Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.Contextualización do Plan Dixital no centro.Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

O alumnado do centro procede de barrios de gran tradición na cidade: Sta. María, S. Roque, A Moureira... As familias viven nos edificios da zona, convivindo algúns cós avós e ás avoas. As profesións e oficios das nais e pais son variadas, a meirande parte traballadores e traballadoras do sector terciario.

Cabe salientar que existe unha porcentaxe significativa de familias con estudos superiores. Aproximadamente un 55% de nais e pais participan na ANPA.

Este Plan Dixital axudará a vertebrar gran parte do traballo que xa se viña realizando no centro, incrementado aínda máis nestes últimos anos pola ensinanza a distancia derivada da situación COVID-19.

Antes da realización do Plan Dixital o centro xa contaba con PDI en todas as aulas, aula virtual, participación no proxecto E-Dixgal, participación no proxecto E-Twinning, PLAMBE, robótica en infantil, Plan Acción Titorial, Plan Atención á diversidade.

Coa realización do PD pretendemos atallar as dificultades coas que nos viñamos atopando nos anteriores cursos académicos en relación co traballo dixital. A través deste, organizaremos e planificaremos o traballo para resolver as diferentes dificultades que identificamos, comezando polas escollidas para afrontar no curso 2022-2023, que estarán tamén reflexadas na Programación Xeral Anual.

2. Breve xustificación do mesmo

A lexislación principal na que se basea a elaboración do presente documento é:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021- 2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

 3. Proceso de elaboración

O equipo está formado por Cristian Castro Maquieira, coordinador do equipo; Pedro M. Mariño Rivadulla, director do centro; e Ana María Fragueiro Blanco, titora.

Cabe destacar que contamos coa prezada axuda de César Vales, asesor Adix do noso centro.

Pasos na elaboración do PD:

1º Análise da situación do centro a través do cuestionario SELFIE.

2º Análise da competencia dixital docente.

3º Análise DAFO para detectar necesidades.

4º Creación do Plan de Acción para o curso 2022-23.

5º Redacción do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a recollida de información previa se empregaron os seguintes instrumentos:

- Autoavaliación SELFIE.

- Test CDD.

- Análise DAFO.

Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C8: Dispositivos dixitais para a aprendizaxe do alumnado de EI a 4ºEP Alumnado Non
Debilidade H7: Creación de contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade C7: Protección de datos. Infraestruturas Non
Debilidade C16: Bibliotecas, repositorios en liña. Organización de centro Non
Debilidade A2: Desenvolvemento da estratexia co profesorado. Organización de centro Non
Debilidade A3: Organización do centro. Organización de centro Si
Debilidade B4: Sinerxias para o ensino e aprendizaxe a distancia. Organización de centro Si
Debilidade G8: Documentación da aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade A1: Estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade B1: Avaliación do progreso. Persoal docente Non
Debilidade B2: Debate sobre o uso da tecnoloxía. Persoal docente Si
Debilidade D1: Necesidades de desenvolvemento profesional continuo. Persoal docente Si
Debilidade D2: Participación no desenvolvemento profesional continuo. Persoal docente Non
Debilidade E3: Emprego de contornas vituais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade G6: Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo. Persoal docente Non
Debilidade G7: Avaliación dixital. Persoal docente Non
Debilidade F5: Colaboración do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade F6: Proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Debilidade G3: Retroalimentación axeitada. Persoal docente Non
Debilidade G5: Autorreflexión sobre a aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade G9: Emprego de datos para mellorar a aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade E4: Comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Si
Debilidade G1: Avaliación das capacidades. Persoal docente Non
Fortaleza C10: Dispositivos dixitais para a aprendizaxe do alumnado de 5º e 6º. Alumnado Non
Fortaleza H13: Resolver problemas técnicos. Alumnado Non
Fortaleza H1: Comportamento seguro Alumnado Si
Fortaleza H3: Comportamento responsable. Alumnado Si
Fortaleza H11: Aprender a codificar e programar. Alumnado Non
Fortaleza C3: O centro posúe unha boa conexión a Internet. Infraestruturas Non
Fortaleza C8: Dispoñemos de dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza C11: Fenda dixital; medidas para identificar dificultades. Organización de centro Si
Fortaleza E1: Recursos educativos en liña (posibilidade de acceso) Persoal docente Non
Fortaleza E2: Creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza F4: Implicación e inclusión do alumnado. Persoal docente Non
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C14: Espazos físicos (non hai espazo suficiente) Administración educativa Non
Ameaza C5: Asistencia técnica para o equipamento do profesorado. Administración educativa Non
Ameaza A4: Tempo para explorar a ensinanza dixital. Administración educativa Non
Ameaza C12: Fenda dixital; apoio para abordar dificultades. Outras Si
Oportunidade C5: Asistencia técnica para o equipamento do alumnado Edixgal. Administración educativa Non
Oportunidade A5: Normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Lexislación Non
Oportunidade B3: Colaboración con outras entidades e institucións. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Aumentar a comunicación dixital coas familias.
O02PD Aumentar o emprego da aula virtual no primeiro e segundo ciclo de primaria.
O03PD Mellorar os protocolos de protección de datos do centro
O04PD Ampliar o número de dispositivos propiedade do centro para que empregue o alumnado.

Seguimento

Procedemento

Como parte complementaria do da avaliación do PD, e sendo necesaria unha avaliación procesual unha vez ao trimestre no que se valorará: estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora:

O equipo de dinamización do Plan Dixital reunirase con carácter xeral unha vez ao trimestre para facer un seguemento do proceso de implementación do plan. Do mesmo xeito, poderanse facer reunións extraordinarias se así o considerase oportuno o EDPD.

1º Trimestre

Despois da reunión do equipo de seguimento do Plan Dixital conclúese que se acadaron todas as accións que se tiñan fixado para este trimestre.  

Temas tratados

  1. Revisión das datas das accións dos obxectivos configuradas no Plan Dixital de Centro.
  2. Seguimento da consecución das accións establecidas para o primeiro trimestre.
  3. Proposta de docencia en Protección de datos.

Acordos

  1. Modifícanse na aplicación educalidade as datas que estaban mal establecidas no documento do Plan Dixital de Centro.
  2. Chégase á conclusión de que se acadaron todas as accións que se estableceran para o primeiro trimestre.
  3. A docencia en Protección de datos será impartida por Pedro Mariño a todo o claustro. Queda pendente concretar a data (no 2º trimestre)
2º Trimestre

Despois da reunión do equipo de seguimento do Plan Dixital conclúese que se acadaron todas as accións que se tiñan fixado para este trimestre.  

Temas tratados

  1. Concreción da data da docencia en Protección de Datos.

Acordos

  1. A docencia en Protección de datos será impartida por Pedro Mariño ao claustro o día 25/04/2023.

 

Ao non haber máis accións con data de consecución no segundo trimestre, todos os obxectivos seguen en proceso de acadarse no terceiro trimestre.

3º Trimestre

Despois da reunión do equipo de seguimento do Plan Dixital conclúese que se acadaron case todas as accións que se tiñan fixado para este trimestre.  

Temas tratados

  1. Seguimento da consecución das accións establecidas para o terceiro trimestre.

Acordos

  1. Chégase á conclusión de que se acadaron case todas as accións que se estableceran para o terceiro trimestre (quedou pendente a AO01.3 relativa á enquisa as familias en relación ao uso da ferramenta Abalar).

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Plan Dixital que presentamos ten vocación de ser un elemento dinámico que acompañe a vida do centro e que sirva como referencia dos diferentes proxectos e procesos que se van desenvolver no proximo curso. Para dotalo dese dinamismo é preciso planificar un sistema de revisión, avaliación e feedback que nos vai permitir facer os axustes e correccións necesarios en cada momento do proceso. O equipo de dinamización do plan dixital será o encargado de levar a cabo os procesos de avaliación, tendo sempre en conta as aportacións dos diferentes ciclos e do profesorado tomado de xeito individual. O equipo de dinamización do Plan Dixital reunirase con carácter xeral unha vez ao trimestre para facer un seguemento do proceso de implementación do plan, fará finalmente unha avaliación final do Plan Dixital no seu conxunto.

Para avaliar o PD realizarase:
• Unha avaliación procesual unha vez ao trimestre no que se valorará: estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
• Unha avaliación final ao remate do curso académico no que se valorará a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora oportunas.

Valoración xeral

Os obxectivos e accións previstas no Plan Dixital cumpríronse nun 92% das e consideramos que a avaliación do mesmo foi satisfactoria. Completáronse un total de 12 accións das 13 totais de que consta o Plan dixital aprobado polo claustro (AO01.3: Enquisa para comprobar o uso da ferramenta Abalar que non se puido realizar). Unha delas A.O.04 referida ao obxectivo 2 (creación de contidos dixitais na AV de en 3º e 4º de EP unha vez ao mes) foi acadada parcialmente (unha vez ao trimestre).

Tanto os obxectivos e accións contempladas no plan como as accións dos mesmos foron acadadas na maioría dos casos e cun grado de implicación por parte da comunidade educativa satisfactorio.

Proposta de mellora

De cara ao vindeiro plan dixital, cremos oportuno manter o obxectivo número 3 relacionado coa "mellora da proteción de datos do centro" e consideramos que sería necesario facer extensiva a formación na mesma a toda a comunidade educativa.

Tamén cremos que debemos seguir facendo fincapé en aumentar o uso das aulas virtuais en 1º e 2º ciclo.

Do mesmo xeito, consideramos que debido a gran cantidade de material tecnolóxico novo chegado ao centro, deberemos manter unha liña formativa para aumentar a competencia dixital docente neste eido.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

En canto á comunicación e difusión no Plan Dixital, poderemos atopar o mesmo publicado na páxina web do centro na seguinte ligazón: