías  así como a análise das vantaxes e inconvintes do seu uso dende a perspectiva educativa.

Para conseguir que a incorporación plena das TIC no centro sexa útil na mellora do proceso de ensino aprendizaxe, é necesario adoptar unha serie de medidas que van máis aló da simple dotación de recursos e deben ir acompañadas da formación do profesorado , alumnado e familias así como da elaboración de materiais en distintos soportes para lograr un óptimo resultado. Esta é  a razón pola que o noso PD vai dirixido a toda a comunidade educativa.

Tal e como se contempla no PEC do centro, tentamos buscar a integración e igualdade de oportunidades para o noso alumnado. Trazamos accións que favorezan o desenvolvemento das competencias básicas. Os nosos sinais de identidade son: pluralismo e valores democráticos, coeducación, integración, respecto e tolerancia, apertura, educación para a paz e a non violencia, flexibilidade, valoración do esforzo e integración de metodoloxías activas.

Dende hai xa 5 anos traballamos co proxecto E-Dixgal en 5º e 6º de primaria. Mercamos tablets, pantallas grandes táctiles, pantallas dixitais, routers para mellorar a conexión destes dispositivos,.. Todo isto, cremos que facilita a aprendizaxe colaborativa, a autonomía persoal, o aprender a aprender e a atención á diversidade de xeito máis equitativo.

O acceso a estas ferramentas TIC implicou a formación docente e discente: cursos técnicos, charlas sobre privacidade e seguridade, etc..

Nos derradeiros cursos, o centro implicouse en varios programas e proxectos co fin de estimular o uso das TIC na mellora da calidade do centro: Proxecto Digicraft, Misión Alba, Programa D´Tec do CIXTEC, PLAMBE, Biblioteca Creativa, Plan Proxecta etc

O centro dinamiza o seu funcionamento complementando as actividades diarias con outras como concursos a través da páxina web e blogue do centro, publicación de actividades a través da súa canle youtube e facebook.

Por último mencionar que todo isto explicado con anterioridade pon de manifesto que o uso das TIC no noso centro forma parte ineludible da programación xeral anual, ocupando un papel importante na mesma.

O novo currículo de educación primaria introduce un marco legal que concede un carácter preceptivo ao uso das TIC máis aló do propio fenómeno social, económico ou cultural no que nos atopamos. A competencia do tratamento da información e a competencia dixital consiste especialmente en dispoñer de habilidades para busca, obter, procesar e comunicar información e transformala en coñecemento.

O dominio e alfabetización TIC son a día de hoxe unha técnica instrumental imprescindible que repercute nas competencias restantes, con especial impacto na competencia en comunicación lingüística, na competencia social e cidadá e na competencia para aprender a aprender.

O Plan Dixital de centro é un instrumento de planificación que está integrado no Proxecto educativo. Pretende o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e dos recursos dixitais. Neste plan preténdese a participación de toda a comunidade educativa, de modo que se converta nun “Proxecto Compartido”.

Por outra banda, o uso xeneralizado de ditas tecnoloxías da información e comunicación en todos os aspectos da vida cotiá provocaron cambios profundos na sociedade, pero tamén na maneira de aprender ao longo da vida, na cultura, na convivencia democrática, … Todo isto fai preciso que o sistema educativo responda á nova realidade social e introduza un novo enfoque da competencia dixital máis moderno e amplo, acorde co resto de Europa que permita mellorar os proceso de ensino-aprendizaxe.

Por todo isto, é necesaria a elaboración deste plan como documento de referencia que recolla e regule todos os aspectos relativos a dita transformación dixital no centro.

Tentamos elaborar un Plan Dixital adaptado ás necesidades, circunstancias     e características do noso centro educativo. No centro elaboramos este Plan Dixital de maneira consensuada entre todo o profesorado, guiados polo coordinador do Plan, a coordinadora Edixgal e o equipo de dinamización das TIC. Da mesma maneira creamos un grupo de traballo onde participábamos 7 mestres sobre esta temática.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir da realización da autoevaluación SELFIE e do Test de Competencias Dixitais, recompilamos os datos necesarios para a realización do DAFO. Gracias a isto, puidemos analizar a situación de partida do noso centro para a continuación, redactar a táboa de obxectivos e actuacións que se levarán a cabo durante o próximo curso escolar.

Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade G3 Retroalimentación adecuada Familias Si
Fortaleza B3 Colaboracións Alumnado Si
Fortaleza G5 Autorreflexión sobre a aprendizaxe Alumnado Si
Fortaleza G6 Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo Alumnado Non
Fortaleza F5 Colaboración do alumnado Alumnado Si
Fortaleza B3 Colaboracións Familias Non
Fortaleza E4 Comunicación coa comunidade educativa Familias Non
Fortaleza B2 Debate sobre o uso da tecnoloxía Familias Non
Fortaleza C2 Dispositivos dixitais para o ensino Infraestruturas Non
Fortaleza D1 Necesidades de DPC Oferta Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensinanza Persoal docente Si
Fortaleza E1 Recursos educativos en liña Persoal docente Si
Fortaleza D2 Participación no DPC Persoal docente Non
Fortaleza F6 Proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Fortaleza G1 Avaliación de capacidades Persoal docente Non
Fortaleza D3 Intercambio de experiencias Persoal docente Si
Fortaleza E2 Creación de recursos dixitais Persoal docente Non
Fortaleza E3 Emprego de contornas virtuais de aprendizaxe Persoal docente Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A4 Falta de fondos Administración educativa Non
Ameaza A4 Tempo para explorar a ensinanza dixital Administración educativa Si
Ameaza C14 Espazos físicos Administración educativa Non
Ameaza A4 Porcentaxe de tempo Lexislación Non
Ameaza A4 Falta de tempo para o profesorado Lexislación Non
Ameaza H1 Comportamento seguro Outras Si
Oportunidade C2 Dispositivos dixitais para o aprendizaxe Administración educativa Si
Oportunidade B1 Avaliación do progreso Administración educativa Non
Oportunidade C1 Infraestrutura Administración educativa Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras unha análise dos datos ofrecidos no canto das debilidades, fortalezas, oportunidades e amenazas que se nos presentan de cara a unha educación dixital do noso alumnado imos resumir nunha serie de táboas os obxectivos que queremos traballar e con que áreas estarían contextualizados en relación co marco DigCompOrg. Os obxectivos escollidos respondían a criterios SMART: específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
OB1 Mellorar a retroalimentación coas familias nos proxectos interdisciplinares do centro
OB2 Poñer en práctica medidas relacionadas co comportamiento seguro na rede
OB3 Aumentar a porcentaxe de tempo para a ensinanza dixital
OB4 Favorecer o uso de dispositivos dixitais para o ensino no alumnado de infantil e primaria
OB5 Fomentar a creatividade do alumnado coa implementación na aula de recursos dixitais
OB6 Levar a cabo prácticas dixitais que favorezan a autorreflexión na aprendizaxe do alumnado
OB7 Crear un banco de recursos dixitais compartidos para o uso en diferentes niveis

Seguimento

Procedemento

Cada unha das accións propostas neste Plan leva asociados uns indicadores específicos, tal e como se pode ver nun punto anterior deste documento,  que axudarán a determinar se cada un dos obxectivos propostos acadouse e si é necesario realizar variacións no plantexamento destas accións para que ditas propostas se poidan materializar.

1º Trimestre

O seguimento realizarase nunha reunión que se levará a cabo unha vez ao trimestre e que incluirá a valoración do estado da execución das accións propostas no Plan de Acción.

2º Trimestre

O seguimento realizarase nunha reunión que se levará a cabo unha vez ao trimestre e que incluirá a valoración do estado da execución das accións propostas no Plan de Acción.

3º Trimestre

O seguimento realizarase nunha reunión que se levará a cabo unha vez ao trimestre e que incluirá a valoración do estado da execución das accións propostas no Plan de Acción.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación realizarase a través dunha avaliación procesual, que se levará a cabo unha vez ao trimestre e que incluirá a valoración do estado da execución das accións propostas no Plan de Acción.

Asemade, realizarase unha avaliación final unha vez ao ano, coincidindo co final do curso, na que se valorará, entre outros aspectos, o logro dos obxectivos propostos.

            O Equipo de dinamización do Plan Dixital elaborará un documento para incluír na memoria final do centro, este documento tamén recollerá propostas de mellora para o seguinte curso.

            Poderán terse en conta para a avaliación do Plan Dixital os datos obtidos de futuras aplicacións de SELFIE e o test de competencia dixital docente.

Valoración xeral

A valoración xeral do Plan Dixital será realizada cara a finais de curso nunha reunión do claustro. Na mesma, tomaremos todas aquelas enquisas e documentos de retroalimentación realizados con familias e alumnado, así como todas as opinións e valoracións do profesorado con respecto á execución do Plan de Acción previamente deseñado. Na mesma tomaranse decisións, tanto de corrección e mellora, como de continuidade naquelas propostas que se vexan necesarias.

Da mesma maneira, este Plan tamén estará a valoración da administración, sobre o cal tomaremos as medidas oportunas para mellorar ano tras ano.

Proposta de mellora

Tendo en conta os datos obtidos na avaliación citada no punto anterior, proporanse, de ser o caso, as posibles modificacións nas accións levadas a cabo así como as propostas de mellora a ter en conta de cara aos seguintes trimestres ou curso escolar.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

No centro existen diferentes estratexias organizativas coordinadas para dinamizar e motivar a difusión das accións formativas, sobre o plan dixital, que se desenvolven dentro e fora das instalacións do propio centro. Ademais, o centro organiza e/ou participa en actividades e eventos de intercambio de coñecemento que impulsan a innovación docente.

Como estratexia para a difusión do Plan Dixital, habilitarase un espazo específico para a súa difusión na web do centro. Durante o inicio do curso adicarase un tempo específico á información e formación sobre o Plan TIC e á acollida de demandas entre o profesorado para desenvolver cantas accións sexan necesarias para impulsalo.

Para coordinar e dinamizar a integración curricular das TICs no Centro promoverase o uso e a elaboración da páxina web e blogue do Centro. Fomentarase a creación e uso de contidos e actividades TICs para integralas na práctica docente. Ademais, darase apoio ao profesorado, principalmente con charlas e accións formativas puntuais acerca do uso correcto dos medios multimedia: reprodutores DVD, cámaras dixitais, tabletas, ordenadores, pantalla dixital, canón proxector, etc. O Equipo Directivo e o coordinador das TICs serán os encargados de dinamizar ditas tarefas.

En relación coa páxina web e blogue do Centro, promoverase a actualización e mantemento da mesma, tanto na parte xeral coma nos espazos de cada departamento. O Equipo Directivo e os coordinadores do Plan encargaranse de asesorar ao profesorado sobre os cursos relacionados coas TICs que ofrece o C.F.R. Así mesmo, encargaranse de informar, ao claustro de profesores, sobre as accións levadas a cabo dentro do Plan Dixital.

A información ao alumnado sobre o Plan realizarase a través do profesorado; elaborarase unha folla informativa que se colocará en cada aula, na que constarán tódolos medios TIC da aula, así coma a forma correcta da súa utilización e o modo de proceder ante posibles incidencias.

A información ás familias realizarase a través do Consello Escolar, a través da ANPA, e aproveitando as reunións xenerais cos pais que se fan temporalmente, nas que o profesorado poderá pasar a información necesaria para as familias, que anteriormente o coordinador deste Plan haberá facilitado a cada un deles. Do mesmo xeito, dita información colocarase na páxina web e blogue do Centro. Os coordinadores do Plan tamén transmitirán a información ao mesmo persoal de administración e servizos pertencente á comunidade educativa.