Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Plurilingüe de Carnota está situado na Praza de San Gregorio nº 20 de Carnota. Os teléfonos de contacto son os 881866795-881866796. O correo electrónico é ceip.carnota@edu.xunta.gal e a páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarnota/Este centro conta coa etapa de Educación Infantil e Primaria. O profesorado está formado por 13 mestres e mestras, con destino definitivo no centro. Profesorado de Relixión e AL itinerantes procedentes doutros centros e provisionalmente profesorado ARCO e dúas mestras para a terceira unidade de E. Infantil e Apoio a Infantil. A poboación ten unha tendencia a diminuír dado o alto porcentaxe de xente maior. Os sectores predominantes son o sector primario (sobre todo relacionado coa pesca) e o sector servizos, aínda que hai algunhas empresas relacionadas coa produción de peixe e a conserva. O nivel socioeconómico é medio-baixo.

A relación coas familias é especialmente dinámica na maioría dos casos, e especialmente coa ANPA. Sinalar que o centro ten tradición na escolarización de alumnado con Necesidades Educativas Especiais, sendo unha das nosas liñas prioritarias a atención á diversidade e a integración, así como a igualdade entre homes e mulleres, o respecto á diversidade racial, cultural e relixiosa. Nos últimos cursos estase a fomentar a colaboración e comunicación recíproca familia-escola.

O Plan Dixital contribuirá á dar resposta aos plantexamentos metodolóxicos propostos no PEC do Centro, a través dunha actualización a través da formación do profesorado que permita unha implantación de novas metodoloxías activas baseadas no emprego das novas tecnoloxías. O centro xa forma parte da Rede de Centros EDIXGAL e participa no PLAMBE, o que posibilita novas ferramentas pedagóxicas e metodolóxicas.  A pretensión deste Plan dixital é contribuír tamén a favorecer cambios metodolóxicos e aportar ferramentas que contribúan activamente a solventar as dificultades e necesidades que se reflictan na memoria final deste curso no momento de elaborar a Programación Xeral Anual para o curso 2022/23. 

No centro creouse un grupo de traballo dentro do Plan de Formación do Profesorado do centro, que xunto co asesoramento da mentora da Rede Galega Dixitalgal estableceu as reunións de traballo precisas, adecuando os tempos á posta a disposición dos centros das ferramentas SELFIE e o Test CDD que foron referentes para establecer o punto de partida.  No 1º trimestre co asesoramento da mentora do ADIX Vimianzo, Patricia Túnez, realizouse a avaliación inicial, primeiro cunha valoración do equipo do plan de formación e despois co emprego da ferramenta SELFIE, así como sesións de asesoramento e videoconferencias por parte do ADIX Vimianzo. No 2º trimestre fíxose a valoración dos resultados SELFIE e empregouse o test CDD para coñecer a competencia dixital do profesorado do centro, continuando o asesoramento do ADIX Vimianzo. No 3º trimestre procedeuse a realizar as táboas de accións e redactouse o Plan dixital. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para levar a cabo a avaliacion inicial da dixitalización do centro utilizamos a ferramenta de autoavaliación SELFIE, da Comisión Europea, que proporciona un informe de situación do mesmo. Ademáis tamén se empregou o Test CDD para avaliar a competencia dixital dos mestres e mestras. A parte de toda a información obtida coas dúas ferramentas citadas para a elaboración do DAFO, contamos tamén co asesoramento da persoa mentora e dos membros do EDPD. Cabe sinalar que os datos do SELFIE ás veces son sesgados e requiriron de interpretación, das persoas antes mencionadas, para facer unha interpretación da situación real do centro.

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Parte do alumnado ten experiencias coas novas tecnoloxías sen supervisión e control por parte de adultos. Familias Non
Debilidade C5 -Asistencia técnica, moitas veces ocupa o tempo da dirección do centro. Infraestruturas Si
Debilidade C1-C2-C3 Equipamento e acceso a internet. Equipos anticuados, con moitos fallos habituais de funcionamento, deficiente conexión por cable ou wifi. Infraestruturas Non
Debilidade A1: Falta de estratexia dixital no centro. Organización de centro Non
Debilidade A5: Pouco emprego no centro de software libre e si de ferramentas non corporativas e servidores externos. Organización de centro Si
Debilidade A4: O profesorado non ten tempo para explorar como mellorar o seu método de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Uso deficiente ou escaso por parte do profesorado de ferramentas corporativas. Persoal docente Non
Debilidade Falla de formación básica por parte do profesorado para configurar equipos (conexión á rede, aplicativos, axustes de sistema...) especialmente na contorna Abalar. Persoal docente Non
Debilidade Alta porcentaxe do profesorado definitivo no centro en idade próxima á xubilación desmotivado ante os novos retos que se lle presentan en canto a dixitalización do proceso de ensino-aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade Tendo en conta o Test CDD, o profesorado debe mellorar a sua competencia dixital. Persoal docente Non
Debilidade C7: O profesorado non dispón das nocións básicas sobre a protección de datos e os dereitos de autor Persoal docente Si
Debilidade Moi pouco persoal non docente e sen formación en novas tecnoloxías. Non empregan nin teñen acceso a ferramentas institucionais. Persoal non docente Non
Fortaleza A maioría das familias ten instalado Abalar Móbil e o emprega para a comunicación bidireccional. Familias Non
Fortaleza C8. A participación en EDIXGAL, xunto coa doazón dalgúns equipos, permiten contar con dispositivos suficientes para o ensino-aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza A3: O profesorado conta co apoio do Equipo directivo para probar novas formas de ensinanzas con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza D2: Tanto o equipo directivo como o profesorado afirman ter acceso a posibilidades de PDC no relativo a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C5 Asistencia técnica que exclúe equipos non procedentes da dotación da propia Consellería, que supón restar recursos educativos mesmo só en presupostar arranxos. Administración educativa Non
Ameaza Falla de reposición de equipos avariados e dados de baixa, así como de substitución dos equipos obsoletos. Administración educativa Non
Ameaza Propostas de formación suxeitas á voluntariedade do profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Instauración da tarxeta dixital do persoal docente sen rematar. Administración educativa Non
Ameaza A dispersión dos fogares, quedando moitos fora de cobertura por fibra e mesmo con dificultade con outros sistemas. Contorna Non
Ameaza A realidade social das familias, cun nivel socioeconómico medio-baixo, que limita o acceso ás novas tecnoloxías. Contorna Non
Ameaza A idade do alumnado impide que poidan contar cunha conta de correo electrónico, o que limita a proposta de actividades. Lexislación Non
Ameaza Normativa que limita a adquisición de equipamentos por parte dos centros de EI e EP. Lexislación Non
Ameaza Normativa sobre constitución de equipos, que regula a existencia dos mesmos pero non establece canles para obrigar ao profesorado a pertencer a ditos equipos, o que supón sobrecarga en parte do profesorado con mellor vontade. Lexislación Non
Ameaza Falla de lexislación que contemple a figura de responsable TIC con recoñecemento no horario de tempo para o desempeño das funcións propias. Especialmente de modificación e actualización do ROC. Lexislación Non
Oportunidade O programa Edixgal, xunto con outras iniciativas, facilitan a implementación das novas tecnoloxías. Administración educativa Non
Oportunidade Temos a nosa disposición a figura de mentor Adix para a elaboración do plan dixital. Administración educativa Non
Oportunidade A administración educativa aposta polo Plan Dixital. Administración educativa Non
Oportunidade A Consellería está facendo un gran investimento neste proceso e é unha boa oportunidade para cambiar e mellorar as cousas. Administración educativa Non
Oportunidade A boa disposición para colaborar co centro, desde a difusión de iniciativas e información, proposta de actividades, etc. ANPA Non
Oportunidade Posibilidade de colaboración con empresas consolidadas na zona. Contorna Non
Oportunidade O cambio lexislativo que supón o cambio do currículo que esixirá o emprego de novas ferramentas e a formación correspondente. Lexislación Non
Oportunidade A colaboración desde os Servizos Sociais do Concello que axudan ás familias con menos recursos incluso na dotación de tecnoloxía dixital. Outras Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Para elaborar o Plan de Acción tivemos en conta toda a información prioritaria para o noso centro. A proposta parte da realidade actual do centro, tentando actuar sobre aqueles aspectos nos que os indicadores dan resultados máis baixos, e cunha perspectiva obxectiva e alcanzable nun curso, evitando espectativas moi altas dado que somos conscientes de que o primeiro ano de aplicación será máis complicado dada a inexperiencia ante o reto. Tentamos planificar aqueles que entendemos máis prioritarios, pero é obvio que teremos que plantexar no futuro outros plans de acción distintos e que foron relegados atendendo a ditas prioridades.

En primeiro lugar consideramos imprescindible establecer nocións básicas sobre a protección de datos e os dereitos de autor entre o profesorado e implementar o emprego de ferramentas institucionais e software libre. Outro aspecto que consideramos importante e crucial é dispoñer no centro de asistencia técnica suficiente que nos aforre tempo a hora de atopar incidencias. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD C7: Establecer nocións básicas sobre a protección de datos e os dereitos de autor entre o profesorado
O2PD A5: Implementar o emprego de ferramentas institucionais e software libre entre o profesorado
O3PD C5: Dispoñer de asistencia técnica suficiente no centro

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:
Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase unha revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 22-23. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados
correspondentes de cada unha das taboas do pian de accion para o seu cumprimento.

1º Trimestre

Logo da enquisa pasada a todo o profesorado, detectamos que o coñecemento sobre licenzas de autor e ferramentas corporativas era inferior ao grao de se esperaba (70%) polo que se elaborou material  e levouse  a cabo unha sesión de formación para dalo a coñecer. Actualmente está aloxado na aula virtual do centro.

2º Trimestre

Neste segundo trimestre púxose o foco na utilización das ferramentas corporativas de comunicación. A totalidade do claustro emprégaas se ben é certo que non o fan con todas elas por igual. Podemos dicir que o obxectivo que tíñamos proposto neste apartado foi acadado.

Asemade fixemos un PFPP no que houbo dúas sesións de docencia  de h5p nas que participou a maioría do claustro.

3º Trimestre

No terceiro trimestre e coincidindo co reemplazo das pantallas por  paneis dixitais, elaborouse unha pequena guía de uso e exemplificouse cómo poñelos en marcha.

Seguimos a demandar mais asistencia técnica por parte da administración, xa que moitas veces temos que deixar a nosa labor como docentes para actuar como técnicos/as  en momentos determinados (sobre todo cando temos que ser as  "mans" da UAC).

Este obxectivo non está acadado polo de agora.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:
Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase unha revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 22-23. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados
correspondentes de cada unha das taboas do pian de accion para o seu cumprimento.

Valoración xeral

No que que respecta á valoración do Plan Dixital do noso centro, comentar que se levou a cabo na súa totalidade. Os obxectivos realizados axudaron a potenciar distintos aspectos relacionados sobre todo con: infraestrutura tecnolóxica, formación en competencia dixital do profesorado a través dos PFPP e así mesmo, afondar na formación e competencia dixital do noso alumando.

A avaliación do desenvolvemento do plan dixital debe ter en conta os resultados e o impacto na aprendizaxe dos estudantes, así como a experiencia e a retroalimentación dos docentes, pais e outros actores chave. Ao ser este o primeiro Plan Dixital que desenvolvemos os indicadores que permiten esta retroalimentación son moi sutís e haberá que agardar a vindeiros cursos nos que voltemos a realizar un exercizo SELFIE de autoavaliación da situación dixital da comunidade educativa.

Continuaremos traballando neste liña a través da elaboración de novos obxectivos para o vindeiro curso 23-24 sendo prioridade para nós seguir afondando na formación do profesorado e do noso alumnado.

 

Proposta de mellora

De cara o vindeiro curso, consideramos tras a experiencia deste, centrarnos en menos aspectos e adicarlle máis tempo. Moitas veces a carga burocrática a que estamos sometidos non nos permite afondar como quixéramos en moitos aspectos. Tamén consideramos necesario darlle un cambio as formacións que se leven a cabo no ámbito dixital, buscar a práctica continua do aprendido para que non quede nun mero curso todo os conceptos.

Como propostas de mellora de cara ao curso vindeiro  teremos en conta as seguintes: 

  • Recordar o protocolo de proteccións de datos e dereitos de autor a principio de curso.
  • Continuar con formación sobre o Plan Dixital a través de PFPP/Grupo de traballo e centrándonos na elaboración de contidos multimedia.
  • Dinamizar a páxina web do centro..
  • Fornecer de mais recursos de utilidade a aula virtual do centro.
  • Extender as ferramentas de comunicación corporativas entre a totalidade do claustro.
  • Coomezar o inventariado dixital cando a aplicación estea dispoñible.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do noso centro enviarase o claustro e ao Consello Escolar vía correo electrónico. Logo será aprobado en Consello Escolar e publicado na web do centro para a difusión entre a Comunidade Educativa.

Enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarnota/system/files/PlanDixital_15002761_CEIPPluriling%C3%BCeCarnota_0.pdf