Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Plurilingüe Virxe do Mar está  catalogado na Rede de Centros como centro de 3 unidades de Educación Infantil e 6 unidades de Educación Primaria.

Na actualidade están en funcionamento  3 unidades de Educación Infantil e  8 de Educación Primaria, contamos con dous grupos en 2º e 5º de Educación Primaria.

O claustro está composto por 20 membros máis dúas mestras de relixión católica, que pertencen aos claustros do CEIP Ponte de Xubia e CEIP de Piñeiros.

No presente curso están matriculados 208 alumnos/as, 63 en Educación Infantil e 145 e Educación Primaria.

Tendo en conta a Guía de elaboración do Plan Dixital do INTEF,   o presente documento enténdese como un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensinanza-aprendizaxe como nos procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado, polo que pasará a formar parte do PEC, da PXA e do proxecto de dirección.

Para a súa elaboración  tívose en conta  onde está actualmente e a onde quere chegar o centro,  estes datos facilitaron trazar o camiño a seguir. Avaliouse a situación do centro con relación ao uso das TIC para poder deseñar e emprender un proceso de transformación no centro nunha organización que aprende, sendo so posible se é unha organización dixitalmente competente.

Non se trata dun documento pechado e ríxido, será sometido ás revisións periódicas necesarias para facer os axustes pertinentes segundo as demandas que, en materia dixital, vaian xurdindo, coa finalidade de ser un documento operativo e vixente en todo momento que abarcará todos os ámbitos da xestión escolar.

 No ámbito estatal o preámbulo da Lei orgánica 2/2006, do  3 de maio, de educación, xa pon de manifesto nos artigo 111bis.2 “los entornos virtuales de aprendizaje que se empleen en los centros facilitarán la aplicación de planes educativos específicos diseñados por los docentes para la consecución de objetivos…..”; No artigo 121 “ el proyecto educativo de l centro recogerá la estratedia digital del centro según el artículo 111bis.5 “ Las administraciones educativas y los equipos directos de los centros promoverán el uso de las tecnologías de la información y la comunicación (TIC) en el aula como medio didáctico apropiado y valioso para llevar a cabo las tareas de enseñanza y aprendizaje……..”

No ámbito da nosa comunidade autónoma a Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022, na disposición adicional quinta establece que os centros docentes elaborarán no curso 2021/2022 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.

Ditas instrucións están recollidas na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

O contexto socioeconómico e cultural do alumnado é moi diverso, dándose a circunstancia de que moitas familias proceden doutras autonomías e tamén do estranxeiro, que nalgúns casos precisa tamén de apoio educativo específico, ben sexa para a adquisición do idioma ou para acadar un nivel académico semellante ao dos rapaces escolarizados no centro. Por todo isto, existe unha grande diversidade lingüística e, sobre todo, cultural. Ademais, a sobrecarga de matricula doutros centros escolares do Concello, fai que o noso centro acolla a nenos e nenas que non residen no entorno máis próximo.

Na análise de composición social ou procedencia económica das familias dedúcese que unha porcentaxe moi alta pertence a unha clase social medio-baixa.

As familias, en xeral, son colaboradoras existindo unha comunicación directa e constante ante calquera situación anómala.  Aínda que existe un horario de atención ás familias, sempre se lles dá facilidades para acudir ao centro noutro momento, se por diversas circunstancias non puidesen vir nas horas de titoría.

A ANPA do centro, amosa disposición de colaboración e implicación nas distintas actividades ou celebracións que se programan desde o centro.

A maioría do alumnado do centro vive no entorno inmediato do mesmo, polo tanto pertence a un ambiente urbano. A meirande parte pertence a unha clase media baixa, so a nai ou o pai traballan e unha pequena parte dos alumnos vive nunha familia sen que ningún dos seus proxenitores teña traballo.

Non todas as familias dispoñen dos medios necesarios para lograr un bo hábito de estudo e mellorar o seu rendemento académico.

Tanto o absentismo escolar (fundamentalmente debido a enfermidades) como a puntualidade son, en xeral, satisfactorios.

O Plan Dixital é un instrumento de planificación integrado no PEC, que persegue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital  a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensino-aprendizaxe e nos distintos plans e programas do centro.

A Comisión Europea desenvolveu a ferramenta  de autoavaliación SELFIE que permitiu obter en liña un informe de autoavalición do centro e no marco da Comunidade Autónoma os resultados do testCDD permitiu elaborar o informe DAFO. Destes informes o grupo de traballo tivo a documentación para a elaboración do Plan.

Nunha primeira análise, tívose en conta  onde está actualmente e a onde quere chegar o centro,  estes datos facilitaron trazar o camiño a seguir. Avaliouse a situación do centro con relación ao uso das TIC para poder deseñar e emprender un proceso de transformación no centro nunha organización que aprende, sendo so posible se é unha organización dixitalmente competente.

Non se trata dun documento pechado e ríxido, será sometido ás revisións periódicas necesarias para facer os axustes pertinentes segundo as demandas que, en materia dixital, vaian xurdindo, coa finalidade de ser un documento operativo e vixente en todo momento que abarcará todos os ámbitos da xestión escolar.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A información que obtemos grazas ao autodiagnóstico realizado mediante SELFIE é clave para entender a situación actual e incluso para identificar aspectos da competencia dixital organizativa,  desde a perspectiva do equipo directivo, profesorado e alumnado, tanto nas áreas organizativas como nas pedagóxicas en relación co nivel de uso e integración que realizan das tecnoloxías.

Para a análise da situación  inicial e para realizar o seguimento do centro tense en conta esta ferramenta que reflicta unha puntuación (sobre 5) a cada un dos grupos que participan (profesorado, equipo directivo e alumnado) para unhas áreas  determinadas. A puntuación obtida é a seguinte:

- liderado (equipo directivo 2,3 - profesorado 2,3)

- colaboración e redes (equipo directivo 2,1 - profesorado 1,7 - alumnado 3,1)

 - infraestruturas e equipos (equipo directivo 3,5 - profesorado 2,5 - alumnado 2,9)

- desenvolvemento profesional continuo (equipo directivo 2,7 - profesorado 2,3)

- pedagoxía: apoio e recursos (equipo directivo 3,3 - profesorado 2,8)

- pedagoxía: implementación na aula (equipo directivo 2,8 - profesorado 2,1 - alumnado 2,1)

-  prácticas de avaliación (equipo directivo 2 - profesorado 1,6)

- competencias dixitais do alumnado (equipo directivo 2,7 - profesorado 1,8 - alumnado 3,8)

A participación no test de Competencia Dixital Docente,  por parte do profesorado do centro, ofrece o nivel de competencia dixital orientativo que nos serve para poder planificar a formación futura do profesorado no ámbito dixital.

A puntuación media do test sobre 192 é de 51,8 o que implica un nivel de competencia A2 explorador.

A totalidade dos datos do SELFIE e do test de CDD están integros nos anexos.

Interno
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - Non contamos cunha estratexia dixital. - Escasa avaliación do progreso do proceso de E/A usando as TIC. - Non temos asistencia técnica inmediata cando xorden problemas. Organización de centro Si
Debilidade - Pouca promoción do intercambio de experiencias dixitais. - Uso insuficientemente de EVA. - Escasa participación en proxectos interdisciplinares coas TIC. - Escaso uso das TIC en: AV, retroalimentación, autorreflexión e observacións construtivas. Persoal docente Si
Fortaleza - Temos ordenadores e tablets para uso do alumnado. - Aprende a usar internet de modo seguro, responsable e respectando aos demais. - Aprende a verificar a información e a dar por válido o traballo atopado en internet. Alumnado Non
Fortaleza - A infraestrutura dixital respalda a E/A con tecnoloxías dixitais. - Temos dispositivos dixitais para a ensinanza. - Temos acceso a internet. Infraestruturas Non
Fortaleza - Contamos co apoio do Equipo Directivo para probar novas formas de ensinanza usando as TIC. Oferta Non
Fortaleza - Contamos co apoio do Equipo Directivo para probar novas formas de ensinanza usando as TIC. Organización de centro Non
Fortaleza - Realizamos debates sobre as vantaxes e inconvintes do uso das TIC. - Contamos con acceso a DPC. Buscamos recursos dixitais en liña. Uso das TIC nas comunicacións. - Uso das TIC segundo as necesidades do alumnado. Alumnado implicado nas TIC. Persoal docente Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - A asistencia técnica externa é practicamente nula. Administración educativa Non
Ameaza - Escasa colaboración con outras organizacións empregando as tecnoloxías dixitais. Outras Si
Oportunidade - Contamos con dispositivos dixitais para a nosa labor docente. - Temos bo acceso a internet para facilitar a ensinanza e o aprendizaxe. Administración educativa Si
Oportunidade - A infraestrutura dixital respalda a E/A con tecnoloxías dixitais. Outras Si
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Necesidade de equipamentos e infraestructuras tecnolóxicas

Ø  Cambio do cableado e das conexións eléctricas da aula de informática. As conexións eléctricas están pegadas á parede polo chan, estando moitas delas rotas, despegadas e inservibles. Non hai suficientes puntos de acceso á internet e moitos deles rotos polo que é necesario instalar máis.

Ø  Equipos informáticos para os postos de traballo de xestión e administración do centro. Os tres equipos da administración (equipo directivo) van moi lentos repercutindo na ralentización da labor administrativa.

Ø  Equipo informático para uso na biblioteca para xestión de catálogo de libros, consulta e administración. Equipo moi antigo, dotado con sistema operativo XP sen posibilidade de actualización, sería convinte un novo equipo que soporte o novo programa de xestión de biblioteca.

Ø  Renovación dos equipos obsoletos da aula de informática. Hai 10 equipos con máis de 15 anos, con procesadores moi lentos ademais de dispoñer de pouca memoria e disco duro o que implica moita lentitude á hora de cargar as aplicacións e navegar por internet.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Concienciar á comunidade educativa sobre as vantaxes ao participar nos programas da Consellería
O2PD Elaboración dun banco de recursos educativos interdisciplinares na Aula Virtual do centro para consulta e utilización de todo o claustro.
O3PD Potenciar o uso da Aula Virtual entre a comunidade educativa de Educación Infantil: publicación de vídeos fotos...
O4PD Empregar a tecnoloxía para facilitar as prácticas de avaliación do alumnado
O5PD Potenciar a aula de informática: substituír o cableado eléctrico e emprazar os equipos obsoletos.

Seguimento

Procedemento

Para o seguimento do Plan Dixital, o equipo  de traballo fará unha reunión por trimestre para valorar o estado das accións previstas a levar nese período.

Para valorar a acción, valoraremos o logro de cada acción de mellora con indicadores concretos e cuantificables  respecto á liña de acción. Para valorar o estado do seguimento da acción dun xeito rápido empregaremos os parámetros: realizada, aprazada ou pendente.

ACCIÓN VALORACIÓN ESTADO
Involucrar e concienciar ao profesorado

- Máis do 80% do profesorado está interesado

- Un 50% do profesorado está interesado.

- Menos do 25% do profesorado está interesado

Realizada

Aprazada

Pendente











 
Involucrar e concienciar ao alumando

- Máis do 80% do alumnado participa.

- Un 50% do alumnado participa.

- Menos do 25% do alumnado participa.
Involucrar e concienciar ás familias

- Máis do 80% das familias participa

- Un 50% das familias participa

- Menos do 25% das familias participa
Realización de busca por internet de recursos e páxinas de interese para logo afondar no se uso no PFPP - Realizouse a busca de recursos por máis do 50% do profesorado.

- Realizouse a busca por menos do 50%.

- Non se realizou a busca.
Creación dun PFPP para afondar no uso de ferramentas para a creación de recursos educativos.

- Creouse o PFPP con máis do 50% do profesorado

- Creouse o PFPP con menos do 50% de profesorado.

- Non se creou o PFPP
Creación na AV un lugar colaborativo para subir todo o material elaborado.

- O espazo na AV organizouse e emprégase

- O espazo na AV organizouse e non se emprega

- Non se organizou a AV
Organización dun curso de formación para as familias do uso da AV

- Organizouse o curso e asistiron máis do 50%.

- Organizouse o curso e asistiron menos do 50%

- Non se organizou o curso.
Creación dun PFPP para o profesorado de EI coñeza as posibilidades da AV

- Creouse o PFPP con máis do 50% do profesorado

- Creouse o PFPP con menos do 50% de profesorado.

- Non se creou o PFPP
Organización da AV como lugar de subida vídeos, fotos e actividades enfocadas a EI.

- A AV organizouse e emprégase

- A AV organizouse e non se emprega

- Non se organizou a AV

Crear un GT para a formación e elaboración  de bancos de preguntas na AV corporativa

- Creouse o GT con máis do 50% do profesorado

- Creouse o GT con menos do 50% de profesorado.

- Non se creou o GT
Elaborar bancos de preguntas para a avaliación dos contidos de dúas materia.

- Elaboráronse bancos de preguntas para dúas materias.

- Elaboráronse bancos de preguntas para unha materia.

- Non se crearon bancos de preguntas.
Empregar os cuestionarios dixitais coa información e retroalimentación axeitadas

- Empregáronse os cuestionarios en dúas materias.

- Empregouse o cuestionario nunha materia.

- Non se empregaron os cuestionarios.
Implicar ao concello de Narón no cambio do cableado.

- Fíxose a solicitude.

- Non se solicitou.

Solicitar á Consellería a substitución dos equipos informáticos obsoletos.

- Fíxose a solicitude

- Non se solicitou

 

1º Trimestre

Implicar ao concello de Narón no cambio do cableado.

Solicitar á Consellería a substitución dos equipos informáticos obsoletos.

Crear un GT para a formación e elaboración  de bancos de preguntas na AV corporativa.

Organización dun curso de formación para as familias do uso da AV.

Creación dun PFPP para o profesorado de EI coñeza as posibilidades da AV.

Realización de busca por internet de recursos e páxinas de interese para logo afondar no se uso no PFPP.

Creación dun PFPP para afondar no uso de ferramentas para a creación de recursos educativos.

2º Trimestre

Concienciar á comunidade educativa sobre as vantaxes ao participar nos programas da Consellería.

Organización da AV como lugar de subida vídeos, fotos e actividades enfocadas a EI.

 

3º Trimestre

Creación na AV un lugar colaborativo para subir todo o material elaborado.

Organización da AV como lugar de subida vídeos, fotos e actividades enfocadas a EI.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación e coordinación do Plan desenvolveremos o seguinte procedementos:

Trimestralmente valorarase  o estado de execución de cada unha das accións de mellora e a análise e valoración dos resultados tal e como está recollido en cada unha delas. Axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado e se é necesario realizar variacións no plantexamento destas acción durante o curso para que as propostas se materialicen. e ser necesario recolleranse as propostas de mellora para acadar o logro desas accións.

-  Os resultados da avaliación do terceiro trimestre, avaliación final,  recollerán o logro  das accións e propostas de mellora para desenvolver no seguinte curso. Estes datos quedarán reflectidos na memoria do curso escolar para presentar ao claustro e ao Consello Escolar.

Valoración xeral
Proposta de mellora

As propostas de mellora recollidas no memoria final, implican os cambios que debemos incorporar no plan dixital para que sexan traducidos como obxectivos de cara ao vindeiro curso escolar.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital  aparece na páxina web do CEIP Plurilingüe Virxe do Mar para que poida ser accesible a calquera membro da súa comunidade escolar. O enlace é o seguinte: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvirxedomar/taxonomy/term/203

Este Plan Dixital entrará en vigor ó día seguinte da súa aprobación no Consello Escolar, poñéndose en práctica no curso 2022-2023.