Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP A Solaina é un colexio público que se atopa nun centro urbano, situado no barrio da Solaina, que fai parte da parroquia de Santa Icía, pertencente á cidade e concello de Narón. A parroquia de Santa Icía conta con algo máis de 6.000 habitantes e unha superficie de 1,75 km cadrados. As edificacións seguen na súa gran maioría unha tipificación arquitectónica asentada no modelo tardofranquista de urbanismo non planificado, con construcións axeitadas a ese modelo, vías estreitas e espazos públicos construídos xa no período democrático. A zona urbana do concello aséntase basicamente na zona sur, aproveitando a proximidade do termo municipal de Ferrol, co que comparte un espazo urbano continuado. A poboación total do concello bordea os 40.000 habitantes, o que o converte na cuarta cidade da provincia da Coruña.

A poboación responde a extractos sociais medios. Malia os efectos económicos da pandemia, existe unha gran porcentaxe de familias nos que ambos cónxuxes traballan fóra de casa, sobre todo vaise notando entre as novas incorporacións a 4ºEI, que ano tras ano van necesitando o servizo de madrugadores e do comedor en maior porcentaxe que noutros niveis superiores. A maioría do alumnado da Solaina reside na zona de área de influencia directa, aínda que non son raros os casos de alumnado de áreas limítrofes ou mesmo máis afastadas.

Desde o punto de vista lingüístico, a maioría das familias que aquí viven son maioritariamente castelanfalantes, aínda que non teñen actitudes negativas de cara ao galego. Na súa maioría observamos un intereses polo seu ensino e unha tendencia estable a actuar favorablemente con respecto a obxectivos e situacións sociais.

Unha contribución deste Proxecto Dixital de Centro integrarase no Proxecto Educativo do centro e está en relación directa co proxecto E-Dixgal, que se poñerá en marcha na Solaina para o vindeiro ano. Igualmente, integrarase unha contribución do mesmo na Programación Xeral Anual do ano 2022/2023.

Os datos básicos do centro son os seguintes:

CEIP A Solaina

Rúa Cardeal Cisneros, s/n, 15570 Narón

ceip.asolaina@edu.xunta.gal

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasolaina/

Etapas educativas: Educación Infantil e Educación Primaria.

Alumnado: 452.

Profesorado: 35.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os documentos de recollida de información usados foron o informe Selfie ( https://schools-go-digital.jrc.ec.europa.eu/school/registry ) e o test de Competencia Dixital Docente (  a través de Fprofe-cuestionarios ).

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Avaliación das capacidades do alumnado. Alumnado Si
Debilidade Creación e uso de contados dixitais. Alumnado Si
Debilidade Coñecemento das leis de protección de datos. Infraestruturas Si
Debilidade Proxectos interdisciplinares. Organización de centro Non
Debilidade Creación de contados dixitais. Organización de centro Si
Debilidade Falta dunha estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade Emprego de contornas virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade Creación de contados dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Comportamento seguro e responsable. Alumnado Non
Fortaleza Intercambio de experiencias Familias Non
Fortaleza Asistencia técnica Infraestruturas Non
Fortaleza Debate sobre uso das tecnoloxías Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado está aberto a novas modalidades de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza Intercambio de experiencias. Persoal docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta dunha Infraestrutura dixital funcional e solvente. Administración educativa Si
Oportunidade Necesidade de desenvolvemento profesional Administración educativa Non
Oportunidade continuado en materia dixital. (seminarios, titoriais, etc) Administración educativa Si
Oportunidade Comunicación dixital coa comunidade educativa. ANPA Non
Oportunidade Implantación de EDIXGAL Lexislación Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizado o informe Selfie e o test CDD observamos unhas fortalezas e debilidades a nivel interno e unhas ameazas e oportunidades a nivel externo que quedan rexistradas no presente contexto DAFO.

O análise DAFO fai que nos plantexemos, dentro do Plan de Acción, unha serie de Obxectivos :

O01PD: Intalar una rede funcional de acceso a internet.

O02PD: Implementar un programa de estratexia dixital.

O03PD: Plan de formación en contidos dixitais.

O04PD: Conseguir a colaboración activa dentro e fora da organización.

O05PD: Fornecer o emprego de contornas virtuais de aprendizaxe.

O06PD: Avaliar as capacidades do alumnado a través das TICS

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Intalar una rede funcional de acceso a internet
O02PD Implementar un programa de estratexia dixital.
O03PD Plan de formación en contidos dixitais.
O04PD Conseguir a colaboración activa dentro e fora da organización.
O05PD Fornecer o emprego de contornas virtuais de aprendizaxe
O06PD Avaliar as capacidades do alumnado a través das TICS

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital ( EDPD ) realizará as reunións necesarias para facer un seguimento e valorar as evolucións deste Plan Dixital.

A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso a esta ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances e a avaliación deste plan baixo a supervisión da persoa directora do centro.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliarase tanto o proceso coma os resultados obtidos, o papel dos organizadores e os recursos empregados.

Unha vez ao trimestre:

- Mediranse os recursos investidos no programa de formación, incluíndo o tempo e o custo que supón o desenvolvemento e os materiais. Paralelamente, avaliarase a reacción do profesorado e alumnado ao proceso de formación.

- Medirase o impacto da formación dende o punto de vista da práctica. É dicir: os implicados están aplicando as competencias recentemente adquiridas?

- Modificaranse as cuestións que sexan necesarias para enderezar o proceso cara aos obxectivos perseguidos.

Ao final do proceso:

- Determinarase se se cumpriron ou non os obxectivos formativos. É dicir: aprendéronse novas habilidades?

- Medirase o impacto da formación dende o punto de vista da práctica. É dicir: os implicados están aplicando as competencias recentemente adquiridas?

-Redactaranse as propostas de mellora establecidas nun feedback que será confeccionado por todos os membros da comunidade educativa implicados no proceso.

- Avaliaranse ademais os niveis de desempeño do profesorado por medio dunha rúbrica con 4 niveis e relacionada coa capacidade de colaborar, de aplicar os coñecementos adquiridos, de innovación e de iniciativa propia.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan dixital darase a coñecer á comunidade educativa nas diferentes reunións de avaliación realizadas por cada titor/a ao comezo de cada curso. Así mesmo, quedará unha copia na secretaría do centro a disposición de calquera membro da comunidade educativa que o queira consultar. A maiores, colgouse na web do centro.

A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso a esta ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances e a avaliación deste plan baixo a supervisión da persoa directora do centro.