Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Terase en conta a temporalización de obxectivos reflectida no Plan para realizar o seguimento e valorar se os obxectivos que corresponden a dita temporalización están ou non acadados e o porqué.
Tódalas acción formaladas para conseguir neste trimestre foron realizadas, agás a formación que foi adiada ao segundo por problemas de horarios dos poñentes.
Tódolos obxectivos formulados nas accións para este trimestre foron acadados, agás a Creación dun banco de
recursos sobre páxinas e recursos educativos abertos de distintos tipos (imaxes, música e sons...) con licenza copyleft e Creative Commons. Queda oendente para realizar antes de rematado o curso.
Por outra banda, comezouse coa formación que quedara adiada no primeiro trimestre e continuarase coa mesma ao longo do 3º trimestre.
Avaliación
Ao longo do curso farase unha avaliación tanto procesual como final, atendendo aos obxectivos establecidos no Plan de Acción.
No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será cando menos unha vez ao trimestre, e os aspectos a valorar : o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso e as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Ademáis vaise levar a cabo no mes de xuño o deseño de rúbricas de avaliación da competencia informática desenvolta por profesorado e alumnado.
No contexto da avaliación final mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano.
O propio Plan de Acción, nos obxectivos formulados, inclúe unha lista de contexo como instrumento de avaliación que imos a utilizar.
O proceso de posta en práctica, ao ser un proceso vivo e modificable, poderá precisar do uso doutros instrumentos de avaliación se fose necesario.
Os aspectos fundamentais a valorar serán os relativos ao logro dos obxectivos e
as propostas de mellora.
Comunicación e difusión
Aprobación e envío por correo a todo o profesorado do claustro e tódolos membros do Consello Escolar.
Plan Dixital colgado na web do Centro ao alcance de toda a comunidade educativa.