Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN


A normativa que regula todo este procedemento queda recollida nos seguintes documentos:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

     

 

CONTEXTUALIZACIÓN DO PD NO CENTRO E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO


O IES Plurilingüe Fontexería é un centro público do que é titular a Consellería de Educación. Está situado na parroquia de Serres do Concello de Muros e ten autorización para impartir o ensino postobrigatorio [Bacharelato, Ciclos Formativos F.P. (de Grao Medio e FP Básica), e E.S.A. (Ensinanza Secundaria para Adultos)] dirixido a todo o alumnado procedente da comarca educativa constituída polos Concellos de Muros e Carnota, así como a E.S.O. correspondente ao alumnado escolarizado no C.E.P. “Ramón de Artaza”.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo

O PD incardínase dentro dos obxectivos do Proxecto Educativo mediante a promoción dos mesmos a través das accións contempladas no Plan de Acción. En concreto, contribúe á consecución dos seguintes obxectivos do punto 5 do Proxecto Educativo:

  • Fomentar actividades de proxección externa do Centro.

  • Realizar actividades de formación do profesorado.

  • Realizar as reparacións, melloras e adecentamento das instalacións e infraestruturas do Centro.

  • Demandar da Administración que as instalacións, infraestruturas, dotación de laboratorios, talleres, aulas de audiovisuais, aulas de informática, aulas de Tecnoloxía, medios e instalacións de Educación Física, medios para aulas de idiomas, etc, estean sempre dotadas, actualizadas e en bo estado de conservación.

Contribución á Programación Xeral Anual

Por último a PXA verase enriquecida por este documento incorporando á mesma a pretensión dun maior aproveitamento de todos os recursos tecnolóxicos da nosa comunidade. Pasará a ser parte do eixo vertebrador que fundamente o uso de infraestruturas tecnolóxicas, formacións do alumnado, profesorado e familias, cun aproveitamnto máis reflexivo, estudado e estruturado de todos eles.

PROCESO DE ELABORACIÓN


No primeiro trimestre realizouse a avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado do noso centro en canto dixitalización.

No comezo do segundo trimestre implementouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital dos mestres e mestras do centro.

Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO do noso centro facendo unha análise de debilidades, amezas, fortalezas e oportunidades.

No terceiro trimestre elaboráronse as táboas do plan de acción e por último procedeuse a redacción do Plan Dixital.

Cabe sinalar que o de seguimento por parte do mentor da nosa zona establecía a entrega de diversas tarefas ao longo do curso. A súa realización axudou a ter unha temporalización organizada.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para levar a cabo a elaboración deste Plan Dixital de Centrro, púxose en marcha ao inicio do curso un PFPP así como a creación do equipo de Dinamización do Plan Dixital. Realizáronse diversas sesións formativas das cales foron froito: a posta en marcha do test SELFIE, test CDD, análise DAFO, elaboración de táboas do Plan de acción. Todo isto dou lugar á creación do noso documento de Plan Dixital de Centro.

Interno
65 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade BACH O alumnado non emprega a tecnoloxía fora do centro con fins de aprendizaxe Alumnado Non
Debilidade H1 FP No noso centro o alumnado non aprende a actuar con seguridade en internet Alumnado Non
Debilidade BACH PEC 4.3 O alumnado non é coñecedor das vantaxes do emprego de software libre no ámbito educativo nin dispón nin fai uso dese tipo de ferramentas Alumnado Si
Debilidade BACH O alumnado non recibe información sobre como empregar os dispositivos dixitais Alumnado Non
Debilidade BACH ESO H13 No noso centro o alumnado non aprende a resolver problemas técnicos que se presentan ao utilizar as tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Debilidade BACH O alumnado non conta con competencias dixitais suficientes Alumnado Non
Debilidade BACH O alumnado non emprega a tecnoloxía no centro de xeito maioritario Alumnado Non
Debilidade BACH O alumnado distráese cando emprega dispositivos para estudar Alumnado Non
Debilidade BACH ESO FP H4 No noso centro o alumnado non aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa Alumnado Si
Debilidade BACH ESO H11 No noso centro o alumnado non aprende a codificar ou programar Alumnado Si
Debilidade H6 FP No noso centro o alumnado non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet Alumnado Non
Debilidade ESO PEC 1.3. Na páxina web do centro o alumnado non pode atopar toda a información que precisa Infraestruturas Non
Debilidade BACH ESO C5 A asistencia técnica non está dispoñible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Debilidade FP C10 No noso centro,non hai dispositivos portátiles propios e xestionados pola escola que os alumnos poden levar a casa cando o precisen. Infraestruturas Non
Debilidade BACH C15 No noso centro o alumnado con necesidades educativas especiais non ten acceso ás tecnoloxías de apoio Infraestruturas Non
Debilidade BACH ESO C7 No noso centro non existen sistemas de protección de datos Infraestruturas Non
Debilidade BACH C16 No noso centro non existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe Infraestruturas Non
Debilidade BACH O apoio técnico é limitado ou inexistente Infraestruturas Non
Debilidade ESO B4 No noso centro non colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade FP No noso centro as empresas coas que colaboramos non participan no desenvolvemento da estratexia dixital do centro Organización de centro Non
Debilidade BACH ESO FP A2 O noso equipo directivo non implica ao profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital do centro Organización de centro Non
Debilidade BACH ESO FP A1 No noso centro non temos unha estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade BACH ESO B1 No noso centro non avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade BACH C11 No noso centro non contamos con medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionadas coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Organización de centro Non
Debilidade BACH C12 No noso centro, non temos un plan para axudar aos profesores a afrontar os retos que supón a aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e a súa orixe socioeconómica. Organización de centro Non
Debilidade BACH O profesorado carece de tempo para desenvolver material para a aprendizaxe mixta Organización de centro Non
Debilidade BACH ESO FP A4 No noso centro non temos tempo para explorar como mellorar o meu método de ensino coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade BACH FP B2 No noso centro non comentamos as vantaxes e inconvenientes de ensinar e aprender coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade BACH FP E5 Non utilizamos recursos educativos abertos Persoal docente Si
Debilidade BACH O profesorado non recibe retroalimentación nin apoio no manexo con seguiridade das tecnoloxías Persoal docente Non
Debilidade ESO F6 O noso profesorado fomenta non a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade BACH ESO FP G5 Os nosos profesores non utilizan as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade BACH FP B3. No noso centro non utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións Persoal docente Non
Debilidade ESO FP G1 Os nosos profesores non utilizan as tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades dos estudantes Persoal docente Si
Debilidade BACH ESO FP G3 Os nosos profesores non empregan tecnoloxías dixitais para proporcionar unha retroalimentación adecuada aos estudantes. Persoal docente Non
Debilidade BACH F3 Utilizo as tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado Persoal docente Non
Debilidade BACH ESO FP G6 O noso profesorado non utiliza tecnoloxías dixitais para isoos alumnos poden facer observacións construtivas sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Non
Debilidade BACH ESO FP G7 Non axudamos ao profesorado a utilizar as tecnoloxías dixitais para a avaliación Persoal docente Non
Debilidade BACH ESO Fp G8 Os nosos profesores non facilitan aos estudantes o uso das tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade BACH ESO G9 Os nosos profesores non usan datos dixitais sobre estudantes individuais para mellorar a súa experiencia de aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade FP D1 O noso equipo directivo non reflexiona connosco sobre as nosas necesidades de FPC en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza BACH O alumnado emprega de xeito moi maioritario a tecnoloxía no fogar para o ocio Alumnado Non
Fortaleza ESO H10 O noso equipo directivo garante que os estudantes desenvolvan habilidades dixitais para as diferentes Materias Alumnado Non
Fortaleza BACH O alumnado sabe como empregar os software ou aplicacións sen axuda Alumnado Non
Fortaleza BACH ESO FP C1 No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza BACH ESO FP C8 No noso centro existen dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise Infraestruturas Non
Fortaleza ESO PEC 5.1. Nas aulas do centro hai equipos informáticos mercados polo próprio centro Infraestruturas Non
Fortaleza BACH ESO FP C2 No noso centro hai dispositivos dixitais que podo utilizar no meu traballo como docente Infraestruturas Non
Fortaleza BACH ESO FP C3 O noso centro ofrece acceso a Internet para o ensino e a aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza BACH C14 No noso centro, os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza BACH PEC 1.3 a web do centro do centro facilita a obteción das informacións Infraestruturas Non
Fortaleza ESO C15 No noso centro o alumnado con necesidades educativas especiais ten acceso ás tecnoloxías de apoio Infraestruturas Non
Fortaleza BACH ESO A3 Contamos co apoio do noso equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinar con tecnoloxías dixitais Oferta Non
Fortaleza ESO C12 Na nosa escola, temos un plan para axudar aos profesores a afrontar os retos que supón a aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e a súa orixe socioeconómica. Organización de centro Non
Fortaleza BACH C13 No noso centro o alumnado pode levar os seus propios dispositivos portátiles e utilizalos durante as clases. Organización de centro Non
Fortaleza ESO PEC 1.1. O centro só ofrece servizos educativos corporativos (web, aula virtual, videoconferencia,correo electrónico corporativo...) para difundir información sobre o centro educativo virtual Organización de centro Non
Fortaleza ESO PEC 3.3. Envíaselles ao alumnado avisos e notificacións a través da aplicación AbalarMobil á família. Ademais, pode xustificar as faltas ou solicitar títulos. Organización de centro Non
Fortaleza BACH D1 O noso equipo directivo reflexiona connosco sobre as nosas necesidades de FPC en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza BACH D3 O noso equipo directivo axúdanos a intercambiar experiencias dentro do centro sobre a docencia con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza BACH ESO E1 Buscamos recursos educativos dixitais en internet Persoal docente Non
Fortaleza BACH ESO D2 Teño acceso a posibilidades de FPC en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza BACH ESO E3 Utilizamos ambientes virtuais de aprendizaxe cos alumnos Persoal docente Non
Fortaleza BACH ESO E2 Creamos recursos dixitais para reforzar o meu método de ensino Persoal docente Non
Fortaleza BACH ESO E4 Utilizamos as tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionadas co centro educativo Persoal docente Non
Fortaleza BACH ESO O profesorado emprega maioritariamente as tecnoloxías dixitais na súa práctica docente Persoal docente Non
65 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza BACH O nivel de implicación da ANPA no eido dixital é pouco significativo ANPA Non
Ameaza BACH FP A5 No noso centro non respectamos os dereitos de autor e utilizamos licenzas cando utilizamos as tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe Lexislación Non
Ameaza BACH A5 Non se coñecen os dereitos de autor Lexislación Non
Ameaza BACH C7 No noso centro non existen sistemas de protección de datos Lexislación Si
Ameaza BACH B4 No noso centro nin colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais Outras Non
Ameaza BACH B3. No noso centro non utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións Outras Non
Oportunidade BACH PEC 1.2 o profesorado participa activamente na oferta formativa Administración educativa Non
Oportunidade ESO A5 No noso centro respectamos os dereitos de autor e utilizamos licenzas cando utilizamos as tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe Lexislación Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras analizar os resutlados test realizados e tras a elaboración do DAFO, evidénciase a necesidade de mellorar certos aspectos do noso centro. Dado que o plan dixital é un documento que vén para quedarse contémplase a necesidade de crear un equipo que traballe neste sentido. Tamén se indentificaron necesidades de infraestrutura como a implementación dun sistema NAS para centralizar e asegurar a información do noso centro, mellorar o equipamentos informáticos así como densenvolver un currículo TIC para o noso alumnado. A xestión de incidencia tecnolóxicas semellou ser tamén un punto a tratar. Por último o profesorado do noso centro amosou carencias no desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe a través de novas tecnoloxías, un aspecto que debemos tratar. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Conformar un equipo de dinamización do plan dixital (Área A Liderado - A1*)
O02PD Deseñar e implementar un currículo para a adquisición de competencias dixitais entre o alumnado (Área H Competencias Dixitais do Alumnado - H*)
O03PD Incorporar un sistema NAS (Network Access Server) para os datos manexados pola dirección do centro (Área de Infraestruturas C - C7*)
O04PD Estandarizar os equipos do centro a un paradigma homoxéneo de software libre (Área de infraestruturras C - PEC 4.3*)
O05PD Cursar un plan de formación do profesorado de dobre liña no manexo das ferramentas de avaliación da Aula Virtual para o profesorado (Área de Práctica de Avaliación - G - G1*) e na necesidade de coñecemento de recursos libres abertos (E5*)
O06PD Crear un caderno onde se recollan os cambios diarios sobre os equipos informáticos do centro (Área de Liderado A)

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto. 

Tamén se revisarán os plans de acción nas visitas realizadas pola mentora.

1º Trimestre
  • Conformar un equipo de dinamización do plan dixital (OBX 1): Xa acadado. 
  • Deseñar e implementar un currículo para a adquisición de competencias dixitais entre o alumnado (OBX 2): en elaboración enquisa para enviar ao profesorado para recabar información sobre as necesidades do currículo TIC. 
  • Incorporar un sistema NAS (Network Access Server) para os datos manexados pola dirección do centro (OBX 3): en fase de valoración de orzamentos.
  • Estandarizar os equipos do centro a un paradigma homoxéneo de software libre (OBX 4): aprazado ata posta en marcha da aplicación inventario da Consellería. Si están levando a cabo certas actuacións en determinados equipos do centro como aulas de informática.
  • Cursar un plan de formación do profesorado de dobre liña no manexo das ferramentas de avaliación da Aula Virtual para o profesorado e na necesidade de coñecemento de recursos libres abertos (OBX 5): aprobadas xa datas de formación para a que leva por título  “Avaliación a través de aulas virtuais”.
  • Crear un caderno onde se recollan os cambios diarios sobre os equipos informáticos do centro (OBX 6): en elaboración libro de incidencias para recoller necesidades ou fallas nos equipamentos.
2º Trimestre

Revisión do estado dos plans de acción con parte do  EDPD

  • Conformar un equipo de dinamización do plan dixital (OBX 1): Xa acadado. 
  • Deseñar e implementar un currículo para a adquisición de competencias dixitais entre o alumnado (OBX 2): xa realiazada reunión con equipo TIC e profesorado Tecnoloxía e Xefatura pendente de recompilación de ideas. 
  • Incorporar un sistema NAS (Network Access Server) para os datos manexados pola dirección do centro (OBX 3): xa instalado. 
  • Estandarizar os equipos do centro a un paradigma homoxéneo de software libre (OBX 4): xa se están levando a cabo certas actuacións en determinados equipos do centro como aulas de informática.
  • Cursar un plan de formación do profesorado de dobre liña no manexo das ferramentas de avaliación da Aula Virtual para o profesorado e na necesidade de coñecemento de recursos libres abertos (OBX 5): xa executada a formación de EDIXGAL e realizada tamén docencias de Aulas Virtuais. Están encamiñando as horas restantes ao produto final. 
  • Crear un caderno onde se recollan os cambios diarios sobre os equipos informáticos do centro (OBX 6): xa acadado.
     
3º Trimestre

Revisión do estado dos plans de acción con parte do  EDPD

  • Conformar un equipo de dinamización do plan dixital (OBX 1): Xa acadado. 
  • Deseñar e implementar un currículo para a adquisición de competencias dixitais entre o alumnado (OBX 2): xa realiazada reunión con equipo TIC e profesorado Tecnoloxía e Xefatura pendente de recompilación de ideas. A concreción final quedará para o vindeiro curso. 
  • Incorporar un sistema NAS (Network Access Server) para os datos manexados pola dirección do centro (OBX 3): xa instalado. 
  • Estandarizar os equipos do centro a un paradigma homoxéneo de software libre (OBX 4): xa acadado.
  • Cursar un plan de formación do profesorado de dobre liña no manexo das ferramentas de avaliación da Aula Virtual para o profesorado e na necesidade de coñecemento de recursos libres abertos (OBX 5): xa acadado.
  • Crear un caderno onde se recollan os cambios diarios sobre os equipos informáticos do centro (OBX 6): xa acadado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto. 

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 22-23. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das táboas do plan de acción para o seu cumprimento. 

Valoración xeral

O desenvolvemento do plan dixital precisa o enfoque dun proceso continuo e evolutivo. Representou un desafío para a comunidade educativa e terá continuidade, a través das distintas actividades tecnolóxicas que se realizan no noso centro, no vindeiro curso 23-24.

Varios factores condicionaron o desenvolvemento do Plan Dixital, a infraestrutura tecnolóxica dispoñible, a formación e capacitación dos docentes, a dispoñibilidade de recursos dixitais adecuados e as metodoloxías de ensino.  De aí que en propostas de mellora, continuemos optando por un profundo enfoque na formación do profesorado no que ás TIC se refire. 

A avaliación do desenvolvemento do plan dixital debe ter en conta os resultados e o impacto na aprendizaxe dos estudantes, así como a experiencia e a retroalimentación dos docentes, pais, nais e outros actores chave. Ao ser este o primeiro Plan Dixital que desenvolvemos, os indicadores que permiten esta retroalimentación son moi sutís e haberá que agardar a vindeiros cursos. Será nese momento, cando se realice un novo exercicio SELFIE de autoavaliación da situación dixital da comunidade educativa, cando teñamos unha visión máis completa dos resultados do traballo realizado. 
 

Proposta de mellora

No que se refire ás propostas de mellora do PD do noso centro destacar o seguinte:

  • Realizar unha reavaliación das necesidades tecnolóxicas e os recursos dispoñibles no centro educativo coa finalidade de determinar que recursos adicionais son necesarios.
  • Afondar na formación e no desenvolvemento profesional contínuo do corpo docente en colaboración co CAFI afondando na estabilización dunha liña TIC nos PFPP. 
  • Integración curricular: Promover a integración da tecnoloxía no currículo escolar de maneira transversal. Isto implica identificar oportunidades para utilizar ferramentas dixitais en diversas materias e actividades, fomentando a creatividade, a colaboración e o pensamento crítico dos estudantes. Isto relaciona directamente con obxectivo 2 do noso plan dixital que quedou estado parcial. No vindeiro curso académico intentarase recuperar para acadar a súa consecución. 
  • Fomentar a participación activa da comunidade educativa no plan dixital, involucrando ás familias, estudantes e outros membros da comunidade na toma de decisións e na implementación de estratexias dixitais. 

No que respecta a posibles obxectivos curso 23-24

  • Formar ao profesorado no manexo e aproveitamento dos novos paneis dixitais interactivos. 
  • Posta en marcha da aplicación inventario. 
  • Crear un espazo de almacenamento TIC en centro. 
  • Implementar un currículo para a adquisición de competencias dixitais entre o alumnado.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital do noso centro será publicado na web do mesmo. Ademais enviarase un enlace ás familias coa entrada para facelas coñecedoras da súa publicación. Tamén se enviará a todo o claustro vía correo electrónico e ao Consello Escolar.

Enlace ao Plan Dixital do noso centro