Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Seguindo o artigo 111 bis da LO 2/2006 o PD do noso centro promoverá os principios de accesibilidade universal e deseño para todas as persoas: en formatos, en contidos, en ferramentas e entornos virtuais de aprendizaxe. A través da aula virtual (en continuo proceso de mellora) o alumnado poderá acceder aos espazos de aprendizaxe virtuais en calquera lugar e momento.

Un dos obxectivos do PD é compensar as desigualdades do noso alumnado por mor das necesidades de aprendizaxe e socioeconómicas, e garantir o dereito á educación en igualdade de condicións.

Especial atención ao uso inaxeitado e de risco na rede das Tics, con programas de prevención.

O Equipo Directivo e o Equipo Tics promoverá a formación do profesorado nestes aspectos.

Será función do director do centro (artigo 132 da Ley Orgánica 2/2006) promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución do PE do centro no que se enmarca este PD de acordo co artigo 121 da mesma Ley Orgánica. Para dar resposta a todo o exposto, este curso, seguindo a disposición adicional quinta da resolución do 17 de Xuño do 2021 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas da ESO no curso 2021-2022, tras constituir o equipo de dinamización do Plan Dixital e seguindo as instrucións do Equipo ADIX de zona elaboramos este documento, segundo as instrucións marcadas na resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan as instrucións para o deseño, elaboración e implementación do PD para o curso 2021-2022.

- CARACTERÍSTICAS SOCIOECONÓMICAS E CULTURAIS DO CONTEXTO DO CENTRO.

O noso centro está situado no concello de Carral, na provincia da Coruña; a 17 km da cidade herculina, na súa área metropolitana, xunto cos Concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada. Segundo datos do IGE de 2020 conta con 6473 habitantes, arredor do 15% da poboación é menor de 18 anos e conta cun 3 % de poboación estranxeira.

O concello ten unha extensión de 48.03 km2 , con oito parroquias: Beira (Santa Mariña), Cañás (Santa Baia), Paleo (Santo Estevo), Quembre (San Pedro), Sergude (San Xián) , Sumio (Santiago), Tabeaio (San Martiño) e Vigo (San Vicente).

A proximidade de Carral con A Coruña, provoca unha mobilidade da poboación coruñesa cara a este conxwllo e un aumento moderado da inmigración. A maior parte da poboación concéntrase nos núcleos de Paleo e Tabeaio., cun considerable medre do centro urbano e das zonas arredor da N-550, que influíu na economía local, sector comercial e de servizos. Consta dun parque empresarial, Os Capelos. É un concello, con industrias (madeireiras, materiais de construción). Tamén áreas máis rurais. Salientar a importancia que segue a ter o sector do pan.

O alumnado provén do centro adscrito CEIP Vicente Otero Valcárcel.Tamén de Concellos limítrofes, das parroquias máis próximas como Sarandós (Abegondo), Santa María de Vigo ou Andeiro (Cambre) e de zonas do Monte Xalo pertencentes a Culleredo ou Cerceda.

En xeral, as familias colaboran e amosan interese pola formación dos seus fillos/-as. Participan dende o Consello Escolar, mais non hai ANPA.

As relacións do centro co Concello foron sempre fluidas. Desde diferentes Concellarías vimos mantendo unha comunicación e colaboración próximas. Destacable o labor dos técnicos de Cultura, Deportes, Educación, Servizos Sociais e Normalización Lingüística. Son numerosas as actividades ofertadas polo Concello ao centro: obradoiros dixitais, conferencias, teatro, actividades musicais... así como a disponibilidade das súas instalacións, brindando sempre apoio a calquera iniciativa do centro educativo.

- CONTRIBUCIÓN DO PD AO PROXECTO EDUCATIVO.

O Ies de Carral nace hai sete cursos da división do CPI existente naqueles intres. A dotación Abalar do CPI pasará ao Ies, a 1º e 2º da ESO. O Plan Tics actual data do curso 18-19. Neste xa está o obxectivo de actualizar estes equipos hoxe obsoletos.

O Ies de Carral é un centro que promove o uso das tecnoloxías como unha ferramenta que contribúe ao desenvolvemento da Competencia Dixital do noso alumnado favorecendo a alfabetización informacional e o uso crítico e ético da información.

Tamén consideramos importante a creación dunha identidade dixital postiva, a prevención de adiccións dixitais e a seguridade na rede e no uso dos dispositivos.

- CONTRIBUCIÓN DO PD Á PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 22/23

O Centro pretende seguir ampliando os obxectivos propostos na PXA deste curso destacando en relación coas Tecnoloxías:

1. Optimizar e mellorar os recursos materiais do centro.

2. Promover a formación do persoal docente en proxectos pedagóxicos de innovación, de participación colaborativa por proxectos e a interdisciplinariedade.

3. Plantexar accións encamiñadas ao uso ético das Tics.

Atendendo a esto, plantexamos os seguintes obxectivos específicos no PD:

1. Mellorar a convivencia no centro formando ó alumnado no uso ético das Tics

2. Mellorar a organización e xestión do centro: este PD, a web do centro para facilitar a información entre toda a comunidade educativa, o uso do correo corporativo, ABALAR..

3. Establecer como prioridade as medidas de apoio ao alumnado con NEE -físicas, psíquicas, sensoriais ou socioeconómicas- compensando as desigualdades coas ferramentas e apoiostecnolóxicos necesarios.

4. Propiciar a innovación pedagóxica de todo o profesorado e fomentar o uso da nosa aula virtual. 5. Optimizar e mellorar os recursos informáticos no centro. 

A partires da resolución do 3 de Setembro do 2021 constituímos o Equipo de Dinamización do Plan Dixital, no que está representado o Equipo Directivo, o das Tics, o da Biblioteca e o de formación do centro, os cales conformaron o grupo de traballo de elaboración do PD. Pediuse asesoramento e formación ao CFR, de aí o PFPP, -que desenvolve a liña de traballo (54)Plan dixital do centro; integración didáctica das TIC; traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais; educación dixital-: C2131165 PFPP 2021/2022 15032923 – IES de Carral, con dúas actividades asociadas: - O grupo de traballo: C2105305- PFPP C2131165 Elaboración do Plan dixital do centro. - O seminario C2106193 – PFPP C2131165 Creación e difusión de contidos dixitais.

Seguimos as directrices do Equipo Adix, facendo reunións periódicas para elaborar os documentos solicitados en cada momento ata a elaboración final en xuño.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida de información previa foi o informe SELFIE, test CDD

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. - Baixa capacitación TIC por parte do alumnado. 2. - Baixa participación alumnado en actividades relacionadas coas TIC. Alumnado Non
Debilidade 1. - Equipos e dispositivos escasos e obsoletos. Infraestruturas Si
Debilidade 1. - Non hai unha retroalimentación adecuada Organización de centro Si
Debilidade 1. - Baixa participación profesorado definitivo en actividades relacionadas coas TIC. 2. - Falta reflexión por parte do profesorado sobre as novas tecnoloxías 3. - Escaseza de proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Fortaleza 1. - Boa disposición a aprender e participar. 2. - Valoración positiva (por parte do alumnado) da aprendizaxe por medio da Aula Virtual. Alumnado Si
Fortaleza 1. - Recursos económicos do centro. 2. - Alumnado trae o propio dispositivo (móbil) Infraestruturas Si
Fortaleza 1. - Emprego das TIC para mellorar a comunicación Organización de centro Si
Fortaleza 1. - Boa disposición a aprender e participar. 2. - Iniciativa e interese polo profesorado -autodidacta, incluso- se ven uns beneficios claros coa súa aplicación nas aulas. 3. - Desenvolvemento profesional continuo. 4. - Participación do profesorado en cursos formación. 5. - Pouco profesorado principiante nas TIC. Persoal docente Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. - Baixa dispoñibilidade horaria para explorar as novas tecnoloxías. 2. - Baixa dispoñibilidade de espazos físicos para albergar e empregar equipos, entre outros. 3. - Falta de compromiso e coaccións por parte das institucións educativas (Xunta/Consellería). Administración educativa Non
Oportunidade 1. - Asistencia técnica UAC. 2. - Plans de Formación do Profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade 1. - Colaboración co Concello de Carral e outras institucións Contorna Non
Oportunidade 1. - Disposición de recursos en liña e abertos. Outras Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Organizar e revisar a dotación Tics do centro
O02PD Completar a dotación Tics necesaria no centro para acadar os obxectivos propostos no Plan Dixital
O03PD Organizar o funcionamento e actividades do Equipo Tics
O04PD Revisar, poñer en funcionamento e empregar pedagóxicamente os encerados dixitais
O05PD Organizar e xestionar a aula virtual do centro para favorecer a accesibilidade.
O06PD Recoñecer prácticas non axeitadas no uso da rede. Plaxio e redes sociais.

Seguimento

Procedemento
  • Mediante as táboas de concreción dos obxectivos e as accións encamiñadas a levalos a cabo. Nesas táboas iremos reflectindo o estado das accións e a valoración de cada unha delas.

    Ao final de cada trimestre faremos unha avaliación das accións cubrindo as táboas do PD.

 

  • Mediante o análise das actas de reunións dos diferentes equipos que participen nas diferentes accións a levar a cabo. Veremos que puntos se trataron, os acordos aos que se chegou e que estean cumpridos os compromisos adquiridos periodicamente.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
  • Mediante enquisas aos membros da comunidade educativa valoraremos o grado de adquisición dos obxectivos plantexados.

  • Unha vez rematado o curso faremos unha memoria do PD que formará parte da Memoria Anual do curso.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A principio do curso 2022-23 os pasos a seguir e as canles para a difusión do documento serán os seguintes:

En relación ao profesorado:

1. Informar da existencia do Plan Dixital na primeira CCP e Claustro do Curso.

En relación ao alumnado e familias e comunidade educativa:

1. Difusión na páxina web do Centro.

2. Informar da súa existencia no Consello Escolar do Centro e as canles onde se pode consultar.

3. Presentar nas titorías ao alumnado.

4. Informar ás familias nas reunións iniciais de curso.