Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
O Colexio de Prácticas está situado na marxe norte do rio Miño, enclavado no barrio denominado “A Ponte”, pertencente ao Concello de Ourense. Este barrio está unido á cidade mediante catro pontes sobre o río. Conta con boas comunicacións. Ademais das reseñadas de unión coa cidade pola “Ponte Romana”, que é peonil, a “Ponte Nova”, a “Ponte do Ribeiriño”, a “Ponte do Milenio” e a do tren, ten outras coma a chegada e saída de autobuses urbanos dende todos os puntos da cidade, unha estación de autobuses procedentes de fóra de Ourense, e unha estación de ferrocarril que une Ourense coas principais vilas e cidades de Galicia. A súa actividade económica desenvólvese ao redor do pequeno comercio, da construción e dos servizos, como Correos e Renfe. Dispón tamén de Centro de Saúde.

O CEIP de Prácticas de Ourense ten unha Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as moi activa. Organizan un bo número de actividades complementarias polas tardes, excursións e encárganse da xestión e o funcionamento do servizo de Comedor Escolar, que atende nestes momentos a case trescentos alumnos/as. Tamén xestiona o servizo diario de Atención Temperá, desde as 7:30 h. ata as 9:00 horas. O alumnado que solicita este servizo pode facelo co almorzo.

O nivel educativo e cultural das familias do alumnado é de tipo medio, aínda que nestes últimos anos apréciase máis heteroxeneidade, de acordo aos tempos que vivimos.
O centro, desde o curso 2010-2011 forma parte do Proxecto Abalar. Desde esa data, o centro foi progresivamente dotando as diferentes aulas con ordenadores, proxectores e encerados dixitais. A partir do curso 2020-2021 participa no Proxecto E-Dixgal.
No presente curso, o centro participa nos seguintes programas innovadores:

  • E-Dixgal
  • Plambe

  • Seccións bilingües: Auxiliar de conversa.

  • Club de lectura

  • Proa +

  • Contratros programa inclúe: Iguála-T, Convive-T, Inclúe-T, Emocióna-T.

  • Plan proxecta: Proxectos de vida activa e deportiva, Donas de si, Escola verde, Proxecto de innovación en dinamización lingüística.

  • PFPP: Polos creativos, biblioteca como espazo de inclusión, a dinamización dos patios a través de xogos educativos

Este Plan Dixital contribuirá á Programación Xeral Anual do curso 23/24 incidindo en aspectos como a organización do profesorado, os horarios das aulas de informática, na temática a tratar nas diferentes reunións de coordinación do profesorado tanto a nivel de ciclo e de dinamizacións como nas reunións da CCP, o Claustro e Consello Escolar. Tamén terá incidencia na metodoloxía a seguir nas diferentes áreas que redundará nunha mellora do proceso de ensino-aprendizaxe que se desenvolve nas aulas, sendo, en último termo, o alumnado o protagonista deste cambio.

1.3.Breve xustificación do mesmo
Este plan está xustificado lexislativamente polas seguintes leis orgánicas, ordes, resolucións e disposicións adicionais:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

1.4.Proceso de elaboración
A elaboración do Plan Dixital comezou no mes de novembro do curso 21/22 no seo do Equipo de Dinamización TIC constituído por representantes de E Infantil e os diferentes cursos de E. Primaria. Este equipo traballou sobre a enquisa SELFIE, seleccionando as preguntas pertinentes, incorporando as preguntas establecidas pola administración, elaborando as preguntas propias e específicas do noso centro e difundindo a realización da enquisa entre o profesorado. Esta enquisa desenvolveuse entre 3 e o 20 de decembro. Tamén xestionou a realización do Test CDD.

Posteriormente, cando no mes de marzo de 2022 ía realizarse a análise dos datos obtidos da enquisa SELFIE e do Test CDD, e ante a necesidade de asistir ás sesións formativas organizadas por ADIX-OU1, creouse dentro do Equipo de Dinamización TIC unha comisión formada polo profesorado interesado na participación, que posteriormente se abriu a todo o claustro. Isto obrigou a modificar a relación do profesorado do Grupo de Traballo do Plan Dixital que, inicialmente, estaba constituido polo mesmo profesorado que participaba no Seminario de Profundización en E-Dixgal, pertencente ao mesmo PFPP.

Este equipo participou nas xornadas de formación, reflexionou sobre os resultado das enquisas e elaborou o DAFO participando nas reunións pertinentes. Na seguinte fase, en varias sesións de traballo, deseñou os obxectivos SMART e as liñas de actuación previstas para desenvolver o plan no vindeiro curso. Nunha última fase, redactou este plan dixital.

O plan dixital foi aplicado durante o curso 2022/2023 e, despois da aplicación das fases de seguimento e avaliación, no mes de xuño, o Equipo de Dinamización das TIC e Plan Dixital propuxo unha serie de melloras a ter en conta para a redacción do plan do curso 2023/2024.

Durante as primeiras semanas do mes de outubro de 2023, o Equipo de Dinamización TIC e Plan Dixital analizou esas propostas de mellora e para incorporalas ao plan deste curso revisou o DAFO tendo en conta as melloras ás que contribuíu o plan anterior así como a certas debilidades detectadas. Do mesmo xeito, revisáronse todos os obxectivos, anulouse algún e redactáronse outros novos para adecuar o plan á realidade e ás necesidades da nosa comunidade educativa. Tamén se adaptaron e modificaron as accións a desenvolver en cada obxectivo.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de datos foron:

  • Enquisa SELFIE, desenvolvida no mes de decembro de 2021 (Anexo 1)
  • Test CDD, realizado en febreiro de 2022. (Anexo 2)
Interno
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H11. O alumnado tivo un primeiro contacto coa codificación e coa programación. Alumnado Si
Debilidade H13. O alumnado non é capaz de resolver problemas técnicos por sí mesmo. Alumnado Non
Debilidade H7. O alumnado non aprende a crear contidos dixitais Alumnado Si
Debilidade A1. O centro conta cunha estratexia dixital, pero non está ben concretada. Organización de centro Si
Debilidade D3. Non se establecen as canles necesarias para un eficiente intercambio de experiencias no centro, sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade F6. No centro non se fomenta suficientemente o emprego da tecnoloxía dixital en proxectos interdisciplinares Persoal docente Si
Debilidade E2. A maioría do profesorado non crea recursos dixitais para reforzar o seu labor docente. Persoal docente Non
Debilidade G.1-G.3-G.7. O profesorado utiliza con pouca frecuencia instrumentos de avaliación dixitais do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade G10. As habilidades dixitais do alumnado que desenvolve fóra do centro empezan a ser valoradas. Persoal docente Non
Debilidade F5. Non se emprega a tecnoloxía dixital para facilitar a colaboración /cooperación entre o alumnado Persoal docente Si
Fortaleza H1.-H3. O alumnado aprende a actuar de maneira responsable e segura na Internet. Alumnado Si
Fortaleza H4. O alumnado aprende a consultar varias fontes de información para contrastar a súa fiabilidade. Alumnado Si
Fortaleza H10. O alumnado utiliza a tecnoloxía en diferentes materias Alumnado Si
Fortaleza PDC. As familias empregan de xeito xeralizado a plataforma AbalarMóbil para solicitar titorías, xustificar faltas e comunicarse cos titores/as e profesorado. Familias Non
Fortaleza C2. No centro contamos con dispositivos dixitais que se poden utilizar no labor docente. Infraestruturas Non
Fortaleza C5. Dispoñemos dunha asistencia técnica rápida e eficiente. Infraestruturas Non
Fortaleza O servizo de comedor emprega a páxina web do centro para comunicar normas e mostrar os menús mensuais Oferta Non
Fortaleza DPC. O profesorado fórmase en colaboración cos seus compañeiros/as do centro e a través da formación en liña. Organización de centro Non
Fortaleza D2. O centro oferta a posibilidade de acceder a FPP no relativo ao ensino e á aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E1. O profesorado do centro busca e emprega recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza B2. Debatemos sobre as vantaxes e desvantaxes sobre o uso da tecnoloxía. Persoal docente Non
Fortaleza E3. O profesorado utiliza a aula virtual do centro e o proxecto E-DIXGAL. Persoal docente Si
Fortaleza E4. O profesorado utiliza tecnoloxías dixitais (AbalarMóbil, correo electrónico¿) para a comunicación relativa ao centro educativo. Persoal docente Si
Fortaleza F1. O profesorado adapta os seus métodos de ensino ás necesidades individuais do alumnado utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza F4. O profesorado utiliza actividades de aprendizaxe dixitais para motivar ao alumnado Persoal docente Non
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O profesorado non dispón do tempo necesario dentro do horario escolar para levar a cabo o proceso de ensinanza-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Ameaza Gran parte do profesorado ten que empregar os seus propios medios dixitais no seu propio domicilio para o ensino a distancia, cando teñen que recurrir puntualmente a este tipo de ensino. Administración educativa Non
Ameaza A ANPA comezou a ofertar actividades extraescolares relacionadas coas tecnoloxías dixitais. ANPA Non
Ameaza O acceso limitado de parte do alumnado a unha conexión estable de calidade prexudica a ensinanza mixta. Contorna Non
Ameaza A limitada competencia dixital dalgunhas familias prexudica á aprendizaxe mixta. Contorna Non
Ameaza B3. O noso centro non colabora con institucións alleas no ámbito das TIC Outras Si
Oportunidade 3. O centro conta con acceso a internet para a ensinaza-aprendizaxe en todas as instalacións Administración educativa Non
Oportunidade C1. O centro pertence e desenvolve o programa E-Dixgal. Administración educativa Non
Oportunidade PDC. A maioría do alumnado ten acceso a dispositivos dixitais na casa. Contorna Non
Oportunidade C7. O centro aplica a lexislación de protección de datos nas distintas actividades propostas e só emprega as plataformas dixitais fornecidas pola administración educativa. Lexislación Non
Oportunidade A5. Respectamos os dereitos de autor e as licenzas de uso. Lexislación Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Para elaborar Plan de Acción a partir da análise DAFO partimos de dúas ideas básicas: afianzar algunhas fortalezas e oportunidades que consideramos básicas para unha dixitalización realmente efectiva en todo o centro e comezar a paliar algunhas das debilidades e ameazas que pensamos que este plan pode abordar no vindeiro curso.

As área prioritarias de actuación son:

A. Liderado. Difundir o plan dixital entre toda a comunidade educativa e avalialo periódicamente.

B. Colaboración e redes, abrindo o centro á colaboración con outros centros e á difusión de novas experiencias e posibilidades de educación dixital.

E. Pedagoxía – Apoios e recursos, normalizando o uso da aula virtual do centro, preferentemente polo alumnado de terceiro e cuarto de primaria.

F. Pegagoxía - implementación na aula, creando repositorios de materiais didácticos dixitais por etapa e ciclo. Tamén desenvolvendo o futuro polo creativo que durante este curso se vai desenvolver no centro para que o alumnado poida aprender de xeito manipulativo e experiencial e o profesorado poida investigar con novas metodoloxías empregando as TIC.

G. Avaliación, mellorando o uso do sistema de avaliación presente na AV de E-Dixgal, de xeito que permita a avaliación entre iguais e a autoavaliación.

H. Competencias dixitais do alumnado, empregando a aulas de informáticas de xeito periódico e o materiais dos que vai ser dotado o polo creativo. Tamén deseñaremos unha secuenciación progresiva básica das habilidades informáticas do alumnado desde infantil ata sexto de primaria.

Os obxectivos que nos propoñemos son os seguintes:

1. Dar a coñecer a estratexia dixital establecida por este plan dixital a todo o profesorado definitivo, de nova incorporación e á comunidade educativa.

2. Crear un repositorio de recursos dixitais por ciclo que favoreza o uso e intercambio de materiais dixitais.

3. Empregar os recursos existentes para a avaliación no EVA de E-Dixgal potenciando, na medida do posible, a autoavaliación e a avaliación entre iguais.

4. Utilizar a aula de informática móbil polo alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Primaria e a aula de informática do centro polo alumnado de segundo ciclo de Primaria cunha periodicidade mensual.

5. Poñer en marcha o polo creativo do centro conforme vaia chegando o material que envíe a Consellería.

6. Solicitar a colaboración de persoas cualificadas da comunidade escolar e doutras entidades para desenvovlver actividades que melloren a competencia dixital do alumnado e profesorado.

7. Favorecer o intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros, tanto entre o profesorado do propio centro coma doutros centros de similares características

8. Normalizar o uso da Aula Virtual do centro polo alumnado de segundo ciclo, preferentemente, como un recurso máis para a adquisición das competencias, en especial, da competencia dixital.

9. Difundir o uso da páxina web do centro entre os membros da comunidade educativa mellorando a súa xestión.

10. Secuenciar ao longo das etapas de Infantil e Primaria aqueles aspectos básicos que posibiliten a todo o alumnado a adquisición de habilidades e destrezas propias da competencia dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Dar a coñecer a estratexia dixital establecida por este plan dixital a todo o profesorado definitivo, de nova incorporación e á comunidade educativa
O02PD Crear un repositorio de recursos dixitais por ciclo que favoreza o uso e intercambio de materiais dixitais.
O03PD Empregar os recursos existentes para a avaliación no EVA de E-Dixgal potenciando, na medida do posible, a autoavaliación e a avaliación entre iguais.
O04PD Utilizar a aula de informática móbil polo alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Primaria e a aula de informática do centro polo alumnado de segundo ciclo de Primaria de xeito periódico.
O05PD Poñer en marcha o polo creativo do centro conforme vaia chegando o material que envíe a Consellería
O06PD Solicitar a colaboración de persoas cualificadas da comunidade escolar e doutras entidades para desenvovlver actividades que melloren a competencia dixital do alumnado e profesorado.
O07PD Favorecer o intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros, tanto entre o profesorado do propio centro coma doutros centros de similares características
O08PD Normalizar o uso da Aula Virtual do centro polo alumnado de segundo ciclo, preferentemente, como un recurso máis para a adquisición das competencias, en especial, da competencia dixital.
O09PD Difundir o uso da páxina web do centro entre os membros da comunidade educativa mellorando a súa xestión.
O10PD Secuenciar ao longo das etapas de Infantil e Primaria aqueles aspectos básicos que posibiliten a todo o alumnado a adquisición habilidades e destrezas propias da competencia dixital.

Seguimento

Procedemento

Tal como vén reflectido nas táboas do plan de acción, realizaremos o seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos do seguinte xeito:
- Trimestralmente, na CCP, realizarase unha valoración do estado da execución das accións programadas no trimestre, o cumprimento dos prazos establecidos e un breve avance dos resultados obtidos. Estes aspectos incluiranse na acta e serán comunicados aos diferentes ciclos no primeira reunión de ciclo despois de CCP. Na última CCP, terase en conta a valoración dos logros obtidos e proporanse melloras para ser incluidas na revisión anual do plan.

Trimestralmente, á vez que se realiza o seguimento iranse recollendo as propostas de mellora que vaian xurdindo. A final do curso, elaborarase unha memoria anual na que se recolla unha valoración final do seguimento realizado e se propoñan melloras para ser incluídas na redacción do plan para o curso seguinte.

1º Trimestre

Seguimento por obxectivos:

Obxectivo 1 → O Plan Dixital difundiuse entre o profesorado e a comunidade educativa tal como estaba previsto.

Obxectivo 2 → Os repositorios de recursos dixitais do centro xa están activos na aula virtual. Aínda non se informou ao profesorado do acceso aos repositorios como usuarios. Informouse aos coordinadores de ciclo como engadir recursos educativos nos repositorios aos que teñen autorización.

Obxectivo 3 → O profesorado que imparte E-Dixgal está informado de como se configura a avaliación no EVA: criterios, aspectos e asignación de actividades. Estes procedementos foron postos en práctica na primeira avaliación pola maioría do profesorado. Non se puido levar a cabo a información prevista sobre actividades de autoavaliación e avaliación entre iguais. Isto será obxecto do segundo trimestre.

Obxectivo 4 → Desde a xefatura de estudos organizáronse os horarios do profesorado para que o alumnado de infantil e primeiro e segundo ciclo de primaria poida traballar tanto na aula de informática móbil (armario de ordenadores) como na aula do terceiro piso, de tal xeito que hai profesorado que apoia a estes grupos para que poida acudir á aula un número aceptable de alumnos/as. Do programado para este trimestre, falta reunir os protocolos de uso das aulas nun único documento e establecer o horario de atención na aula de informática durante algún recreo por parte do alumnado de terceiro e cuarto de primaria.

Obxectivo 5 → A aula de polos creativos xa está creada e xa ten algún material mercado polo centro. Solicitiouse a organización dun PFPP cun seminario titulado Polos Creativos no CEIP de Práct. da E.U. Form. Profes. EXB. A formación no centro comezará no mes de xaneiro e traballaremos a robótica, en especial, os modelos TRUE-TRUE e o mbot. Por outra banda, o coordinador asiste ao curso de formación de novos polos creativos organizado polo CFR e toda a información obtida será compartida co resto do profesorado no espazo da aula virtual do centro adicado á mesmo.

Obxectivo 6 → Solicitáronse charlas dentro do Plan Director sobre a ciberseguridade (5º primaria) e acoso/ciberacoso escolar (6º primaria). As charlas desenvolvéronse en novembro. Non puidemos solicitar a participación no programa Navega con rumbo porque non nos chegou a información a tempo.

Obxectivo 7 → Poir falta de tempo, non se solicitou aínda a información sobre a plataforma Agueiro nin tampouco se informou ao profesorado sobre este tema. Queda pendente para o segundo trimestre.

Obxectivo 8 → A aula virtual do centro está organizada e en funcionamento. Todo o profesorado do centro está inscrito e matriculado nos seus respectivos cursos e áreas ; tamén cada profesor/a está asignado á parte destinada á coordinación do profesorado e ás dinamizacións que lle corresponden. En principio, o alumnado que ía empregar a aula virtual sería o alumnado de 4º e 5º de primaria. A petición do profesorado do primeiro ciclo de primaria, o seu alumnado tamén fai uso deste espazo virtual. Parte do profesorado emprega a aula de informática do centro para que todo o seu alumnado utilice a aula virtual.

Obxectivo 9 → A páxina web do centro recolle información sobre gran parte das actividades que se veñen realizando no colexio. Como aspecto a mellorar sería acortar o prazo de publicación da información das actividades do alumnado  A redacción do protocolo para guiar a publicación de contidos por parte do profesorado está a piques de rematar. Tamén está nesa fase a actualización de roles e perfís do profesorado, aínda que xa está totalmente actualizado para coordinadores. En principio, o profesorado do primeiro ciclo de primaria ía publicar na web as actividades didácticas para o seu alumnado; pero por petición do mesmo, vaino realizar na aula virtual do centro. 

Obxectivo 10 → Durante este trimestre, só se iniciou unha pequena recopilación sobre o tratamento da competencia dixital en infantil e primaria, dado que a redacción da secuenciación de habilidades e destrezas coas TIC deben establecerse no mes de xaneiro.

Este trimestre os equipos E-Dixgal de quinto de primaria foron empregados polos técnicos do proxecto para probar a maqueta Abalar 11 con control parental na aula e na casa. Unha vez conseguido o propósito do equipo técnico acordamos a instalación da nova maqueta no equipamento do alumando de sexto de primaria. 

Recibimos dous equipos informáticos de sobremesa desde a Consellería que foron ubicados en espazos comúns para que todo o profesorado do centro poida empregalos.

Desenvolvéronse as reunións precisas coa mentora ADIX para recibir o asesoramento necesario para a elaboración deste proxecto e o seu seguemento.

2º Trimestre

Seguimento por obxectivos:

Obxectivo 2  → O profesorado xa foi informado sobre como engadir e empregar recursos dos repositorios. Tres deles xa contan con recursos.

Obxectivo 3 → Debido ao curto que resultou o trimestre e a outras actividades de formación desenvolvidas no centro non houbo tempo material para a formación en autoavaliación e avaliación entre iguais dentro do proxecto E-Dixgal.

Obxectivo 4 → Establecéronse os protocolos de uso das aulas de informática tanto do terceiro andar como da aula móbil así como o protocolo de uso por parte do alumnado de terceiro e cuarto de primaria da aula de informática do terceiro andar durante o recreo. Os protocolos subíronse á aula virtual para compartir con todo o porfesorado e o específico para o uso durante o recreo déuselle impreso a cada profesora titora do segundo ciclo de primaria.

Obxectivo 5 → Durante o mes de xaneiro levouse a cabo a formación presencial dentro do PFPP do polo creativo, orientado á robótica. Traballamos os robots TRUE-TRUE para infantil e primeiro ciclo e os robots Mbot para segundo e terceiro ciclo. Está pendente de realizar un proxecto para levar á aula este material. Por outra banda, rematou en xaneiro a formación didáctica e realizamos durante unha fin de semana de marzo a formación técnica ofertada polo CFR para a coordinación dos novos polos creativos. Recolléronse os kits que o CFR proporcionou aos centros.

Obxectivo 6 → Non se realizaron contactos con membros da comunidade escolar nin con entidades para desenvolver actividades STEM.

Obxectivo 7 → Solicitouse información sobre Agueiro para que o centro poida traballar con ela. Unha vez recibida, informarase ao profesorado e equipo directivo para decidir a incorporación do centro a esta plataforma.

Obxectivo 8 → A aula virtual do centro está en funcionamento seguindo o programado.

Obxectivo 9 → Redactouse o protocolo para a publicación de artigos na web do colexio e uso da galería de fotos. Será difundido a principios do seguinte trimestre.

Obxectivo 10 → Despois de analizar a competencia dixital en infantil e primaria, estableceuse unha secuenciación de destrezas e habilidades desde Infantil ata cuarto de primaria. A proposta de cuarto de primaria, que é a que debemos establecer durante este curso, será enviada ao profesorado de terceiro e cuarto de primaria para o seu debate e adecuación ás posibilidades reais.

Desenvolveuse unha sesión de coordinación coa mentora ADIX. A Consellería enviou dous equipos de sobremesa con Windows 11 que se colocaron na sala de profesores.

 

 

3º Trimestre

Seguimento por obxectivos:

Obxectivo 2  → Engadíronse novos recursos dixitais aos repositorios.

Obxectivo 3 → Non houbo tempo material para a formación en autoavaliación e avaliación entre iguais dentro do proxecto E-Dixgal.

Obxectivo 4 → Aplicáronse os protocolos deseñados para o uso das aulas de informática móbil e do terceiro andar. O alumnado de 3º e 4º de Primaria acudiu en dous recreos á semana á aula de informática do terceiro andar para realizar actividades de busca que información propostas polo profesorado titor, realización de actividades de programación e de descubrimento das posibilidades da maqueta AbalarLibre empregando programas con TuxPaint, TuxMath, Scratux, Mblock... Ademais, o alumnado do centro continuou asistindo ás aulas de informática segundo o horario establecido.

Obxectivo 5 → Toda a información facilitada polo CFR dentro da formación para coordinadores de novos polos creativos foi subida á aula virtual do centro para compartir co profesroado do equipo e con todo o profesorado do centro no espazo TIC para tod@s: kits singulares, videoconferencias, ponencias da formación técnica e materiais, información sobre o servizo de préstamo de material do CFR de polos creativo. Aproveitando a formación en robótica recibida no transcurso do PFPP, desenvolvéronse actividades de programación dos robots TRUE-TRUE e Mbot para levar ás aulas de Infantil, primeiro ciclo e terceiro ciclo de Primaria, a modo de inciación.

Obxectivo 6 → Non se realizaron contactos con membros da comunidade escolar nin con entiduindo os horarios xa establecidos.ades para desenvolver actividades STEM.

Obxectivo 7 → Recibiuse información sobre a plataforma Agueiro, que foi compartida na aula virtual. Queda pendente para o vindeiro curso a decisión de participar como centro nesta plataforma.

Obxectivo 8 → A aula virtual do centro vaise empregando seguindo o establecido.

Obxectivo 9 → Difundíuse entre o profesorado o protocolo de emprego da páxina web e galería de fotos do centro. Publicáronse a meirande parte das actividades desenvolvidas no colexio, coas súas correspondentes galerías de fotografías.

Obxectivo 10 → Enviouse ao profesorado do segundo ciclo de Primaria a proposta de secuenciación de destrezas e habilidades informáticas para cuarto de Primaria. A meirande parte do alumnado deste curso xa realizou parte da proposta deseñada cando acudían á aula de informática no horario establecido.

Desenvolveuse unha sesión de coordinación coa mentora ADIX. A Consellería enviou 14 portátiles de aula que houbo que clonar para poñerlle a maqueta Abalar 11. Estes equipos forman parte, xunto con 14 paneis dixitais de 86", da dotación dixital das aulas de 3º e 4º de Primaria, e 5º e 6º de Primaria (E-Dixgal). A finais de xuño colocáronse estes paneis nas aulas correspoindentes e realizáronse dous cambios de encerados dixitais xunto co canón respectivo. Tamén chegaron ao centro 13 ordenadores portátiles específicos para uso do departamento de Orientación, profesorado de pedagoxía terapéutica e audición de linguaxe e outro profesorado.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Tal como vén reflectido nas táboas do plan de acción, realizaremos o seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos do seguinte xeito:
- Trimestralmente, na CCP, realizarase unha valoración do estado da execución das accións programadas no trimestre, o cumprimento dos prazos establecidos e un breve avance dos resultados obtidos. Estes aspectos incluiranse na acta e serán comunicados aos diferentes ciclos no primeira reunión de ciclo despois de CCP. Na última CCP, terase en conta a valoración dos logros obtidos e proporanse melloras para ser incluidas na revisión anual do plan.

Trimestralmente, á vez que se realiza o seguimento iranse recollendo as propostas de mellora que vaian xurdindo.A final do curso, elaborarase unha memoria anual na que se recolla unha valoración final do seguimento realizado e se propoñan melloras para ser incluídas na redacción do plan para o curso seguinte.

 

Valoración xeral

O grao de consecución dos obxectivos e a realización das tarefas considérase bastante aceptable. O deseño do plan partiu do conseguido no plan dixital 23-24 tendo en conta as propostas de melloras contempladas nese plan. Tamén tivemos en conta a análise do documento SELFIE, do Test CDD e da análise do DAFO.

Os obxectivos que mellor se desenvolveron foron o 1, 4, 5, 8 e 10 nos que se conseguiron os indicadores propostos. Os indicadores dos obxectivos 2 e 9 conseguíronse nun 80%, de xeito calitativo. Nos obxectivos 3, 6 e 7 conseguíronse arredor dun 50-60% dos indicadores programados.

Proposta de mellora

Propoñemos manter as liñas prioritarias de actuación que se estableceron para este plan variando o seu enfoque:

A. Liderado. Manteremos a difusión e normalización do plan entre o profesorado así como a información á comunidade educativa. O seguemento do mesmo realizarase na última CCP de cada trimestre.
B. Colaboración e redes. Como o desenvolvemento do polo creativo implica a participación de toda a comunidade educativa, faremos fincapé no deseño de actividades para a compartición de experiencias entre o profesorado do centro e contando cos recursos posibles fornecidos pola comunidade educativa. O centro estudará participar na comunidade Agueiro.
E. Pedagoxía – Apoios e recursos. En función da dispoñibilidade de profesorado, facilitarase que o alumnado do centro desde Infantil a Primaria empregue as aulas de informática do centro en grupos reducidos. Aplicaremos e actualizaremos os protocolos creados a tal efecto neste plan. Normalizaremos o uso periódico e complementario da aula virtual do centro polo alumnado do segundo ciclo de Primaria, preferentemente. Aplicaremos o protocolo para a dinamización da páxina web do centro e da galería de imaxes.
F. Pegagoxía - Implementación na aula. Continuaremos co enriquecemento e actualización de recursos dixitais elaborados polo profesorado, polo alumnado ou o existente noutros repositorios. Dadas as expectativas creadas para o vindeiro curso para a implementación con material e actividades formativas para o equipo do polo creativo do centro, propoñeremos a realización de actividades competenciais que partan da manipulación e da realización de experiencias nas que o emprego de tecnoloxías como a programación, a robótica, o deseño e a impresión 3D, a radio e a televisión escolar, por exemplo, colaboren e enriquezan este proceso de aprendizaxe.
G. Avaliación. Seguiremos empregando a plataforma EVA E-Dixgal para a avaliación continua nas diferentes áreas e estudaremos a viabilidade de desenvolver nesta plataforma unha avaliación competencial o máis acorde posible coa programación de cada área (PROENS).
H. Competencias dixitais do alumnado. Establecerase a proposta de secuenciación de destrezas e habilidades dixitais elaborada este curso para o alumnado de Infantil e cuarto de Primaria. Completarase esta secuencia nos restantes ciclos e cursos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez estea redactado este plan, e antes da súa aprobación, enviarase tanto aos membros do claustro como do consello escolar o enderezo para acceder á plataforma Educalidade e así poder coñecelo e analizalo.

Na páxina web do centro figurarán tanto o Plan Dixital do curso 2022-2023 como a ligazón á plataforma Educalidade para consultar o Plan Dixital do curso 2023-2024.

Para acceder ao Plan Dixital 22-23 premer aquí.

Para acceder ao Plan Dixital 23-24 na plataforma Educalidade, premer aquí.