Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Este plan supon a continuidade dos nosos valores respectando o programado en cursos anteriores a fin de alcanzar aqueles obxectivos que no seu día se propuxeron e que, ou ben non se acadaron plenamente, ou ben se consideran como  identidade do noso centro e que han de estar sempre presentes. Pero ao mesmo tempo, debe ser o documento que asegure unha evolución no noso traballo recollendo novos obxectivos a nivel dixital e favorecendo e asegurando a participación de todos os membros da nosa comunidade educativa.

Tamén impulsará a relación coas familias, as institucións e a Administración Educativa para procurar entre todos fomentar unha adaptación progresiva aos medios dixitais, sempre respectando o Proxecto Educativo de centro, e máis concretamente, as normas de convivencia do centro.

En definitiva, contamos cun documento que se converte no marco e referente de canto queremos desenrolar en materia dixital no noso Centro este ano escolar, dende a perspectiva de continuidade e evolución que ha de caracterizar a coherencia dun proxecto pedagóxico que defina a tarefa diaria do noso Centro.

Os obxectivos e as accións derivadas da implementación do Plan Dixital afectan directamente nos obxectivos programados na Programación Xeral Anual do curso 2023/24, dando un pulo importante en materia dixital en todas as tarefas programadas para cada grupo da comunidade educativa.

Contexto Normativo 

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida inicial de información para obter as Debilidades Ameazas Fortalezas e Oportunidades (DAFO) foron:

  • Enquisa sobre a situación actual do colexio no ambito dixital. Emprego de SELFIE (Ver Anexo Informe Selfie)
  • Estudo da competencia dixital do profesorado. Test CDD en FProfe. (Ver Anexo Test CDD)
  • Plan Dixital curso 2022/2023

Para o presente curso, baseamonos nos obxectivos marcados no PD elaborado para o curso 2022/2023, tomando como punto de partida aqueles aspectos que se consideraron mellorables para o presente curso nas diferentes Areas 

 

Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Dáselle pouca autonomía ao alumnado para a resolución de problemas técnicos que lle poidan xurdir ao traballar con tecnoloxías dixitais. Tampouco se lle informa dos erros máis comúnsque poden darse co uso desta tecnoloxías.(H13) Alumnado Si
Debilidade Carecemos de tecnoloxía asistencial para alumnado con NEE (C15) Organización de centro Si
Debilidade A retroalimentación en canto a estratexia dixital precisa de reforzo co fin de buscar melloras de maneira conxunta entre equipo directivo e profesorado (A2) Organización de centro Non
Debilidade O centro non dispón da tecnoloxía para documentar o aprendizaxe individual do alumnado. (G8) Organización de centro Non
Debilidade Inconformidades co equipo directivo no desenvolvemento profesional continuo (DPC) do profesorado (D1, D3, Test CDD) Persoal docente Non
Debilidade Non se debateu ata o momento a vantaxe de traballar en proxectos interdisciplinares co fin de traballar os diversos módulos, fomentando a colaboración de grupo. (F5 y F6) Persoal docente Si
Debilidade O proceso de formación interna do profesorado para necesidades concretas do centro así como a mellora do desenvolvemento profesional continuo ten desviacións que é preciso correxir, por exemplo, planificando unha formación máis individualizada ás necesidades de cada traballador (PE2, PE3, DPC1) Persoal docente Si
Debilidade A competencia dixital docente do centro precisa de mellora. O nivel de competencia dixital do noso profesorado está por debaixo da media galega e obtemos puntuacións bastante baixas no test CDD, precisando de adquirir competencias en tódalas áreas analizadas. Mais da metade do noso profesorado (case un 60%) está en nivel explorador. (Resultados de centro do Test CDD) Persoal docente Si
Debilidade O proceso de avaliación con tecnoloxías dixitais é mellorable.(G1, G3, G5, G6, G7, G8, G9, G10) Persoal docente Si
Debilidade Falta de confianza no uso das innovacións tecnolóxicas por parte do profesorado. Pouco innovadores (ATIC1) Persoal docente Non
Debilidade Hai profesores que se sinten inseguros usando as contornas virtuais (E3; Test CDD) Persoal docente Non
Debilidade Formación interna pouco dinámica e motivadora, que debe escollerse empregando unhas metodoloxías máis innovadoras. (DPC4; DPC5; DPC7; DPC8) Persoal docente Non
Debilidade Diferenzas entre o profesorado no emprego de tecnoloxías dixitais para o proceso de ensino aprendizaxe e planificación do tempo adicado a tal fin. (A4 e B2) Persoal non docente Si
Fortaleza Ensínase e dáselle moita importancia a ter un comportamento responsable en todo tipo de redes e a comunicarse, sendo un contido transversal en tódolos módulos. (H3, H8) Alumnado Non
Fortaleza A metodoloxía de avaliación dixital empregada polo noso profesorado é axeitada e intuitiva para o perfil do noso alumnado (G1, G3, G5, G9) Alumnado Non
Fortaleza O alumnado adquire habilidades dixitais no campo do seu perfil como futuro traballador, aproximando a formación á realidade das empresas (H10, H13, H15) Alumnado Non
Fortaleza Empregamos Abalar no noso centro (PE3; PE6) Familias Non
Fortaleza Non implicamos ás familias en gastos extraordinarios no proceso de formación dos seus fillos ao contar cos medios suficientes dixitais para o alumno e accesibles para cada un deles co fin de que o alumno non teña que traer os seus propios medios. (C13) Familias Non
Fortaleza Sempre se corrixen os problemas técnicos nun prazo moi curto de tempo, xa que se lle da prioridade a que o alumno esté conectado e cos medios dixitais á sua disposición (C5) Infraestruturas Non
Fortaleza Un posto de traballo por alumno con acceso aos medios dixitais precisos (C14) Infraestruturas Non
Fortaleza Todo o alumnado ten acceso a Internet nos dispositivos dixitais do centro (C3) Infraestruturas Non
Fortaleza Contamos cos medios suficientes dixitais e de uso individual (C13) Infraestruturas Non
Fortaleza Facilitase que o alumno poda levar un portátil do centro, configurado e listo para usar, a sua casa cando lle sexa preciso o uso fora do centro e careza de medios dixitais na sua vivenda. (C10) Infraestruturas Non
Fortaleza Protéxense eficazmente os datos do alumnado e de toda a comunidade educativa. (C7) Infraestruturas Non
Fortaleza Dende o equipo directivo apoiase ao profesorado para que experimente con novas tecnoloxías dixitais e a súa vez se forme no uso das mesmas. (A3) Oferta Non
Fortaleza A estratexia dixital do centro esta progresando(A1) Organización de centro Si
Fortaleza Implantación de medidas para detectar as fendas dixitais do noso alumnado e apoio dende o centro para abordar as dificultades detectadas(C11 e C12) Organización de centro Non
Fortaleza Priorizamos o emprego de tecnoloxías dixitais, aínda sexan baixo licenza, que están en voga nas empresas dos perfís profesionais da nosa formación. (F8) Organización de centro Non
Fortaleza Emprego de medios dixitais na colaboración con outras entidades por parte do profesorado. (B3) Persoal docente Si
Fortaleza Alta implicación do profesorado na mellora, avaliación e retroalimentación dos tests SELFIE e CDD. Persoal docente Non
Fortaleza Os recursos educativos que emprega o alumnado non supoñen un custo adicional para eles nin para o profesorado: as licencias son cubertas polo centro no caso de que sexan programas baixo licenza ou son de uso libre.(E5) Persoal docente Non
Fortaleza O persoal docente ten acceso a medios dixitais no centro e acceso a internet. Non ten que traer medios propios (E4) Persoal docente Non
Fortaleza Os medios dixitais empregados polo profesorado son axeitados, intuitivos e motivadores para o perfil do noso alumnado (F1, F3, F4, F5, F6) Persoal docente Non
Fortaleza Ensínase e dáselle moita importancia ao uso seguro de Internet, sendo un contido ransversal en tódolos módulos. (H1) Persoal docente Non
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Baixas habilidades dixitais do alumnado (G10) Contorna Non
Ameaza Carencia de medios tecnolóxicos dixitais do alumnado. Contorna Non
Ameaza Pouco tempo para aprender a mellorar a competencia dixital por parte do profesorado Contorna Non
Ameaza Significatividade da competencia dixital en tódolos ámbitos. Lexislación Non
Oportunidade Emprego de Abalar como medio de comunicación coas familias e co alumnado Administración educativa Non
Oportunidade Implicación por parte das autoridades e responsables competentes no desenvolvemento das competencias dixitais Administración educativa Non
Oportunidade A elaboración e implantación do plan dixital é un punto de partida para saber en que situación estamos en canto a coñecemento e recursos dixitais e priorizar todo o que precisa de mellora. Administración educativa Non
Oportunidade Acceso a tecnoloxías asistenciais para o alumnado con NEE Administración educativa Non
Oportunidade Significatividade da competencia dixital en tódolos ámbitos Lexislación Non
Oportunidade Sinerxía para a aprendizaxe mixta: aprender doutras ou con outras organizacións sobre as tecnoloxías dixitais (B4) Outras Non
Oportunidade Ter a disposición do alumnado titulado unha base de datos de empresas que ofrecen prácticas remuneradas ou non. Tamén outras posibilidades de formación. (C17) Outras Non
Oportunidade Oferta formativa da administración Outras Non
Oportunidade Oferta formativa das entidades coas que colaboramos tipo CECE Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver 

En toda a diagnose, non se detecta nada a nivel interno específico para o persoal non docente. Do mesmo xeito, tampouco hai ameazas por parte da administración educativa, nin debilidades na oferta de medios dixitais.

Tendo en conta a analise dos aspectos que condicionan a nosa realidade priorizando as liñas de traballo decidimos plantexar obxetivos para as seguintes areas de mellora:

1.- Liderado(A)

2.- Colaboración en redes (B)

3.- Infraestructuras e equipos (C)

4.- Desenvolvento profesional contunuo (D)

5.- Pedagoxia: Apoio e Recursos(E)

6.- Prácticas de avaliación (G)

7.- Competencias dixitais do alumnado (H)

Para iso, concretamos os seguintes obxetivos

1.- Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta Abalar – AbalarPro (Móbil) (A1, A2, PE3, PE6)

2.- Fomentar a colaboración entre o profesorado interno e o persoal administrativo para desenvolver a competencia dixital (B2, B3)

 

4.- Formar internamente ao profesorado en materia dixital dunha forma eficaz e de aproveitamento para logo aplicar nas aulas de formación profesional (DPCx - Test CDD)

5.- Crear recursos dixitais para que todos os alumnos acaden as competencias básicas a nivel de FP Básica, tendo en conta ao alumnado con NEE

6.- Empregar tecnoloxías dixitais nos procesos de avaliación, a lo menos, unha por materia e trimestre. (Gx)

7.- Desenvolver proxectos colaborativos empregando software facilitador dentro do campo das nosas especialidades de FP (H11, H13)

 

Area de mellora: LIDERADO (A)

  • Fomentar a comunicación coas familias a traves de Abalar

Area de mellora: INFRAESTRUCTURAS E EQUIPOS (C) centraremonos fundamentalmente nos seguintes obxectivos:

  • Formar parte do catalogo de ofertas da web como empleafp.com ou feuga.es/talento 
  • Ser centro Microsoft Showcase Schools
  • Mellorar as infraestructuras tanto a nivel de equipos como a nivel de conectividade e velocidade de rede do centro.

Area de mellora: DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL CONTINUO DPC (D):

  • Continuar co plan de formación a fin de que todo o persoal adquira un nivel de competencia B1
  • Manter un calendario de reunions trimestrais para o seguemento da implantación do PD

Area de mellora: COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO (H)

  • Cambio da metodoloxia empregada especialmente nos cursos de segundo de CGM co fin de aplicar o software e recursos necearios para desenrolar proxectos colaborativos.

 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear Recursos Dixitais.
O02PD Proxecto Crear Empresa
O03PD Papel 0 Administración e Profesorado
O04PD Xestionar vias de financiación para a dixitalización das aulas
O05PD Fomentar uso de Abalar por parte dos profesores titores.

Seguimento

Procedemento

De xeito periodico, mantense reunions coa mentora do Plan Dixital para facer un seguemento e titorización do Plan. 

Do mesmo xeito, mantense reunions internas cos membros do equipo de dinamización, para infromalos e que promovan o coumplimento dos obxetivos entre a comunidade educativa. Para facilitar a comunicación interna do equipo, crease un grupo de whatsap que nos facilita a comuniación entre todos.

 

1º Trimestre

20/10/23 Prieira reunion do Equipo de Dinamizacion do PD.  (acta)

30/10/23 Pimerira reunión coa mentora do PD (acta)

 

2º Trimestre

Obtencion licencias de formación para o uso das ferramentas Holded. Gesion Online.

Relacion de Cursos/Xornadas realizadas no segundo trimestre:

31/01/2024 - 17/04/2024 Proxecto AJE, Aprendiendo a Emprender

22/02/2024 Concurso deseño cartel dia internacional da muller. Data limite para presentar traballos 22/02/2024 orientado a 1º cursos de FPB

21/02/2024 al 28/02/2024 - Experto en Google Sites 

1/03/2024 Profesional de Holded ERP 

15/03/2024 LA VOZ CON LA MUJER STEM Y VIAQUA (A relatora Nieves Lorenzo, informática, que traballa no ámbito de desenvolvemento de sistemas intelixentes, fixo fincapé en que todas as ramas do coñecemento precisan da informática)

21/03/2024 PROTEGE TU DINERO, ASEGURA TU FUTURO “PROTECT YOUR MONEY, SECURE YOUR FUTURE”.  (Nesta sesión trataremos sobre a Seguridade das túas Finanzas para realizar compras online e investimentos seguros e evitar as principais fraudes.)

Continuase co seguemento do proxecto Crear Empresa.

 

3º Trimestre

Mantense o calendario de reunions de seguemento do equipo de dinamizacion do PD.

Reunion 08/05/24

Melloranse o hadware dalguns equipos do Centro

Continuamos co desenvolvemento profesional continuo a traves da formación ao profesorado en competencias dixitais.

Estanse a mellorar as infraestructuras do centro en canto a mellora do equipamento informático.

Posponse ata o curso que ben a valoración de ser Microsoft ShowCase

Comunicase o estado da evolucion do Plan Dixital na reunión do Consello Escolar que tivo lugar o día 27/06/24 (adxuntase acta 2024_06_27 ordinaria)

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Plan Dixital é un documento vivo que se irá adaptando a medida que xurdan novos aspectos a ter en conta no centro,como a través da realimentación de todo o plan de acción que se vai a comezar a desenrolar en materia dixital.

Constará de dous procesos diferenciados: un de seguimento do plan de acción e outro de integración das propostas de mellora que vaian xurdindo

Seguimento do plan de acción
A responsabilidade do seguimento do plan de acción cae sobre o grupo de dinamización do Plan Dixital. Eles serán os encargados de transmitir a cada responsable as súas funcións dentro da acción a levar a cabo para acadar os obxectivos. A súa vez irán documentando as accións que pasan de pendentes a realizadas ou aprazadas. A forma de facelo será periódica tendo en conta cada un dos prazos marcados na planificación dos obxectivos de mellora, distinguindo as seguintes avaliacións

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos
obxectivos e as propostas de mellora.

 

Valoración xeral

O grao de implantación do PD considerase moi alto, xa que se acadaron practicamente tódolos obxectivos propostos para este ano.

Aqueles que non se acadaron foron pospostos, como é o de ser parte de Microsoft Show Case, decision que se retrasa para o ano que ven por temas organizativos da Xerencia.

No referente á mellora tecnoloxica, fixeronse cambios e estáse a traballar na mellora do equipamento, pero esto supon unha gran inversion económica polo que os cambios estánse a facer de xeito progresivo.

No referente á realización de cursos por parte do profesorado, todos acadaron un gran nivel de competencia dixital realizando a formación que cada un considieraba precisa. Seguemos traballado neste aspecto xa que todos son conscientes da necesidade constante de reciclaxe e adaptación.

Por outra banda obxecitvos como Papel 0. Reduciuse considerablemente o uso do mesmo, sobre todo no referente ás comunicacións co exterior, relización de enquisas, comunicados, etc. pero segue sendo inevitable o seu uso como por exemplo no caso de entregar notas, xa que moitas familias non dispoñen da plataforma abalar.

Seguirase a traballar nesta liña.

 

Proposta de mellora

Considerase imprescindible seguir taballando la liña de formaicón do profesorado

Invertir para poder seguir mellorando as inftraestructuras

Integrar novas ferramentas dixitais no proceso de ensino aprendizaxe

Traballar en proxectos dixitais colaborativos por parte do alumnado

Aumentar a cantidade de recucursos dixitais xerados polo profesorado

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O responsable da difusión do plan será o responsable de calidade, seguindo o Plan de Comunicación Interna do Centro, como está marcado no noso sistema de xestión.

O plan estará a disposición do profesorado e do equipo directivo a través dun cartafol no servidor dedicado ao mesmo, sempre vixiando que sexa a versión en vigor do mesmo, como se fai en todo o proceso de Tratamento de Documentación Interna. As versións derrogadas pasan a un cartafol de documentos obsoletos.

A difusión ao resto da comunidade educativa farase a través da publicación na páxina web do centro  https://colexiovalleinclan.com/plan-dixital/ dende a que se terá acceso tanto ao plan do curso 23/24 como a os anteriores

Para o presente curso tamen se difundirá a ligazon de EduCalidade ás familias e profesorado a través da aplicación Abalar móbil podendo facer consulta e seguemento do mesmo.