Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL NO CENTRO

O IES 12 de Outubro atópase integrado na cidade de Ourense, capital da provincia de Ourense e da súa comarca homónima. A maioría dos alumnos encádranse dentro dunha clase media, existindo unha minoría con altas posibilidades económicas que en certos casos pode desencaixar co resto da comunidade educativa. Tamén debe terse en conta os habitantes pertencentes a comunidades con tradicións e culturas propias que requiren de
tratamentos específicos para poder integrarse dentro da comunidade con plenas garantías. En xeral son familias con un alto potencial en canto ós valores propios do ser humano e que entende perfectamente calquera iniciativa que contribúa a mellorar a formación integral dos alumnos.

Para mellorar as competencias dixitais da comunidade educativa desenrolase o seguinte plan, aproveitando a experiencia e “saber facer” (know-how) recollido nos proxectos e plans anteriores, coma Abalar, edixgal, seccións bilingües, …
O Plan Dixital integrarase na Programación Xeral Anual do curso 23/24, sendo a guía da extratexia tics do instituto

Xustificación 

Xa na Lei Orgánica 2/2006 de Educación establecese a necesidade dos centros educativos de contar cunha estratexia dixital para promover o uso das tecnoloxías da información e comunicación, mellorando a competencia dixital dentro dos centros e promovendo a innovación educativa.
No caso do IES 12 de Outubro, con ensinanzas tanto de ESO e Bacharelato coma de Formación Profesional, é de aplicación a disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021 e a disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, que establecen a elaboración dun plan dixital de centro.
O presente plan segue as instrucións ditadas pola Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional,
que indican as directrices para o deseño , elaboración e implementación do mesmo.

  • PROCESO DE ELABORACIÓN

    O proceso de elaboración seguido foi o indicado polo grupo de asesores adix, en concreto o asignado a o noso centro, Pablo Lorenzo González.A comunicación foi constante utilizando a aula virtual creada a tal efecto, ademais de videoconferencias de formación, correos electrónicos e entrevistas presenciais.
  • Outra ferramenta utilizada foi o curso creado polos Adix e publicado na Aula Virtual do noso IES.No centro o grupo de dinamización do Plan dixital traballou en constante colaboración co equipo directivo.En resumen os pasos dados foron:-Analise da situación de partida mediante os cuestionarios SELFIE e test de competencia dixital docente (CDD)-Elaboración do DAFO-Deseño detallado dos obxectivos-Finalmente, redacción do presente documento do Plan.
  • CONTINUIDADE: O plan redactado no curso 2021-2022 púsose en marcha de forma parcial durante o curso 2022-23 e continuará con pequenas modificacións durante o curso 2023-24.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoevaluación SELFIE

Test CDD

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H1 Comportamento pouco seguro do alumnado. O alumnado os primeiros cursos da ESO a veces vese desbordado por tantos entornos: Aula Virtual, edixgal, email, aplicacións específicas de materias. H8. Baixa capacidade comunicativa do alumnado, motivada polo seu emprego das ferramentas dixitais Alumnado Non
Debilidade Algunhas familias non están afeitas ao uso de entornos dixitais Familias Non
Debilidade C1. As aulas de computadores non son operativas con grupos de alumnos numeroso. Ás veces non hai aulas de computadoras dispoñibles. Infraestruturas Non
Debilidade F1. A ampla variedade de estudos ofertados dificulta un plantexamento xeral e require adaptación a cada nivel. Para o alumnado de FPB e primeiros cursos da ESO e mais complicado o uso de múltiples ferramentas. Oferta Non
Debilidade D3. Case nula comunicación e colaboración entre profesores de distintos centros. A6 Poucos proxectos interdisciplinares Organización de centro Non
Debilidade D1. A sobrecarga de traballo dificulta o aprendizaxe de novas ferramentas (Falta de tempo). Necesidade de formación en seguridade e deritos de autor Persoal docente Non
Debilidade Moi baixa motivación por mellorar no uso das TICs Escasa formación de base que lles permita adquirir novas competencias Persoal non docente Non
Fortaleza Boa disposición e motivación para o uso de ferramentas dixitais Alumnado Non
Fortaleza Boa disposición a comunicación dixital co profesorado Familias Non
Fortaleza C1,C2,C3. Contamos con boa conexión a internet (wifi mellorable) e medios básicos en tódalas las aulas. Aulas de computadores. Computadores edixgal para o alumnado de 1º e 2º da ESO e para alumnos doutros cursos que o precisen Infraestruturas Non
Fortaleza O carácter técnico dos ciclos impartidos corresponde cun perfil de alumnado e profesorado mais adaptado a dixitalización. Oferta Non
Fortaleza A1. O Plan Dixital reforzará a xa existente estratexia de dixitalización do centro. Centro con recursos dixitais Organización de centro Non
Fortaleza EXPERIENCIA DIXITAL E1. O centro ven participando desde o inicio nos proxectos Abalar e edixgal. Páxina web como centro de comunicación do IES con toda a comunidade educativa e presencia nas RRSS Outras Non
Fortaleza A3 Ningún profesor parte de cero. Case sen excepción, todos usan aulavirtual, webex, procesador de textos e presentacións, correo electrónico e abalarmobil. Profesorado adaptado as novas modalidades de ensinanza, despois do adestramento do Covid. B3 Boa colaboración entre profesores. D2 Profesorado interesado no Desenrolo Profesional Continuo Persoal docente Non
Fortaleza Posibilidade de mellorar o rendemento no desenvolvemento das súas funcións co emprego das TICs Persoal non docente Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de política global da Consellería para mantemento de equipos (salvo edixgal) Falta de política global da Consellería fronte a malware e outras ameazas. Moi deficiente dotación de horas de dedicación ao profesorado para dedicación a proxectos que a propia Consellería fomenta, por exemplo a coordinación edixgal ou o Plan Dixital Administración educativa Non
Ameaza Dificultade de comunicación e asistencia ás familias e coidadores, a través de medios dixitais. ANPA Non
Ameaza C3 Facilidade de acceso a Internet que favorece a propagación de virus e problemas nos equipos. Baixo emprego por parte do alumnado da tecnoloxía para a aprendizaxe fóra do centro Contorna Non
Ameaza O pouco peso das materias TICS na ESO impiden unha mellor adquisición de habilidades dixitais Lexislación Non
Ameaza EMPRESAS: A6. Pouca participación nas novas modalidades de ensinanza Outras Non
Ameaza OUTRAS ENTIDADES: Pouca colaboración con outros centros e organizacións Outras Non
Oportunidade É factible mellorar as ferramentas de comunicación cas familias (Abalarmobil) e crear unha de comunicación interna para profesores. A6 Aumento da participación da Administración nas novas modalidades de ensinanza mediante o Plan Dixital. Administración educativa Non
Oportunidade E4. Facilita a comunicación coas familias con posibilidade de mellora incluíndo a colaboración online ANPA Non
Oportunidade E1, E2. Variedade e facilidade de creación de recursos dixitais. Acceso a dispositivos fóra do centro por parte dos alumnos Contorna Non
Oportunidade OUTRAS ENTIDADES Existencia de moitas ferramentas e contidos online, tanto para formación do profesorado como para aprendizaxe dos alumnos Outras Non
Oportunidade PLAN DIXITAL: A elaboración do plan dixital de forma coordinada por todos os centros pode ter efectos positivos se a administración apoia as futuras accións. Outras Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
AO1 Utilizar as ferramentas dixitais dispoñibles para o profesorado
AO2 Crear: Guía de boas prácticas dixitais
AO3 Implementar: Banco de empréstito equipos informáticos
AO4 Mellorar a competencia dixital dos docentes en materia de seguridade, colaboración na nube e dereitos de autor
AO5 Planificar a formación no uso das tecnoloxías dixitais

Seguimento

Procedemento

Nas datas marcadas como referencia para cada actividade e ao final de cada trimestre faise unha reunión do equipo do plan e outros implicados en tarefas concretas.

1º Trimestre

Dende o principio de curso:

-En tódalas reunións de claustro ou CCP motívase a utilización das ferramentas dixitais e informase de novidades 

-Insistese na mellora da CDD de da acreditación de nivel. Moitos dos profesores están a facer cursos con este obxectivo.

Este feito, claramente positivo, está a retrasar a formación que planificamos organizar no centro

-O banco de prestamo de computadores non é viable de momento por  falta de horas de sispoñibilidade de profesorado

2º Trimestre

Ante a inminente instalación dos novos paneis dixitais no centro, estamos a espectativa de como organizar a fomación que prescisarán os docentes.

Completamos e enviamos a información requerida pola Consellería do equipamento en tódas as aulas nas que se instalarán os paneis

Infórmase aos alumnos do proceso de acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato de Galicia no curso 2023/24

Escoitar

3º Trimestre

-Activación do Punto Laranxa contra o Acoso escolar a web do IES

-Realízanse as probas de certificación da competencia dixital do alumnado e 2º de bacharelato e 4º da ESO

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Analízanse unha a unha as accións de cada obxectivo.

Mírase o grado de consecución e se non se alevou a cabo, análizase se é pertinente manterse ou eliminarse.

Estudianse os obsectivos que deben manterse no Plan do vindeiro curso, modificandose se fora o caso.

Valoración xeral

A valoración xeral da consecución do plan neste primeiro curso non é moi boa

Levaronse a cabo varias accións pero so parcialmente

As causas son diversas pero hai que ter en conta que moitos dos obxectivos estaban relacionados coa formación do profesorado e publicación dos niveis de Competencia Dixital Docente, sen unha noramtiva definitiva, paralizou ou modificou o plantexamento previo no plan.

Proposta de mellora

Redacción do Plan DIxital para o curso 2024-2025 a partir do actual:

-eliminando os obxectivos cumplidos

-eliminando os obxectivos iniciais que se vexan iniviables ou non apropiados

-adaptar os obxectivos iniciais coa experiencia acadada neste primeiro curso.

-engadir algún obxectivo novo se se considera

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan inicial foi Presentado ao Claustro en xuño de 2022 e Publicado na web do centro.

O plan actual esta accesible na web de educalidade da Consellería e dispomos dun enlace na web do IES: https://www.12outubro.gal/index.php/o-centro/documentos