Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN EN RELACIÓN COA NORMATIVA VIXENTE

O plan dixital se enmarca dentro do actual marco normativo da lexislación vixente. Seguindo un orde de maior a menor rango, estaría rexido polas seguintes leis:

-  A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación especifica que se debe promover o uso das TIC como medio didáctico tratando de contribuír a minimizar os efectos da fenda dixital por xénero ou outros aspectos socioculturais. (art 111 bis). Tamén incide en fomentar a confianza e a seguridade no uso das tecnoloxías, prestando especial atención ás situacións de violencia na rede e observando o respecto á normativa reguladora da información dixital e os dereitos de propiedade intelectual ademais de concienciar sobre o respecto dos dereitos de terceiros. O acceso ás novas tecnoloxías basearase nos principios de non discriminación impulsando un compromiso educativo entre familias e centro e neste contexto, deben atender á diversidade propoñendo modelos de programación e materiais accesibles (art. 121). Para estes fins, a dirección do centro dirixirá, promoverá e coordinará a innovación educativa (art 132).

- No artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 30.1 do DECRETO 150/2022do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. establécese que: “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”.

- Ademais no artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022 e no artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022 concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD.

 Este Plan Dixital foi acordado e elaborado polos membros encargados de dinamizar e mellorar a Competencia Educativa Dixital do centro seguindo as instrucións de comezo do curso comunicadas por SSCC. Foi incluído no Proxecto Educativo de Centro tras ser aprobado polo Consello Escolar unha vez oído o claustro nas datas sinaladas neste documento.

CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL NO CENTRO. CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO

A parroquia de San Pedro de Matamá esténdese ao longo de 4,67 quilómetros cadrados en suave pendente ata a beira do Lagares. O número de habitantes rexistrado no último censo é de 4.275. A maioría das familias traballan en industrias próximas, no sector de servizos ou como traballadores autónomos. O nivel cultural é medio. A maior parte dos pais/nais teñen un nivel académico de estudos básicos; aínda que é difícil xeneralizar, xa que son bastante heteroxéneas.

As actividades socio-culturais organízanse en torno á asociación de veciños: A Unión e a sociedade cultural e deportiva Atlántida. Cabe destacar que a parroquia mantén tradicións moi arraigadas en Galicia como festas tradicionais (sementeira, maios, etc.) e diferentes actos musicais. A banda de música é referente no panorama musical provincial e autonómico. O presente Plan Dixital incardínase dentro da liña marcada no Proxecto Educativo e na Programación Xeral Anual contribuíndo ao desenvolvemento dos diversos plans e proxectos do centro: Plans anuais de lectura, incluído o proxecto lector do centro. Plan de dinamización da Lingua Galega. Plan de atención á diversidade. Plan de Convivencia. Programas de innovación educativa: PLAMBE, PROA+, Inclúe.t, Innóva-t . Outros proxectos de centro vinculados ás actividades complementarias relacionadas coas conmemoracións escolares: Samaín, Magosto, Día internacional contra a violencia de Xénero, Día da declaración dos Dereitos humanos, Nadal, día da Paz, Entroido, Semana da Prensa, Día da Muller Traballadora, Día do Libro, Semana Cultural, Día das Letras Galegas, Día mundial do medio ambiente. Por último, o Plan Dixital potenciará directamente o Plan de dinamización das TIC de xeito que supoña un importante impulso para a implantación necesaria e definitiva das novas tecnoloxías na vida cotiá de toda a comunidade escolar.

PROCESO DE ELABORACIÓN

Seguindo as instrucións da resolución do 3 de setembro de 2021 o proceso de elaboración do plan dixital levado a cabo polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital seguiu as seguintes fases:

- Fase de análise da situación do centro a través de 2 instrumentos: - Informe SELFIE (con achegas de equipo directivo, alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e todo o profesorado do centro). - Test CDD.- Realizado por todo o profesorado do centro.

- Fase de diagnose de situación do centro. - Informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) elaborado polo equipo de dinamización do plan dixital.

- Fase de elaboración do Plan Dixital.

- Deseño do plan de acción (polo equipo de dinamización do plan dixital).

- Elaboración do Plan dixital propiamente dito (equipo de dinamización do plan dixital).

No curso 2021/2022 elaborouse a primeira versión do Plan Dixital. No curso 2022/2023 implementouse o Plan e realizouse a subida a EduCalidade. Neste curso 2023/2024 planificaronse novos obxectivos que trataremos de adquirir ao longo do curso. Para acordar estes obxectivos seguimos empregando o DAFO que fixemos no curso 2021/2022 e a experiencia acumulada nestes dous anos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para elaborar a análise DAFO realizouse unha análise cuantitativa baseada nos resultados numéricos derivados do informe extraído do test SELFIE e do test CDD.

No inicio do curso 2023/2024 facemos unha revisión de obxectivos e tras acadar os do curso pasado analizamos de novo o DAFO para plantexar novos obxectivos para este curso.

Interno
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H11,13. Codificación ou programación. Resolución de problemas técnicos. Uso das tecnoloxías dixitais para mellorar a aprendizaxe colaborativa activa e autónoma. Alumnado Non
Debilidade H6,7. Verificación de datos e creación de contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade Baixa competencia dixital. Acceso limitado do alumnado ás tecnoloxías dixitais e a unha conexión estable. Familias Non
Debilidade C15. Tecnoloxías asistencias para ANEAE. Infraestruturas Non
Debilidade C16. Repositorios ou bibliotecas en liña. Infraestruturas Non
Debilidade A1. Estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade E2,3. Creación de recursos dixitais e contornas virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade F6. Proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Debilidade G. Prácticas de avaliación, información e retroalimentación do alumnado. Avaliación entre iguais. Persoal docente Non
Debilidade D1,2. Reflexión sobre as necesidades de DPC e acceso ás mesmas. Persoal docente Non
Fortaleza H1,3,4. Comportamento seguro e responsable. Verificación da calidade da información atopada. Alumnado Non
Fortaleza H8,10. Comunicación con tecnoloxías dixitais e habilidades dixitais en distintas materias. Uso de software libre. Alumnado Non
Fortaleza Emprego de software libre no ámbito educativo. Familias Non
Fortaleza C2,3,5,7. Dispositivos, acceso a Internet no centro, sistemas de protección de datos, asistencia técnica xestionada polo centro. Infraestruturas Non
Fortaleza A2. Colaboración entre equipo directivo e profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza C11. Medidas para identificar as necesidades do alumnado. Organización de centro Non
Fortaleza B1. Avaliación dos progresos en materia de ensinanza - aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza A5. Dereitos de autor e licenzas de uso. Persoal docente Non
Fortaleza B2. Debate sobre o uso das TIC Persoal docente Non
Fortaleza D3. Intercambio de experiencias dentro do centro. Persoal docente Non
Fortaleza E1,4. Recursos educativos en liña e tecnoloxías para a comunicación no centro. Persoal docente Non
Fortaleza F1,4,5. Actividades de aprendizaxe dixitais que implican ao alumnado, facilitan a colaboración e adáptanse ás súas necesidades. Persoal docente Non
Fortaleza G. Avaliación das habilidades do alumnado e tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe. Emprego de software libre no ámbito educativo. Persoal docente Non
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C8,10. Dispositivos insuficientes para que todo o alumnado que o precise o utilice ou o leve a casa. Administración educativa Non
Ameaza C1. Desactualización de equipamentos e as redes. Administración educativa Si
Ameaza A4. Insuficiente tempo para explorar novas modalidades de ensino. Administración educativa Non
Ameaza C14. Espazos físicos que faciliten a ensinanza-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Ameaza As diferentes modalidades de formación non se axustan ás necesidades formativas en competencia dixital do profesorado. Administración educativa Non
Ameaza C13. Imposibilidade de traer os seus propios dispositivos debido ao nivel socio-económico das familias. Contorna Non
Ameaza B4. Colaboración con outras organizacións. Outras Non
Oportunidade Emprego de servizos dixitais educativos corporativos. Administración educativa Non
Oportunidade Participación en actividades de formación. Administración educativa Non
Oportunidade Seguimento das tarefas do alumnado a través da aula virtual do centro. Administración educativa Non
Oportunidade Uso de AbalarMóbil para o contacto co centro. Administración educativa Non
Oportunidade Participación activa dende os servizos dixitais existentes (páxina web, aula virtual¿). ANPA Non
Oportunidade Coñecemento da normativa relativa a adquisición de equipamento informático para os centros educativos. Lexislación Non
Oportunidade B3. Uso de tecnoloxías dixitais en comunicacións. Outras Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, Test CDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da súa realidade no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver. Para elo, levouse a cabo unha parametrización partindo da media obtida en cada área e, observando a desviación obtida en cada ítem con respecto á puntuación de referencia. Clasificáronse os aspectos internos dos diferentes ítems como fortalezas ou debilidades, e os aspectos externos como oportunidades ou ameazas.

Tras analizar de novo o DAFO do noso centro, e tras a experiencia acumulada nestes dous anos, consideramos que as liñas a traballar serán as seguintes para o curso 2023/2024:

Obxectivo 1: Integrar o uso do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando a aprendizaxe interactiva e mellorando a participación e comprensión do alumnado.

Obxectivo 2: Promover o desenvolvemento de habilidades dixitais, a creatividade e a aprendizaxe activa do alumnado a través da creación de contidos dixitais na Aula Virtual do centro e en diferentes plataformas e aplicacións informáticas.

Obxectivo 3: Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Integrar o uso do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando a aprendizaxe interactiva e mellorando a participación e comprensión do alumnado.
O02PD Promover o desenvolvemento de habilidades dixitais, a creatividade e a aprendizaxe activa do alumnado a través da creación de contidos dixitais na Aula Virtual do centro e en diferentes plataformas e aplicacións informáticas.
O03PD Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan dixital e da consecución dos obxectivos levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos.

Con esta finalidade achéganse as seguintes táboas:

- Escala de Likert en 4 niveis para a avaliación procesual.

  1. Levouse a cabo con éxito.
  2. Levouse a cabo con éxito modificando a planificación inicial.
  3. Levouse a cabo sen éxito.
  4. Non se levou a cabo.

- Táboa tricotómica para avaliación final:

  1. Realizada.
  2. Aprazada.
  3. Pendente.

Observacións (modificacións e motivos das mesmas ou propostas de mellora)

1º Trimestre

O01PD: Integrar o uso do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando a aprendizaxe interactiva e mellorando a participación e comprensión do alumnado.

AO1.1: Formación do profesorado: Organizar sesións de formación para que os mestres aprendan a manexar o panel dixital interactivo e as súas aplicacións.

1. Levouse a cabo con éxito.

AO1.2: Seguridade e coidado do panel: Proporcionar instrucións claras sobre como manter e coidar o panel dixital interactivo, así como sobre as medidas de seguridade que deben seguirse ao usalo.

1. Levouse a cabo con éxito.

AO1.3: Planificación: Facer reunións entre o profesorado que traballa cos paneis para reflexionar e planificar conxuntamente como integrar o uso do panel nas súas programacións, así como identificar as áreas do currículo onde o panel pode ser máis efectivo.

1. Levouse a cabo con éxito.


O02PD. Promover o desenvolvemento de habilidades dixitais, a creatividade e a aprendizaxe activa do alumnado a través da creación de contidos dixitais na Aula Virtual do centro e en diferentes plataformas e aplicacións informáticas.

AO2.1: Sesións de formación para a creación de contidos dixitais por parte do alumnado.

1. Levouse a cabo con éxito.

AO2.2: Posta en práctica na aula mediante o manexo de aplicacións informáticas e plataformas virtuais (procesadores de texto, canva, Toontastic...).

1. Levouse a cabo con éxito.


O03PD. Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.

AO3.1: Asignar horas ao coordinador TIC para a realización das tarefas atribuídas se é posible.

1. Levouse a cabo con éxito.

AO3.2: Manter actualizado e/ou Inventariar e avaliar o estado do equipamento dixital do centro (cada docente na súa aula e coordinador TIC ou quen se designe nas outras zonas onda exista equipamento TIC).

3. Pendente.

2º Trimestre

O01PD: Integrar o uso do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando a aprendizaxe interactiva e mellorando a participación e comprensión do alumnado.

AO1.4. Implementación: Implementar o uso do panel na aula, comezando con actividades sinxelas e aumentando gradualmente a complexidade á medida que o alumnado se familiariza coa tecnoloxía.

1. Levouse a cabo con éxito.

AO1.5. Avaliación: Realizar avaliacións regulares para medir a eficacia do panel na mellora do aprendizaxe e axustar o enfoque segundo sexa necesario.

3. Pendente.


O02PD. Promover o desenvolvemento de habilidades dixitais, a creatividade e a aprendizaxe activa do alumnado a través da creación de contidos dixitais na Aula Virtual do centro e en diferentes plataformas e aplicacións informáticas.

AO2.3: Implementación e transferencia na aula dos contidos creados ao resto do alumnado.

1. Levouse a cabo con éxito.

AO2.4: Valoración da transferencia na aula dos contidos creados mediante unha rúbrica.

3. Pendente.


O03PD. Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.

AO3.2: Manter actualizado e/ou Inventariar e avaliar o estado do equipamento dixital do centro (cada docente na súa aula e coordinador TIC ou quen se designe nas outras zonas onda exista equipamento TIC).

1. Levouse a cabo con éxito.

AO3.3: Realizar una táboa na que se recolla algúns datos relevantes dos equipos a revisar: Modelo, marca, número de serie, ano, espazo, situación..., que posteriormente será necesaria para incluír na aplicación INVENTARIO, e recoller nunha folla de cálculo actualizada co material inventariado.

1. Levouse a cabo con éxito.

AO3.4: Manter actualizado e/ou Inventariar e avaliar os espazos do centro destinados a equipamento tecnolóxico.

1. Levouse a cabo con éxito.

AO3.5: Actualizar e/ou propoñer renovación do equipamento dixital.

3. Pendente.

 

3º Trimestre

O01PD: Integrar o uso do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando a aprendizaxe interactiva e mellorando a participación e comprensión do alumnado.

AO1.5. Avaliación: Realizar avaliacións regulares para medir a eficacia do panel na mellora do aprendizaxe e axustar o enfoque segundo sexa necesario.

1. Levouse a cabo con éxito.


O02PD. Promover o desenvolvemento de habilidades dixitais, a creatividade e a aprendizaxe activa do alumnado a través da creación de contidos dixitais na Aula Virtual do centro e en diferentes plataformas e aplicacións informáticas.

AO2.4: Valoración da transferencia na aula dos contidos creados mediante unha rúbrica.

1. Levouse a cabo con éxito.


O03PD. Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.

AO3.5: Actualizar e/ou propoñer renovación do equipamento dixital.

1. Levouse a cabo con éxito.

AO3.6: Propoñer a participación en programas de Innovación que promova Consellería nos que se poida acadar equipamento tecnolóxico.

1. Levouse a cabo con éxito.

AO3.7: Realizar unha rúbrica para valorar se se cumpriu este obxectivo e a súa valoración e grao de satisfacción por parte da comunidade educativa.

1. Levouse a cabo con éxito.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A través do PDC propoñemos unha serie de obxectivos que haberá que acadar nun tempo determinado durante o curso 2023/2024.

A avaliación dos obxectivos propostos, farémola do seguinte xeito e despois engadiremos as conclusións neste documento:

1. Faremos unha táboa de avaliación e repetirémola para cada obxectivo proposto. No noso caso dous obxectivos.

2. Cada táboa serve para avaliar todos os obxectivos propostos nesa liña estratéxica. Na táboa engadiremos o obxectivo e as accións relacionadas co mesmo e cos indicadores de logro según os seguintes niveis de consecución: acadado, parcialmente ou pendente.

3. Finalmente, iniciaremos o proceso de reflexión e poremos por escrito aquelas melloras que nos gustaría propoñer para os obxectivos que o requiran do seguinte xeito:

a) Que valoración global fai o profesorado da súa aplicación na aula? E o equipo directivo e os membros do equipo do plan dixital?

b) Manterase o obxectivo?

c) Coa súa implantación, convertéronse en novos obxectivos específicos ou derivados da mesma?

d) É necesario engadir actuacións? Quitar? Modificar os existentes?

e) É necesario concretar con máis detalle aspectos relativos aos responsables, temporalización ou avaliación?

f) Tendo en conta o obxectivo proposto, parécenos oportuno presentar outros novos que completen e melloren a experiencia deste primeiro?

Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso. Polo tanto estableceranse dous tipos de avaliación:

- Avaliación procesual.- realizarase ao final de cada trimestre e incluirán o estado da execución das accións, a análise e a valoración dos resultados. De ser o caso, tamén as posibles modificacións das accións (e os motivos) e as propostas de mellora.

- Avaliación final.- realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora. Utilizarase unha táboa tricotómica.

Valoración xeral

a) A valoración global por parte do profesorado do centro é boa co que respecta aos dous primeiros obxectivos do noso PDC, xa que estes estaban orientados a tarefas de aplicación diaria na aula co alumnado, tanto cos paneis dixitais coma coa creación de actividades e recursos en liña; non supuxo polo tanto un esforzo extra, senón que se integrou no noso quefacer diario. Aínda así, atopámonos coa dificultade de que existen dúas aulas nas que non se nos instalaron ditos paneis dixitais, polo que o feito de que un obxectivo sexa integrar o uso dos paneis e non contemos con eles fixo difícil a súa consecución por parte da totalidade do profesorado. En canto ao terceiro obxectivo a valoración global non é boa, xa que consideramos que é unha dificultade máis que se nos engade aos papeleos e á burocracia e que non beneficia en absoluto ao noso alumnado.

b) Continuaranse realizando actividades relacionadas cos dous primeiros obxectivos aínda que xa estean cumpridos porque consideramos que debe ser un obxectivo permanente para o profesorado. No que se refire ao terceiro obxectivo continuarase actualizando o inventario do centro so se así se nos solicita, esperando mentres pola prometida aplicación de INVENTARIO.

c) Manter a actividade dos paneis dixitais nas aulas e a creación de contidos dixitais será un obxectivo permanente.

d) Non son necesarias modificacións nos obxectivos citados.

e) Non é necesario concretar aspectos de temporalización e avaliación. En canto a responsabilidade debe recaer en todo o profesorado, como ata agora.

f) Como xa comentei, sería interesante converter os dous primeiros obxectivos nun hábito de centro.

Proposta de mellora

- É necesaria a colocación de paneis dixitais nas aulas que non contan con eles (5º e 6º de Educación Primaria), que ademais por nivel madurativo do alumnado serían as aulas onde se lle sacaría máis proveito a esta ferramenta. Pola contra en Educación Infantil, onde se nos obrigou a colocalas están sendo infra usadas.

- Un ano máis as promesas do CFR de dotarnos de materiais, neste caso sobre polos creativos, quedáronse en promesas. Consideramos necesario polo tanto a chegada do material prometido para poder dotar a aula STEAM dos recursos necesarios e así mellorar o noso PDC podendo engadir novos obxectivos e levalos a cabo.

- Deixarse de tanta burocracia e papeleo e centrarse nunha formación real. Seguimos recavando datos coma autómatas para logo volvalos en aplicacións que non ven á luz no tempo prometido.

- Fomentar a colaboración e o intercambio de boas prácticas entre os docentes.

- Integración curricular: Promover a integración da tecnoloxía no currículo escolar de maneira transversal. Isto implica identificar oportunidades para utilizar ferramentas dixitais en diversas materias e actividades, fomentando a creatividade, a colaboración e o pensamento crítico dos estudantes. Así mesmo, débense establecer criterios claros para avaliar o uso da tecnoloxía e o seu impacto na aprendizaxe.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Neste ámbito será necesario:

• Definir os protocolos ou estratexias que serán necesarios para organizar as revisións do plan e aplicar as actualizacións oportunas, así como publicitar e difundir o plan dixital entre a comunidade educativa.

- ACCIÓN: Difusión do plan ao claustro. -DESTINATARIOS: Claustro de profesorado. -CANLE: Reunión Claustro. -REPONSABLES: Coordinadora TIC.

- ACCIÓN: Difusión á Comunidade Educativa. -DESTINATARIOS: Comunidade Educativa. -CANLE: Presentación ao Consello Escolar do Plan Dixital e difusión do mesmo na web do centro*. -REPONSABLES: Equipo directivo Coordinadora TIC.

*A este plan dixital daráselle publicidade e difusión entre toda a comunidade educativa por medio da súa publicación na páxina web do centro dentro do bloque “O centro” no elemento do menú “Documentos”, na seguinte URL: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipjosefaalonso/?q=taxonomy/term/42

Ademais a partires deste curso 2023/2024 poderase acceder dende o buscador de plan dixitais en EduCalidade a través da seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36010459