Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

O marco normativo aplicable ao noso Plan Dixital é o seguinte:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022. Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo

O Plan Dixital do centro debe estar integrado no Proxecto Educativo, según se recolle na LOMLOE no seu Artigo único, Modificación de la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación, punto 62, apartado  1  “O proxecto educativo do centro recollerá asimesmo a estratexia dixital do centro, dacordo co establecido no artigo 111 bis.5.”, co fin de desenvolver a competencia dixital da comunidade educativa, promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais.

O Plan Dixital do centro contribúe á consecución dos seguintes obxectivos do Proxecto Educativo da E.O.I.:

           A) Obxectivos do centro

  • Organizar e xestionar un centro público de aprendizaxe de linguas modernas avanzado e eficiente, no que a planificación e optimización dos recursos humanos e materiais estea á disposición dunha oferta educativa ampla e axustada aos intereses e demandas sociais.
  • Impulsar a participación de todo o persoal en actividades que favorezan a súa formación e fomentar a incorporación ao centro de programas institucionais, de ámbito galego, estatal e europeo, e proxectos de innovación pedagóxica e de mellora continua.

           B) Obxectivos de xestión

  • Impulsar a eficacia, a rapidez e a axilidade na consecución de todos os procesos administrativos e de xestión do centro.
  • Procurar a mellora continua do funcionamento das canles de comunicación existentes para favorecer a difusión da información do centro.
  • Manter a xestión académica e administrativa informatizada.

    C) Obxectivos humanos e de recursos

  • Consolidar a participación dos integrantes dos diferentes colectivos en cursos ou calquer outro tipo de actividade de formación permanente que repercuta positivamente na calidade e atención do seu traballo, ao mesmo tempo que faciliten unha atmosfera axeitada para consolidar a actualización e renovación continuas dos profesionais que traballan no noso centro. Favorecer o intercambio de técnicas, ideas e metodoloxía sobre as novas tecnoloxías entre o persoal do centro.
  • Optimizar o uso das instalacións, os recursos e a tecnoloxía existentes no centro tendendo a estender ao máximo a súa utilización e racionalización e a promover a reciclaxe de materiais diversos, priorizando en todo momento a renovación e ampliación tecnolóxica de ditos medios para lograrmos un centro moderno e eficaz no ensino e aprendizaxe de idiomas.

           D) Obxectivos pedagóxicos

  • Potenciar o uso das TIC dentro e fóra da aula entre o alumnado e aproveitar os recursos que ofrece a internet para a autoaprendizaxe.
  • Poñer a disposición do alumnado con dificultades de tipo cultural, físico ou psíquico os medios e adaptacións necesarias para a súa integración.

Co fin de acadar estes obxectivos, a E.O.I. ten posto en marcha os seguintes proxectos e medidas:

  • Impulso da aplicación das novas tecnoloxías da educación no ensino e aprendizaxe de linguas, mellorando a autonomía e capacidade de autoaprendizaxe do alumnado e xeralizando a avaliacion formativa.
  • Elaboración e posta en práctica dun plano de innovación e investigación educativa e formación do profesorado, con actividades que versan sobre temas relacionados coas novas tecnoloxías da información e a comunicación, e outros que sexan de interese do profesorado na mellora da súa práctica docente e co obxectivo posto na calidade e excelencia docentes e, así mesmo, un plano de programas europeos.
  • Creación de bancos de materiais didácticos compartidos, elaborados polo profesorado con recursos materiais e humanos da escola, para potenciar o traballo en equipo e a coordinación entre cursos e niveis.
  • Potenciación da comunicación interior e exterior optimizando en todo momento as posibilidades que ofrecen a páxina web e as redes sociais.

Proceso de elaboración

Para a elaboración do Plan Dixital a dirección estableceu un equipo de dinamización do Plan Dixital e nomeou os seus membros: a Vicedirectora, como membro do equipo directivo, os Xefes de Estudos das seccións, e o Xefe de Recursos (Coordinador TIC) como coordinador do equipo. Ademáis, estableceuse un espazo dixital no que se creou un curso para o desenvolvemento do Plan Dixital e foi nomeada unha asesora do equipo ADIX para o noso centro. O coordinador foi o encargado de transmitir a información sobre as tarefas a realizar a todo o equipo do Plan Dixital. Leváronse a cabo reunións para establecer as liñas xerais de traballo, decidir as preguntas propias do centro a incluir na ferramenta de diagnose SELFIE, facer unha análise dos resultados do SELFIE e o test CDD, deseñar as liñas principais do informe DAFO, e a partir del, elaborar o Plan de Acción. O traballo desenvolveuse en grupo ou de maneira individual e as conclusións puxéronse en común en reunións celebradas por videoconferencia na plataforma Webex. O proceso de redacción dos distintos informes, Plan de Acción e Plan Dixital fíxose de maneira colaborativa sobre documentos compartidos en Google Drive, por lle dar un carácter máis eficiente ao proceso.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para realizar a análise da stuación do centro empregáronse as seguintes ferramentas:

Ferramenta de autoavaliación SELFIE: Os resultados do cuestionario realizado no primeiro trimestre do curso 2021-2022 pódense ver no anexo Resultados Informe SELFIE.

Test CDD: Información recollida na táboa 1.3., en relación co perfil do profesorado participante no Test CDD, e nas táboas 2.1 e 2.3 do informe grupal do Test CDD, en relación coa puntuación e nivel de competencia do centro e distribución do profesorado por niveis. Pódense ver as táboas no anexo Resultados Test CDD.

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado non é quen de resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar dispositivos dixitais, nin aprenden capacidades, coñecementos e actitudes que lles permitan empregar as tecnoloxías dixitais de maneira creativa, segura, responsable e crítica. Alumnado Non
Debilidade No centro o alumnado non ten acceso a Internet para os seus estudos. Infraestruturas Si
Debilidade Ausencia dunha infraestrutura de dispositivos dixitais propiedade do centro para que alumnado utilice na escola ou poida levar a casa. Infraestruturas Si
Debilidade Ausencia dunha infraestrutura de tecnoloxías asistenciais para alumnado con necesidades educativas especiais. Infraestruturas Si
Debilidade Aínda que o equipo directivo colabora e anima ao profesorado a que explore novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais, o centro carece dunha estratexia dixital definida. Organización de centro Si
Debilidade Aínda que o alumnado pode traer ao centro os seus propios dispositivos portátiles, non hai una política definida de utilización deses dispositivos portátiles. Organización de centro Si
Fortaleza No centro o alumnado aprende a comunicarse utilizando as tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Gran parte do alumnado dispón de dispositivos portátiles propios e pode utilizalos durante as clases. Alumnado Non
Fortaleza No centro hai acceso a Internet e dispositivos dixitais a disposición do profesorado para o seu uso na ensinanza. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro dispón de asistencia técnica, tanto interna como externa, cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado ten a competencia dixital necesaria para buscar recursos educativos dixitais en liña, crear recursos dixitais para reforzar o seu labor de ensino e empregar contornas virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza No centro facilítase o desenvolvemento profesional continuo do profesorado por medio dunha reflexión sobre as súas necesidades de DPC e o intercambio de experiencias, e proporcionando acceso a posibilidades de DPC. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado utiliza as tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. Persoal docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A EOI de Santiago ocupa un edificio que non foi deseñado para esa función e incumpre a normativa actual para este tipo de centros en canto a espazos e infraestruturas, o que non facilita o ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Ameaza A incorporación de profesorado con pouca formación dixital e o posible estancamento de parte do profesorado do centro causado polo mencionado nos puntos anteriores podería crear unha fenda dixital. Administración educativa Non
Ameaza Os problemas de infraestruturas e a carga de traballo non permiten dedicar tempo a axudar a que o alumnado aprenda a resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Ameaza A excesiva carga de traballo e de labores burocráticas fan que o profesorado non teña tempo para explorar como mellorar o seu método de ensino con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Ameaza As seccións da EOI dependen da estratexia dixital dos IES nos que están ubicadas en todo o relacionado coa coordinación, uso e mantemento das tecnoloxías dixitais, e non teñen a posibilidade de participar na elaboración do Plan Dixital dos IES. Outras Si
Oportunidade A administración xa facilita acceso a Internet para o ensino e traballo do profesorado. Ese acceso podería facerse extensivo ao alumnado para facilitar a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Si
Oportunidade O centro ven de desenvolver dous plans de formación sobre avaliación formativa nos que se trataron ferramentas baseadas en tecnoloxías dixitais, o que permitirá substituír a avaliación tradicional por prácticas máis centradas no alumno e máis realistas. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir dos resultados do Informe SELFIE e do Test CDD, o centro xenerou unha análise DAFO que permitíu o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilitou a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Desenvolver a estratexia dixital do centro e elaborar o Plan Dixital do curso 2023/24 (A1*)
O02PD Crear unha infraestrutura de dispositivos dixitais propiedade do centro para que alumnado utilice na escola (C8/C10*)
O03PD Deseñar unha política de utilización dos dispositivos portátiles propios do alumnado (C13*)
O04PD Crear unha infraestrutura de tecnoloxías asistenciais para persoas con necesidades educativas especiais (C15*)
O05PD Solicitar acceso a internet wi-fi para que o alumnado poda usar os seus propios dispositivos no centro para os seus estudos (C3*)
O06PD Solicitar a participación das seccións de EOI na estratexia dixital dos IES nos que están situadas

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O plan avaliarase en función dos resultados obtidos, no marco dos obxectivos e prazos previstos, e das condicións de aplicación. Esta avaliación realizarase ao remate de cada trimestre do curso, e para realizar este proceso reunirase o equipo de dinamización do Plan Dixital, que valorará, en función dos datos recollidos previamente o nivel de cumprimento dos indicadores de logro. Nesta avaliación procesual se propoñerán medidas de mellora no caso de se detectar erros no plan, xa fora na temporalización do mesmo, ou nos resultados acadados.

Así mesmo, ao remate do curso levarase a cabo unha avaliación final dos logros acadados na realización do plan, valorarase o nivel de cumprimento dos obxectivos e se propoñerán melloras para a consecución dos mesmos.

O encargado da realización desta avaliación final será o equipo de dinamización do plan dixital, que remitirá o seu informe para o estudo e aprobación por parte dos órganos colexiados pertinentes.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan será publicado, xunto co Proxecto Educativo e Programación Xeral do centro, na páxina web da E.O.I.

Así mesmo, se incluirá este punto de información sobre o Plan Dixital na orde do día da última reunión do Claustro, e levarase o Plan Dixital á última reunión do Consello Escolar para a súa aprobación.

Tamén se elaborará un pequeno resumo dos obxectivos do plan que será enviado a toda a comunidade escolar a través do correo corporativo.