Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente.

A contextualización normativa e as referencias lexislativas en relación co Plan Dixital do noso centro son as seguintes:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional 5ª da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contextualización da PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo.

O CEIP Piñeiros está situado no barrio urbano do mesmo nome do Concello coruñés de Narón. Trátase dunha zona con pequenos e escasos negocios familiares, empresas e comercios. A maior parte do alumnado procede de familias de clase media-baixa. Existe desemprego e traballo temporal, así como inmigrantes entre os pais/nais dos alumnos/as.

As profesións dominantes entre os pais e nais son: obreiros, empregados comerciais e empregados de restauración, administrativos e, en menor medida, profesións liberais, funcionarios, técnicos medios, etc.

Non existen grandes movementos de poboación: algún inmigrante ou traslado por cambio de domicilio. En xeral, a poboación deste barrio é bastante estable.

Ao longo dos últimos anos, a incidencia da crise económica e do paro está a ser importante entre as familias do alumnado escolarizado no CEIP Piñeiros.

Dende o curso anterior, 2020/2021, o CEIP Piñeiros é centro E-Dixgal. Este proxecto estase a desenvolver en 5º e 6º cursos de Educación Primaria. Cada alumno/a dispón do seu propio portátil para traballar, tanto nas aulas como nos seus fogares. Ademais, o resto dos cursos, dende 4º curso de Educación infantil ata 4º curso de Educación Primaria teñen activada a súa aula virtual, creándose, tamén, un aula virtual para a aula de Audición e Linguaxe e outra para a aula de Pedagoxía Terapéutica.

Entre o equipo TICs e o resto dos equipos – Equipo de Biblioteca, de Dinamización Lingüística e de Actividades Extraescolares, realízanse reunións para organizar a xestión dos medios e recursos tecnolóxicos do centro, para elaborar propostas, supervisar o hardware e o software dos equipos informáticos, asesorando o profesorado sobre materiais curriculares en soporte multimedia, sobre a súa utilización, sobre estratexias de incorporación á planificación didáctica, sobre a publicación de materiais e información na páxina web do centro; ademais de realizar unha análise das necesidades do centro en relación ás TICs.

Proceso de elaboración.

Ao igual que nos cursos anteriores, no comezo do curso 2021/2022, constituíuse o equipo TICs no CEIP Piñeiros co obxectivo de dinamizar actividades relacionadas coas novas tecnoloxías e de realizar tarefas de mantemento dos equipos informáticos, da páxina web do centro..... Aproveitando a existencia dese equipo TICs, decidiuse que os mesmos membros do devandito equipo pasen a formar parte do Equipo de Dinamización do Plan Dixital.

Ao principio de curso, a este centro educativo foille asignado un mentor como guía para a elaboración do Plan Dixital. Unha vez asignado o mentor, creouse unha aula virtual como ferramenta para a publicación de información, traballos e avisos.

Tras recibir instrucións para a realización do selfie, o equipo de Dinamización do PD mantivo unha reunión para organizar e planificar o selfie e o CDD co obxectivo prioritario de obter información sobre as competencias dixitais dos mestres, mestras e alumnado dos cursos 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Piñeiros.

Unha vez analizados os resultados do selfie e do CDD, creamos un informe DAFO que axudou á creación do Plan de acción que consistiu no establecemento duns obxectivos prioritarios para implementar no curso 2022/2023 e das accións necesarias para o seu desenvolvemento.

Unha vez rematado todo o proceso anterior iniciouse a elaboración do Plan Dixital do CEIP Piñeiros.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa foron:

  • A Autoavaliación SELFIE.
  • O Test CDD.
Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - Non aprenden a crear contidos dixitais. - Baixa competencia para un uso básico das TICs. Alumnado Si
Debilidade - Baixa competencia dixital das familias e pouca participación nas aulas virtuais. Familias Non
Debilidade - Equipos vellos e obsoletos (ordenadores e taboleiros dixitais). - Mala conexión. - Escaseza de equipos funcionais. Infraestruturas Si
Debilidade - O centro non dispón de transporte e comedor. - Este curso non ten actividades extraescolares. Oferta Non
Debilidade - O centro non conta con estratexia dixital. - Falta de tempo do profesorado para explorar. - Non se utilizan ferramentas TICs para valorar o proceso E-A. Organización de centro Si
Debilidade Falta de tempo para crear contidos e explorar. - Necesidades de formación útiles e pouca reflexión sobre a mesma. - Non emprega o suficiente as contornas virtuais de aprendizaxe. - Non emprega a avaliación dixital. Persoal docente Si
Fortaleza - Consideran que teñen bos dispositivos, asistencia e internet. - Pensan que aprenden a actuar de forma responsable e a buscar información fiable e segura na rede. Alumnado Non
Fortaleza - A maioría das familias dispón de dispositivos e internet na casa. Familias Non
Fortaleza - O alumnado considera que ten bos dispositivos, asistencia e internet. - Dotación de equipos para alumnado e profesorado E- DIXGAL de 5º e 6º. Infraestruturas Non
Fortaleza - O centro dispón de servicio de madrugadores. Oferta Non
Fortaleza - O centro dispón de asistencia técnica para cuestións relacionadas coas TIC¿s. Oferta Non
Fortaleza - O profesorado busca recursos en liña. - Boa comunicación coas familias a través das TICs. - Alumnado máis motivado coas TICs. Persoal docente Non
Fortaleza - O centro dispón dunha conserxe, persoal de limpeza e unha coidadora. Persoal non docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - Falta de recursos tecnolóxicos útiles e actualizados. - Falta de tempo para o profesorado. - Conexión a internet lenta e con moitas avarías. - Aula virtual e páxina web pouco práctica e non actualizada. Administración educativa Si
Ameaza - Falta de coñecementos tecnolóxicos dos membros. - Falta de implicación e participación das familias na ANPA. ANPA Non
Ameaza - Perda de poder adquisitivo das familias. Contorna Non
Ameaza - Falta de coñecemento sobre as normas de dereitos de autor, protección de datos e ciberseguridade. - Lexislación cambiante cada pouco tempo. Lexislación Si
Oportunidade - E-DIXGAL e os recursos que implica. - Ordenadores para o profesorado e alumnado e formación para o profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade - Colaborativa. ANPA Non
Oportunidade - Nivel socioeconómico medio- baixo. - Non hai moito alumnado con falta de recursos tecnolóxicos nas casas. Contorna Non
Oportunidade - Promoción do Plan Dixital por parte da administración. Lexislación Non
Oportunidade - Colaboración co Concello de Narón. Outras Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizado o informe Selfie e o test CDD observamos unhas fortalezas e debilidades a nivel interno e unhas ameazas e oportunidades a nivel externo que quedan rexistradas no presente contexto DAFO.

O análise DAFO fai que nos plantexemos unha serie de obxectivos que se expoñen a continuación.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Actualización e mellora da páxina web do centro.
O2PD Optimización, renovación e organización dos recursos dixitais do centro.
O3PD Potenciar uso de recursos tecnolóxicos mediante tabletas no alumnado de Educación Infantil a cuarto de Educación Primaria.

Seguimento

Procedemento

O seguimento da PD ao longo do curso será:

  • No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será, como mínimo, unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • No contexto da avaliación final, a frecuencia da súa realización será, como mínimo, unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
1º Trimestre

O1PD:  Actualización e mellora da páxina web do centro.

- A primeira acción, prevista para o primeiro trimestre do curso 2022/2023, está realizada. O 100% do Equipo TICs do centro recibe formación e coñece como funcionar na páxina web do centro.

02PD:  Optimización, renovación e organización dos recursos dixitais do centro.

- A primeira e a segunda acción previstas para o primeiro trimestre do curso 2022/2023 están realizadas. Analizamos as necesidades sobre equipamentos tecnolóxicos no profesorado mediante unha enquisa que respondeu máis do 85% do profesorado e, en función desas necesidades, reorganizamos e distribuímos máis do 50 % dos equipamentos do centro.

O3PD: Potenciar o uso dos recursos tic’s no alumnado mediante tabletas dende Educación Infantil a 4º de Educación Primaria.

A primeira acción, prevista para o primeiro trimestre do curso 2022-2023, está realizada parcialmente.

As tabletas e ordenadores de pequeno tamaño das que dispón o centro está organizadas, pero dispoñemos moi poucas unidades para a consecución final do obxectivo que abarca dende Educación Infantil a Cuarto de Primaria. Só contamos con 6 ordenadores de pequeno tamaño (Educa en Digital) con conexión a rede do centro e necesitaríamos máis para poder traballar nas aulas co alumnado. Xa que contamos con poucos ordenadores e non temos como organizalos ben, decidimos que os 6 ordenadores teñan o seu sitio nas aulas do segundo ciclo (3 unidades na clase de 3º EP e outras tres nas de 4º EP).

O centro dispón de 4 tabletas que non poden conectarse á rede, polo que o uso é moito máis restrinxido.

2º Trimestre

O1PD:  Actualización e mellora da páxina web do centro.

- A segunda acción, prevista para o segundo trimestre do curso 2022/2023, está realizada. Os membros do equipo formamos un grupo de traballo e organizamos as tarefas das que se encargará cada un.

02PD:  Optimización, renovación e organización dos recursos dixitais do centro.

- Xa que a primeira e a segunda acción están realizadas, neste segundo trimestre continuamos reorganizando e distribuíndo os equipamentos do centro, en función das novas necesidades e do equipamento recibido (4 ordenadores persoais para o equipo directivo e un carro de carga).  

- No carro de carga colocamos as tabletas do centro, os 6 miniportátiles de Educa en Digital e algún portátil do centro sen uso por parte do profesorado. Creamos un horario para organizar o uso dos ordenadores e tabletas no que cada mestre "reserva" os momentos nos que vai a utilizar os recursos.

O3PD: Potenciar o uso dos recursos tic’s no alumnado mediante tabletas dende Educación Infantil a 4º de Educación Primaria.

A segunda acción, prevista para o segundo trimestre do curso 2022/2023, está realizada. Implicamos a parte do profesorado no uso dos ordenadores como recurso educativo para o traballo na aula (reforzo, ampliación...). As tabletas estanse a usar  nos cursos de primaria cos nenos e nenas con necesidades.

Dado que neste trimestre recibimos o carro de carga, reoganizamos os recursos dixitais do centro nese carro. Así, todos os ordenadores e tabletas están dispoñibles e cargados. O profesorado implicado utiliza os ordenadores como recurso nas súas aulas de forma frecuente, pero limitada polo número de ordenadores/alumno.

 

3º Trimestre

O1PD:  Actualización e mellora da páxina web do centro.

- No terceiro trimestre este obxectivo quedou realizado. Temos unha páxina web 100% actualizada e todo o profesorado do grupo de traballo do Plan Dixital colaboran cargando contidos e na continua actualización e carga de contidos na mesma.

02PD:  Optimización, renovación e organización dos recursos dixitais do centro.

- Este obxectivo está realizado. Moitos dos equipos dos que dispoñíamos cando realizamos este Plan Dixital foron distribuídos de forma eficiente, actualizados e renovados. Tivémonos que desfacer de varios equipos que estaban obsoletos (máis de 15 anos) e non podían ser actualizados. 

- Coa chegada no segundo trimestre de ordenadores para os despachos do equipo directivo, decidimos tratar de colocalos na sala de mestres.

O3PD: Potenciar o uso dos recursos tic’s no alumnado mediante tabletas dende Educación Infantil a 4º de Educación Primaria.

Todas as accións previstas para este curso foron realizadas (colocar de forma accesible as tabletas do centro, implicar ao profesorado no seu uso como recurso educativo para o traballo na aula (reforzo, ampliación...) e implicar ao alumnado no uso adecuado e responsable dos equipos.

Neste momento as tabletas utilízanse cos alumnos e alumnas con necesidades e os miniordenadores en Primaria.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do plan dixital desenvolverase de xeito periódico, tendo en conta dous contextos diferentes:

- No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será, como mínimo, unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final, a frecuencia da súa realización será, como mínimo, unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

De forma xeral, todos os obxectivos foron acadados satisfactoriamente, aínda que todos eles seguen en constante seguimento.

Proposta de mellora

Xa que os portátiles de pequeno tamaño chegaron case a final de curso, non os utilizamos durante moito tempo. Propoñemos para o seguinte curso facer un uso ordeado e adecuado do carro de carga cos portátiles de 1º e 4º de Educación Primaria (para que polo menos fan uso 1 día á semana cada curso) e aproveitar mellor as tabletas para educación infantil.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez  aprobado o Plan Dixital polo claustro e o consello escolar, o paso seguinte foi informar as familias. 

 As familias recibiron unha mensaxe por AbalarMóbil comunicando a publicación do devandito plan da páxina web.

Plan Dixital CEIP Piñeiros