Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CRA DE NARÓN é un colexio Rural Agrupado, un centro de titularidade pública dependente da Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria. A estrutura do Centro é diferente á de un colexio convencional, pois componse de 2 escolas de Educación Infantil e 1 de Educación Infantil e Primaria con 11 aulas funcionando neste momento. As escolas que compoñen o CRA sitúanse nas parroquias de: Sedes, O Val e Alto do Castiñeiro (Domirón). Polo tanto, abarca as etapas de educación infantil e educación primaria.

O centro está situado no concello de Narón, ó norte da provincia da Coruña, na comarca de Ferrolterra. A sede do centro atópase en Lugar Igrexa (San Xiao), S/N BAJO, 15578, A Igrexa.. O número de teléfono é o 981 388 782 e o correo electrónico é cra.naron@edu.xunta.gal.
Na actualidade o número de profesores con base no centro é de 22. A maiores contamos con 2 mestres de relixión compartidas con outros colexios da zona e con base neses centros. Dentro do persoal non docente, contamos con 2 ATE itinerantes.
Con respecto ó alumnado, neste curso 2021/22 contamos con 176 alumnos/as, que se distribúe por escolas: sedes 13 alumnos/as, domirón 64 alumnos/as e o Val 99 alumnos/as.
O centro conta cunha páxina web Profesorado | CRA de Narón (xunta.gal) que permite a apertura do funcionamento do centro (documentos, actividades, novas,…) a toda a comunidade educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a realización da análise DAFO empregouse a autoavaliación SELFIE e tamén os test de CDD nos que participaron 14 docentes dun total de 24 que foron convidados. É dicir participou o 58,3% do profesorado.

Interno
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Escaso uso de entornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Escasa formación do uso adecuado das redes e de internet. Alumnado Non
Debilidade Falta de infraestructuras que respalden a ensinanza dixital. Nin o alumnado nin o equipo docente ten acceso aos dispositivos dixitais. O centro conta con dispositivos obsoletos. Infraestruturas Si
Debilidade O centro non conta cunha estratexia dixital. Falta de tempo para explorar e mellorar a ensinanza dixital. Falta de oportunidades para debatir sobre as vantaxes e desventaxes da ensinanza dixital polo que non podemos avaliar os nosos progresos. Organización de centro Non
Debilidade Non empregamos as tecnoloxías dixitais para a práctica da avaliación. Escaso fomento na participación de proxectos interdisciplinares con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Realización de actividades de aprendizaxe dixital que implican ao alumnado e adaptadas ás súas necesidades. Alumnado Non
Fortaleza O centro conta con dispositivos dixitais. As aulas dispoñen de dispositivos dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza O equipo directivo apoia novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. O equipo docente participa nas DPC relativas ás tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo para explorar e mellorar a ensinanza dixital. Administración educativa Non
Ameaza A competencia dixital das familias é baixa. ANPA Non
Ameaza Problemas de conexión. Algún alumnado non ten conexión nin dispositivos que lles permitan a ensinanza dixital no ámbito doméstico. Moito alumnado non ten formación básica para acceder aos entornos dixitais no ámbito doméstico. Contorna Non
Ameaza Poucas oportunidades de colaboración con outras organizacións para empregar tecnoloxías. Outras Non
Oportunidade Participación en actividades formativas organizadas pola Administración Educativa para a actualización das competencias dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade O equipo directivo coñece a normativa relativa a adquisición de equipamento informático. Lexislación Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir dos datos obtidos no Informe SELFIE e no Test CDD, o centro realizou unha profunda reflexión e xerou unha análise DAFO que é de utilidade para a elaboración das liñas fundamentais deste Plan Dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente.
O02PD Adquirir maior competencia no emprego da PDi para o desempeño das tarefas docentes.

Seguimento

Procedemento

Reunións co mentor Adix correspondente.

1º Trimestre

Estado da execución das accións, análise e valoración dos resultados.

2º Trimestre

Estado da execución das accións, análise e valoración dos resultados.

3º Trimestre

Estado da execución das accións, análise e valoración final dos resultados, tendo en conta os obxectivos acadados ou non para continuar o ano próximo con eles.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación atenderá a aspectos relacionados co alumnado, aos relativos ao profesorado e o funcionamento xeral do centro, así como a implicación das familias.

No contexto da avaliación procesual, realizarase en distintos momentos ó longo de todo o proceso de implantación, e como mínimo unha vez ó trimestre. Este proceso permitiranos coñecer o estado de execución das actuacións, a análise e valoración dos resultados e,  de ser o caso , as posibles modificacións das actuacións e as propostas de mellora.

A avaliación final informaranos sobre o grao de cumprimento dos obxectivos e da realización e adecuación das actuacións levadas a cabo. Será como mínimo unha vez ao ano.

Utilizaranse procedementos tales como: cuestionarios ou reunións co profesorado implicado.

Valoración xeral

Cumpriuse un dos obxectivos propostos, grazas a implicación da coordinadora de TIC´s do centro, que ao mesmo tempo coordinou o PFPP relativo a acadar ese obxectivo: Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente.

A implicación do profesorado foi irregular dependendo das súa formación previa e do interese por aplicar eses recursos nas súa aula ou materia. 

A coordinación co coordinador TIC e do PFPP foi fluída en reunións informais para ir comentando como ía tanto a realización de actividades como a posibilidade de formarnos no uso das pantallas dixitais, aínda que finalmente este obxectivo non puido chegar a completarse.

Proposta de mellora

Acadar o obxectivo pendente que quedou sen acadar neste curso escolar 2022/23: Adquirir maior competencia no emprego das Pantallas Dixitais para o desempeño de tarefas docentes. No 1º trimestre informouse ao claustro da inminente chegada e instalación das novas pantallas dixitais polo que se retrasou a formación para o 2º e 3º trimestre do curso, pero as pantallas non chegaron ata o 3º trimestre, e a día 6 de xuño seguen sen estar instaladas. Polo tanto este obxectivo queda adiado para realizarse no seguinte curso escolar 2023/24.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital, unha vez aprobado polo claustro e consello escolar, debe ser coñecido e asumido por todas as persoas integrantes da comunidade educativa.

O equipo directivo do centro levará a cabo as actuacións necesarias para que o plan sexa coñecido, aplicado e valorado por todos os sectores da comunidade educativa. Por este motivo, despois de ser aprobado, farase público a través da páxina web do centro.