Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O noso centro está ubicado no centro da cidade de Ourense, na rúa Doutor Fleming, paralela a unha das principais vías articulatorias da cidade (rúa Progreso) e preto da Avda. de Portugal e do barrio do Couto. A nosa comunidade  educativa está composta por familias cun nivel socioeconómico medio-baixo que viven nesta contorna. Na etapa da ESO contamos tamén con alumnado procedente de Centros de Educación Infantil e Primaria próximos, sobre todo do barrio da Valenzá, pertencente ao veciño municipio de Barbadás.
A maioría dos pais e nais dos nosos alumnos só posúen estudos elementais ou medios, sendo unha minoría os que realizaron estudos universitarios. Así mesmo, adoitan ser traballadores por conta propia (autónomos) ou traballadores do sector servizos (limpeza, hostalaría, etc.). Unha alta porcentaxe do alumnado pertence a familias procedentes de países estranxeiros polo que a diversidade cultural e lingüística no centro é unha das nosas señas de identidade e a inclusión unha das nosas prioridades estratéxicas. Un terzo das familias posúe un ou como moito dous dispositivos móbiles con conexón a internet polo que o acceso que 33% do alumnado ten a recursos dixitais fóra do centro é limitado.
O Plan Dixital está recollido no noso Proxecto Educativo de Centro, no que figura como un instrumento que axuda a favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino-aprendizaxe como no resto dos procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado. O centro xa contaba cun profesor coordinador TIC, encargado de avaliar a competencia dixital do profesorado, crear e manter as aulas virtuais, formar ao profesorado, alumnado e familias no seu emprego, administrar a web e as contas do centro nas redes sociais, organizar actividades de formación do profesorado sobre competencia dixital financiadas e recoñecidas polo CFR de Ourense, logo das cales se deseñaron e empregaron recursos en rede abertos, e puxeron en marcha 5 proxectos de innovación financiados polo SEPIE e enmarcados no programa Erasmus + así como o proxecto Ciencia Activa e a participación no programa de Escola Embaixadora do Parlamento Europeo. Ademais, e en colaboración coa secretaría do centro, a coordinación TIC encárgase de inventariar o equipamento e infraestructura TIC e comunicarse cunha empresa para o seu mantemento, e para a adquisición de novo equipamento ou ampliación de infraestruturas.
De cara ao curso 2022-23, o Plan Dixital vai contribuír á mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe e da competencia dixital da comunidade educativa, ao desenvolvemento profesional do profesorado, á nosa infraestrutura tecnolóxica, ao noso modelo de liderado e xestión dos recursos humanos e materiais e ás prácticas de avaliación, todas elas áreas prioritarias recollidas na Programación Xeral Anual do vindeiro curso escolar e arredor das cales se articulan os obxectivos deste plan. 

1.3. Breve xustificación do mesmo

Este documento foi elaborado ao abeiro da normativa que aparece listada a continuación:

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
- Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Pro fesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

3. Proceso de elaboración

O Plan Dixital foi elaborado por un equipo constituído por 5 integrantes:

- María José Novo Escanciano (coordinadora e titora do 6o curso de educación infantil)
- Beatriz Temes Pérez (directora)
- Beatriz Nieto Outomuro (xefa de estudos)
- Eva Pousa Quelle (secretaria)
- Francisco José Rodríguez Zorelle (titor de 3º de primaria)

O proceso de elaboración do Plan Dixital estivo precedido pola realización do curso online en fProfe. Logo de completar esta formación, o equipo levou a cabo un total de 10 reunións (5 presenciais e 5 en liña) para completar as seguintes fases:

1. Recollida de datos para analizar a situación do centro a través da administración das enquisas SELFIE (1º trimestre do curso 2021-22)
2. Análise DAFO partindo dos resultados das enquisas administradas (2º trimestre do curso 2021-22)

3. Establecer os obxectivos clave do Plan Dixital e redactar as accións que os permitirán alcanzar, a súa temporalización e os seus indicadores de logro (maio de 2022)
4. Redacción do Plan Dixital (maio-xuño 2022)

Ao longo desas reunións asignáronse diferentes funcións a cada un dos membros do equipo no que se refire á análise da valoración do centro, intercambiáronse e elixíronse propostas de obxectivos e accións de mellora e establecéronse datas límites para a redacción e revisión do informe DAFO e do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Test CDD

Informe SELFIE

Interno
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H8. Case o 30% do alumnado de primaria non se considera competente no uso de tecnoloxías dixitais para comunicarse e descoñece as normas de netiqueta. Alumnado Non
Debilidade H4, H6, H7. 31% do alumnado non sabe como verificar a calidade da información e non se considera competente na creación de contidos dixitais e no recoñecemento do traballo dos demais. Alumnado Non
Debilidade C7. Descoñecemento da normativa de protección de datos por parte de profesorado que non cursou formación ao respecto. Infraestruturas Non
Debilidade C8. Insuficiente dotación de dispositivos dixitais para a aprendizaxe Infraestruturas Non
Debilidade C5. A asistencia técnica é mellorable xa que está a cargo dunha empresa externa. Necesitaríamos un equipo TIC formado por profesorado do centro. Infraestruturas Non
Debilidade A1. Case a metade do profesorado, especialmente en primaria non é consciente da existencia dunha estratexia dixital de centro por unha difusión insuficiente e por tratarse de profesorado non fixo. Non están dixitalizadas as gardas de comedor nin os menús. Tampouco están dixitalizados os fondos da biblioteca. Organización de centro Non
Debilidade D1. 1/3 do profesorado de primaria non está satisfeito coa formación no centro. Pódese deber a ser profesionais temporais e a non ter cursado a formación oferta xa que ten carácter opcional. Persoal docente Non
Debilidade B1. A avaliación do uso da tecnoloxía non é suficiente dada a falta de emprego de ferramentas como enquisas periódicas con indicadores cualitativos e cuantitativos. Persoal docente Non
Debilidade D3. Como resultado do D1, o intercambio de experiencias entre o profesorado Persoal docente Non
Fortaleza A3. Integración efectiva de novas modalidades de ensinanza (online e ensino mixto) durante períodos de confinamento individual, grupal ou de centro Alumnado Non
Fortaleza H1 E H3. O alumnado considera que fai un uso seguro e responsable das tecnoloxías dixitaos grazas a charlas e obradoiros impartidos no centro. Alumnado Non
Fortaleza A2. O equipo directivo fomenta e supervisa o uso de tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Fortaleza H8. O alumnado da ESO considérase competente no uso de tecnoloxías dixitais para comunicarse e coñece as normas de netiqueta. Alumnado Non
Fortaleza C1. O centro conta coa infraestructura necesaria, adecuada e fiable para facilitar o emprego de prácticas innovadoras Infraestruturas Non
Fortaleza C2. Os dispositivos dixitais para o ensino son adecuados (excepto o sistema de son) Infraestruturas Si
Fortaleza C3. O acceso a internet é estable e seguro Infraestruturas Non
Fortaleza D3. O profesorado da ESO está satisfeito co intercambio de experiencias con tecnoloxías dixitais para lograr Persoal docente Non
Fortaleza B3. Existe unha cultura de colaboración entre o profesorado a través das tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza B2. O profesorado debate e é consciente das vantaxes do uso da tecnoloxía Persoal docente Si
Fortaleza D1. O profesorado de infantil e ESO está moi satisfeito co plan de formación do profesorado do centro, que inclúe formación interna, proxectos europeos e formación externa. Persoal docente Non
Fortaleza D2. O grao de participación do profesorado no DPC é moi alto (88%) Persoal docente Non
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C5. A asistencia técnica é mellorable xa que está a cargo dunha empresa externa. Necesitaríamos un equipo TIC formado por profesorado do centro pero é difícil por falta de horas e de orzamento. Administración educativa Non
Oportunidade A1 e A2. Solicitude de formación ao CFR de Ourense para participar nun curso de Meiga como primeiro paso para dixitalizar os fondos da biblioteca Administración educativa Non
Oportunidade E2, F3 e G Incluir a creación de recursos dixitais, a creatividade e avaliación formativa a través do uso de tecnoloxías dixitais como liñas de traballo no plan de formación para o profesorado Administración educativa Si
Oportunidade C5. Solicitude de fondos ou participación nalgún programa de innovación. Pendente a concesión dunha axuda para desenvolver un porxecto Erasmus + sobre competencia dixital e innovación (maio 2022). Administración educativa Non
Oportunidade Colaboración coa Biblioteca Pública de Ourense para garantir o acceso a internet do alumnado.Posibilidade de colaborar coa Molinera, Centro de Innovación Social Dixital xestionado polo concello de Ourense, que pon ao dispor da cidadanía espazos e ferramentas tecnolóxicas. Contorna Si
Oportunidade A7. O profesorado pode ler o protocolo de protección de datos creado pola Consellería antes de organizar un mini seminario presencial para comentar o lido. Lexislación Non
Oportunidade A5. O profesorado pode ler este módulo dun curso en liña en aberto do CAFI sobre o uso de licenzas de autor antes de organizar un mini seminario presencial para comentar o lido. Lexislación Non
Oportunidade C8, G, H4, H6 e H7. Imos recibir fondos pola participación en proxectos Erasmus + que permitirán investir en dispositivos dixitais para aprendizaxe. Estamos pendentes da concesión de axuda para levar a cabo un proxecto Erasmus + de centro que permitirá aumentar a dotación de dispositivos e mellorar a formación do profesorado no uso de tecnoloxías dixitais para a avaliación formativa. Estes proxectos Erasmus, ademais, permiten traballar a competencia dixital do alumnado no que se refire ao uso responsable Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Situación de partida (en xuño de 2022)

Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

O centro dispón de conexión a internet por cable na planta baixa e nos 5 andares do edificio. Ademais, posúe conexión a internet sen fíos, por wifi na planta baixa e nos dous primeiros andares á que só se conectan usuarios que  dispoñen da contrasinal (profesorado do centro e convidado). A continuación preséntase unha relación do equipamento dispoñible nas diferentes dependencias do centro:
- As aulas de todos os grupos clase, desde infantil 3 anos ata 4o da ESO xunto coa aula de convivencia dispoñen dun ordenador portátil con conexión a internet, un proxector e unha pizarra dixital interactiva. O sistema operativo dos ordenadores é Windows 2019 e dispoñen de protección antivirus e cortafogos. Estas aulas tamén dispoñen de altofalantes portátiles e ratos con cable.
- O departamento de música dispón dun amplificador.
- O centro conta cun aula de informática que se emprega logo de ser reservada polo(s) pro fesor(es) responsables. Este aula está equipada con 11 ordenadores de mesa con conexión a internet,
sistema operativo Windows 2019, protección antivirus, cortafogos e un ordenador portátil coa mesma dotación que só pode empregar o profesorado responsable. Na aula de informática tamén hai un
canón proxector, unha pizarra dixital interactiva e uns altofalantes portátiles.
- A sala do profesorado está dotado dun ordenador de mesa con conexión a internet, sistema operativo Windows2019, protección antivirus, cortafogos e altofalantes portátiles.
- O despacho da dirección dispón dun ordenador portátil con conexión a internet, sistema operativo Windows 2019, protección antivirus, cortafogos.
- O despacho de xefatura de estudos dispón dun ordenador portátil con conexión a internet, sistema operativo Windows 2019, protección antivirus, cortafogos e impresora.
- O departamento de orientación dispón dun ordenador portátil con conexión a internet, sistema operativo Windows 2019, protección antivirus, cortafogos
- A aula de Pedagoxía Terapéutica dispón dun ordenador portátil con conexión a internet, sistema operativo Windows 2019, protección antivirus, cortafogos.
- A secretaría dispón de dous ordenadores portátiles con conexión a internet, sistema operativo Windows 2019 protección antivirus, cortafogos, 1 canón retroproxector portátil e 1 máquina fotocopiadora.
- A biblioteca dispón dun ordenador portátil con conexión a internet, sistema operativo Windows 2019, protección antivirus, cortafogos
- O centro dispón de 2 tablets que se poden usar logo de seren reservadas.
Ademáis do equipamento, o centro dispón dos seguintes servizos dixitais que facilitan a xestión docente:
- O sitio web do centro, http://www.feijoozorelle.com/, que inclúe información acerca do con texto do centro, a oferta educativa, o profesorado, os documentos de centro, os horarios lectivos e de apertura, a misión, visión e valores, as aulas virtuais e novas con información de interese.
- Aulas virtuais na plataforma de aprendizaxe Edmodo. O coordinador TIC é o encargado de formar ao profesorado e ás familias no emprego da aula virtual a través de sesións de for mación e guías fáciles, respectivamente. Tamén é o responsable, en colaboración coa se cretaría, de crear un aula virtual para cada grupo clase e de matricular ao profesorado e ao alumnado ao principio de cada curso académico. A secretaría do centro en colaboración cos titores é a responsable de custodiar autorizacións asinadas polas familias para que o alum nado empregue a plataforma de aprendizaxe e outras ferramentas 2.0 ao principio de cada curso académico.
- Conta en Gmail para compartir e editar colaborativamente documentos de centro ou docu mentación relevante que en NINGÚN CASO inclúe datos persoais ou información sensible para levar a cabo proxectos ou plans de centro.
- Blogues onde se recollen cronolóxicamente información relacionada con proxectos de centro tales como: Os proxectos Erasmus +, O programa de Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, Ciencia
Activa, Little Historiadores e Somos Músicos.
- Blogues de aula e materia no que se comparten de forma periódica novas sobre a vida escolar.
- Contas nas seguintes redes sociais onde se comparten novas sobre a vida escolar e información de interese para toda a comunidade educativa:

- Páxina en Facebook
- Páxina en Twitter
- Páxina en Instagram
- Canle en Youtube
- 2 grupos no marcador social Diigo, un en galego e outro en inglés, onde o profesorado comparte e clasifica ligazóns a repositorios de recursos dixitais en Aberto como o Repositorio Abalar ou os recursos educativos do INTEF , entre outras ligazóns útiles.
- Cada docente conta cunha conta corporativa edu.xunta.gal para comunicacións oficiais e para o tratamento de datos persoais ou información sensible. A través desta conta tamén se da acceso ao servizo de vídeoconferencias Webex, ao servizo Abalar Mobil e a Xade.
O mantemento do equipamento e da infraestrutura está a cargo do coordinador TIC e da secretaría, que empregan unha conta non corporativa de Gmail pero exclusiva para esta función a través da cal xestionan o mantemento do equipamento empregando 3 instrumentos: táboas compartidas e editables nas que o profesorado anota incidencias co equipamento; cuestionarios con Google Forms para avaliar a competencia dixital do profesorado; uso do mail ou do teléfono para contactar coa empresa externa contratada para resolver incidencias, reparar o equipamento ou renovalo.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover a comunicación entre o profesorado e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro (A2)
O02PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital
O03PD Aumentar o empego da AV do centro para potenciar o debate entre o profesorado e solucionar incidencias TIC (B2)
O04PD Formar a 2 profesores no manexo do Programa Meiga (C2, C8)
O05PD Favorecer o intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros, entre o profesorado do centro e doutros centros similares de Galicia, España o do estranxeiro.
O06PD Crear un banco de recursos dixitais para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
O07PD Promover o uso da aula virtual por parte do alumnado de primaria (E3)
O08PD Crear diarios dixitais de aprendizaxe para alumnado de primaria
O09PD Empregar podcasts e vídeos como medios para fomentar a creatividade e o pensamento crítico entre o alumnado
O10PD Empregar as ferramentas de cualificación da AV
O11PD Empregar instrumentos dixitais de avaliación formativa
O12PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de primaria para facer un uso seguro e responsable da web (en estreita relación co obxectivo O02PD)
O13PD Mellorar a páxina web do centro

Seguimento

Procedemento

O seguimento da implementación do plan dixital para a súa avaliación levarase a cabo durante o curso escolar 2022-23 en 2 fases diferenciadas:
- Fase de avaliación procesual: Levarase a cabo nas últimas 2 semanas de cada trimestre. Os instrumentos a empregar serán listas de control dixitais para valorar o estado de execución de cada acción e cuestionarios con indicadores cualitativos e cuantitativos administrados ao alumnado, profesorado e familias (segundo a acción o requira) a través da aula virtual do centro. Os aspectos a valorar serán fundamentalmente tres: o estado da execución das accións expostas no apartado 3.1., a valoración dos resultados dos cuestionarios e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e propostas de mellora.

- Fase de avaliación final: Levarase a cabo en xuño de 2023. Os instrumentos a empregar serán listas de control dixitais para valorar os indicadores de logro de cada obxectivo e cuestionarios con indicadores cualitativos e cuantitativos administrados ao alumnado, profesorado e familias (segundo o obxectivo o requira) a través da aula virtual do centro. Os resultados desta avaliación servirán como punto de partida para un novo ciclo de análise da situación do centro do que se derivarán propostas de mellora para actualizar o Plan Dixital. Asimesmo, volveremos a utilizar a ferramenta SELFIE comparando cos datos do Informe SELFIE previo para rediseñar o plan de acción e por en marcha unha versión actualizada do Plan Dixital para o curso 2023-24.

1º Trimestre

Realizáronse as accións previstas para o trimestre

2º Trimestre

Realizáronse as accións prevista para o trimestre, agás a elaboración dun decálogo de pautas para o uso seguro e responsable das redes en primaria (Obxectivo 12), que se tratará de efectuar no terceiro trimestre.

A enquisa de avaliación procesual rematada no mes de febreiro amosa que os obxectivos con data límite neste trimestre foron acadados, agás no caso do uso da AV como medio de comunicación entre o profesorado, que foi acadado parcialmente en vista do indicador observado.

3º Trimestre

O control de accións amosa que se realizaron todas as previstas para o presente curso.

A enquisa de avaliación final de novo amosa que se só acada parcialmente o obxectivo de participación do profesorado no seu espazo de AV (60% fronte ao 75% fixado como obxectivo). Os restantes obxectivos previstos para o curso foron acadados.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Toda a comunidade escolar participará no proceso de avaliación do Plan Dixital, cuxos axentes responsables serán o coordinador TIC e os membros do equipo directivo. O proceso de avaliación levarase a cabo durante o curso escolar 2022-23 en 2 fases diferenciadas:
- Fase de avaliación procesual: Levarase a cabo nas últimas 2 semanas de cada trimestre. Os instrumentos a empregar serán listas de control dixitais para valorar o estado de execución de cada acción e cuestionarios con indicadores cualitativos e cuantitativos administrados ao alumnado, profesorado e familias (segundo a acción o requira) a través da aula virtual do centro. Os aspectos a valorar serán fundamentalmente tres: o estado da execución das accións expostas no apartado 3.1., a valoración dos resultados dos cuestionarios e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e propostas de mellora.

- Fase de avaliación final: Levarase a cabo en xuño de 2023. Os instrumentos a empregar serán listas de control dixitais para valorar os indicadores de logro de cada obxectivo e cuestionarios con indicadores cualitativos e cuantitativos administrados ao alumnado, profesorado e familias (segundo o obxectivo o requira) a través da aula virtual do centro. Os resultados desta avaliación servirán como punto de partida para un novo ciclo de análise da situación do centro do que se derivarán propostas de mellora para actualizar o Plan Dixital. Asimesmo, volveremos a utilizar a ferramenta SELFIE comparando cos datos do Informe SELFIE previo para rediseñar o plan de acción e por en marcha unha versión actualizada do Plan Dixital para o curso 2023-24.

Valoración xeral

O seguimento da implementación do Plan Dixital no seu primeiro ano amosa que os obxectivos foron cumpridos case na súa totalidade, coa consecuente contribución a mellorar as diferentes áreas de competencia dixital.

Na área de Colaboración e Redes, o uso dos espazos de Aula Virtual como vía de comunicación co alumnado experimentou unha normalización, especialmente na educación secundaria, logo de unha fase inicial de aprendizaxe. Nos útlimos cursos de primaria,  a introdución do diario de aula resultou ademais eficaz como vía de comunicación coas familas, entre as que tivo unha boa aceptación. Nos primeiros curso de primaria, onde as diferencias en canto á dispoñibilidade de medios e á competencia dixital das familias inicide máis directamente no aproveitamento destas por parte do alumnado, a súa utilización foi menos regular. En canto á colaboración entre o profesorado, aínda que se produciu tamén unha normalización no seu uso, non se converteu na vía de comunicación preferente.

En canto á Infraestrutura e Equipamento, solventáronse as incidencias que se foron detectando para non perder funcionalidades nas aulas e ampliouse a dotación de equipos a 16 na aula de informática, que tamén se dotou dunha novo monitor multimedia, e renovouse o equipo de Secretaría. Por outra banda, solicitáronse presupostos e axudas para continuar coa mellor na dotación de tecnoloxía dixital de cara ao vindeiro curso. Por todo isto, conclúese que é unha área na que tamén se experimentou unha notable mellora.

A formación recibida por todo o profesorado sobre ferramentas dixitais para a avaliación formativa, contribuíu de maneira significativa á área de Desenvolvemento Profesional Continuo, pero tamén ás de Implementación na Aula e Prácticas de Avaliación, xa que se dotou ao profesorado de novas ferramentas e perspectivas para o proceso de avaliación, que á súa vez guían a planificación das sesións e a metodoloxía e recursos empregados durante as mesmas. Ademais, promoveuse a formación continua do profesorado en materia de competencia dixital, tendo en conta o marco de referencia europeo, de maneria que, en función do perfil competencial de cada un, se realizase a formación específica para equlibrar o nivel de competencia nas diferentes áreas. Sen embargo, detectouse que o uso destas ferramentas por parte do profesorado é asimétrico,  En consecuencia, deberase seguir a traballar nesta liña, para mellorar as competencias do profesorado e tratar de promover que se xeralice máis o seu uso

Por outra parte, a Área de Apoios e Recursos Pedagóxicos viuse favorecida pola creación dos grupos de formación do profesorado e do departamento de orientación no entorno de aula virtual en Google Classroom, ao permitir o intercambio de experiencias e proxectos, e a creación dun banco de recursos de uso común, polo que se estima proveitoso manter estes grupos nos seguintes cursos e e continuar a contribuír ao banco de recursos.

Por último, a consecución dos obxectivos contribuiu tamén positivamente a área de Liderado, ao propiciar que máis docentes fixeran propostas de aplicación das tecnoloxías dixitais nas aulas e planficasen proxectos innovadores a raíz das competencias adquiridas, que contribuíran finalmente a mellorar a Competencia Dixital do Alumnado.

 

Proposta de mellora

A través da observación dos resultados acadados, así como das respostas obtidas aos cuestionarios de avaliación do PD, parece conveniente continuar a traballar na mesma liña, pero modificando algúns aspectos concretos para tratar de mellorar os resultados en algunhas das áreas onde se atoparon máis dificultades.

Neste sentido, proponse redeseñar a estrutura da aula virtual para axilizar e facer máis eficaces as comunicacións. Tamén se plantexa reflexionar sobre as vías de comunicación cos pais, estendendo o uso de Abalar e os diarios de aula. Por outra parte seguirase promovendo a formación continua do profesorado, incorporando as tecnoloxías emerxentes baseadas na Intelixencia Artificial e tratando de que se comencen a implementar na aula.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a consecución efectiva dos obxectivos establecidos neste Plan Dixital é fundamental que toda a comunidade comunidade educativa coñeza a súa existencia e sea consciente dos seus obxectivos. Para iso, o coordinador TIC e os membros do equipo directivo serán os responsables de implementar un plan de difusión que se concretará nas seguintes accións:

 

Acción

Responsables

Temporalización

Reunión informativa co claustro do profesorado na que, con apoio dunha presentación interactiva, o equipo de elaboración do Plan Dixital, exporá os seus obxectivos e o Plan de Acción

Membros

integrantes do equipo de

elaboración do Plan Dixital

Antes do 8 de

setembro de 2022

Publicación do Plan Dixital na páxina web do centro

Coordinador TIC

Antes do 8 de

setembro de

2022

Circular dirixida ás familias nas que se inclúa unha descrición simplificada do Plan Dixital e un enlace á URL onde poden atopar o texto completo

Coordinador TIC e equipo directivo

Antes de outubro de 2022.

Publicación periódica na web e nas redes sociais do centro de novas relacionadas coas accións e a consecución dos obxectivos do Plan Dixital.

Coordinador TIC en colaboración coas persoas implicadas en cada acción

Ao longo do

curso 2022-23

Administración de enquisas de avaliación das accións do Plan Dixital

Coordinador TIC e titores de grupo

Ao final de cada trimestre