Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

. Art. 111 bis, Art. 121 e Art.132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

. Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instruccións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso 2021-2022.

. Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

. Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPD-GDD)

Contextualización do Plan Dixital

O colexio "La Purísima" está situado na cidade de Ourense na rúa Santo Domingo 32 dende o ano 1898, número de rexistro do Ministerio de Educación e Ciencia 3200807, comprende: tres unidades de Educación Infantil, seis de Educación Primaria e catro de Educación Secundaria Obrigatoria.

Atápase no centro da cidade e a súa poboación escolar procede na súa meirande parte da zona asignada pola Administración. Ao centro acoden tamén rapaces que viven na periferia da cidade. Con respecto ao nivel socioeconómico das familias dos alumnos que estudan no centro pertenecen fundamentalmente á clase media e Baixa. Nos últimos anos apreciouse na poboación escolar un incremento de nenos inmigrantes.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro:

  • Promóvese a calidade educativa e trasversalidade e faise espec•al incapé na atención á diversidade. O PD, neste senso promove e cremos que axudará en gran medida na nosa proposta educativa.
  • A sociedade actual (sobretodo na adolescencia) fai un consumo elevado de contido dixital, pero cremos que se deberían mellorar aspectos como a privacidade e a seguridade nas redes.
  • Un PD dinámico e actualizado favorecerá a selección de contidos adecuados e adaptados, así comoe a capacitación nas ferramentas necesarias de trabado e aprendizaxe dixital, presentes e futuras.
  • No centro levamos dende 2014 traballando coa plataforma educamos, que provee moitas ferramentas de comunicación e xestión educativa en dixital. Provee tamén office 365 para toda a comunidade.
  • Instaláronse pizarras dixitais interactivas e trabállase con asiduidade con elas.
  • En 2019 implantouse unha aula virtual propia "Moodle", a que acceden moitos profesores e alumnos

Proceso de elaboración

Organización: O Equipo de Dinamización do Plan Dixital, está formado polas seguintes persoas.

·  Pérez Iglesias, Emilio (Coordinador): empeig@edu.xunta.gal

·  Álvarez Pérez, María José: mmjoe@edu.xunta.gal

·  Murias Gil, Sergio: smurias@edu.xunta.gal

· Fernández Rodríguez, Álvaro: alfero@edu.xunta.gal

O proceso de elaboración dentro do Equipo de Dinamización do Plan Dixital foi o seguinte:

FASE I. ANÁLISE E DIAGNOSE DE SITUACIÓN DOS CENTROS

·   Formación da fase I.

·   Realización do SELFIE

·   Informe de resultados do SELFIE

·   Test de Competencia dixital docente (CDDT)

·   Informe grupal do test CDDT

·   Realización e Informe DAFO

FASE II. DESEÑO E ELABORACIÓN DO PLAN DIXITAL

·   Formación sobre a fase II

·   Estudo e prantexamento dos obxectivos do Plan de Acción

·   Realización do Plan Dixital

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollido foi o informe SELFIE e TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade A competencia por parte do alumnado para codificar, programar en relación ás tecnoloxías dixitais e moi baixa ou nula ao igual que a competencia por parte do alumnado para a resolución de problemas técnicos dos dispositivos dixitais Alumnado Si
Debilidade Moita lentitude na resolución dos diversos problemas técnicos que podan aparecer. Infraestructruras dixitais obsoletas no centro. Poucos equipos. Espazo físico (aula) quédase pequeño. Infraestruturas Si
Debilidade Non existe unha estratexia dixital. Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Obsérvase por parte do profesorado unha falta de emprego de medios dixitais como ferramentas dixitais para a avaliación. Participación do alumnado na autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais. Organización de centro Si
Debilidade O personal móstrase pouco proactivo na participación en redes de aprendizaxe. O profesorado é moi conservador na formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. Non se elaboran recursos educativos dixitais, por parte dun amplo grupo do claustro. Non existen dinámicas para reflexionar sobre o uso da tecnoloxía e recursos dixitais. B1 Non se observa unha utilización de recursos dixitais para observar e documentar os progresos. Non se observa unha transformación da práctica docente co uso da ferramentas dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Uso por parte do alumnado das aulas virtuais para o aprendizaxe Alumnado Si
Fortaleza Uso de plataforma dixital propia como medio de comunicación coas familias e alumnado. Familias Si
Fortaleza Acceso a internet rápido con capacidade de traballar con máis equipos simultaneamente. Aula virtual Moodle propia. Plataforma educamos. Provee office gratuitamente para a toda a comunidade educativa. Infraestruturas Si
Fortaleza Aula virtual de aprendizaxe propia e plataforma educativa que provee tódalas ferramentas da suite microsoft 365. Tódalas aulas dispoñen P.D.I/sistema multimedia. E temos previsto instalar asistentes virtuais. Oferta Si
Fortaleza Posibilidade de contar con habilidades de certo personal do centro para compartir comunicar coñecementos particulares con compañeiros, familias e alumnado Organización de centro Si
Fortaleza Uso activo e cada vez más creativo no uso das aulas virtuais. Existe canal de comunicación interno en el centro. Utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. Persoal docente Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Escasas axuda económicas que recibe o centro. Administración educativa Si
Ameaza Nivel socioeconómico da comunidade educativa media-baixa. Outros centros teñen extratexia dixital clara e ben definida. Contorna Non
Ameaza No se observa incorporación nas diferentes materias de conceptos como a verificación da calidade da información, comportamento seguro e responsable do alumnado na Internet etc No se conocen existencia de dereitos de autor. Cambios constantes nas normativas, de privacidade e técnicas. Lexislación Non
Ameaza Descoñecemento ou falla de información sobre posibles colaboracións con outras entidades. Outras Non
Oportunidade Aposta por o desenvolvemento dun plan dixital. A administración debería incorporar no fondo de libros tradicionais, licencias dixitais durante toda a vida útil dos mesmos. Administración educativa Si
Oportunidade Colabora na aportación de material e recursos para reducir a fenda dixital. ANPA Si
Oportunidade Aparición de novas tecnoloxías aplicadas na metodoloxía docente. A maioria do alumnado podería traer o seu propio dispositivo. Contorna Si
Oportunidade Lexislación clara na protección e do respecto aos dereitos de autor. Lexislación Non
Oportunidade Colaboración coa congregación das Fillas da Caridade, editoriais e outras institucións que aportan contidos/colaboracións de contidos dixitais. Fillas da caridade colabora na aportación de material para a reducción da fenda dixital. Colaboracións con outras entidades públicas e privadas para a realizacións de diversas actividades con formato dixital. Outras Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior invita á reflexión respectos dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD IMPLEMENTAR UN SISTEMA DE NOTIFICACIÓN E RESOLUCIÓN DE INCIDENCIAS EFICIENTE.
O02PD MELLORAR AS CAPACIDADES NO USO DA AULA VIRTUAL E PLATAFORMA EDUCATIVA DA COMUNIDADE EDUCATIVA.
O03PD COMUNICAR E REVISAR O CUMPLIMENTO DOS PROTOCOLOS DE PROTECCIÓN DE DATOS POR PARTE DO PERSOAL DO CENTRO.
O04PD UTILIZAR MEDIOS DIXITAIS INTERACTIVOS NO ENSINO DE COMO MÍNIMO UNHA UNIDADE DIDÁCTICA COMPLETA POR MATERIA
O05PD USO DA APLICACIÓN GENIALLY PARA PRESENTACIÓNS TUTORIAIS/CONCURSOS/ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS/TRABALLOS
O06PD USO DA APLICACIÓN ADITTIO PARA XESTIÓNS DO ALUMNADO
O07PD USO DA APLICACIÓN EDPUZZLE. NOVOS METODOLOXÍAS NO PROCESO DE ENSINO APRENDIZAXE. FLIPCLASS
O08PD PROCURAR MELLORAS NA COMPETENCIA DIXITAL DA COMUNIDADE EDUCATIVA DE CARA O SEGUINTE CURSO

Seguimento

Procedemento

Trimestramente farase o seguimento das acción e dos obxectivos do PD recollendo as conclusións de dito seguimento no campo de texto habilitados para cada trimestre

1º Trimestre

Non tivo lugar

2º Trimestre

Non tivo lugar.

3º Trimestre

Reunión de fin de curso 27/06 co obxectivo de valorar o plan dixital e plantexar as propostas de mellora.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Reunión do equipo TIC colexial finais de curso.

Valoración xeral

Obxectivos inicialmente plantexados foron moi ambiciosos somos conscientes da necesidade de mellorar a nosa competencia dixital pero o curso non permitiu levar a cabo o plantexado inicialmente, de manera que a nosa valoración e negativa e cun sentimento de insastisfacción cos logros acadados.

Proposta de mellora

Centrar obxectivos do próximo curso en:

  • Centrar os nosos esforzos en proporcionar vías (formación, cursos) para a mellorarr a acreditación da competencia dixital docente.
  • Continuar coa formación dixital en ferramentas como GeoGebra, Edpuzzle e Adittio.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia ou protocolo para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa, será:

·    Comezaremos por enviar unha circular na plataforma educativa do centro.

·   Publicarase na web do centro.

.   Comunicación ós membros do Claustro nas diferentes reunións de traballo semanais.

A ligazón do noso plan dixital para toda a comunidade e:

https://lapurisimaourense.es/plan-dixital-cpr-la-purisima/