Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

· Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

· Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

· Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

· Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

· ORDE do 21 de abril de 2022 pola que se crea o programa de innovación educativa Polos creativos e se establece o procedemento para a participación dos centros docentes públicos dependentes desta consellería.

 2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

2.1 .  Contorna 

O CEIP A Gándara atópase situado no concello de Narón, nunha zona urbana, con bastantes servizos preto e unha densidade de poboación bastante elevada e concentrada. O barrio medrou dende os anos 80,  pasando dun monte de Piñeiros a un barrio urbano con múltiples servizos A poboación que se aasentiu foi principalmente de traballadores do sector naval do concello de Ferrol e progresivamente persoas con traballos e oficios máis dispares dando lugar a unha importante diversidade de núcleos familiares. Aínda que o concello conta con partes rurais subdivididas en parroquias, a meirande parte das familias e do alumnado do noso centro pertencen á zona urbana.

2.2  Familias

As familias do alumnado do CEIP A Gándara pertencen a unha heteroxeneidade en canto a situación socioeconómica se refire. Aínda que a maior parte pertencen a unha clase media con traballos ben remunerados e contan cun nivel de estudios axeitados, tamén existe unha porcentaxe de familias con moi escasos recursos que precisan de axudas/becas para poder acceder á educación en termos de calidade. Os ambientes familiares son polo xeral estruturados pero tamén contamos con certa porcentaxe do alumnado con ambientes familiares desestruturados e conflitivos. Dende este escenario socio económico enmarcamos o noso Plan Dixital. Hai anos que buscamos a formación do profesorado e a integración das tics procurando dotar ao centro de material tecnolóxico na medida das nosas posibilidades para que a ensinanza vaia acorde cos tempos que vivimos, promocionando o emprego das TIC en tódalas esferas e momentos educativos. No curso 2020-21 comezamos o plan eDixgal en 5º de Ed. Primaria, e no presente 2021-22 continúa empregándose tanto en 5º como en 6º de Primaria.

3. Algún dos obxectivos que recolle o noso Proxecto educativo, en relación a este tema son:

· Difundir na comunidade escolar toda a información sobre materiais didácticos, lingüísticos (lexicográficos e terminolóxicos) e pedagóxicos que poidan contribuír a unha mellora na docencia, prestándolle especial atención aos relacionados coas TIC.

· Utilizar as TIC como medio para a inclusión do galego en tódalas actividades

· Dende o EDLG trataremos de atopar recursos para profesores e alumnos e facer un uso didáctico deles, aparte de servirlles como divertimento e motivación.

·  Emprego de Novas Tecnoloxías, as TIC, onde os alumnos e alumnas poñan en marcha estratexias de busca, filtración, selección e estudo crítico de páxinas web en galego.

·  Utilizar as TIC para buscar información e poder elaborar eles mesmos os seus traballos.

4. Proceso de elaboración

- 1er trimestre do curso 2021-22: acercamento do noso mentor ADIX e realización test SELFIE por parte do alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria e profesorado do centro

.- 2º trimestre: realización do test CDD  entre o profesorado do centro, e a súa análise e relación co SELFIE realzado no trimestre anterior. Tamén análise DAFO.

- 3º trimestre: elaboración, con todos eses datos, do Plan Dixital , para a súa aprobación por parte do Consello escolar e posterior posta en marcha para o curso 2022-23.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

1. Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

    Conectividade:

O centro posúe rede Wifi e cableado por fibra óptica. A rede Wifi ofrece pouca cobertura para teléfonos móviles dentro do centro educativo, perdéndose por completo nalgunhas zona   Equipamento:

o Case tódalas aulas están dixitalizadas; nelas hai ordenador (ás veces dan problemas porque son obsoletos), PDI, canón e proxector de opacos.  O profesorado que imparte clase nos 2 últimos cursos de Primaria conta con PCs portátiles, así como todo o alumnado implicado en eDixgal

o En Ed Infantil temos beebots para actividades de robótica educativa e contamos tamén con 8 robots educativos para todo o alumnado de Primaria

o Temos un aula de Informática, onde a dotación de ordenadores está obsoleta e temos dotación de 2 ordenadores na biblioteca escolar, para actividades de consulta por parte do alumnado.o Por outra banda temos tamén 1 ordenador na sala de reprografía, 2 na sala de profesorado, 1 pc en cada posto de equipo directivo, administración e Dpto de Orientación e 1 en cada titoría de ciclo

o O centro dispón de 1 Tablet para uso polo alumnado que acode ás aulas de PT e AL .

o Hai que salientar que moitas veces o material empregado é de pertencia persoal do profesorado: teléfonos móviles, tablets, etc que se usan para actividades de Realidade Virtual ou Aumentada

       Servizos dixitais

o En canto a servizos dixitais, empréganse a aula virtual, o entorno eDixgal e Digicraft , recursos en entorno Moodle; parte do alumnado está iniciado en facer presentacións en diferentes plataformas. Ademáis faise uso doutras canles que a Xunta pon á nosa disposición : abalar, xade, correo web, páxina web.

  Xestión do mantemento do equipamento do centro

o No centro contamos ademáis co servizo semanal dunha empresa externa que nos facilita o mantemento, a compra de repuestos necesarios e nos provee de asesoría cando temos dúbidas no uso da tecnoloxía.

2.    Fontes empregadas para a análise DAFO

Test SELFIE e test CDD. Análise tamén, en grupo, tanto dos recursos cos que conta o centro como das súas carencias.

 

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1.Resolver problemas técnicos 2.Aprender a codificar ou programar 3.Outorgar recoñecemento ao traballo dos demais (recursos económicos, formación no manexo básico de ofimática, tempo, maior facilidade de distracción) Alumnado Si
Debilidade (Formación competencial TIC, interés pola comunicación dixital, medo á falta de control) Familias Non
Debilidade 1.espazos físicos 2.Bibliotecas/repositorios en liña 3.Tecnoloxías asistenciais 4.Protección datos (seguridade) 5. Seguridade Infraestruturas Non
Debilidade Cursos prácticos de recursos TIC Oferta Si
Debilidade 1.Tempo para explorar o ensino dixital 2.Colaboracións 3. Intercambio de experiencias 4.Proxectos interdisciplinares 5.Avaliación dixital (formación continua aplicada, cohesión grupal, medo a incluir recursos novos Persoal docente Si
Fortaleza 1.Dispositivos dixitais para a aprendizaxe 2.Comportamento responsable 3.Comportamento seguro (interés/motivación, 30% manexo das TICs (PC),50% manexo robótica; algúns van a robótica ou ofimática externo e controlan e axudan) Alumnado Non
Fortaleza (Comunicación por TICs, Abalar, proceso de ensino virtual, Dispostos a actualizarse en novas tecnoloxías) Familias Non
Fortaleza 1.Asistencia técnica 2.Dispositivos dixitais para a aprendizaxe 3.Acceso a internet 4.Aula virtual (Temos Edixgal e aula virtual) Infraestruturas Non
Fortaleza Cursos de formación en ferramentas dixitais,Digicraft, seminarios de formación con moita xente implicada) Oferta Si
Fortaleza 1. Asistencia técnica 2. Fenda dixital para abordar retos (temos Edixgal, aula virtual, ensino a distancia, difusión rápida da información e posibilidade de coordinación sen necesidade de que sexa presencial) Organización de centro Non
Fortaleza 1.Participación no DPC 2.Recursos educativos en liña 3.Comunicación coa comunidade educativa (actividades/recursos interactivos; libro dixital en 5º e 6º de Ed. Primaria, boa colaboración co asesor abalar e soporte edixgal) Persoal docente Non
Fortaleza 1.Recursos educativos en liña 2.Colaboración alumnado (emprego de recursos dixitais xunto co profesorado) Persoal non docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.Espazos físicos 2.Repositorios/bibliotecas en liña (software para horarios, app dixital para avaliar, presuposto económico para TICs) Administración educativa Non
Ameaza Sistemas e ferramentas informáticas; tempo/dedicación/cohesión ANPA Non
Ameaza Escasa formación; escasa oferta formativa pública (Concello) Contorna Non
Ameaza Falta lexislación de soporte económico para TICs Lexislación Non
Ameaza 1. Colaboracións (oferta de saídas escolares con presenza das TICs) Outras Non
Oportunidade 1.Asistencia técnica 2.Acceso a internet 3.Dispositivos dixitais para o ensino Administración educativa Non
Oportunidade 1. Comunicación por medio dixital ANPA Non
Oportunidade 1.Fenda dixital: apoio para afrontar retos (conexión a fibra) Contorna Non
Oportunidade 1.Protección datos (Convenios TIC insuficientes tanto en E.I como en EP, digicraft e Edixgal) Lexislación Non
Oportunidade 1.Fenda dixital : apoio para afrontar retos (obradoiros dixitais co Concello ou empresas da Xunta, museos; colaboración con outros centros, entidades ou escritores/as Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Cos datos obtidos nos test SELFIE e CDD, elaborouse a análise DAFO.  A partir de ahí, consideramos que o noso Plan Dixital debe iniciarse dun xeito accesible de acordó ás nosas necesidades e aproveitando os nosos recursos dixitais. Así, os obxectivos do noso plan de acción xiran en torno á formación do profesorado, en torno á alfabetización do alumnado, e en torno á creación de recursos e emprego de materiais dixitais. A finalidade é a evolución cara á mellora dixital no noso centro.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Incrementar a alfabetización do profesorado no emprego das TIC e plataformas dixitais
O2PD Incrementar a alfabetización do alumnado e potenciar o emprego da aula virtual
O3PD Crear recursos dixitais transversais para empregar na práctica docente como recurso educativo a través dos polos creativos
O4PD Avaliar polo menos un criterio de avaliación por medios dixitais

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

revisión de AO1.1, AO2.1, AO3.2, AO4.1 e AO4.2

2º Trimestre

revisión de AO3.1, AO4.1, e AO4.2

3º Trimestre

revisión de tódolas accións do PDC que se levaron acabo. Valoración xeral do PDC, así como decisión de medidas a tomar para continuar o curso 2023-24

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao final de cada trimestre do curso 2022-23, se irá comprobando se se cumpren os obxectivos propostos nesa temporalización. Ao final do curso, avaliarase se os obxectivos propostos para o curso se acadaron e valoraranse as medidas a tomar de cara ao curso 2023-24.

 

 

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez rematado o presente Plan Dixital, difundirase a súa redacción ao claustro completo e ao Consello Escolar para que sexa aprobado. Despois, previa información ás familias do alumnado a través de abalar se lle dará publicidade na páxina web do colexio.