Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

DATOS XERAIS DO CENTRO.

Denominación: CEE “O PINO”

Titularidade: PÚBLICO. Nº código de centro: 32015529

Municipio (Localidade): OURENSE. Provincia: OURENSE

CP: 32001. Tfno: 988213220 Enderezo: ESTRADA DE VIGO, 121

Enderezo electrónico: cee.pino@edu.xunta.es

Páxina Web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceepino/

PERSOAL: Persoal definitivo: Mestres e un mestre de Taller Carpintaría: 1. Provisionais tempo completo: Cociñeira: 1. Especialista Música compartido(Luns/Mércores): 1ATE: Orientadora compartida (venres): 1.

Total curso 2021-2022: 6

ALUMNADO CURSO 2021-2022: 16

PlANS E PROXECTOS:

Para establecer unha liña metodolóxica o CEE O PINO desenvolve os seguintes proxectos: o Proxecto Educativo (art. 121), o Proxecto de xestión dos centros públicos (art. 123), as Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia (Art. 124) e a Programación Xeral Anual (art. 125), recollido na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación. (BOE. 04/05/06), modificada parcialmente pola Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (BOE. 3012.20). Participa tamén no Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) neste curso 2021-2022 cun grupo de traballo para a elaboración do Plan Dixital. E en colaboración co CFR de Ourense, o centro, forma parte do proxecto Hortos Escolares.

·    Contribución do plan dixital ao proxecto educativo e á programación xeral anual do curso 22/23.

O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos os documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.

A contribución do Plan Dixital ao PE e á PXA debemos velo desde a perspectiva de como pode reforzar este plan o emprego axeitado das novas tecnoloxías en toda a comunidade educativa.

A competencia dixital é unha das competencias clave nas que é preciso traballar co alumnado ao longo do seu paso global.

Pola súa parte na PXA vemos obxectivos directamente afectados pola dixitalización, tanto do centro como da sociedade.

A finalidade deste centro é facilitar o desenvolvemento da autonomía persoal e a integración social do alumnado, e poderán ter un compoñente de formación profesional específica cando as posibilidades do alumno así o aconsellen. Os obxectivos son os que seguen a continuación:

1.    Afianzar e desenvolver as capacidades dos alumnos, nos seus aspectos físicos, afectivos, cognitivos, comunicativos, morais, cívicos e de inserción social, promovendo o maior grao posible de autonomía persoal e de integración social.

2.    Preparar a tódolos alumnos de xeito que, dentro das súas capacidades, poidan acadar o máximo grao de autonomía e desenvolvemento persoal á vez que, aqueles que presentan unhas condicións axeitadas, se preparan para unha posible incorporación ao mundo laboral.

3.    Experimentar, como vehículo de desenvolvemento e superación persoal. Así, xunto coas actividades escolares propias da aula, teñen unha grande importancia os obradoiros, pois estimulan a motricidade, creatividade, curiosidade, etc. Permitíndolles un desenvolvemento que a escola ordinaria estaría a frear. 

4.    Potenciar hábitos vinculados coa saúde corporal, a seguridade persoal e o equilibrio afectivo, para desenvolver a súa vida co maior benestar posible. 

5.    Poñer aos alumnos en contacto co mundo no que se deben integrar, propiciando a súa participación en todo tipo de actividades que nos ofrece a sociedade na que estamos mergullados.

O plan de dixitalización fará seu estes obxectivos, pero concretándoos no mundo virtual. outorgándolle moita importancia ao desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e do profesorado, obxectivo para o que o plan de dixitalización vólvese imprescindible.a RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021/22. (DOG. 30.06.2021), recolle na disposición adicional quinta a elaboración do Plan dixital de centro.

·      Director: JOSÉ MANUEL FOLGOSO RODRÍGUEZ

·      Secretaria:CONCEPCIÓN LÓPEZ CARNERO

·      Coordinadora TIC:  MARTA PRADA OUTERIÑO

·      Coordinadora do Plan Dixital : SILVIA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

O procedemento a seguir para a elaboración do PD será:

- Realizar a análise da situación do centro. (SELFIE e test CDD).

Realizar a diagnose da situación do centro. (DAFO).

 

 

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Fontes empregadas para o análise DAFO:

- Autoavaliación Selfie.

- Test CDD.

 

- Análise da situación actual.

A situación actual destacamos aspectos positivos e negativos:

Aspectos positivos

- Concienciación da necesidade da implantación de ferramentas dixitais para o entorno educativo.

- Mellora das competencias dixitais do profesorado e do alumnado.

Aspectos negativos

- Necesidade para o equipo directivo, profesorado e alumnado de formación con ferramentas dixitais.

- Falta de recursos para o alumnado e profesorado (portátiles actuales e paneis dixitais) nas distintas dependencias (aulas docentes, informática e tecnoloxía).

 

 

 

 

 

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. O alumnado non aprende comunicarse usando TD (H.8) 2. O equipo directivo non se asegura de que o alumnado desenvolva habilidades dixitais para diferentes materias (H.10) 3. Alumnado con competencias dixitais insuficientes (aprendizaxe mixta) 4. Alumnado con acceso limitado a dispositivos dixitais (ap mixta) 5. Alumnado con acceso limitado a conexión a internet no fogar (ap mixta) 6. Dificultade para implicar ao alumnado na aprendizaxe mixta 7. Alumnado moi específico a ter en conta no Plan Dixital Alumnado Non
Debilidade 1. Baixa competencia dixital das familias (ap mixta). Familias Non
Debilidade 1.Non existes sistemas de protección de datos (C7) 2. Non hai portátiles que o alumnado poida levar a casa cando o precise (C.10) 3. Non existen repositorios nin bibliotecas en liña con material para o e-a (C.16) 4. Equipamento dixital insuficiente 5. Non se usan suficientemente os repositorios ou bibliotecas en liñacon material de enxino aprendizaxe 6. No centro existen dispositivos informáticos adquiridos polo centro 7. Espacio físico reducido. Infraestruturas Non
Debilidade 1. Non existe estratexia dixital no centro (A1) 2. O docentes caracen de tempo para explorar métodos de ensino con TD (A2) 3. Non existe asistencia técnica cando xorden problemas (C5) 4. O centro non informa das actividades do alumnado a través das TD 5. Os docentes carecen de tempo para explorar métodos de ensino dixital 6. Non se dispón de asistencia técnica cando xorden problemas coas tecnoloxías 7. Falta de tempo para crear material para a aprendizaxe mixta 8. Falta de experiencia no uso de contornas de aprendizaxe Organización de centro Non
Debilidade 1. Non se usan a TD para avaliar as habilidades do alumnado (G.1) 2. Non se usan as TD para a retroalimentación do alumnado (G.3) 3. Non se usan as TD para colaborar con outras organizacións 4. Docentes con competencia dixital insuficiente 5. Non teñen seguridade no uso das TD para preparar e impartir as clases nin para retroalimentar nin apoiar ao alumnado 6. Os docentes non participan en redes profesionais Persoal docente Non
Fortaleza 1. Facilítase acceso a internet para o labor docente (C.3) Infraestruturas Non
Fortaleza 1. O equipo directivo apoia en novas modalidades de aprendi-zaxe con TD (A3) 2. A formación da Administración educativa axústase ás nece-sidades dos docentes Oferta Non
Fortaleza 1. O centro só emprega servizos corporativos para difundir información. Organización de centro Non
Fortaleza 1. Debátese sobre os pros e contras do e-a con TD (B.2) 2. Reflexiónase sobre o desenvolvemento profesional ontinuo (DPC) relacionado co ensino usando TD (D.1) 3. Posibilidade e acceso ao DPC sobre e con TD (D.2) 4. Búscanse recursos dixitais en internet (E.1) 5. Créanse recursos dixitais para o ensino e o reforzo (E.2) 6. Úsanse TD para comunicación relativa ao centro educativo (E.4) 7. Emprego de TD para adaptar os métodos de ensino ás necesidades do alumnado (F.1) 8. Seguridade no uso das TD nas comunicacións Persoal docente Non
Fortaleza 1. Os docentes consideran importante o DPC de forma presencial, en liña e a través de colaboracións. Persoal non docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Poucos docentes para levar a cabo o traballo 2. Moita burocracia no proceso de implementación das TD 3. Non promoción os xeitos de dixitalizar o ensino co alumnado de EDU-CA Educación Especial. Administración educativa Non
Ameaza 1. Grupo reducido e contacto estreito. ANPA Non
Ameaza 1.Demasiada lexislación no ámbito educativa. 2.Moi cambiante. Lexislación Non
Ameaza 1. Falta de colaboración intercentros para compartir experiencias. Outras Non
Oportunidade 1. Aposta da administración por un cambio no ensino da man das TD 2. Facilidade na dotación de recursos técnicos, polas súas características. Administración educativa Non
Oportunidade 1. Falta de implicación no día a día do centro. ANPA Non
Oportunidade 1. Respéctanse os dereitos de autor e as licenzas de uso (A.5) 2. O equipo directivo coñece a lexislación sobre adquisición de dispositivos Lexislación Non
Oportunidade 1. Colaboración fructífera con entidades sociais sen ánimo de lucro. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A situación actual destacamos aspectos positivos e negativos:

Aspectos positivos

- Concienciación da necesidade da implantación de ferramentas dixitais para o entorno educativo.

- Mellora das competencias dixitais do profesorado e do alumnado.

Aspectos negativos

- Necesidade para o equipo directivo, profesorado e alumnado de formación con ferramentas dixitais.

- Falta de recursos para o alumnado e profesorado (portátiles actuales e paneis dixitais) nas distintas dependencias (aulas docentes, informática e tecnoloxía).

 

 

 

 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formación no emprego de paneis dixitais para ANEE.
O02PD Renovar os equipos de sobremesa da aula informática para que o alumnado poida realizar pequenas investigacións (busca de información) sobre cuestións do seu día a día (habilidades para a vida diaria).
O03PD Dotar o centro con paneis dixitais para traballar co alumnado de xeito colaborativo e para motivalo.
O04PD Introducir a Realidade Virtual ao alumnado e aos docentes novos no centro como método de aprendizaxe para ANEE.

Seguimento

Procedemento

- Formación básica dos docentes.

- Renovación dos equipos.

- Introducción da RV como método de aprendizaxe.

 

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre comezamos a traballar no obxectivo 4 de implementación da RV como metodoloxía de ensino aprendizaxe. Comezamos pola formación do profesorado a través do PFPP. A docencia de realidade virtual realizámola neste primeiro trimestre.

 

 

2º Trimestre

Continuamos coa formación en RV elaborando o material para o alumnado a través de ferramentas dixitais dos campos da edición dixital, croma, aplicacións de edición e son...Este meterial forma parte dun proxecto a nivel de centro no que tamén se incluíu a elaboración de maquetas a grande escala no taller (nave espacial de 250 kg de peso, 4 metros de longo, 2,5 m de alto feito con material de refugallo).

O produto final foi un cómic e un vídeo que se remataron no terceiro trimestre.

 

 

3º Trimestre

Neste trimestre acadáronse os dous primeiros obxectivos:

- Dotación de ordenadores para a sala de informática.

- Dotación de 5 paneis dixitais

- Formación básica do emprego dos paneis dixitais.

- Remate do proxecto da maqueta da nave espacial, do cómic e do vídeo.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para poder acadar os resultados propostos no Plan de Dixital de Centro vaise levar a cabo unha avaliación continua que nos permitirá ver se os obxectivos expostos son os axeitados e se as medidas propostas son as correctas para lograr os obxectivos planificados podendo realizar as modificacións oportunas.

Valorarase o grao de implicación dos membros, así como a coordinación entre eles e o grao de aceptación das distintas propostas. Esta avaliación continua complementarase cunha avaliación final onde se valorarán os resultados obtidos, as posibles melloras, erros cometidos, necesidades e grao de satisfacción coa experiencia. Para todo iso, empregaranse os seguintes instrumentos de avaliación:

a) Revisión dos obxectivos e actividades expostas.

b) Avaliación das actividades propostas: diagnóstico inicial, desenvolvemento e conclusións.

c) Reunión de seguimento cos axentes implicados.

d) Memoria anual do Plan Dixital de Centro.

O plan revisarase dúas veces o ano e elaborarase un informe para a memoria final e propoñeranse os cambios que se consideren oportunos.

·    Instrumentos de seguimento e diagnóstico do plan: Instrumentos de diagnóstico estandarizados a empregar.

Para avaliar a eficacia do plan utilizaremos os indicadores de avaliación incluídos en cada unha das accións tendo en conta o diagnóstico inicial realizado despois das probas SELFIE e CDD.

Nos prazos correspondentes utilizaranse sistemas propios para realizar o diagnóstico da competencia dixital docente (CDD), así como a ferramenta SELFIE.

Auditorías internas ou externas.

-   Auditorías externas: as que determine a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

-   Auditorías internas: as que no propio seguimento do plan se realiza por as persoas partícipes na súa elaboración.

Valoración xeral

Pensamos que este documento é un plan marco para consolidar o Plan Dixital no noso centro para acadar a máxima integración das TIC nos procesos de ensino -aprendizaxe e na organización do centro.

A valoración considerámola positiva porque, ademáis de acadar todos os obxectivos propostos, puidemos comprobar como serviu para motivar e implicar máis ao alumnado. As familias tamén aprezaron o entusiasmo dos seus fillos a partires deste proxecto.

 

Proposta de mellora

Preténdese quiterlle máis partido aos paneis dixitais con formación específica para o noso tipo de alumnado.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O CEE O PINO publicará e divulgará este documento por diferentes medios a toda a comunidade educativa.

O Equipo Directivo será o encargado de difundilo polas seguintes canles:

-     Depósito de copias na Dirección e Secretaría a disposición de calquera interesado/a que forme parte da comunidade educativa ou algún outro, segundo o criterio da Dirección do centro.

-     Publicación na páxina web do centro:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceepino/