Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Nome: Ceip Plurilingüe de Seixalbo.

Dirección: Rúa da Vela nº 20. Seixalbo (Ourense)

Correo: ceip.seixalbo@edu.xunta.gal

Páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipseixalbo/

Etapas: Educación Infantil e Primaria.

Nº de alumnos: 245

Nº Profesores: 30

En liñas xerais, o nivel sociocultural é medio ou medio-­baixo xa que a procedencia de moitos deles é de pobos pouco habitados da periferia de Ourense. (Taboadela, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas e Ourense). A maioría das familias teñen estudios primarios ou secundarios, sendo unha minoría os que posúen titulación superior. A poboación socialmente é bastante homoxénea, pertencente ao medio rural próximo ao Centro.

As familias caracterízanse por ter un perfil moi diverso: ao tipo tradicional únese cada día máis familias con pais separados onde un deles ostenta a custodia do fillo/a, cos que conviven tamén os avós.

En canto ás profesións predominan as de ámbito manual e asalariado, abonda menos o funcionariado e só unha pequena cantidade son profesións liberais. É de subliñar a porcentaxe de nais que traballan nas labores de casa ou en traballos esporádicos.

Pódese afirmar que nas familias a lingua habitual é o galego, e nunha porcentaxe un pouco máis baixa o castelán.

No que atinxe á lingua vehicular usada no centro polos/as alumnos/as é maioritariamente o castelán. Emprégase o galego nas materias de lingua galega, música, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Relixión e Valores Sociais e Cívicos. A nivel de profesorado emprégase o galego nas notas oficiais e internas do colexio.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

SELFIE (cuxas siglas en inglés significan «reflexión persoal sobre unha aprendizaxe efectiva mediante o fomento da innovación a través de tecnoloxías educativas») é unha ferramenta deseñada para axudar ós centros educativos a integrar as tecnoloxías dixitais na docencia, a aprendizaxe e a avaliación do alumnado. Pode poñer de relevo que é o que funciona, en que aspectos precísase mellorar e cales deberían de ser as prioridades.

Test CDD: Test de competencia dixital docente.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Escasez de dispositivos, tan-to no centro como nas casas. Alumnado Non
Debilidade Familias que non contan cos medios suficientes ou con ma-la conexión a internet pola zo-na na que viven. Familias Si
Debilidade Moitos equipos antigos e con tendencia ás avarías. Infraestruturas Non
Debilidade Escasa formación dixital que sexa verdadeiramente efectiva e de fácil aplicación na aula. Oferta Si
Debilidade A adicación atópase aída en niveis baixos. Organización de centro Si
Debilidade Alta carga de traballo que non sempre facilita ter tempo para formarse. Persoal docente Si
Debilidade Escasa formación dixital. Persoal non docente Si
Fortaleza Alumnado moi motivado de cara ás novas tecnoloxías. Alumnado Si
Fortaleza Familias conscientes da im-portancia das novas tecnolo-xías na aprendizaxe dos seus fillos/ as. Familias Si
Fortaleza Aumento de equipamento por mor da Covid, xa que chegaron máis equipos ao centro. Infraestruturas Non
Fortaleza Maior oferta de formación en aspectos dixitais. Oferta Non
Fortaleza Cada vez o centro é máis consciente da importancia de adicarlle tempo e espazo ao aspecto dixital. Organización de centro Si
Fortaleza Persoal docente moi implica-do e disposto a aprender. Persoal docente Non
Fortaleza Persoal moi colaborador. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Alto nivel de esixencia para o nivel formativo e recursos dos centros educativos. Administración educativa Non
Ameaza O nivel de esixencia empeza a ser elevado mentres a dota-ción de medios segue a ser escasa. Lexislación Si
Ameaza Pese a boa vontade dos Concellos, as unidades cedi-das son limitadas. Outras Non
Oportunidade Aumento do interese pola me-llora do aspecto dixital na educación. Administración educativa Si
Oportunidade Anpa moi colaborativa e implicada. ANPA Non
Oportunidade Crecente importancia que se lle otorga aos aspectos dixitais da educación. Contorna Non
Oportunidade Importancia otorgada na nova lexislación educativa. Lexislación Non
Oportunidade Implicación dos Concellos que escolarizan aos seus ne-nos no centro, prestando apoio de equipos informáticos. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a competencia do profesorado no uso dos paneis dixitais como ferramenta educativa
O02PD Xeneralizar o uso de ferrametas corporativas.
O03PD Fomentar as boas prácticas na rede por parte de toda a Comunidade Educativa.
O04PD Desenvolver a competencia dixital da comunidade educativa e o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe.
O05PD Inventariar o material dixital do centro.

Seguimento

Procedemento

O ED do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución deste Plan.
A persoa mentora ADIX realizará, aquelas visitas que se consideren oportunas  para
analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do mesmo. Asemade, manterán comunicación fluída para solventar as dúbidas que poidan xurdir.
A persoa coordinadora terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste Plan, baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre do presente curso acadouse o obxectivo O01PD relativo a  mellorar a competencia do profesorado no uso dos paneis dixitais como ferrramenta educativa. Concretamente, no caso deste obxectivo, tódalas accións propostas pódense considerar acadadas:

AO1.1: Detección das necesidades de aprendizaxe a través dunha enquisa. Realizouse como paso previo á seguinte acción.

AO1.2: Solicitude de formación ao respecto. Solicitouse ao CFR a creación dun seminario de formación en paneis dixitais.

AO1.3: Aplicación da formación recibida á práctica docente nas aulas. Despois da docencia recibida o día 20 de novembro, o profesorado tivo a oportunidade de adquirir coñecementos e despexar dúbidas sobre o funcionamento dos paneis dixitais, así como de aprender novas funcionlidades que lle permiten un maior aproveitamento deste recurso.

Aproveitouse ademais a oportunidade para reactivar as contas de acceso á aula virtual, tanto do alumnado coma do profesorado que así o solicitou.

Esta última acción está en proceso, xa que o seminario continúa a desenvolverse ao longo do  segundo trimestre.


En relación ao O03PD "Fomentar as boas prácticas na rede por parte de toda a Comunidade Educativa", realizouse a acción AO3.1: Participación no Plan Director, proporcionando información sobre ciberseguridade e acoso na rede ao alumnado.  As charlas ao alumnado sobre ciberacoso e perigos na internet, tiveron lugar o 17 de outubro. Esta formación completouse, o día 25 de outubro, con outra charla ao alumnado de 6º curso da E.P sobre ciberseguridade, por parte do Concello. 

Finalmente, respecto ao O04PD "Desenvolver a competencia dixital da comunidade educativa e o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe", está iniciada a primeira acción AO4.1 Participación no Programa de Innovación Educativa Polos Creativos. A persoa coordinadora de Polos Creativos do centro acudíu o 17 de outubro ás xornada de acollida, así como ás sesións de formación propostas.
En xeral, o EDPD e a mentora ADIX, consideran que o proceso vai por bo camiño.

2º Trimestre

No relativo ao O02PD "Xeneralizar o uso de ferramentas corporativas", iniciouse no primeiro trimestre coa realización da enquisa entre o profesorado e, neste segundo trimestre, acadouse a acción AO2.2, xa que se facilitou aos docentes unha relación das ferramentas corporativas, así os manuais de instruccións correspondentes, para facilitar o seu coñecemento e uso por parte do profesorado do centro.  

Neste segundo trimestre as actuacións estiveron máis centradas no obxectivo O04PD, levando a término as accións:

AO4.1:Participación no Programa de Innovación Educativa Polos Creativos.  A persoa coordinadora de Polos Creativos realizou a formación didáctica e técnica ao respecto.

AO4.2:Configuración das diferentes accións vinculadas ao Polo creativo, partindo dunha análise do contexto e orientadas a contribuír ao desenvolvemento comunitario. O profesorado do centro interesado, participou en dúas formacións sobre Plotter de corte e M-Bot2, realizadas no centro os días 14 e 21 de marzo respectivamente.

 AO4.3: Implementación nas aulas dalgunha actividade vinculada ao Polo creativo. Despois da formación recibida e co material de préstamo do CFR, implementáronse diversas actividades nas diferentes aulas do centro: creación de podcast, automatismos en cartón, deseño e corte de pegatinas...

 

 

 

 

3º Trimestre

Neste terceiro trimestre, a primeira acción realizada está vinculada ao obxectivo O03PD "Fomentar as boas prácticas na rede por parte de toda a Comunidade Educativa", a través da proposta dunha formación para familias sobre Ciberseguridade e Menores. Esta formación levouse a cabo o día 16 de abril no centro. Na mesma liña, o día 2 de maio, contamos coa presenza do xuíz Jose Antonio Vázquez Taín nunha charla para as familias có título "Os perigo s da internet e as redes sociais. Como protexer aos nos@s menores".

 Neste terceiro trimestre, tamén se realizaron outras actividades vinculadas ao obxectivo AO4.3 Implementación nas aulas dalgunha actividade vinculada ao Polo creativo. Solicitouse en préstamo unha cortadora láser e realizáronse algunhas actividades con parte do alumnado do centro.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A valoración xeral é positiva grazas ao profesorado implicado en formarse e en implementar esa formación dentro da aula, creando un clima de aprendizaxe moito máis productivo e motivador entre o alumnado.

Proposta de mellora

Este curso acadároinse tres dos cinco  obxectivos propostos, quedando incompleto o número 03PD e pendente o 05PD. Tendo previsto plantexalos como obxectivos para o vindeiro curso.

Para o vindeiro curso continuaremos a profundizar en aspectos relativos á biblioteca creativa, no uso responsable da internet e dos Polos Creativos, tratando de darlle difusión aos traballos realizados polo alumnado do centro a este respecto. 

Tamén traballaremos na aplicación inventario que previsiblemente entrará en funcionamento o vindeiro curso.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan Dixital entre a comunidade educativa levarase a cabo a través da páxina web do centro e de todos os medios incluídos no Plan de comunicación do centro, da aula virtual e de Abalar.