Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Breve xustificación:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Contextualización do Plan Dixital no centro.Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

  • Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro:

O IES Punta Candieira é un centro público de Educación Secundaria e Formación Profesional dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (Xunta de Galicia), cunha longa traxectoria impartindo docencia no marco de Educación Secundaria  e da F P.
Situado en Cedeira (A Coruña), o centro conta cunha ampla oferta educativa centrada na diversidade e compensatoria das desigualdades que supón ser centro de zona rural, dando resposta a necesidades de formación do alumnado do pobo e localidades próximas (concellos de Cariño, Ortigueira, Cerdido, San Sadurniño, Moeche...), cunha variada oferta en educación regrada á que se suma formación complementaria en linguas estranxeiras.

  • Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo.

O IES Punta Candiera participa actualmente nos seguintes programas: Proxecto Edixgal, Polos Creativos, Plan Dixital de Centro, Internacionalización do centro educativo, Plan de mellora do Centro, Convivindo en igualdade, Dinamización da Biblioteca Escolar, etc.
Co plan dixital trataranse de potenciar e mellorar as vías de comunicacións telemáticas, empregadas para favorecer o Plan de Atención a Diversidade.

O presente PD ten unha clara relación co proxecto Edixgal, contando que o alumnado dispón de medios informáticos en todos os cursos da ESO, deste xeito poderán levarse a cabo as medidas expostas no punto 3, Plan de Acción.

  • Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24.

O centro educativo ten como obxectivo principal e superior a formación do alumnado en competencias profesionais, pero sin esquecer a formación social, educando cidadáns en valores. Para isto a programación xeral anual propón unhas liñas de actuación no tocante a tecnoloxía e os usos dixitais, pero dun xeito xenérico, sin concretar en accións. Incidese nas competencias dixitais pero non se especifica nada en concreto para a formación de alumnado e profesorado.
O PD vén a servir de nexo de unión entre os diferentes programas nos que participa o centro e os obxectivos globais, presentando acción concretas a realizar, coas correspondentes métricas e marcas a perseguir.

 

Proceso de elaboración

O equipo do curso 23/24 está composto 9 docentes do claustro de distintos departamentos. Durante o curso 21/22 o traballo realizado fíxose por fases:

ANÁLISE E DIAGNOSE DE SITUACIÓN DOS CENTROS

  1. Presentación do centro na aula virtual do Adix Ferrol 2.

  2. Dada de alta na aplicación Selfie e proposta das preguntas personalizadas.

  3. Lanzamento das enquisas Selfie para o claustro e alumnado do centro.

  4. Informe dos resultados Selfie.

  5. Lanzamento do test de competencias dixitais docentes desde Fprofe.

  6. Informe do test CDD.

  7. Realización do DAFO coa información recollida.

     

DESEÑO E ELABORACIÓN DO PLAN DIXITAL

  1. Realización e entrega dos obxectivos do plan de acción.

  2. Elaboración do plan dixital de centro.

 

No curso 22/23 o equipo do Plan Dixital estaba composto  por 8 docentes de distintos departametos e niveis educativos.

Como xa se comentou con anterioridade neste apartado, no curso 2023/2024 o equipo do Plan dixital está composto por 9 docentes de distintos departamentos (Matemáticas, Bioloxía e xeoloxía, Electricidade, Comercio, Tecnoloxía e Mantemento) e niveis educativos (Secundaria e Bacharelato e Formación Profesional) .

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O proceso de análise DAFO levouse a cabo co informe SELFIE e o test CDD no curso 2021-2022.

No curso 2022 - 2023 traballáronse os obxectivos marcados no curso anterior despois do análise DAFO.

No curso 2023 - 2024, despois de analizar as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades, vemos que e os obxectivos marcados en cursos anteriores seguen vixentes.

Interno
29 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade (F4) Falta de implicación na ESO Alumnado Si
Debilidade (G10) Avaliación das capacidades desenvolvidas fora do centro na ESO Alumnado Si
Debilidade (C13) Dispoñer de dispositivos propios na ESO e BAC Alumnado Si
Debilidade (F7) Proxectos interdisciplinares en FP Alumnado Non
Debilidade (G6) Comentarios a otros/as compañeiros/as sobre o seu traballo en BAC e FP Alumnado Non
Debilidade (H11) Aprender a codificar ou programar na ESO e FP Alumnado Non
Debilidade (F6) Dificultade nos proxectos interdisciplinares na ESO e en BAC Persoal docente Si
Debilidade (A1) Descoñecemento da estratexia dixital na ESO. Persoal docente Non
Debilidade (B1) Avaliación do progreso en BAC Persoal docente Non
Debilidade (B2) Debate sobre o uso da tecnoloxía en FP Persoal docente Non
Debilidade (B4) Dificultade para desenvolver a ensinanza mixta na ESO Persoal docente Non
Debilidade (C13) Dispoñer de dispositivos propios na ESO, BAC Persoal docente Non
Debilidade (C14) Falta de espazos físicos en BAC Persoal docente Non
Debilidade (E3) Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe na ESO Persoal docente Non
Debilidade (F8) Orientación profesional en FP Persoal docente Non
Fortaleza (C10) Dispositivos para o alumnado de ESO do centro Alumnado Non
Fortaleza (C13) Traer dispositivo propio en FP Alumnado Non
Fortaleza (F1) Adaptación as necesidades do alumnado de ESO Alumnado Non
Fortaleza (H10) Habilidade dixital para diferentes materias de FP Alumnado Si
Fortaleza (E3) Emprego en entornos virtuais de aprendizaxe en FP. Alumnado Non
Fortaleza (A3) Novas modalidades de ensino en FP Organización de centro Non
Fortaleza (H8) Aprender a comunicarse Organización de centro Non
Fortaleza (A5) Coñecemento da normativa de dereitos de autor en ESO e BAC. Organización de centro Non
Fortaleza (C2) Dispositivos dixitais para o ensino en BAC. Organización de centro Non
Fortaleza (E4) Comunicación coa comunidade educativa na ESO Organización de centro Non
Fortaleza (F1) Adaptación ás necesidades do alumnado de BAC e FP Organización de centro Si
Fortaleza (G9) Emprego de datos para mellorar a aprendizaxe na ESO Organización de centro Non
Fortaleza (G7) Avaliación dixital en BAC e FP Persoal docente Non
Fortaleza (H10) Habilidades dixitais para diferentes materias de BAC Persoal docente Non
29 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza (H13) Resolver problemas técnicos en ESO, BAC e FP Administración educativa Si
Ameaza (A4) Falta de tempo para a ensinanza dixital en ESO e BAC Administración educativa Si
Ameaza (D3) Intercambio de experiencias en DPC en BAC Administración educativa Si
Ameaza (D1) Necesidades de DPC en ESO Administración educativa Si
Oportunidade (E1) Recursos educativos en liña en ESO, BAC e FP Administración educativa Si
Oportunidade (D2) Participación en DPC en BAC e FP Administración educativa Non
Oportunidade (C17) Base de datos de proveedores de formación en FP Contorna Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Remitímonos aos puntos Externos e Interno anteriores.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Continuar na mellora dos proxectos interdisciplinares
O2PD Renovar grupos de traballo para a resolución de problemas técnicos e mantemento do centro.
O3PD Continuar proporcinando información ao claustro do número de cursos de formación
O4PD Seguir a fomentar a comunicación a nivel grupo mediante os foros
O5PD Continuar facilitando a enseñanza dixital
O6PD Seguir coa mellora da aprendizaxe individual atendendo á diversidade

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución dos obxectivos consistirá en:

- A avalición procesual terá unha frecuencia mínima dunha vez ao trimestre. Análise da execución das acción, a Análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificación das acción e das por postas de mellora.

- A avaliación final terá unha frecuencia mínima dunha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logros dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Obxectivo 1:

    AO1.1: Realiza nos prazos esixidos pola Administración

    AO1.2: Realizáronse distintas actividades colaborativas propostas por parte do profesorado:

               - Celebración do Samaín              

               - Celebración da Semana da Ciencia (Novembro)

    AO1.3. Realizada a principos de curso na Aula Virtual do centro.

Obxectivo 2:

    AO2.1. Acción realizada a principios de curso

    AO2.2. Acción realizada durante todo o trimestre.

Obxectivo 3:

    AO3.1.Acción realizada ao longo de todo o trimestre.

    A03.2. Proporcionouse información específica aos membros do claustro que assí o solicitaron.

Obxectivo 4:

     AO4.1. Realizáronse dúas propostas grupais: Semana da Ciencia e Samaín.

     AO4.2. Pouca participación do alumnado nos foros.

Obxectivo 5:

     AO5.1. Equipo creado no mes de setembro.

     AO5.2. Foro creado no mes de setembro.

Obxectivo 6:

     AO6.1. Enquisa non realizada. Farase no 2º trimestre.

     AO6.2. Realizarase no 3º trimestre.

 

2º Trimestre

Obxectivo 1:

    AO1.1: Realiza nos prazos esixidos pola Administración (1º trimestre)

    AO1.2: Realizáronse distintas actividades colaborativas propostas por parte do profesorado:

               - Día de Rosalía        

               - Día do número Pi

    AO1.3. Realizada no 1º trimestre

Obxectivo 2:

    AO2.1. Acción realizada no 1º trimestre

    AO2.2. Acción realizada no 1º trimestre

Obxectivo 3:

    AO3.1.Acción realizada ao longo de todo o trimestre.

    A03.2. Proporcionouse información específica aos membros do claustro que así o solicitaron.

Obxectivo 4:

     AO4.1. Realizáronse dúas propostas grupais: Día de Rosalía e Día de pi

     AO4.2. Pouca participación do alumnado nos foros.

Obxectivo 5:

     AO5.1. Realizada no 1º trimestre

     AO5.2. Realizada no 1º trimestre

Obxectivo 6:

     AO6.1. Enquisa non realizada. Pospúxose para o 3º trimestre.

     AO6.2. Realizarase no 3º trimestre.

3º Trimestre

Obxectivo 1: Acadado

- AO1.1: Realizada no 1º trimestre

- A01.2: Realizada ao longo de todo o curso académico:

  • Día de Rosalía
  • Día de Pi
  • Día das Letras Galegas, etc

- AO1.3: Realiazada no 1º trimestre

Obxectivo 2: Acadado

- AO2.2: Realizada no 1º trimestre

- AO2.2: Realizada durante todo o curso académico.

Obxectivo 3: Acadado

- AO3.1: Realizada no 1º trimestre

- AO3.2: Realizado durante todo o curso académico

Obxectivo 4: Non acadado

- AO4.1: Participación baixa

- AO4.2: Participación baixa

Obxectivo 5: Acadado ao 50%

- AO5.1: Realizado no 1º trimestre

- AO5.2: Acción realizada pero o impacto é practicamente nulo

Oxectivo 6: Non acadado

AO6.1: Non feita debida ao bo nivel dixital do 80% do profesorado.

AO6.2: Non feita debido ao bo nivel dixital do 80% do profesorado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

De forma xeral, todos os obxectivos foron acadados. Cabe destacar que:

  • O Obxectivos 5 recibiu unha baixa colaboración por parte do claustro o que fixo que se acadara unha porcentaxe menor da esperada. Isto débese a que a a acción AO5.1 (creación dun equipo de persoal docente dirixido a resolver dúbidas TIC) se realizou con éxito, pero a acción AO5.2 (Creación dun foro na Aula Virtual para todo o claustro enfocado ao intercambio de información para xerar recursos en liña) non tivo impacto debido a nula colabración do persoal docente.
  • No que respecta ao Obxectivo 6 cabe destacar que non se realizaron as enquisas inicial e final asociadas as accións AO6.1 e AO6.2, polo bo nivel dixital do 80 % do profesorado.
  • Tamén nos gustaría destacar a consecución do Obxectivo 2. Os grupos e subgrupos constituídos para resolver incidencias TIC foron moi activos e eficientes ao longo de todo o curso, resolvendo os problemas que ían xurdindo con moita eficiencia. Tamén funcionou moi ben o foro creado para comunicar as distintas incidencias aparecidas.

Hai que recordar que este plan consta de 5 cursos académicos, empezando no curso 2021/2022. O presente curso é o terceiro ano do desenvolvemento do Plan Dixital de Centro, polo que se espera que a consecución dalgún dos obxectivos sexa de maneira parcial.

Proposta de mellora

No Plan dixital do curso 2022/2023 a proposta de mellora era que se tomarían medidas para conseguir unha maior colaboración por parte da comunidade educativa.

Algunhas desas medidas que se tomaron foron moi efectivas (infografías, carteis informativos...). Conseguiuse que máis membros da comunidade educativa colaborasen, pero pensamos que aínda hai que conseguir unha colaboración maior.

Outra proposta de mellora é cambiar, ou incluso suprimir algún dos obxectivos, como por exemplo o obxectivo 6, xa que a comunidade educativa estase a formar en competencias dixitais e, segundo pasa o tempo, está máis preparada.

Consideramos que o Plan Dixital de Centro é un plan dinámico, que debe evolucionar co tempo, polo que debemos valorar novas necesidades e establecer obxectivos realistas e renovados.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O PLAN DIXITAL "cólgase" na páxina web do centro informando a toda a comunidade educativa.

No claustro de principio de curso informouse a todo o profesorado de cómo e onde acceder ao citado documento.