Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será o seguinte:
* Avaliación procesual: realizarase como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
* Avaliación final: realizarase como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Termináronse de realizar as obras de aconcicionamento dos espazos a adicar aos polos creativos, biblioteca e aula de informática. Instaláronse nestes espazos os equipos e dispositivos dispoñibles (ordenadores, pantallas, impresora 3D...)
Recordouse aos equipos docentes as accións previstas para acadar os obxectivos planificados no PD, especialmente as referidas ou planificado para este trimestre
Houbo mensuais do coordinador do equipo de dinamización do PD coa mentora do grupo ADIX para asesoramento da implementación do PD.
Realizáronse, en 3º ciclo de EP, charlas sobre ciberseguridade, dentro do Plan Director para a Convivnecia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos, da Delegación do Goberno de Galicia.
Paralelamente, houbo debates nas titorías de 3º ciclo sobre o uso das tecnoloxías.
Iniciouse a formación sobre Polos Creativos polo cordinador do Plan de Polos Creativos.
Dinamizouse moito o uso do espazo de Polos Creativos - Biblioteca, con actividades de fomento de uso de recursos audiovisuais, robótica, impresión 3D...
Recordouse aos equipos docentes as accións previstas para acadar os obxectivos planificados no PD, especialmente as referidas ou planificado para este trimestre
Houbo tamén as correspondentes reunións mensuais do coordinador do equipo de dinamización do PD coa mentora do grupo ADIX para asesoramento da implementación do PD.
Reflexionamos sobre o uso das tecnoloxías na labor docente habitual facendo constar que este é cada día maior. Tanto na labor docente directa cos alumnos, (uso de recursos web, equipos, pantallas... ) como na relación cos pais (abalar), outros centros ou entre nos mesmos (uso de correo, e outras utilidades de comunicación).
Continuouse coa recopilación de recursos web para a súa organización e sistematización nun banco de recursos accesible e util para todo o profesorado.
Continuouse a formación sobre Polos Creativos polo cordinador do Plan de Polos Creativos.
Asistiuse (o director) ao Congreso sobre Polos Creativos na Cidade da Cultura 02-03-2023
Fíxose constar que, respecto ao obxectivo 5, o alumnado ten mellorado na competencia para a solución de sinxelos problemas técnicos e de software que poden atoparse con frecuencia.
Houbo tamén as correspondentes reunións mensuais do coordinador do equipo de dinamización do PD coa mentora do grupo ADIX para asesoramento da implementación do PD.
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, foi:
* Avaliación procesual: realizouse unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluiron o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
* Avaliación final: realizouse ao final do curso. Os aspectos a considerar incluiron, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
En xeral, a valoración do desenvolvemento do PD, considerámola satisfactoria e positiva.
Os obxectivos planificados foron razonablemente acadados a traves das accións previstas. Sen embargo, na maioría dos casos trátase de obxectivos que han de seguir presentes ou nos que se debe afondar xa que, ben porque son outros o seu obxecto (outro alumnado, profesorado... ), ou ben non se acadaron totalmente, deberanse manter. En concreto:
O obxectivo 1, (Fomentar o debate de profesorado e alumnado sobre uso seguro na rede), dificilmente se pode considerar acadado cando sempre aparecen novos riscos no uso das redes e son máis os alumnos qeu se incorporan ao seu uso.
O obxectivo 2, (Fomentar o uso das Tics ao colaborar con outras entidades), tamén e susceptible de seguir ampliándose
O obxectivo 3, (Buscar e organizar recursos dixitais), foi só acadado parcialmente xa que os recursos foron buscados, e mesmo empregados, pero queda a labor de organizalos.
O obxectivo 4, (Ampliar de dar máis funcionalidade ao espazo físico para o ensino-aprendizaxe dixittal), foi quizás o máis acadado xa que ao ser concedida a solicitude de participación no programa de Polos Creativos, e dotados co correspondente material e equipamento; así como ao realizárense as obras para a adecuación do espazo necesario, as actividades previstas a realizar neste espazo, son xa unha realidade.
O obxectivo 5, (Aprender a resolver sinxelos problemas técnicos e de software), tamén, inda que razonablemente acadado, debe seguir presente xa que sempre aparecen novos probemas que afrontar e, novos alumnos que precisan aprender a solventalos.
Como consecuencia do seguimento e avaliación do desenvolvemento do Plan, detectamos algúns problemas, e realizamos consecuentes propostas de mellora. Así por exemplo:
- Precisamos ampliar a formación sobre o uso, posibilidades didácticas... dos materias, e euipamento de Polo Creativo.
- Igualmente formación sobre o uso, posibilidades didácticas... dos paneis dixitais interactivos recibidos, (inda non instalados), para as aulas de infantil e 1º ciclo de EP.
- Precisamos retomar o obxectivo 3 para facer accesible a todo o profesorado o banco de recursos web que planificaramos.
Comunicación e difusión
O Plan Dixital, difundirase a toda a comunidade educativa a través de distintas canles e por distintos órganos do centro:
Ademais de ter que dála súa aprobación, Claustro en Consello Escolar, terán coñecemento do mesmo, da súa eleboración, implementación e seguimento.
Os alumnos serán informados a través das titorías.
Informaráse á AMPA a través dos seus representantes no Consello Escolar.
Colocarase acceso na web do centro.
Estará dispoñible en secretaría para a consulta por calquera membro da comunidade educativa.