Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Plurilingüe San Bartolomé é un centro rural dunha soa liña que está situado na costa e ben comunicado con vilas próximas como Vilagarcía, Ribadumia e Cambados. A taxa media por aula é de 12 alumnos/as e o nivel socioeconómico da comunidade escolar é de tipo medio.

O noso centro está conformado por tres edificios con aulas amplas para cada grupo e especialidade; deses tres edificios unicamente dous teñen liña de internet que funciona de forma irregular, ao igual que a wifi. As aulas de 5º e 6º de E. Primaria son aulas E-DIXGAL e ABALAR respectivamente.

Posto que a tecnoloxía e un alicerce na realidade actual do mundo laboral, o plan dixital debe contribuír a que os nosos alumnos e alumnas podan acadar un bo nivel de competencia dixital. Temos iniciación a robótica en E. Infantil dende fai varios cursos e participamos no programa “Radio na escola” promovido pola Asesoría de bibliotecas Escolares.

As programacións do curso 2023-2024 non están orientadas a consecución dunha competencia dixital no alumnado posto que xa podemos garantir o desenvolvemento dos proxectos e actividades do centro que levan implícitas o uso das TIC´S, ademais de estar a desenvolver un PFPP sobre competencia dixital polo profesorado.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de tempo para a aprendizaxe da programación e codificación Aprendizaxe para resolver os problemas técnicos que poden xurdir ao utilizar tecnoloxías dixitais. Escaso uso das tecnoloxías dixitais fora do centro con fines de aprendizaxe. Pouco uso da tecnoloxía no fogar para as tarefas escolares. Alumnado Si
Debilidade Pouco uso do abalarMovil. Non hai constancia do nivel da competencia dixital que teñen as familias. Familias Si
Debilidade 1. Brecha dixital: non temos un plan xeneral para axudar aos profesores a enfrontar os desafíos da aprendizaxe mixta. 3.Equipos dixitais insuficientes. 4. Material tecnolóxico que non funciona correctamente. Infraestruturas Si
Debilidade Poder ofertar máis recursos Formación para as familias. Oferta Non
Debilidade Tempo para explorar a ensinanza dixital Sinerxías para a aprendizaxe mixta (colaboración con centros y/o organizacións para apoiar o uso de tecnoloxías dixitais) Falta de tempo para intercambiar experiencias dixitais de aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade Pouco uso das ferramentas dixitais para a avaliación do progreso Pouco uso das tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Pouco uso das tecnoloxías dixitais para a autorreflexión sobre a aprendizaxe do alumnado. Escaso uso da avaliación dixital. O profesorado carece de ferramentas básicas para desenvolver material para a aprendizaxe. Tempo insuficiente para dar retroalimentación ao alumando mediante tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Aprendizaxe e comportamento seguro en internet. Actúa de maneira responsable en internet. Aprende a comunicarse utilizando tecnoloxías dixitais. Aprende e dispón de habilidades dixitais para diferentes materias. Alumnado Non
Fortaleza Bo acceso xeral a dispositivos fóra do centro escolar. Posibilidade de acceso a internet Familias Non
Fortaleza Dispoñemos de asistencia técnica ante problemas coa tecnoloxía dixital. Existen dispositivos dixitais a disposición do alumnado para a aprendizaxe. Hai dispositivos dixitais que o alumnado pode levar a casa cando é necesario. Brecha dixital: medidas para identificar retos. Dispoñemos de espazos físicos que facilitan a ensinanza e o aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Emprego de servizos dixitais educativos corporativos. Equipamento informático propio Infraestruturas Non
Fortaleza Comedor escolar Transporte Equipos tecnolóxicos para o alumnado que carece dos mesmos. ABALAR Divulgación das actividades a través dos blogs e a páxina web do centro para coñecemento das familias Oferta Non
Fortaleza Tempo para explorar a ensinanza dixital Sinerxías para a aprendizaxe mixta (colaboración con centros y/o organizacións para apoiar o uso de tecnoloxías dixitais) Falta de tempo para intercambiar experiencias dixitais de aprendizaxe. Organización de centro Non
Fortaleza Desenvolvemento suficiente da estratexia dixital. Participación para o desenvolvemento profesional continuo relativo á ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Busca de recursos dixitais en liña. Empleo de entornos virtuais de aprendizaxe co alumnado Utilización de tecnoloxías dixitais para a comunicación coa comunidade educativa. Uso de recursos educativos abertos. Adaptación ás necesidades do alumnado Facilita ao alumando as tecnoloxías dixitais para documentar a aprendizaxe. Uso das tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación adecuada ao alumnado. Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de fondos para renovar e mercar equipos dixitais Achegas económicas que recibe o centro. Administración educativa Non
Ameaza Pouca participación familiar na organización. Equipo directivo con pouca experiencia. ANPA Non
Ameaza Non recoñece nin recolle o tempo que o profesorado se forme, actualice e utilice as tecnoloxías dixitais dentro da xornada laboral. Lexislación Non
Oportunidade Oferta programas educativos que promoven a dixitalización dos centros Administración educativa Non
Oportunidade Colabora con actividades co centro. Participación das familias ANPA Non
Oportunidade Recolle a competencia dixital dentro do currículo Existencia dun Plan de Formación do Profesorado no Centro. Lexislación Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
CREAR UNHA AULA ESPECÍFICA DIXITAL, TECNOLÓXICA E DE EXPERIENCIAS CREATIVAS
Aumentar o emprego dos recursos tecnolóxicos do centro

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, rexerase polo seguinte:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa, presentarase e aprobarase dito documento no claustro e consello escolar, así como estará a disposición de toda a comunidade educativa en formato dixital na web do centro, e en formato físico na secretaría do mesmo, en canto sexa posible poder implementalo despois de solucionar os problemas de conectividade do centro.