Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introdución
1.1.Datos básicos do centro
Nome do centro: CPR PLURILINGÜE DIVINO MAESTRO
Dirección: Rúa Madre Soledad de la Cruz, 1. 32001 Ourense.
Email: colexiodivinomaestro@divinomaestrofeourense.com
Web: www.dimaourense.com
Etapas educativas: Infantil, Primaria, Secundaria y Formación Profesional Básica.
No de alumnado: 329
No de profesorado: 30
1.1.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
¿ O noso centro atópase nun barrio cun nivel económico medio-baixo e socialmente unha boa parte das familias do alumnado atravesan
dificultades de diversa índole. Os recursos culturais dos que dispoñen en casa son limitados, non todo o alumnado dispón de computador e/ou
conexión a Internet, etc. Unha parte das familias do centro non está alfabetizada dixitalmente aínda que de forma progresiva o acceso ás TIC
por parte das mesmas é cada vez maior.
¿ DIMATICS (Divino Maestro Tecnoloxías da Información e a Comunicación) foi adaptando á vida do noso centro, ao longo destes últimos
dez anos, e á nosa realidade educativa aos avances tecnolóxicos do mundo no que vivimos. (Proxecto Abalar, Plataforma Esemtia, Encerados
dixitais, Aula virtual, Google for Education ...)
¿ O Programa 1x1 (un dispositivo para cada alumno/a) nace no eido do Proxecto DIMATICS e integrado neste pretende contribuír a seguir
poñendo en marcha, no noso centro, recursos que impulsen constantemente a innovación pedagóxica e metodolóxica. O alumnado é, hoxe
máis que nunca, o centro do proceso de ensinanza-aprendizaxe; por iso queremos que teña ao seu servizo os mellores medios para acadar o
seu desenvolvemento integral como persoa.
¿ Este programa dá resposta ao Plan Estratéxico da Fundación Educativa Divino Maestro no que o uso das TIC como ferramenta de
aprendizaxe debe incluírse en todos os centros da Fundación introducindo de xeito paulatino e progresivo os dispositivos dixitais.
¿ Sen dúbida, o programa permite personalizar máis aínda a aprendizaxe axudando ao noso alumnado a aprender habilidades esenciais
no mundo de hoxe e afondar na adquisición da competencia dixital. A intelixencia artificial posta ao servizo da educación é un dos pilares do
proxecto que permite, e facilita, unha mellora cuantitativa e cualitativa na atención individualizada reducindo tempos na diagnose de dificultades
e multiplicando as ferramentas para a mellora do noso alumnado, con especial fincapé nos que máis dificultades teñen de aprendizaxe e, por
iso, polos que apostamos preferentemente.
¿ O Programa 1x1 DIMATICS non ven a substituír, senón a complementar e a mellorar a nosa forma de aprender. Ven a integrarse na aula
coas diferentes metodoloxías que xa se estaban a empregar ata este intre. O programa ven para estar ao servizo do alumnado na procura de ter
cada día a unha mellor persoa, en primeiro lugar, e a unha persoa máis formada que estea capacitada para contribuír a mellorar a nosa
sociedade.
¿ Pretendemos educar para a vida. Educar para un mundo en constante cambio, con avances tecnolóxicos que se suceden a un ritmo
vertixinoso.
¿ O profesorado, elemento clave no programa, está inmerso nun proceso de formación supervisado por Edebé e Google, centrado no uso
das aplicacións de G-Suite e na eficaz utilización dos libros dixitais e das metodoloxías activas.
1.2.Breve xustificación do mesmo
¿ Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
Art 111 bis: Aula Virtual do Centro e Classroom das distintas materias
Formación para o profesorado (galego)
Acceso de todos os estudiantes aos recursos dixitais necesarios, para garantir o exercicio do dereito á educación de todos en igualdade de
condiciones
¿ Art 121 O proxecto educativo do centro recollerá así mesmo a estratexia dixital do centro
¿ Art 132 Competencias do director/a (A LOMLOE actualiza este apartado)
Promover as experimentacións e innovacións pedagóxicas aí está o Plan Dixital como o emprego das TIC na educación
¿ Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que
se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
Os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.
¿ Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que
se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
Os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.
¿ Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o
deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia
para o curso 2021-2022
1.3.Proceso de elaboración
Nun primeiro momento nomeouse ao Coordinador TIC como Coordinador do Equipo de Dinamización do Plan Dixital, e deseguido formouse o
Equipo de Dinamización formado por tres profesores do centro, coincidindo cada un deles nunha etapa educativa, de modo que está formado
por catro persoas: Infantil, Primaria, Secundaria e FPBásica.
Para realizar este Plan Dixital contouse:
- Cunha plataforma de traballo participada pola Xunta de Galicia, o Ministerio de Educación y Formación Profesional, o Plan de Recuperación,
Transformación y Resiliencia e Financiada pola Unión Europea Fondos NextGenerationEU.
- E a unha completa mentorización durante todo o proceso de elaboración do Plan en todos os seus pasos.

As tarefas que levou acabo o equipo foron:
1.- Completar preguntas para o Selfie
2.- Xerar o Selfie para as etapas de Primaria, Secundaria e FPBásica.
3.- Recoller os resultados do Selfie.
4.- Promover a participación no Test CDD para alumnos e profesores do centro
5.- Informe grupal do Test CDD.
6.- Elaborar DAFO cos resultados do Selfie
7.- Cos datos do DAFO creamos Obxectivos do Plan Dixital e Liñas de acción para cada obxectivo
8.- Unimos o traballado ao resto do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Empregamos como fonte de información a recollida nas táboas 2.1, 2.2 e 2.3 do informe grupal do TestCDD de centro.

 

2.1. Puntuación e nivel de competencia do centro

Puntuación media do test (sobre 192)

Nivel de competencia

Puntuación media do test en Galicia (sobre 192)

Nivel de competencia en Galicia

89.9

Integrador/a (B1)

76.5

Integrador (B1)

 

 

2.2. Puntuación e nivel de competencia por etapas

 

Puntuación media do test (sobre 192)

Nivel de competencia

Puntuación media do test en Galicia (sobre 192)

Nivel de competencia en Galicia

EI

75

Integrador/a (B1)

68.2

Integrador/a (B1)

EP

84.6

Integrador/a (B1)

77

Integrador/a (B1)

ESO

93.1

Integrador/a (B1)

79.3

Integrador/a (B1)

FPB

142

Lider (C1)

72.1

Integrador/a (B1)

 

 

2.3. Distribución do profesorado por niveis

 

Total profesorado no nivel de competencia

% de profesorado participante neste nivel

A2

5

26.3%

B1

7

36.8%

B2

5

26.3%

C1

2

10.5%

TOTAL

19

99.9%

 

Interno
46 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H4. Desigualdades na verificación da calidade da información por parte do alumnado segundo os cursos. Alumnado Non
Debilidade H6. G6. Emprego da tecnoloxía para valorar o traballo dos compañeiros de xeito construtivo Alumnado Non
Debilidade H. Insuficiente experiencia no emprego de plataformas educativas e outros recursos dixitais por parte do alumnado e profeso-rado de xeito colaborativo. Alumnado Si
Debilidade H11. Considérase insuficiente o nivel de programación e codificación que se alcanza. Alumnado Non
Debilidade H. Insuficiente experiencia no emprego de plataformas educativas e outros recursos dixitais por parte das familias. Familias Si
Debilidade C11. Desigualdades tanto en medios como en capacidades para uso das TIC. Familias Non
Debilidade C10. Equipos obsoletos na aulas de informática e nas aulas ABALAR (máis de 10 anos) Infraestruturas Si
Debilidade C2. Proxectores dixitais obsoletos e case ao final do seu uso. Infraestruturas Si
Debilidade C5. Escasa asistencia técnica por parte da Consellería (Abalar) Infraestruturas Non
Debilidade Mellora da comunicación do servizo de comedor coas familias. Oferta Non
Debilidade A4. Poucos tempos dispoñibles para crear recursos dixitais. Organización de centro Non
Debilidade B. Insuficientes tempos adicados dentro do horario para comunicación inter-na/externa. Organización de centro Non
Debilidade C16. Insuficiente tempo para a creación e xestión de repositorios propios. Organización de centro Non
Debilidade A4. Poucos tempos dispoñibles para ex-plorar recursos dixitais. Organización de centro Non
Debilidade C16. Promoción deficitaria das Bibliotecas en liña, das editoriais, para facilitar a súa consulta por todo o profesorado. Organización de centro Si
Debilidade C12. Falta formación sobre aprendizaxe mixta. Organización de centro Si
Debilidade C13. O alumnado valora negativamente non poder traer os seus dispositivos. Organización de centro Non
Debilidade G6. Falta de estratexias para facilitar a participación do alumnado en procesos de avaliación entre iguais. Persoal docente Non
Debilidade B. Non existe cultura de traballo colabora-tivo en redes por parte do profesorado. Persoal docente Non
Debilidade E1. Exceso de aplicacións e recursos, coa consecuente perda de tempo do profesorado para atopar o adecuado a cada alumno. Persoal docente Non
Debilidade F6. Falta de colaboración en proxectos interdisciplinares Persoal docente Si
Debilidade B4. Falta de sinerxia e colaboración con outros centros. Persoal docente Non
Debilidade B1. Non existe certificación en competencias dixitais. Persoal docente Non
Debilidade B3. Falta colaboración con outras entidades. Persoal docente Non
Debilidade D3. Falta de intercambio de experiencias para o desenvolvemento profesional continuo. Persoal docente Non
Debilidade E2. Insuficiente creación de recursos dixi-tais para reforzar o labor docente. Persoal docente Si
Fortaleza H15. Alumnado de FPB aprende ferramen-tas dixitais útiles no campo de estudo Alumnado Non
Fortaleza H1. H3. Aprende a empregar de xeito res-ponsable e seguro as redes Alumnado Non
Fortaleza H10. O equipo directivo promove que o alumnado desenvolva habilidades dixitais para diferentes materias e cursos. Alumnado Non
Fortaleza E4. Emprego dunha plataforma virtual para facer o seguimento do proceso de aprendizaxe e favorecer a comunicación coas familias de xeito bidireccional. Familias Non
Fortaleza C13. Os alumnos de 5º, 6º e 1ºESO traen Chromebooks persoais ao centro. Familias Non
Fortaleza C2. Contamos con dispositivos dixitais con acceso a internet para o ensino Infraestruturas Non
Fortaleza C7. Existe unha gran sensibilidade á obser-vancia da Lei de Protección de Datos Infraestruturas Non
Fortaleza C3. Contamos con dispositivos dixitais con acceso a internet para o ensino Infraestruturas Non
Fortaleza C14. Os espazos físicos axéitanse as nece-sidades de ensinanzas dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza Comedor publicado na páxina web do centro e na plataforma educativa empregada. Oferta Non
Fortaleza A3. Claustro aberto a novas modalidades de ensino. Oferta Non
Fortaleza Publicación na web e inscrición mediante formulario nas actividades extraescolares. Oferta Non
Fortaleza O proxecto DIMATIC 1x1 favorece a apren-dizaxe da tecnoloxía sen discriminación. Organización de centro Non
Fortaleza F8. Utilización de ferramentas dixitais para a orientación profesional do alumnado. Organización de centro Non
Fortaleza E3. Emprego de Google Classroom para subir materiais e clases online Persoal docente Non
Fortaleza A3. Profesorado motivado no uso de novas estratexias educativas. Persoal docente Non
Fortaleza Canles de comunicación entre as diferen-tes etapas Persoal docente Non
Fortaleza E1. O profesorado preocúpase por buscar recursos en liña Persoal docente Non
Fortaleza F1. Atención personalizada aos alumnos. Estabilidade laboral da maior parte da plantilla docente Persoal docente Si
Fortaleza Estabilidade laboral da maior parte da plantilla non docente Persoal non docente Non
46 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Exceso de burocracia no labor docente. Administración educativa Non
Ameaza Non hai achegas económicas suficientes para iniciar novos proxectos tecnolóxicos. Administración educativa Non
Ameaza C13. O alumnado valora negativamente non poder traer os seus dispositivos. Administración educativa Non
Ameaza Falta formación dixital específica nas diferentes materias para o profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Ausencia de promocións dixitais por parte da ANPA ANPA Non
Ameaza C11. Evidencia de desigualdades en canto a recursos, medios, intereses e necesidades atendendo á diversidade cultural. Contorna Non
Ameaza Escasez de oferta educativa no barrio para os adultos no eido dixital, tanto para a propia inserción profesional, como para poder axudar ós seus fillos e fillas nas tarefas informáticas cotiás. Contorna Non
Ameaza C11. Condicións económicas das familias da contorna non garanten o acceso ás novas tecnoloxías de todo o alumnado. Contorna Non
Ameaza A5 Non todo o mundo coñece os dereitos de autor. Lexislación Non
Ameaza Continuo cambio lexislativo no ámbito docente. Lexislación Non
Ameaza B3. Escasa colaboración con outras organi-zacións empregando as TIC Outras Non
Oportunidade A oferta de cursos de Formación do profe-sorado. Administración educativa Non
Oportunidade Estabilidade laboral da maior parte do equipo docente. Administración educativa Non
Oportunidade A aposta da Administración pola dixitalización. Administración educativa Non
Oportunidade Boa sintonía coa ANPA para abordar novos proxectos. ANPA Non
Oportunidade Existencia de Centros para colaborar en proxectos TIC. Contorna Non
Oportunidade Resolución de elaboración do Plan Dixital (Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional). Lexislación Non
Oportunidade O proxecto DIMATIC 1x1 favorece o aprendizaxe da tecnoloxía sen discriminación. Outras Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O001PD Inventariar dispositivos das aulas dixitais
O002PD Inventariar proxectores das aulas para docencia
O003PD Seleccionar dispositivos aproveitables das aulas dixitáis
O004PD Descubrir as posibles melloras hardware e software dos equipos aproveitables das aulas dixitáis
O005PD Seleccionar proxectores operativos das aulas para docencia
O006PD Presupostar a renovación e mellora das aulas dixitáis
O007PD Presupostar proxectores a renovar
O008PD Promover a comunicación das familias cos titores mediante o uso da plataforma Esemtia
O009PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de EP e ESO para analizar a fiabilidade da información
O010PD Promocionar as bibliotecas en liña, das editoriais, para facilitar a súa consulta por todo o profesorado
O011PD Desenvolver proxectos colaborativos empregando Google Workspace for Education
O012PD Solicitar formación para adultos no eido dixital e da inserción profesional (C12 - ameaza contorna)
O013PD Implicar ó profesorado na colaboración en proxectos interdisciplinares (F6).
O014PD Crear e poñer en marcha proxectos interdisciplinares (F6).
O015PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente nas etapas de EI, EP, ESO e FPB (E2*)
O016PD Adaptar actividades de aprendizaxe dixitais ás necesidades do alumnado de incorporación tardía (F1)
O017PD Solicitar actualización da Aula Virtual corporativa para mellorar a funcionalidade da aula virtual adaptándoa as novas posibilidades
O018PD Renovación Web do centro para mellorar a funcionalidade adaptándoa as novas posibilidades

Seguimento

Procedemento

O coordinador TIC mantivo reunións mensuais coa supervisora do PD para poder consultar as dúbidas que ían xurdindo respecto ó mesmo. Por outra banda, mantivo comunicación interna, fundamentalmente mediante correo electrónico, e aproveitou reunións de etapa e claustros para falar cos axentes implicados nas distintas accións, lembrándolles as tarefas a realizar e as datas máximas de referencia para intentar, na medida do posible, non sobrepasalas. 

1º Trimestre

- No tocante aos criterios para desbotar equipamento informático O003PD  mantemento de portatiles, temos varios (2 FPB) que se gardaron no almacén para pezas.

- Reunión coa Asesora do Plan Dixital

- Alto porcentaxe de equipos portátiles na aula de informática, do segundo piso, aos que lles faltan teclas, estanse a caer.

- Sustitución 1 lámpada de proxector en 4ºESO

- Preocupación nas etapas por PROENS polo que aspectos do Plan Dixital quedan retrasados

- O Coordinador do Plan Dixital elaboraou a solicitude para participar en Aulas Dixitais da Xunta de Galicia para Centros Concertados. A resolución resultou negativa por non ter unha Pantalla Táctil interactiva a modo de encerado en ningunha das aulas do Centro

2º Trimestre

- Implicar ao profesorado na colaboración de proxectos interdisciplicares

- Comprobar o impacto das informacións enviadas ás familias mediante a plataforma Esemtia

- Reunión mensual coa Aseosora do Plan Dixital

- Solicitar actualización páxina web e aula virtual aloxadas en servidores da Xunta de Galicia. Indicannos que non se fará dado que somos centro concertado.

3º Trimestre

- Continouse a completar os apartados da memoria e a cubrir os diferentes aspectos levados a cabo.

- Reunión coa Asesora do Plan Dixital

- Solicitouse participar en EdixGal en 5º de Primaria para o curso 2023/2024.

- Admitiuse a solicitude EdixGal para 5ºEP.

- Recibíronse os Equipos para 5ºEP, encénderonse e comprobouse que están en bo estado.

- Elaborouse petición para participar na Subvencións a Centros Privados sostidos con públicos para a dotación de medios dixitais apropiados.

- Elaboración da Memoría do Plan Dixital 2022/2023

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

- Cada un dos obxectivos indicados nas táboas leva unhas celdas co eígrafe “Seguimento da acción”, de modo que éste pode facerse na mesma táboa, aínda así farase unha avaliación por parte do Equipo de Dinamización do Plan Dixital como mínimo unha vez ao trimestre no contexto da avaliación procesual. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será de unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

- Ademais haberá, segundo os obxectivos a desenvolver formularios e/ou cuestionarios dixitais que se enviarán ás familias, alumnos, docentes, departamentos, especialistas... en función dos ámbitos que toque o citado obxectivo para obter os indicadores de cada un dos obxectivos.

Valoración xeral

- Plan bastante ambicioso que debido sobre todo a falta de presuposto non se puido levar a bo término (renovación portátiles e proxectores)

- Temos bastantes obxectivos pendentes ou parcialmente conseguidos que pretendemos abordar os vindeiros cursos.

- Notamos falta de tempo para reunións do Equipo do Plan Dixital e falta de tempos en Claustro para propoñer as actividades.

Proposta de mellora

- Mellorar o calendario e o seu seguemento do Plan Dixital

- Continuar a mellorar a formación do profesorado pois a formación actual e insuficiente.

- Aumentar o numero de reunións específicas e non aproveitar reunións alleas (Claustro e Etapa) para comunicar obxectivos trimestrais do Plan Dixital e avisar do envío de formularios para avaliar as actividades.

- Difundir o Plan dun xeito máis efectivo para que chege máis sobre todo aos profesores, pois saben que existe o Plan pero non as accións que se van a levar a cabo.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

-      Para a correcta difusión do Plan Dixital crearemos un apartado propio na web.

-      Plan Dixital publicarase na páxina web do centro así como nas redes sociais coas que conta o Centro (Facebook e Instagram).

-      Cada obxectivo acadado do Plan publicarase na web para facer partícipe a toda a comunidade educativa.

-      Ademáis enviarase ás familias unha circular a través da Plataforma educativa de comunicación coas familias Esemtia unha vez ao principio e curso e logo ao final de cada avaliación para que lembren que dito Plan Dixital se está levando a cabo no centro.

-      No tocante ao clasutro de profesores enviarase un correo electrónico á dirección profesional e unha circular igual que ás familias a través da Plataforma Esemtia.