Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN E NORMATIVA VIXENTE

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro.

No noso caso, a contribución do Plan Dixital ao Proxecto Funcional e ao Plan Anual é esencial, concretándose nos seguintes aspectos:

- Mellorar a capacidade dixital de centro con repercusión no alumnado (Un dos obxectivos estratéxicos da Rede de Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia).

- Mellorar a competencia dixital dos membros da comunidade educativa, incluído como obxectivo do Plan Anual.

Polo que atinxe á relación do Plan Dixital con outros Plans e proxectos, cabe destacar:

- PFPP coas liñas de xestión integral dixital do centro e dos recursos bibliográficos, e a propia adicada á elaboración do Plan Dixital.

- PFFP premiado na convocatoria “Premios de Innovación na FP 2022”.


Marco normativo

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

- Disposición adicional terceira da Resolución do 7 de xullo de 2023, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2023- 2024

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022


CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL

Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro

 A área de influencia, de onde procede a maioría do alumnado do CIFP A Carballeira, abrangue a provincia de Ourense, sur da provincia de Lugo e norte e oeste da provincia de Pontevedra. No que atinxe ao ámbito económico os sectores preponderantes son, por esta orde, o sector servizos seguido do industrial, a construción e a agricultura.

O perfil do persoal contratado na área de influencia do CIFP A Carballeira, por nivel formativo, segundo o último informe do SEPE (2020), o 32,70 % dos contratados cursou Educación Secundaria Obrigatoria, o 13,61 % Bacharelato e equivalentes, o 18,95 % Formación profesional de grao medio ou superior. Os titulados universitarios supoñen o 11,39 %.

 A distribución por sexo difire segundo os niveles formativos. Nos niveles máis elementais (Estudos primarios ou sen acreditar) o 57,35 % son homes e as mulleres, o 42,65 %. Entre os universitarios cambia a situación e son maioría as mulleres, o 68,82 % fronte ao 31,18 % de homes, máis de 37 puntos a favor de as mulleres.

Nos niveis de Formación Profesional as distancias entre homes e mulleres quedan atenuadas: 44,51 % de homes e 55,49 % de mulleres.

O sector servizos representa máis das tres cuartas partes da contratación nesta área de influencia. A evolución deste sector nos últimos anos foi de incremento a partir do 2015, aumentando un 12,74 %, un 10,53 % en 2016, un 4,01 % en 2017, un 8,57 % en 2018 e un 2,07 % en 2019.

Traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías:

Desde o curso 1984/85 impártense no noso centro ensinanzas relacionadas coas novas tecnoloxías (iniciándose coa especialidade “Informática de Xestión” da Rama Administrativa).

Na actualidade, no CIFP A Carballeira impártese a totalidade de niveis de ensinanzas da Familia Profesional Informática:

- CB de Informática de Oficina

- CM Sistemas Microinformáticos e Redes

- CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede

- CS Desenvolvemento de Aplicacións Web

- CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma

- CE Desenvolvemento de Videoxogos e Realidade Virtual

- CE Intelixencia Artificial e Big Data

Desde o curso 2021/2022 o centro pertence á Rede Galega de Educación Dixital (DixitalGal), e alberga a sede do grupo Adix_Ourense2.

Programas de innovación nos que participou e participa o CIFP A Carballeira- Marcos Valcárcel:

- Curso 2014/2015: Análise da presencia de metais en solos de viñedos e as posibles consecuencias na industria vitivinícola (Proxecto premiado).

- Curso 2015/2016: Vinculación de ciclos formativos da Familia Profesional de Química co entorno produtivo a través de prácticas de laboratorio (Proxecto premiado). Deseño dunha aplicación informática que simula un servizo de teleasistencia.

- Curso 2017/2018: Contextualización á realidade socioeconómica dos contidos de ciclos das Familias Profesionais de Química e Sanidade: unha aproximación experimental (Proxecto premiado).

- Curso 2018/2019: Técnicas analíticas aplicables ao sector alimentario (Proxecto premiado)

- Curso 2019/2020: Métodos analíticos de control medioambiental (Proxecto premiado).

- Curso 2020/2021: Proxecto seleccionado na convocatoria de Espazos de Tecnoloxía Aplicada 2021: Espazo tecnolóxico de Cultivo Celular.

- Curso 2021/2022: Simulación 3D: condución de ambulancias en realidade virtual (Proxecto premiado). Sistema de control horario optimizado para centros educativos. Modelado 3D do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel e xeración de aplicacións de realidade virtual e aumentada para a comunidade educativa. Aplicación da impresión 3D ao desenvolvemento das actividades de control de calidade. Dixitalización e xestión de protocolos de evidencias sintomatolóxicas. Robótica colaborativa aplicada a procedementos de laboratorio biomédico. Virtualización de escritorios (VDI). Viaxa connosco sen te mover. PAS APP: Aplicación para axuda e adestramento para primeiros auxilios.

 

Contribución do PD ao Plan Anual do curso 2023/2024.

- Obxectivo estratéxico da Rede de CIFP’s “Mellorar a capacidade dixital de centro con repercusión no alumnado”.

- Obxectivo de centro “Mellorar a competencia dixital dos membros da comunidade educativa”

- Liña do PFPP, coa implementación do Plan Dixital

PROCESO DE ELABORACIÓN

O Plan Dixital iniciouse organizativamente a partir dunha liña do PFPP do curso 2021/2022

Partiuse das ferramentas SELFIE e do CDD que a comunidade educativa tiña á súa disposición para, posteriormente, o profesorado integrante da liña do PFPP e o equipo de dinamización, analizar a matriz DAFO e configurar colaborativamente o Plan de Acción.

E támen ter en conta os obxectivos acadados polo Plan Dixital durante o curso 2022/2023

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a análise do DAFO utilizáronse as seguintes fontes:

SELFIE

As figuras que se mostran a continuación resumen as distintas áreas do informe SELFIE. A información atópase categorizada segundo as repostas dos membros do equipo directivo, do profesorado e do alumnado.

Imaxes PAX 26 e 27 da memoria nos Anexos.

TEST CDD

Outra fonte de información utilizada para a realización do DAFO e a que atopa recollida no informe grupal do Test CDD do centro.

1.3. Participación segundo perfil do profesorado

 

N.º profesorado que participa

N.º profesorado total

% participación

DEFINITIVO

24

43

55,8 %

PROVISIONAL

9

17

52,9 %

INTERINO

8

17

47,1 %

SUBSTITUTO

8

19

42,1 %

DESPRAZADO

0

0

0

2.1. Puntuación e nivel de competencia do centro

Puntuación media do test (sobre 192)

Nivel de competencia

Puntuación media do test en Galicia (sobre 192)

Nivel de competencia en Galicia

94

Integrador/a (B1)

76,4

Integrador/a

2.2. Puntuación e nivel de competencia por etapas

 

Puntuación media do test (sobre 192)

Nivel de competencia

Puntuación media do test en Galicia (sobre 192)

Nivel de competencia en Galicia

FP

93,7

Integrador/a (B1)

80,2

Integrador/a (B1)

FP: C. Espc.

101

Experto/a (B2)

100,1

Experto/a (B2)

2.3. Distribución do profesorado por niveis

 

Total profesorado no nivel de competencia

% de profesorado participante neste nivel

Principiante A1

3

6,1 %

Explorador/a A2

11

22,4 %

Integrador/a B1

13

26,5 %

Experto/a B2

12

24,5 %

Líder C1

7

14,3 %

Pioneiro/a C2

3

6,1 %

TOTAL

49

99,90%

 

 

Interno
42 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado considera que non teñen acceso a información de prácticas remuneradas e de outras posibilidades de formación Alumnado Non
Debilidade Gran diferencia de visión/formación do alumnado que non é de informática Alumnado Non
Debilidade Unha parte do alumnado considera que non aprende a comunicarse empregando tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Debilidade O alumnado consideraran que non aprenden a solucionar problemas técnicos Alumnado Non
Debilidade Contornos familiares de alumnado menor de idade con dificultades de acceso ás novas tecnoloxías nos fogares Familias Non
Debilidade Equipos insuficientes para a docencia nas ensinanzas non relacionadas co departamento de informática Infraestruturas Si
Debilidade Descoñecemento do catálogo de bibliotecas en liña con material de aprendizaxe Infraestruturas Non
Debilidade O alumnado con necesidades educativas especiais non acceso a tecnoloxías asistenciais Organización de centro Non
Debilidade Falta de información do alumnado no préstamo de equipamento informático Organización de centro Si
Debilidade Ausencia do plan dixital do centro Organización de centro Non
Debilidade Pouca colaboración con outros centros ou organizacións para o uso das tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade No centro hai pouca utilización de tecnoloxía para a orientación laboral Organización de centro Non
Debilidade A utilizan de tecnoloxías para actividades creativas non é moi alta Persoal docente Non
Debilidade Escaso tempo para explorar a ensinanza dixital Persoal docente Non
Debilidade Gran diferencia de visión/formación do profesorado que non é de informática Persoal docente Non
Debilidade Pouca retroalimentación da aprendizaxe empregando ferramentas dixitais Persoal docente Non
Debilidade Pouca comunicación e implicación no desenvolvemento da estratexia dixital do centro Persoal docente Non
Debilidade Mellora na utilización das tecnoloxías dixitais para proxectos que combinen diferentes materias Persoal docente Si
Debilidade A utilización de tecnoloxías para traballar en equipo é mellorable Persoal docente Non
Debilidade Baixa utilización de tecnoloxías para a observacións dos traballos dos compañeiros Persoal docente Si
Debilidade Baixa utilización de tecnoloxías para a autoreflexión sobre o aprendizaxe do alumnado Persoal docente Non
Debilidade Pouco debate e colaboración das vantaxes de desvantaxes da ensinanza dixital Persoal docente Non
Debilidade Non todo o profesorado utiliza contornos virtuais de aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade Parte do profesorado non cumpre as normas sobre dereito de autor e licencias de uso Persoal docente Non
Fortaleza Alumnado interesado e comprometido co ensino dixital. Alumnado Non
Fortaleza Alta destreza do alumnado na utilización das novas tecnoloxías Alumnado Non
Fortaleza Elevada utilización das aplicacións informáticas corporativas na comunicación co centro educativo Familias Non
Fortaleza As infraestruturas do centro apoian o ensino e aprendizaxe dixital. Infraestruturas Non
Fortaleza Equipos suficientes para a docencia nas ensinanzas relacionadas co Departamento de Informática Infraestruturas Non
Fortaleza No centro hai acceso a Internet dispoñible para a comunidade educativa . Infraestruturas Non
Fortaleza Alta implicación do equipo directivo e do profesorado na exploración de novas modalidades de ensino Oferta Non
Fortaleza Eliminación paulatina de soporte papel en favor da dixitalización do centro Organización de centro Non
Fortaleza Estreita colaboración con empresas e entidades públicas especificamente tecnolóxicas Organización de centro Non
Fortaleza Pertenza activa na Rede Galega de Educación Dixital (DixitalGal), sendo sede do Equipo "Adix-Ourense2" Organización de centro Non
Fortaleza Alta implicación do equipo directivo nas iniciativas relacionadas coa estratexia dixital Organización de centro Non
Fortaleza Elevada utilización de tecnoloxías dixitais para a comunicación coa comunidade educativa Organización de centro Non
Fortaleza Amplo emprego de ferramentas dixitais para avaliación do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado ten posibilidades de FPP no relativo ao ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Alta implicación do profesorado na utilización, creación e procura de recursos dixitais Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para comunicarse co alumnado Persoal docente Non
Fortaleza Elevada prospección de recursos educativos en liña para a docencia Persoal docente Non
Fortaleza Alto grao de satisfacción coa implementación de xestión integral dixitalizada (Área privada da web) Persoal non docente Non
42 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Incremento da oferta formativa sen a correlativa ampliación de espazos Administración educativa Non
Ameaza Non procede, non existe o ser centro integrado ANPA Non
Ameaza Non procede, non existe o ser centro integrado ANPA Non
Ameaza Pouca participación das empresas na elaboración da estratexia dixital Contorna Non
Ameaza Empresas de formación con oferta similar á do noso centro Contorna Non
Ameaza Parte do profesorado non cumpre as normas sobre dereito de autor e licencias de uso. Lexislación Non
Oportunidade Predisposición positiva da administración educativa na estratexia dixital Administración educativa Non
Oportunidade Existencia da rede de educación dixital Administración educativa Non
Oportunidade Visión externa como centro de referencia en ensinanzas relacionadas co eido dixital. Contorna Non
Oportunidade Sucesivas convocatorias para a participación en programas de innovación tecnolóxica Lexislación Non
Oportunidade Proxección externa do centro a través de tecnoloxías dixitais Outras Non
Oportunidade Optimizar e ampliar colaboracións con empresas e entidades públicas especificamente tecnolóxicas Outras Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez desenvolvida a matriz DAFO faise unha análise da mesma que permita establecer cales van ser as áreas prioritarias ás que debe estar dirixido o Plan Dixital.

Da análise da matriz DAFO obtéñense os obxectivos, os cales son o máis específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados posibles e teñen como referencia o marco temporal de actuación do Plan Dixital.Os obxectivos obtidos están contextualizados nas distintas áreas de mellora do Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes e detállanse nas táboas do Plan de Acción e resúmense a continuación:

1.       Implementar unha estratexia de comunicación para dar a coñecer entre a comunidade educativa os recursos dixitais que están dispoñibles no centro.

  • Área de mellora: infraestrutura e equipos.
  • Preguntas SELFIE: C10, C16, C17.
  • Responsable: Dirección do centro, Coordinación TIC e do Plan Dixital.
  • Indicadores: Porcentaxe da comunicade educativa que coñecen os recursos dispoñibles nos centros.
  • Valor de partida: Media de visitas a páxina Web durante o primeiro semestre de 2023.
  • Valor previsto: 10% de incremento sobre o valor de partida.
  • Temporalización: xuño, final de curso.

 

2.       Formar á comunidade educativa na resolución de problemas dixitais.

  • Área de mellora: Infraestrutura e equipos, Competencias dixitais do alumnado
  • Preguntas SELFIE: C5, H13, H1.
  • Responsable: dirección do centro, Coordinación TIC e do Plan Dixital
  • Indicadores: número de accións realizadas.
  • Valor de partida: 5 accións feitas.
  • Valor previsto: 6 accións feitas.
  • Temporalización: xuño, final de curso.

 

3.       Crear proxectos interdisciplinares entre as distintas familias profesionais e intercentros.

  • Área de mellora: Pedagoxía: implementación na aula
  • Preguntas SELFIE: F6.
  • Responsable: dirección do centro, Coordinación TIC e do Plan Dixital, Coordinación de Formación.
  • Indicadores: número de proxectos creados.
  • Valor de partida: tres proxectos creados.
  • Valor previsto: cinco proxectos creados.
  • Temporalización: xuño, final de curso.

 

Para cada uno dos obxectivos indicados xerouse unha táboa que recolle toda esta información e tamén se indica con detalle as accións a desenvolver para levar a término cada un dos obxectivos. Nas táboas tamén se detalla a temporalización e con que recursos serán precisos.

A propia táboa utilizarase para facer o seguimento do logro de cada unha das acción que se van desenvolver para acada o obxectivo, e que logo será analizada polo miúdo na fase de avaliación do Plan Dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Implementar unha estratexia de comunicación para dar a coñecer o centro e os seus recursos e actividades.
O2PD Formar á comunidade educativa na resolución de problemas dixitais
O3PD Crear proxectos interdisciplinares entre as distintas familias profesionais e intercentros

Seguimento

Procedemento

Para realizar o seguimento programarase reunións periódicas cos distintos responsables descritos en cada un dos obxetivos do Plan Dixital:

  • Equipo directivo
  • Coordinación TIC
  • Coordinación Plan Dixital
  • Coordinación de Formación
  • Coordinación de Calidade
  • Responsable páxina Web do centro.
  • Titores/as de cada grupo. 

Neste seguimento expoñense os 3 obxetivos marcados no Plan de Acción, os obxetivos van acompañados das distintas accións a desenvolver e indícase o seu estado en cada unha das avaliacións.

1º Trimestre

O1PD    Implementar unha estratexia de comunicación para dar a coñecer entre a comunidade educativa os recursos dixitais que están dispoñibles no centro.

AO1.1: Creación dun grupo de traballo encargado de implementar a estratexia de comunicación.  Realizado.

  • Creado: O2306143 - PFPP O2331098 Desenvolvemento dixital do centro. Mellora constante na dixitalización do centro

AO1.2: Creación das enquisas trimestrais.  Adiado 2º Trimestre
AO1.3: Difusión dos recursos dixitais dispoñibles no centro. Realizado.

  • Na presentacións dos módulos.
  • Nova sección na Web de alumnado.
  • Incluido na guia de alumnado.
  • Diapositivas no Hall da entrada.

AO1.4: Realización da enquisa por parte da comunicación educativa. 
AO1.5: Análise dos resultados das enquisas
AO1.6: Retroalimentación segundo os resultados obtidos


        
O2PD    Formar á comunidade educativa na resolución de problemas dixitais

AO2.1: Creación dun grupo de traballo encargado de impartir formación á comunidade educativa.  Realizado.

  • Creado: O2306143 - PFPP O2331098 Desenvolvemento dixital do centro. Mellora constante na dixitalización do centro

AO2.2: Planificación da axenda para impartir as xornadas de formación.  En proceso.
AO2.3: Impartición das xornadas. En proceso.

  • Xornada de AbalarBox (Novembro 2023).

AO2.4: Retroalimentación segundo os resultados.


O3PD    Crear proxectos interdisciplinares entre as distintas familias profesionais e intercentros        

AO3.1: Difusión das distintas convocatorias de formación e innovación.  En proceso.
AO3.2: Promoción de oportunidades de creación de proxectos.  En proceso.
AO3.3: Publicación dos proxectos no repositorio

 

2º Trimestre

O1PD    Implementar unha estratexia de comunicación para dar a coñecer entre a comunidade educativa os recursos dixitais que están dispoñibles no centro.

AO1.1: Creación dun grupo de traballo encargado de implementar a estratexia de comunicación.  Realizado.

  • Creado: O2306143 - PFPP O2331098 Desenvolvemento dixital do centro. Mellora constante na dixitalización do centro

AO1.2: Creación das enquisas trimestrais.  Realizado.
AO1.3: Difusión dos recursos dixitais dispoñibles no centro. Realizado.

  • Na presentacións dos módulos.
  • Nova sección na Web de alumnado.
  • Incluido na guia de alumnado.
  • Diapositivas no Hall da entrada.

AO1.4: Realización da enquisa por parte da comunicación educativa. Adiado 3º Trimestre
AO1.5: Análise dos resultados das enquisas
AO1.6: Retroalimentación segundo os resultados obtidos


        
O2PD    Formar á comunidade educativa na resolución de problemas dixitais

AO2.1: Creación dun grupo de traballo encargado de impartir formación á comunidade educativa.  Realizado.

  • Creado: O2306143 - PFPP O2331098 Desenvolvemento dixital do centro. Mellora constante na dixitalización do centro

AO2.2: Planificación da axenda para impartir as xornadas de formación.  Realizado.
AO2.3: Impartición das xornadas. En proceso.

  • Xornada de AbalarBox (Novembro 2023).
  • Xornadas de Excel para docentes (Febreiro-Marzo 2024)

AO2.4: Retroalimentación segundo os resultados.En proceso.


O3PD    Crear proxectos interdisciplinares entre as distintas familias profesionais e intercentros        

AO3.1: Difusión das distintas convocatorias de formación e innovación.  En proceso.
AO3.2: Promoción de oportunidades de creación de proxectos.  En proceso.
AO3.3: Publicación dos proxectos no repositorio. En proceso.

 

3º Trimestre

O1PD    Implementar unha estratexia de comunicación para dar a coñecer entre a comunidade educativa os recursos dixitais que están dispoñibles no centro.   ACADADO.

AO1.1: Creación dun grupo de traballo encargado de implementar a estratexia de comunicación.  Realizado.

  • Creado: O2306143 - PFPP O2331098 Desenvolvemento dixital do centro. Mellora constante na dixitalización do centro

AO1.2: Creación das enquisas trimestrais.  Realizado.
AO1.3: Difusión dos recursos dixitais dispoñibles no centro. Realizado.

  • Na presentacións dos módulos.
  • Nova sección na Web de alumnado.
  • Incluido na guia de alumnado.
  • Diapositivas no Hall da entrada.

AO1.4: Realización da enquisa por parte da comunicación educativa. Realizado.

AO1.5: Análise dos resultados das enquisas. Realizado.

  • As preguntas:
    • No noso centro hai dispositivos dixitais propiedade e xestionados polo propio centro e que poden ser utilizados polo alumnado cando os precisan. Valoración: 4,35 sobre  5,00.
    • No noso centro hai computadores que podo levar a casa en caso de que sexa preciso. Valoración: 3,95 sobre  5,00.

AO1.6: Retroalimentación segundo os resultados obtidos. Realizado.

  • Mais do 60% da comunidade educativa coñece os recursos dixitais do centro.

        
O2PD    Formar á comunidade educativa na resolución de problemas dixitais. ACADADO.

AO2.1: Creación dun grupo de traballo encargado de impartir formación á comunidade educativa.  Realizado.

  • Creado: O2306143 - PFPP O2331098 Desenvolvemento dixital do centro. Mellora constante na dixitalización do centro

AO2.2: Planificación da axenda para impartir as xornadas de formación.  Realizado.
AO2.3: Impartición das xornadas. Realizado.

  • Xornada de AbalarBox (Novembro 2023).
  • Xornadas de Excel para docentes (Febreiro-Marzo 2024)
  • Canva Pro para docentes (Abril 2024)
  • AFD IFCT0108 Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos (Abril-Jullo 2024)
  • Xornadas de Instalación e configuración dun sistema informático en Rede. (Maio 2024)
  • Curso de capacitación dixital para a poboación: Uso do teléfono móbil - Nivel básico (Maio 2024)

AO2.4: Retroalimentación segundo os resultados.Realizado.

  • Abalar o Abalarbox (Valoración nas enquisas 4,92)
  • Excel para profesorado (Valoración nas enquisas 4,95)
  • Canva Pro para docentes (Valoración nas enquisas 4,60)

 


O3PD    Crear proxectos interdisciplinares entre as distintas familias profesionais e intercentros. ACADADO.        

AO3.1: Difusión das distintas convocatorias de formación e innovación.  Realizado.
AO3.2: Promoción de oportunidades de creación de proxectos.  Realizado.

  • Proxectos de Formación Permanete do profesorado:
    • O desenvolvemento social (10h)
    • Desenvolvemento dixital do centro. Mellora constante na dixitalización do centro (50h).
    • A biblioteca como espazo de inclusión e voluntariado (20h).
    • O plurilingüísmo no CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel como factor de calidade (50h).
    • O club de lectura como dinamizador da educación transversal do centro (20h).
    • O crecemento socioemocional co programa Educación Responsable (30h).
    • Desenvolvemento de estruturas de convivencia e mediación (50h).
    • Mellora e ampliación da xestión centralizada de trámites e documentación de centro (50h).
  • Proxectos de formación de F.P.
    • Vixilancia e control do mosquito tigre (20h).
    • Uso da realidade aumentada e virtual en simulacros de emerxencias (60h).
    • Postprocesamento e acabamento de elementos da impresión 3D (30h).
    • Obtención de plásmidos para a súa aplicación en cultivos celulares (30h).
    • Mantemento electromecánico do laboratorio (30h).
    • Identificación microbiana por secuenciación de ADN (30h).
    • Explotación de infraestruturas docentes (30h).
    • Claves posturais para previr lesións na FP (25h).
    • Aplicación da impresión 3D a espécimes de ensaio (30h).
    • A intelixencia artificial como recurso didáctico nunha aula de FP (30h).

AO3.3: Publicación dos proxectos no repositorio. Realizado.

https://cifpacarballeira.gal/proyectos/repositorio//repositorio-de-proxectos/

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos levarase a cabo a través dunha avaliación trimestral (procesual) e unha avaliación final.

- A avaliación procesual levarase a cabo formalmente nos claustros de fin de trimestre, con informes puntuais ao Consello Social, nos que se incluirá:

  • Estado de execución das acción do Plan Dixital.
  • Análise e valoración de resultados.
  • Modificacións das accións, se procede.
  • Propostas de mellora.

A avaliación final realizarase coincidindo co Claustro de fin de curso, con informe dirixido ao Consello Social a desenvolver no mes de xullo. Nesta avaliación estudarase e valorarase:

  • Logro dos obxectivos.
  • Propostas de mellora.
Valoración xeral

O plan desenvolvese na súa totalidade, foi preciso realizar pequenos axustes da planificación inicial, que se indican no seguimento, pero concluíu co logro de tódolos obxectivos marcados para este curso, que foron:

  • O1PD    Implementar unha estratexia de comunicación para dar a coñecer entre a comunidade educativa os recursos dixitais que están dispoñibles no centro.
  • O2PD    Formar á comunidade educativa na resolución de problemas dixitais.
  • O3PD    Crear proxectos interdisciplinares entre as distintas familias profesionais e intercentros

Cabe destacar a gran participación e implicación de todo o equipo humano do centro:

  • A implicación do Departamento de Informática, do equipo de Mantemento Informático así como a secretaría do centro, no programa de préstamo de equipamento informático o alumnado onte se prestaron mais de 40 equipos informáticos o alumnado. E tamén na doacción de equipamento informático a centros da contorna.
  • Na organización e na participación nas actividades de formación organizadas no centro, tanto internas como externas, destacan a formación AFD y os Cursos de Capacitación Dixital da poboación.
  • Na creación de proxectos de formación e innovación, con 8 proxectos PFPP y con 10 proxectos de Formación de FP, algún deles intercentros e de innovación.

Destacan tamén que todo isto foi posible polo traballo colaborativo realizado por:

  • Equipo directivo
  • Coordinación de formación
  • Coordinación TIC
  • Encargado da páxina Web do Centro
  • Xefaturas de departamento
  • Titores e profesorado
  • Coordinación do Plan Dixital
Proposta de mellora

Como proposta de mellora, sería interesante seguir avanzando na dixitalización do centro, unha dixitalización que teña como núcleo neurálxico a páxina Web do centro, e que permita reducir o mínimo a utilización de trámites en papel e que simplifique a carga burocrática. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O protocolo a seguir para a publicidade e difusión do Plan Dixital entre toda a comunidade educativa será a o seguinte:

  • Información xeral na xornada de acollemento de alumnado, profesorado e persoal non docente.
  • Información nas sesións de titoría coas familias do alumnado menor de idadyo cree.
  • Publicación na páxina web do centro e información nas redes sociais do mesmo, relativa ás accións a desenvolver, a través da sección “Plan Dixital”.
  • Informes de seguimento dirixidos á Inspección educativa, segundo proceda, e ao Claustro de Profesorado, como punto exclusivo na orde do día das sesións trimestrais.