Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CIFP Portovello de Ourense pertence á rede pública de centros integrados de formación de Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Comunidade Autónoma de Galicia. Foi creado en 2011 a partir do IES Portovello. O noso Centro de Formación atópase no barrio de "As Lagoas" nunha zona próxima ao centro da cidade de Ourense, e preto da zona universitaria de dita cidade; de xeito exacto na Rúa Luis Trabazos, 1. Os datos de contacto co centro son:

  • Teléfono: 988788903/988788901
  • Correo electrónico: cifp.portovello@edu.xunta.gal
  • Páxina web: www.cifpportovello.gal

Está conformado por dúas edificacións, totalmente diferenciadas:

  • Edificio A: neste impártense os ciclos formativos que constitúen a oferta das familias profesionais de Administración e Xestión, e Comercio e Márketing, nas diferentes modalidades. Atopamos a Secretaría, Despacho de Dirección, Despacho de Relación con empresas-FCT, Calidade, TICS e Acreditación. Tamén conta cun espazo para Viveiro de empresas.
  • Edificio B: situado na Praza Fernando Folgoso, 4. No que se  imparten os ciclos formativos da familia profesional de Servizos Socioculturais e á Comunidade. Neste edificio situamos Vicedirección e Despacho de Xefatura de Formación, Despacho de Coordinación de Formación e Despacho de Programas Internacionais.

O total de alumnado matriculado neste curso académico 21-22 é de 585 persoas en réxime ordinario, e 729 persoas en réxime de adultos. 

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do centro.

O CIFP Portovello é un centro urbano, situado no barrio das Lagoas que, se ben hai pouco tempo podía considerarse como unha zona periférica da cidade, hoxe forma parte do núcleo central da mesma.

A procedencia dos usuarios do CIFP é maioritariamente da zona occidental da provincia de Ourense, sur da provincia de Lugo e este da provincia de Pontevedra, aínda que en determinados ciclos e modalidades pódense atapar facilmente alumnos/as do resto da comunidade autónoma, en especial do sur da provincia de Pontevedra.

O entorno económico pertence maioritariamente ao sector servizos aínda que con empresas de moi pouco tamaño que dificulta a implantación de determinadas modalidades de formación. A pouca industria radica no cercano Polígono de San Cibrao da Viñas e no de Pereiro de Aguiar, onde se atopan as empresas mais significativas como Adolfo Domínguez, Lonia Textil, Unvi, Coalsa e diversas empresas auxiliares do sector do automóbil.

En canto ao entorno social destacar o alto grao de envellecemento da poboación unido a taxas de natalidade cada vez mais baixas que aportan unha variable moi influínte a hora de deseñar a oferta formativa, tanto de ciclos da denominada formación inicial como da formación para desempregados ou acreditación de competencias.

A contribución á planificación xeral anual é mellorando a capacidade dixital do centro en canto a utilización das novas tecnoloxías, tendo en conta que o centro dispón de amplas instalacións tecnolóxicas e tendo en conta que o persoal pertence ao ámbito da formación profesional polo que dito coñecemento dixital está garantido.

Breve xustificación do mesmo

o    Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
o    Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
o    Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Proceso de elaboración

No comezo do curso escolar 2021-2022 constituíse o PFPP: Análise da competencia dixital do centro e elaboración do plan dixital do CIFP Portovello coordinado por Bienvenido Causo Domínguez (Coordinador TIC's) e no que participou o 70% do claustro. Así mesmo, constituíse o equipo de dinamización do plan dixital formado por:
Coordinadora: Mª Jesús Carnero Gómez Profesorado colaborador:
•    Abel Ocampo Sánchez
•    Sabela Fraga Domínguez
•    Bienvenido Causo Domínguez
•    Daniel García Franco
Para a elaboración do Plan seguiuse o seguinte cronograma de traballo:

Data da Sesión    Plan de Traballo
20/12/2021    Presentación da información sobre o Plan Dixital e sobre a realización do SELFIE ao profesorado.
18/03/2022    Realización do test CDD por parte do profesorado do centro
21/03/2022    Análise do informe SELFIE: propostas para a elaboración do DAFO do Plan Dixital.
31/03/2022    Extracción dos datos máis relevantes do SELFIE e realización do DAFO do Plan Dixital no Board dispoñible na aula virtual do centro.
19/04/2022    Sesión telemática informativa por parte dos mentores dixitais para a elaboración do Plan de Acción.
20/04/2022    Recóllense aportacións por parte do profesorado para a elaboración do Plan de Acción, identificando os catro obxectivos prioritarios para o viendeiro curso 2022-2023
18/05/2022    Elaboración do Plan de Acción
02/06/2022    Elaboración do Plan Dixital
 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  • Autoavaliación SELFIE
  • Test CDD
Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O centro non dispón dunha base de datos de empresas que ofrezan prácticas remuneradas ou non e outras posibilidades de formación. Alumnado Si
Debilidade O centro dispón de asistencia técnica pero o sistema de comunicación no caso de algún problema coa tecnoloxía non se considera suficiente. Infraestruturas Si
Debilidade Falta de tempo para poder implementar e probas novas ferramentas dixitais. Oferta Non
Debilidade Escasa participación das empresas colaboradoras no desenvolvemento da estratexia dixital do centro. O centro non conta cunha estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade O debate sobre as vantaxes e desvantaxes do emprego da tecnoloxía para a aprendizaxe considérase insuficiente; así mesmo non se promove o intercambio de experiencias dentro do centro sobre o ensino das tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Falta de tempo para poder actualizar os coñecementos no emprego de ferramentas dixitais. Persoal non docente Non
Fortaleza O centro dispón de dispositivos dixitais para a utilización por parte da maioría do alumnado. Alumnado Non
Fortaleza O centro dispón de dispositivos dixitais para o emprego na labor docente así como de acceso a internet para o ensino-aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza O equipo directivo apoia ao profesorado para probar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Oferta Non
Fortaleza O equipo directivo apoia as novas modalidades de ensino. Organización de centro Non
Fortaleza A maioría do profesorado emprega e ten acceso á formación das tecnoloxías dixitais para a avaliación do progreso en materia de ensino-aprendizaxe. A dinámica de traballo do centro implica a busca de recursos educativos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Persoal motivado para a actualización das ferrramentas dixitais que se empregan no seu traballo. Persoal non docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Os sistemas de seguridade informática limitan as capacidades dixitais do centro. Administración educativa Non
Ameaza Falta de estratexia dixital no tecido empresarial da cidade. Contorna Non
Ameaza Incertidume creada pola implementación da nova Lei de FP. Lexislación Non
Ameaza As empresas non participan no desenvolvemento da estratexia dixital do centro. Outras Non
Oportunidade Grao de implantación de recursos dixitais para desenvolver as tarefas. Administración educativa Non
Oportunidade Proximidade co Parque Tecnolóxico de Galicia, onde se concentran empresas tecnolóxicas. O centro de innovación de FP de Galicia ubicarase na cidade de Ourense. Contorna Non
Oportunidade Os novos Fondos Europeos están a apostar pola dixitalización da contorna educativa. Lexislación Non
Oportunidade A través das diferentes tecnoloxías podemos contactar con outros organismos. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

lnfraestrutura Dixital do Centro:

O centro dispón dunha moderna infraestrutura de comunicacións dotada de:
•    Acceso a internet a través de fibra óptica de 1Gb en cada un dos edificios
•    lnfraestrutura de voz facilitada a través dos servizos prestados polo AMTEGA
•    Dispón así mesmo de acceso a wifi a través dos correos educativos

Eguipamento:
O centro dispón de :
•    4 aulas de informática dotadas con 30 equipos informáticos cada unha.
•    8 Obradoiros de xestión dotados con 30 equipos informáticos cada un.
•    Todas as aulas dispoñen de impresora e canón de proxección
•    Aula de Tecnoloxía Aplicada B2C Portovello:
o    2 Pantallas Interactivas
o    Impresora 3D
o    Cámara interactiva Hovercam
o    Equipo de fotografado 360
o    Servidor de aloxamento web
o    Plotter de impresión en gran tamaño

•    Aulas de xestión da familia de Servizos a Comunidade con 10 equipos informáticos cada unha para traballo colaborativo
•    Aula de audiovisuais
o    Espazo chroma
o    Equipo de fotografado dixital
o    Equipo de vídeo dixital
•    2 Salas de profesorado equipadas con 30 equipos informáticos
•    15 equipos ultraportátiles para aula móbil

Servizos dixitais educativos:
O centro dispón dunha páxina web con intranet para toda a xestión documental e labor docente. O centro pon a disposición da comunidade educativa aulas virtuais basada na plataforma Moodle para o desenvolvemento das actividades de ensino aprendizaxe.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
1 Dispoñer dunha base de datos que ofrezan prácticas remuneradas ou non e outras posibilidades de formación
2 Reflexionar sobre o uso de novas tecnoloxías e promover o intercambio de experiencias dentro do centro sobre o ensino empregando tecnoloxías dixitais.
3 Comunicar as incidencias tecnolóxicas de forma eficiente por parte do profesorado
4 Acadar o tempo para que os docentes poidan explorar novas modalidades de ensino asociadas ao ámbito dixital.

Seguimento

Procedemento

O seguimento realizouse mediante visitas ao noso centro educativo en determinadas datas do coordinador do Adix; antes das citadas visitas o equipo de dinamización do plan dixital, facía reunións para poder coordinar e analizar os resultados dos obxectivos postos en marcha, e analizar cales se irían deixando para o seguinte curso poder seguir implementando o Plan Dixital en vindeiros cursos.

1º Trimestre
  • Obxectivo 1: dispoñer dunha base de datos de empresas que ofrezan prácticas remuneradas ou non e outras posibilidades de formación: 
    • Crear base de datos coas empresas existentes: Realizado
    • Contactar coas empresas para definir as condicións: En proceso
    • Dar de alta novas empresas colaboradoras: En proceso
  • Obxectivo 2: Reflexionar sobre o uso de novas tecnoloxías e promover o intercambio de experiencias dentro do centro sobre o ensino empregando teconoloxías dixitais.
    • Realizar unha reunión a nivel claustro para analizar as vantaxes e desvantaxes do uso das TICS nas familias profesionais e as accións a seguir dende as titorías durante o curso: Realizada
    • Creación dun Foro específico por aula para que o alumnado mostre as súas opinións con respecto ao uso das novas tecnoloxías no proceso ensino-aprendizaxe: Realizada
    • Creación dun Foro na Aula virtual para o profesorado: Realizado
  • Obxectivo 3: Comunicar as incidencias tecnolóxicas de forma eficiente por parte do profesorado
    • Reunión coa empresa responsable do mantemento da páxina web do centro para analizar as posibilidades de implementar esta app: En proceso
    • Elaboración dun protocolo de actuación ante unha incidencia tecnolóxica: En proceso
  • Obxectivo 4: Acadar o tempo para que os docentes poidan explorar novas modalidades de ensino asociadas ao ámbito dixital:
    • Asignación de horas no horario do profesorado para a exploración de recursos dixitais: Realizada
    • Creación dunha aula virtual para compartir recursos e boas prácticas: Realizada
2º Trimestre
  • Obxectivo 1: Dispoñer dunha base de datos de empresas que ofrezan prácticas remuneradas ou non e outras posibilidades de formación.
    • Contactar coas empresas para definir as condicións: En proceso
    • Dar de alta novas empresas colaboradoras: En proceso
  • Obxectivo 2: Reflexionar sobre o uso de novas tecnoloxías e promover o intercambio de experiencias dentro do centro sobre o ensino empregando tecnoloxías dixitais
    • Cumprimentación dunha enquisa ao alumnado sobre o emprego das TIC no proceso de ensino-aprendizaxe en cada familia profesional: En proceso
  • Obxectivo 3: Comunicar as incidencias tecnolóxicas de forma eficiente por parte do profesorado
    • Implementación da App na web: En proceso
  • Obxectivo 4: Acadar o tempo para que os docentes poidan explorar novas modalidades de ensino asociadas ao ámbito dixital
    • Creación dun banco de prácticas materializadas que reflicta o tempo invertido: En proceso
3º Trimestre
  • Obxectivo 1: Dispoñer dunha base de datos de empresas que ofrezan prácticas remuneradas ou non e outras posibilidades de formación
    • Contactar coas empresas para definir as condicións: Realizada
    • Dar de alta novas empresas colaboradoras: Realizada
  • Obxectivo 2: Reflexionar sobre o uso das novas tecnoloxías e promover o intercambio de experiencias dentro do centro sobre o ensino empregando tecnoloxías dixitais
    • Cumprimentación dunha enquisa ao alumnado sobre o emprego das TIC no proceso de ensino aprendizaxe en cada familia profesional: En proceso - Pendente
    • Cumprimentación dunha enquisa ao profesorado sobre a colaboración no emprego das TIC entre as distintas familias profesionais: En proceso - Pendente
    • Reflexión final por parte do claustro acerca dos resultados das enquisas ao alumnado e profesorado co fin de tomar medidas cara o vindeiro curso: En proceso - Pendente
  • Obxectivo 3: Comunicar as incidencias tecnolóxicas de forma eficiente por parte do profesorado
    • Implementación da app na web: En proceso - Pendente
    • Comunicación do protocolo ao profesorado e incorporación na guía do profesorado: Aprazada
  • Obxectivo 4: Acadar o tempo para que os docentes poidan explorar novas modalidades de ensino asociadas ao ámbito dixital
    • Creación dun banco de prácticas materializadas que reflicta o tempo invertido: Realizada

Avaliación

Procedemento para a avaliación
  • No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • No contexto da avaliación final e frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Valoración xeral

A valoración deste obxectivo proposto para este curso é bastante positiva para o centro, xa que se realizou o emprego de ferramentas dixitais para desenvolver a práctica docente por parte do profesorado implicado; formándonos en novas app e novas tecnoloxías que poder aplicar na aula, creando para todos os docentes aula virtual e foros para poder compartir as experiencias con estas novas prácticas e novas tecnoloxías que coñecemos. 

Aínda así hai actividades que se deberán facer o vindeiro curso, sobre todo, no caso de enquisas, na que se debe buscar a data axeitada para facelas sen afectar a outras enquisas do centro nin a períodos de avaliacións para que se poidan facer con total calma e reflexión por parte de toda a comunidade educativa. 

A app de incidencias tecnolóxicas e todas as apps planificadas para facer, foron descartadas por ter un orzamento moi elevado para o centro, así que non se realizarán en vindeiros cursos. 

A falta de tempo da coordinación e da empresa tecnolóxica da páxina web coma polos orzamentos das apps que non son factibles polas en marcha neste momento. O que se pretende é poñer aplicativos para mellorar a páxina web. 

Proposta de mellora

As propostas de mellora van de cara a mellorar o plan dixital para o vindeiro curso e poder facer un seguimento máis axeitado: 

  • Facer reunións mensuais coa empresa colaboradora da páxina web para poder ir implementando as melloras solicitadas 

  • Cubrir o seguimento do plan dixital e completalo mensualmente na aplicación de Educalidade 

  • Realizar as enquisas nun período de tempo que non haxa outras enquisas para non saturar ao persoal ou ao alumnado 

  • Formación en ferramentas dixitais para seguir fomentando o seu uso entre o profesorado 

  • Compartir as boas prácticas dixitais docentes nas plataformas creadas 

  • Verificar o correcto funcionamento do aplicativo de rexistro de resultados de aprendizaxe e o de rexistro de formación interna do profesorado. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión
  • Comunicación a través da páxina web do centro educativo e os distintos medios de comunicación interna.
  • Exposición no claustro de fin de curso
  • Exposición e aprobación no Consello Social de fin de curso para a súa incorporación no Plan Anual do Centro para o curso 2022-2023.