Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación co grao de consecución de obxectivos nos seguintes contextos será:
- No contexto da avaliación procesual:
Avaliaranse o estado da execución das accións, dos Obxectivos SMART incluídos no Plan, a análise e valoración dos resultados, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora, como mínimo, unha vez ao trimestre.
- No contexto da avaliación final mediante diversos instrumentos tales como enquisas, cuestionarios, debates... para a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora ao finalizar o curso. Concretando o anterior, cada un dos Obxectivos propostos neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo foi alcanzado e se é necesario realizar variacións na formulación destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen. Coa análise destes indicadores, elaborarase un informe avaliativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores, aspectos que se incluirán na Memoria Final do centro.
A01.1: Determinar as actividades/celebracións que tendo carácter non obrigatorio, sexan relevantes para a aprendizaxe. PENDENTE DE ACTUALIZACIÓNS SOBRE O SEGUIMENTO NO ÚLTIMO CLAUSTRO
AO1.2: Establecer horarios para a reunión dos grupos de traballo para a procura de novas tecnoloxías dixitais. REALIZADA
AO2.2: Realizar e enviar a solicitude de información sobre a posibilidade de licencias de ofimática e/ou sistema operativo Windows e outros programas. REALIZADA
AO3.2: Realizar a solicitude formal para a renovación dos ordenadores incluíndo o inventario actualizado e o uso detallado da Aula. REALIZADA
AO4.1: Solicitar formalmente información sobre programas e ferramentas dixitais comunicativas autorizadas. REALIZADA
AO4.2: Redactar e distribuír a lista de programas e apps autorizadas entre os docentes. REALIZADA
AO5.1: Organizar un grupo de traballo para a creación inicial da biblioteca online na Aula Virtual do centro. PARCIALMENTE PENDENTE
AO5.2: Presentación da nova biblioteca virtual ao claustro e explicación do seu uso. PARCIALMENTE PENDENTE
AO6.1: Crear un grupo de traballo para deseñar actividades e chegar a acordos. PARCIALMENTE PENDENTE
AO5.1: Organizar un grupo de traballo para a creación inicial da biblioteca online na Aula Virtual do centro. REALIZADA
AO5.2: Presentación da nova biblioteca virtual ao claustro e explicación do seu uso. PARCIALMENTE PENDENTE
AO6.1: Crear un grupo de traballo para deseñar actividades e chegar a acordos. PARCIALMENTE PENDENTE
AO6.2: Ensinar ao alumnado un axeitado uso de internet e das apps/webs/programas a empregar. PARCIALMENTE PENDENTE
A01.1: Determinar as actividades/celebracións que tendo carácter non obrigatorio, sexan relevantes para a aprendizaxe. PENDENTE DE MELLORA PARA O PRÓXIMO CURSO
AO1.3: Poñer en común as diferentes tecnoloxías dixitais de traballo empregadas nos ciclos. REALIZADA
AO2.1: Revisar e imprimir o inventario de ordenadores de uso docente do centro, con licenza de Office e/ou Windows. REALIZADA
AO2.3: No caso de concesión de licencias, instalar os programas e/ou activar as licenzas nos ordenadores do profesorado. REALIZADA (NON SE CONCEDEN LICENZAS)
AO3.1: Revisar e imprimir o inventario de ordenadores da Aula de Informática, incluíndo características técnicas e necesidades mínimas de actualización. REALIZADA (pero pendende da plataforma INVENTARIO da administración)
AO3.3: Agardar resposta, e instalar o novo equipamento de ser afirmativa. REALIZADA
A04.3: Decidir e tomar acordos na concreción de apps e programas a empregar segundo a súa función. REALIZADA
AO5.2: Presentación da nova biblioteca virtual ao claustro e explicación do seu uso. PARCIALMENTE REALIZADA (feita a formación do profesorado pero falta formación do alumnado)
A05.3: Seguimento e avaliación da biblioteca online na AULA VIRTUAL do centro. REALIZADA
AO6.3:Creación de contidos dixitais de forma autónoma e publicación na Aula Virtual. PARCIALMENTE REALIZADA (rematar no próximo curso)
AO6.1: Crear un grupo de traballo para deseñar actividades e chegar a acordos. PARCIALMENTE REALIZADA (rematar no próximo curso)
AO6.2: Ensinar ao alumnado un axeitado uso de internet e das apps/webs/programas a empregar. PARCIALMENTE REALIZADA (rematar no próximo curso)
Avaliación
O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación co grao de consecución de obxectivos nos seguintes contextos será:
- No contexto da avaliación procesual:
Avaliaranse o estado da execución das accións, dos Obxectivos SMART incluídos no Plan, a análise e valoración dos resultados, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora, como mínimo, unha vez ao trimestre.
- No contexto da avaliación final mediante diversos instrumentos tales como enquisas, cuestionarios, debates... para a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora ao finalizar o curso. Concretando o anterior, cada un dos Obxectivos propostos neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo foi alcanzado e se é necesario realizar variacións na formulación destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen. Coa análise destes indicadores, elaborarase un informe avaliativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores, aspectos que se incluirán na Memoria Final do centro.
Finalmente, pódese confirmar que o Plan Dixital de Centro é unha ferramenta válida para a actualización dixital necesaria dos centros educativos. Iso sí, a figura do/a coordinador/a faise necesaria e imprescindible para orientar ao claustro nas accións a levar a cabo trimestre a trimestre.
Coordinar o Plan Dixital é imprescindible e pode que 1 sesión semanal para dita coordinación non sexa suficiente.
Para a seguinte versión do Plan Dixital, correspondente ao próximo curso, deberíanse revisar aspectos que na primeira versión non se puideron conseguir (cómo a redución das actividades complementarias e extraescolares, optar ao 100% polas alternativas corporativas e de código aberto proporcionadas pola administración, e formar ao alumnado para que sexa creador dos seus propios recursos dixitais)
En relación directa co anterior, sería conveniente proporcionar ao profesorado formación específica e profunda sobre ditos programas e aplicacións. (Quizáis dende o PFPP)
Comunicación e difusión
Para a difusión do Plan Dixital de Centro, logo da súa aprobación polo Claustro e o Consello Escolar, subirase á WEB oficial do centro e avisarase ás familias mediante unha mensaxe por WEBEX para que todas aquelas que así o queiran facer poidan consultar o Plan.
Enlace á WEB do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoteropedraio/
Enlace directo ao Plan Dixital V.1 (2021-2023): http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoteropedraio/system/files/CEIP%20Ram%C3%B3n%20Otero%20Pedrayo_PlanDixital_V1.0.pdf