Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Diixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro:

O CEIP das Fontiñas está situado na cidade de Santiago de Compostela, concretamente no barrio de Fontiñas, do que recibe o seu nome. Neste barrio, ben comunicado e dotado de servizos públicos, hai vivendas de carácter social na que a maioría dos seus habitantes teñen un nivel económico baixo, outras vivendas de protección oficial cun nivel económico medio e outras de promoción particular sendo o nivel económico das familias medio-alto. Estas desigualdades reflíctese na heteroxeneidade dos nosos grupos de clase. Por último destacar a frecuencia de casos de absentismo escolar que padecemos, protagonizado na maioría dos casos por familias de alumnado de etnia xitana.

Conta con dúas liñas tanto en educación infantil como educación primaria, aínda que neste curso 21 – 22 tanto en 6º de infantil como en 4º de primaria presenta un desdobre. Conta con 37 mestres e mestras que conforman o catálogo do profesorado tres ATE (auxiliar técnico administrativo), unha administrativa e dous conserxes.

Incardinación e contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo:

O noso centro acolleuse en 2012 ao Proxecto Abalar da Consellería de Educación, o cal supuxo unha modernización das aulas en canto ás TIC. Nese momento as aulas modernizáronse con canóns, PDI e un ordenador (nalgúns casos portátiles) para o profesorado en cada aula, ao alumnado concedíaselle un convertible (portátil + tablet).

No ano 2020 o centro acóselle ao proxecto EDIXGAL o que trouxo consigo un cambio cualitativo no emprego das TIC xa que os portátiles, tanto do alumnado como do profesorado, cédense durante os dous anos nos que se imparte o proxecto. No resto das aulas do centro pasouse en poucos anos de ter só unha computadora, a ter un equipo informático, un canón e unha PDI.

O noso centro, neste momento non está adscrito a ningún programa de Innovación Dixital, aínda que se valorará poñer en marcha algún nos vindeiros cursos académicos. No que sí está adscrito o centro é a diferentes programas relacionados con aspectos que xiran arredor da biblioteca como poder ser o PLAMBE.

Contribución do Plan Dixital á Programación Xeran Anual do curso 22/23:

  • Potenciar a coordinación e a colaboración entre os diferentes equipos docentes para a redacción de proxectos, especialmente o Plan Dixital.
  • Continuar no proxecto EDIXGAL e abrirnos a outro tipo de programas.
  • Contribuir de xeito transversal na imprentenación no Plan Dixital a través do traballo realziado entre o profesorado.
  • Qiue o Plan Dixital sirva para mellorar a formación de todo o profesorado e tamén a do alumnado desenvolvendo un pensamento crítico e reflexivo.
  • Potenciar actividades de participación de toda a comunidade educativa por medio do uso de recursos compartidos.
  • Promover a utilización de aulas vrituais (EVA XUNTA ou Moodle) como ferramenta de apoio a profesorado e alumnado.
  • Promover a utilización de ferramentas de software libre para compensar as desigualdades tecnolóxicas que hai entre as famliias.
  • Facilitar o acceso ás ferramentas pro parte do alumnado con encesidades educativas especiais.
  • Analizar as necesidades, tanto de recursos como de formación que a nosa comunidade educativa puidese demandar.
  • Acordar un orzamento mínimo de dedicación aos labores tecnolóxicos que estean vencellados co feito educativo.
  • Implementar no curso 22/23 un plan de comunicación que abrangue a todos os membros da comunidade educativa.
  • Que sexa un verdadeiro plan no que seta implicada toda a comunidade educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para levar a análise DAFO empregamos os seguimentos instrumentos: cuestionario SELFIE e o Test de Competencia Dixital Docente (CDD).

Interno
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H11. Escasa capacidade do alumnado para codificar e programar. Alumnado Non
Debilidade H13. Dificultades para que o propio alumnado poida resolver os seus problemas técnicos. Alumnado Non
Debilidade C10. Ausencia de suficientes dispositivos no centro para o emprego por parte do alumnado Infraestruturas Non
Debilidade C14. Os espazos físicos: non facilitan o ensino virtual. Infraestruturas Non
Debilidade C16. Carencia de respositorios en liña para o ensino. Infraestruturas Non
Debilidade A1. Carencia dunha estratexia dixital no centro. Organización de centro Non
Debilidade B4. Falta do emprego das tecnoloxías dixitais par colaborar con outros centros educativos da nosa contorna. Organización de centro Non
Debilidade F5. Pouca colaboración entre o alumnado no emprego das TICS. Persoal docente Non
Debilidade F6. Falta de emprego das TICS para a realización de proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Debilidade G6. Escasa coevaluación entre o alumando: non se empregan as tecnoloxías para fomentar os comentarios entre iguais nos traballos. Persoal docente Non
Fortaleza H1. A concienciación ao alumnado dun comportamento seguro na rede. Alumnado Non
Fortaleza C3. Posibilidade de acceso a Internet desde todos os puntos do centro. Infraestruturas Non
Fortaleza C2. Presenza no centro de bos dispositivos dixitais para o ensino e para a aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza A elaboración e posta en marcha dun plan de comunicación para facilitar a labor comunicativa con toda a comunidade educativa. Organización de centro Non
Fortaleza A3. Apoio do equipo directivo para a exploración de novas modalidades de ensino Persoal docente Non
Fortaleza E1. Busca e emprego de recursos educativos en liña por parte do profesorado para o ensino Persoal docente Non
Fortaleza E4. Comunicación fluída coa comunidade educativa a través do emprego de recursos tecnolóxicos. Persoal docente Non
Fortaleza F1. A capacidade de adaptar as tecnoloxías ás necesidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza F3. O fomento da creatividade por parte do alumnado na elaboración de tarefas en formato dixital. Persoal docente Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo para explorar o ensino dixital. Administración educativa Si
Ameaza Preocupación das familias polo uso que se fai dos dispositivos electrónicos e dixitais por parte do alumnado. ANPA Si
Ameaza Carencias na Competencia Dixital das familias. Contorna Non
Ameaza Falta de medios nos fogares para o acceso a dispositivos dixitais. Contorna Non
Ameaza Infraestruturas con deficiencias nas casas do noso alumnado. Contorna Non
Ameaza Problemas de seguridade na rede Contorna Non
Ameaza A constante modificación dos currículos complica a innovación e a implementación na aula de estratexias conxuntas de aprendizaxe, e dificulta a súa consolidación. Lexislación Non
Ameaza O profesorado non emprega ferramentas de colaboración con outras entidades. Outras Non
Oportunidade O emprego de software libre e as ferramentas corporativas. Administración educativa Non
Oportunidade A propia elaboración dos Proxectos Dixitais de Centro e do Proxecto de Comunicación de Centro. Administración educativa Non
Oportunidade Existencia de multitude de recursos dixitais para empregar na aula. Contorna Non
Oportunidade O cambio lexislativo da LOMLOE promove a Competencia Dixital. Lexislación Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fomentar o uso dos dispositivos e ferramentas corporativas: aula vritual, EDIXGAL, Abalar Móbil.
O02PD Fomentar a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares ao longo do curso.
O03PD Elaborar un banco de recursos propios na aula virtual do centro a disposición do clasutro
O04PD Colaborar con outras entidades.
O05PD Crear canles de comunicación entre equipos directivos da mesa contorna.
O06PD Solicitar a renovación dos equipos informáticos do centro.
O07PD Reorganizar os espazos do centro educativo para facilitar o ensino e aprendizaxe das novas tecnoloxías.
O08PD Mellorar a competencia dixital do profesorado.
O09PD Reflexionar sobre a necsidade do desenvolvemento profesional continuo nas TICS.
O10PD Empregar rúbricas para a avaliación de traballos feitos favorecendo a retroalimentación do alumnado en MOODLE.
O11PD Empregar os libros de cualificación de MOODLE ou EDIXGAL.

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

Fomentaremos o uso dos dispositivos e ferramentas corporativas como aulas virtuais, EDIXGAL ou Abalar Móbil. Para isto o claustro creará un compromiso de empregar ditas instruccións con especial atención a aula virtual do centro.

Creación dun grupo de traballo que se encargue de buscar a catalogar recursos dixitais para posteriormente engadilos á aula vritual do centro.

Inventariar o estado do equipamento informático do centro.

Inscrición nunha liña de PFPP axeitada ás necesidades do profesorado. Farase a través dunha enquisa para detectar necesidades en materia dixital.

Matriculación de todo o alumando nos cursos da aula vritual e EDIXGAL correspondentes.

 

2º Trimestre

Creación dos cursos e matriculación do alumnado e do profesorado nos cursos da aula vritual.

Difrundir actividades e proxectos a través da páxina web do centro.

Asegurarse de que o profesorado vaia compartindo recursos a través da páxina web do centro.

Dotar aos espazos que o precisen do equipamento informático axeitado.

 

 

 

3º Trimestre

Subida de actividades aos cursos recentemente creados.

Darlle visibilidade ás producións do alumnado en materia TIC.

Realización de diferentes charlas sobre os perigos na rede.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao longo do curso farase unha avaliación procesual e tamén unha avaliación final que terán en conta os obxectivos establecidos no Plan de Acción.

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Desde o CEIP das Fontiñas facemos a seguinte valoración dos obxectivos propostos no Plan de Acción e posteriormente incorporado ao Plan Dixital do noso centro:

1.- Fomentar o uso dos dispositivos corporativas: Aula Virtual, EDIXGAL, Abalar Móbil. Este obxectivo cumpriuse ao 100%. Tanto profesorado como alumnado empregou as canles mencionados. O EDIXGAL foi o fío condutor para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria a través dos seus convertibles nas aulas. Fíxose unha forte campaña desde o centro para que as familias e o profesorado empregase o Abalar Móbil sendo moi alto o porcentaxe de familias e profesorado que o empregan unicamente como método de contacto e por último o emprego da Aula Virtual do Centro creceu dun xeito amplo no presente curso coa creación de contido útil para o profesorado no día a día ademais da creación de cursos para o alumnado que no sexa EDIXGAL.

2.- Elaboración dun banco de recursos propios na aula virtual do centro á disposición do claustro. Comezouse a crear durante o 1º trimestre por parte do coordinación do equipo TIC unha serie de recursos na aula virtual de centro e nas aulas EDIXGAL de diferentes materias así como a incorporación doutros recursos procedentes da rede ou doutras páxinas corporativas como Agueiro. Obxectivo cumprido.

3.- Fomentar a participación do alumando en proxectos interdisciplinares ao longo de curso. Obxectivo cumprido, o alumnado coa axuda dos seus equipos participou en diferentes proxectos interdisciplinares descubrindo novas funcionalidades e posibilidades.

4.- Colaborar con outras entidades. Obxectivo non cumprido. Este obxectivo foi elaborado co propósito de establecer canles de comunicación entre o equipo directivo con outros equipos da contorna ou con outro tipo de asociacións e institucións coas cales colabora o centro a través de medios dixitais o cal non se puxo en funcionamento.

5.- Solicitar a renovación dos equipos informáticos do centro. Desde comezos do presente curso 22 – 23 foi constante a solicitude de renovación dos equipos informáticos do centro a través da Xefatura de Estudios, Coordinación EDIXGAL e Dirección do centro. Nalgúns casos as demandas foron concedidas de xeito satisfactorio, mentres que noutros casos non se puido completar a renovación solicitada. Obxectivo cumprido.

6.- Reorganizar os espazos do centro educativo para facilitar o ensino e aprendizaxe das novas tecnoloxías. Este obxectivo non foi cumprido dado que polo aumento de matrícula do alumnado non houbo aulas dispoñibles para facilitar o ensino e aprendizaxe das novas tecnoloxías. Hai que ter que dado este hándicap o centro tampouco puido participar na convocatoria dos Polos Creativos.

7.-Mellorar a competencia dixital do profesorado. Este obxectivo foi cumprido en parte xa que desde o centro púxose á disposición do profesorado un PFPP en materia de competencia dixital non chegando a participar a totalidade do profesorado.

8.- Reflexionar sobre a necesidade do desenvolvemento profesional continuo nas TICS. Obxectivo cumprido. Para facer esta reflexión púxose á disposición do profesorado unha serie de enquisas para facer unha sondaxe sobre as inquedanzas do profesorado neste eido; deste xeito esta reflexión fíxose cuantificable.

9.- Empregar rúbricas para a avaliación de traballos feitos favorecendo a retroalimentación ao alumando en MOODLE // 10:- Empregar os libros de cualificación de MOODLE ou EDIXGAL.  Obxectivo cumprido de xeito parcial. Non todo o profesorado que emprega a plataforma EDIXGAL e as ferramentas de Moodle avalían a través da propia plataforma; pola súa banda si hai mestres que o fan, facendo partícipe ao alumnado.

Proposta de mellora
  • Fomentar a formación e a participación do profesorado nos plans de formación propostos en materia dixital.
  • Renovar o equipamento informático do centro dentro das nosas posiblidades.
  • Concienciar da importancia do uso de aplicativos como Abalar, Agueiro, correo electrónico, etc... como ferramentas de comunicación tanto interna como extern
  • Crear contidos e compartilos a través da aula virtual do centro e do entorno virtual de aprendizaxe da plataforma EDIXGAL.
  • Crear redes e canles de comunicación con outros equpos directivos e entidades da contorna.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia para comunicar e difundir o Plan Dixital será a seguinte:
• Publicación do Plan Dixital na páxina web do centro.
• Dar coñecemento do Plan Dixital ao Claustro e Consello Escolar na seguinte xuntanza que levemos a cabo. Tanto Claustro como Consello Escolar deben coñecer en profundidade o Plan Dixital de centro.

Un dos obxectivos que nos propuxemos para este curso 22-23 foi a elaboración dun Plan de Comunicación de centro de xeito que se garanta a difusión Plan de Acción e outros plans e proxectos aos que nosacollamos en base a un protocolo e unha estratexia concreta.