Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP O Cantel conta coas etapas educativas de infantil e primaria. Actualmente forman parte del 21 docentes e 195 alumnos/as. Conta cos servizos complementarios de comedor escolar de xestión directa e transporte escolar. En canto ás características socioeconómicas e culturais do contexto do centro comentar que a zona de influencia do centro abrangue tanto zonas do casco urbano como diferentes parroquias do concello. Nos derradeiros anos estamos notando un incremento de alumnado procedente do casco urbano e das súas zonas periféricas debido ao incremento de novas edificacións nestas zonas. Esta nova situación debemos tela en conta dado que levou aparellado un descenso do alumnado procedente do rural.

En canto á actividade económica a maioría das familias están a desenvolver a súa actividade profesional no sector servizos. No que se refire á comunidade escolar, a idade dos proxenitores está comprendida entre os 25 e 45 anos e posúen un grao de formación media. Predominan as familias con 1 ou 2 fillos/as nas que habitualmente traballan os dous membros da unidade familiar, o que implica que moito do noso alumnado quede ao cargo dos avós. Debemos ter en conta tamén que contamos con alumnado inmigrante, maioritariamente de orixe marroquí. A lingua materna predominante no centro é o galego.

O Proxecto Educativo de centro pasará a incluir o Plan Dixital no seu Capítulo III dentro do apartado Plans e Programas, tal e como se recolle no artigo 30.1 do Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, así como no artigo 34.1 do Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

O centro participa no Proxecto E-Dixgal dende o curso 19/20. O Plan Dixital formará parte da Programación Xeral Anual deste curso 23/24, momento no cal se implementará dito plan e se levarán a cabo todas as accións estipuladas nel. O Plan Dixital de centro concíbese como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes.

Para a elaboración do plan dixital 1.0 realizouse a análise da situación de partida a través da ferramentade autoavaliación SELFIE e do test CDD, para poder ter unha diagnose clara para o posterior deseño e elaboración do plan dixital.A implementación efectiva deste plan produciuse no curso 22/23 e estivo sometido a un proceso de avaliación constante e continua mellora, desenvolvendo futuras versións do mesmo a través das propostas de mellora. A seguinte versión deste plan dixital é a que se vai desenvolver durante este curso 23/24.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a análise DAFO empregouse a ferramenta de Autoavaliación SELFIE a partir da cal recollimos a información do resumo das áreas da etapa educativa de primaria.

A partir do Informe SELFIE, Test CDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Pouca capacidade de creación de contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Marxe de mellora do alumnado para verificar a calidade da información e o recoñecemento do traballo dos demais. Alumnado Non
Debilidade Dificultades para a utilización produtiva dos dispositivos dixitais cos que contan. Familias Non
Debilidade Falta de competencia dixital a nivel usuario en moitas familias. Familias Non
Debilidade A maior parte dos equipos precisan renovación pola súa antigüidade. Infraestruturas Si
Debilidade A conexión a Internet no centro en ocasións dificulta a actividade educativa. Infraestruturas Si
Debilidade Necesidade de reestruturación dos espazos físicos adicados ás TIC para a súa integración/inclusión dentro das aulas. Infraestruturas Si
Debilidade Demanda de formación presencial vinculada á competencia dixital na Mariña de Lugo. Oferta Si
Debilidade Necesidade de empregar recursos de software con licenza para a realización dalgúns cursos. Oferta Non
Debilidade Oferta de formación en Santiago incompatible coa xornada lectiva do centro pola necesidade de trasladarse e pouco tempo de marxe. Oferta Si
Debilidade Estratexia dixital con moita marxe de mellora. Falta de tempo dentro do horario lectivo para explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Organización de centro Si
Debilidade Necesidade dun coñecemento máis profundo sobre a protección de datos dixitais, licenzas de autor ou dereitos de uso. Persoal docente Non
Debilidade Necesidade de dinamizar a creatividade a través dos recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Falta de coñecemento para a creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Claustro estable pero con necesidade de formación para os retos actuais. Persoal docente Si
Debilidade Parte do claustro é reacio a participar en actividades de formación continua pola dispoñibilidade horaria. Persoal docente Si
Debilidade O emprego de contornas virtuais de aprendizaxe está en desenvolvemento. Persoal docente Non
Debilidade Diferenza notable nas prácticas de avaliación entre os cursos Edixgal e o resto. Persoal docente Non
Debilidade Pouco interese/motivación no desenvolvemento da estratexia dixital. Persoal docente Si
Fortaleza Bo uso no emprego das contornas virtuais de aprendizaxe nos cursos Edixgal. Alumnado Non
Fortaleza Comportamento seguro e responsable no entorno EVA. Alumnado Non
Fortaleza Alta capacidade para comunicarse a través de dispositivos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Alumnado motivado pola competencia dixital. Alumnado Si
Fortaleza Teñen á súa disposición dispositivos dixitais. Familias Non
Fortaleza Centro dotado de recursos dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza O alumnado de 5º e 6º está dotado de dispositivos dixitais (Proxecto E-Dixgal). Infraestruturas Non
Fortaleza Disponse dunha empresa local para a asistencia técnica de urxencia de forma habitual. Infraestruturas Si
Fortaleza Existe oferta de formación tanto en Platega como de forma presencial. Oferta Non
Fortaleza Interese por ter unha estratexia dixital ben definida. Organización de centro Si
Fortaleza Debatemos e analizamos sobre o uso das tecnoloxías no centro. Persoal docente Non
Fortaleza Emprego de recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Fortaleza O claustro coñece as posibilidades de formación continua. Persoal docente Si
Fortaleza O claustro é consciente da existencia de recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza Uso de ferramentas corporativas para a comunicación da comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza Iniciación en proxectos interdisciplinares "Seccións Bilingües", "eTwining". Persoal docente Non
Fortaleza Boa disposición para colaborar. Estabilidade no posto de traballo (conserxe). Persoal non docente Non
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Asistencia técnica moi mellorable en canto á resolución de problemas dixitais no centro. Administración educativa Si
Ameaza Ratios moi altas. Administración educativa Non
Ameaza Carga horaria lectiva alta. Administración educativa Non
Ameaza Pouca renovación nos equipos informáticos e pouca asistencia técnica para o equipamento existente. Administración educativa Si
Ameaza Necesidade de máis horas específicas para levar a cabo a súa función. Administración educativa Si
Ameaza Falta de partidas económicas específicas para recursos tecnolóxicos. Administración educativa Non
Ameaza Falta de dispoñibilidade horaria para os coordinadores TIC/ Edixgal. Administración educativa Si
Ameaza Alumnado inmigrante. Contorna Non
Ameaza Existencia dunha brecha dixital importante. Contorna Non
Ameaza Nivel socio-económico medio-baixo. Contorna Non
Ameaza Excesiva burocracia que ocupa moito tempo a maiores do traballo de aula. Lexislación Non
Ameaza Pautas pouco concretas para a resolución de problemas específicos. Lexislación Non
Ameaza Necesidade dun marco lexislativo máis concreto, sen lugar a diversas interpretacións. Lexislación Non
Ameaza Desmotivación para participar en actividades de formación pola alta carga lectiva e o exceso de burocracia. Outras Si
Ameaza Cada vez menos oferta de actividades individuais no ámbito do CFR. Outras Non
Ameaza Desprazamento a outras provincias para obter formación específica. Outras Non
Oportunidade Oferta do Proxecto Edixgal para Educación Primaria. Administración educativa Non
Oportunidade Existencia dunha AFA con boa dispoñibilidade para colaborar co centro. ANPA Non
Oportunidade Existencia dun marco lexislativo. Lexislación Non
Oportunidade Posibilidade de plan de formación específico no centro. Outras Si
Oportunidade Colaboración coas Facultades de Maxisterio (Practicum, Actividades deportivas...) Outras Non
Oportunidade Actividades de formación individual no ámbito do CFR Outras Non
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Actualizar os dispositivos dixitais do centro.
O02PD Formar ao claustro en Polos Creativos
O03PD Inventariar o equipamento dixital do centro

Seguimento

Procedemento

A avaliación procesual será trimestral e efectuarase polos membros do equipo de dinamización do Plan Dixital.

Terán que:

•Avaliar o estado da execución das accións.

•Analizar os resultados e, de ser o caso, determinar posibles modificacións das accións.

•Valorar posibles propostas.

A avaliación final farase ao final do curso e valorarase:

•O logro dos obxectivos para o curso.

•Propostas de mellora para o seguinte curso.

1º Trimestre

Valoración das accións a desenvolver.

Actualización dos equipos dixitais do centro.

Solicitude do plan de formación de centro.

Seguimento das accións na reunión de membros do Plan Dixital.

2º Trimestre

Desenvolvemento do plan de formación no centro sobre Polos Creativos.

Seguimento das accións na reunión de membros do Plan Dixital.

3º Trimestre

Avaliación do estado de execución das accións propostas.

Remate do plan de formación.

Seguimento das accións na reunión de membros do Plan Dixital.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación procesual será trimestral e efectuarase polos membros do equipo de dinamización do Plan Dixital.

Terán que:

•Avaliar o estado da execución das accións.

•Analizar os resultados e, de ser o caso, determinar posibles modificacións das accións.

•Valorar posibles propostas.

A avaliación final farase ao final do curso e valorarase:

•O logro dos obxectivos para o curso.

•Propostas de mellora para o seguinte curso.

Valoración xeral

A valoración xeral do plan dixital non cumpriu todas as expectativas iniciais. Leváronse a cabo todas as accións deseñadas nel, agás o inventariado por mor da posta en marcha da aplicación e a experimentación co material de Polos Creativos, dado que non se recibiu a dotación.

Proposta de mellora

Recibir a dotación do material de Polos Creativos.

Contemplar horario de dedicación para o Plan Dixital para poder desenvolver a coordinación con garantías.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Claustro estará informado trimestralmente da execución do Plan e das valoracións que se fagan.

O Plan Dixital, unha vez informado a Claustro e aprobado en Consello Escolar, difundirase a través da páxina web do centro e tamén estará en Educalidade á disposición da comunidade educativa.