Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Este documento formará parte do Proxecto educativo do centro, do Proxecto de Dirección e da Programación Xeral Anual.

En todo momento debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino-aprendizaxe como no resto dos procesos de xestión do centro.

Xustificación lexislativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Para a elaboración desde Plan Dixital solicitouse un grupo de traballo dentro do PFPP que o centro está a desenvolver no actual curso escolar. Este grupo de traballo estivo formado polos compoñentes da CCP e máis o coordinador TIC do centro.

Ao longo do curso escolar, estívose seguindo a liña de traballo proposta polo equipo de formación da Rede EDIXGAL e a coordinadora ADIX do centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para recoller esta información empregáronse os resultados obtidos no test Selfie, test CDD e elaborouse unha análise DAFO que guiarán o proceso de redacción do Plan de Acción do Plan Dixital.

Interno
43 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Incapacidade para resolver problemas técnicos Alumnado Non
Debilidade Uso responsable das novas tecnoloxías Alumnado Si
Debilidade Problemática para crear contidos dixitais debido á falta de habilidades. Escasa competencia dixital no total das materias Alumnado Non
Debilidade Escasa formación en programación e codificación Alumnado Non
Debilidade Falta de recoñecemento do traballo dos demais Alumnado Non
Debilidade Escasa competencia dixital Familias Si
Debilidade Control parental limitado Familias Si
Debilidade Dispositivos dixitais obsoletos Infraestruturas Si
Debilidade Falta de persoal apoio técnico Infraestruturas Non
Debilidade Necesidade de mellorar a fenda dixital e as tecnoloxías asistenciais Infraestruturas Non
Debilidade Falta de materiais tecnolóxicos nas aulas: pizarras dixitais, ordenadores para alumnado... Infraestruturas Si
Debilidade Falta de formación do profesorado na avaliación dixital Oferta Non
Debilidade Insuficientes tecnoloxías asistenciais Organización de centro Non
Debilidade Repositorios en liña/biblioteca obsoletos Organización de centro Si
Debilidade Mala avaliación do progreso Organización de centro Non
Debilidade Escasas sinerxias para o ensino mixto Organización de centro Non
Debilidade Retroalimentación axeitada. Empleo de datos para mellorar a aprendizaxe. Autorreflexión sobre a aprendizaxe Persoal docente Si
Debilidade Rexeitamento ou medo á utilización das TIC para o proceso de avaliación Persoal docente Si
Debilidade Algún profesorado está pouco formado no uso das TIC e das súas posibilidades. Falta de formación en software libre e protección de datos Persoal docente Si
Debilidade Falta de tempo para explorar o ensino dixital Persoal docente Si
Debilidade Avaliación do progreso Persoal docente Si
Debilidade Intercambio de experiencias Persoal non docente Si
Debilidade Creación de recursos dixitais Persoal non docente Si
Debilidade Implicación do alumnado Persoal non docente Non
Debilidade Colaboración do alumnado Persoal non docente Non
Fortaleza Terceiro ciclo con Edixgal Alumnado Si
Fortaleza Adecuados dispositivos dixitais para a aprendizaxe (nalgúns niveis) Alumnado Si
Fortaleza Disponibilidades de dispositivos dixitais Familias Si
Fortaleza Boa conexión a internet Familias Si
Fortaleza Boa conexión a internet Infraestruturas Non
Fortaleza Iniciación ao uso das Aulas Virtuais Infraestruturas Si
Fortaleza Espazos amplos Infraestruturas Non
Fortaleza iPads con sistema de préstamo para todo o centro. Variedade de recursos dixitais para usar todo o centro Infraestruturas Si
Fortaleza Pertenza ao proxecto EDIXGAL Oferta Si
Fortaleza Bo desenvolvemento da estratexia co profesorado Organización de centro Non
Fortaleza Uso de novas modalidades de ensino Organización de centro Si
Fortaleza Axeitadas medidas para identificar a fenda dixital Organización de centro Non
Fortaleza Novas modalidades de ensino. Adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Si
Fortaleza Necesidades de DPC. Participación no DPC Persoal docente Non
Fortaleza Intercambio de experiencias. Comunicación coa comunidade educativa. Recursos educativos abertos Persoal docente Non
Fortaleza Experiencia en Edixgal. Emprego de contornas virtuais de aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza Recursos educativos en liña. Creación de recursos dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Recursos educativos en liña Persoal non docente Si
43 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Existe unha asistencia técnica aceptable (grazas ós recursos do centro) pero mellorable Administración educativa Non
Ameaza As bibliotecas e repositorios en línea son escasos Administración educativa Si
Ameaza Ferramentas corporativas pouco actualizadas e operativas (Xade, Meiga, Correo, AbalarMóbil, Moodle...) Administración educativa Non
Ameaza O espazo físico adicado as T.I.C. está por debaixo das expectativas Administración educativa Non
Ameaza Exceso de documentación e burocracia Administración educativa Non
Ameaza Coñecemento das licenzas de uso e dereitos de autor Lexislación Non
Ameaza Cambio constante de normativa educativa Lexislación Non
Ameaza Falta de difusión das novas normas Lexislación Non
Oportunidade Existe un moi bo acceso a internet Administración educativa Non
Oportunidade Promesa de compromiso da Administración a través do Plan Dixital Administración educativa Non
Oportunidade Existe unha boa infraestrutura Administración educativa Non
Oportunidade Aportáronse dispositivos dixitais para a ensinanza (en terceiro ciclo) Administración educativa Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o TEST CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto cunha reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro e o conxunto do Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS a nivel externo que aparecen recollidas na presente ANÁLISE DAFO.

A devandita análise DAFO indícanos que debemos mellorar en:

-

-

-

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a valoración da Aula Virtual como ferramenta de aprendizaxe por parte das familias.
O02PD Mellora do uso do espazo Abalar na comunicación coas familias.
O03PD Solicitar información e formación sobre a Lei de protección de datos referido en concreto ás ferramentas TIC.
O04PD Actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro
O05PD Marcar reunións periódicas no calendario escolar de todo o profesorado relacionadas coas TIC
O06PD Mellorar a formación do profesorado en ferramentas corporativas e de código aberto.
O07PD Acadar a competencia no manexo de acceso e uso básico da aula virtual nos cursos non E-dixgal.
O08PD Concienciar ao alumnado dos riscos existentes na rede e concienciar ao alumnado da pegada dixital.
O09PD Formar ás familias sobre os beneficios e riscos das ferramentas dixitais.

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O procedemento para darlle difusión ao Plan Dixital do noso centro será o seguinte:

  • Publicación na páxina web do centro.
  • Información as familias e o alumnado a través do espazo Abalar.