Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro:
Denominación: CEIP MESTRE VIDE
Titularidade PÚBLICO
No código de centro 320115669
Municipio (Localidade): OURENSE
Provincia: OURENSE
CP 32004
Tfno: 988238556
Enderezo: PASEO MESTRE VIDE No 4 32004
Enderezo electrónico ceip.mestre.vide@edu.xunta.es
Páxina Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmestrevide/
 

Contextualización do plan dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
O C.E.I.P. “Mestre Vide” está situado na zona das Lagoas, barrio novo, ben comunicado e moi próximo ao centro urbano. As características socio-económicas e culturais das familias do alumnado do Centro son maioritariamente as que caracterizan á clase media composta fundamentalmente de funcionarios, traballadores por conta allea e algúns autónomos.
No barrio abondan os centros educativos de distintos niveis. Os servizos culturais e de lecer son os do mesmo concello de Ourense. Non existen problemas de marxinaciónacusada ou de conflito social, nin características culturais diferenciadoras con respecto ao resto da cidade.
Imparte as etapas de educación infantil e educación primaria: Segundo ciclo de educación infantil e os seis cursos de primaria. Consta de 19 unidades: seis de infantil e trece de primaria. Tamén conta con Departamento de Orientación. O total de alumnado son 450. O persoal docente adxudicado ao centro é: 27 mestres (8 especialistas en Educación Infantil, 13 Especialistas en Educación Primaria, 2 especialistas en Educación Física, 3 especialistas en Lingua Estranxeira Inglés (unha con cargo de Xefatura de Estudios e
outra compartida con 2 centros mais) , 1 especialista en Educación Musical, 2 Especialistas en Relixión( unha con liberación horaria sindical e outra compartida con outro centro). Ademáis do profesorado especialista en atención á diversidade: 4PT, 2AL, 2 coidadoras e orientadora. No centro estase a participar, na actualidade, en varios proxectos, destacamos:
• Erasmus+ k120 (acreditación 2022/2027) e K122 .
• Plambe de Bibliotecas escolares.
• E-dixgal.
• Seccións Bilingües.
• Convenio con universidad de Massachusetts, programa Cost.
O horario escolar é de xornada lectiva única de mañá, de 09:00 horas a 14:00 horas. As actividades extraescolares desenvólvense pola tarde de 16:00 horas a 18:00 horas.
En canto ao Plan dixital respecto dos OBXECTIVOS recollidos dentro do Proxecto Educativo de Centro:
Este contribuirá a facer que o centro sexa un lugar propicio para o desenvolvemento das aptitudes dixitais do alumnado e do profesorado mellorando a súa formación nos valores dunha sociedade moderna dentro dun clima saudable tanto fisicamente como psicoloxicamente.Este favorecerá a integración das necesidades educativas especiais, ou do alumnado de apoio educativo, pero tamén de todo tipo de diversidade do alumnado, pois dende este Plan Dixital potenciamos a colaboración e cooperación entre iguais, a tolerancia e o respecto mutuo en orde á consecución dos fins da educación que define a lexislación vixente, dando valor ás diferenzas.
No profesorado e no alumnado promoverá a facilitará o desenvolvemento tanto da autonomía como da responsabilidade e da creatividade na utilización de toda a tecnoloxía dixital da que se dispoña no centro. Tamén facilitará o manter coa comunidade educativa, e co entorno do centro a difusión das experiencias realizadas; así como establecer canles de comunicación e de apertura ao diálogo educativo.
 

Breve xustificación
Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:
-Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
-Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
-Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
-Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementacióndo Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022
 

Proceso de elaboración
No noso centro, seguindo a Resolución do 3 de setembro de 2021, creouse un equipo de dinamización do plan dixital. En constante comunicación e coordinación co CFR e a
persoa mentora da nosa zona fomos realizando as distintas fases indicadas dende Servizos Centrais para elaborar o plan dixital do noso centro.

Esas fases foron:
-Fase de análise e diagnose da situación dos centros: nesta fase realizaronse varios test para determinar cal era o noso punto de partida no eido dixital.
-Fase de deseño e elaboración do plan dixital: Primeiro consideramos aqueles obxectivos prioritarios para traballar no noso centro e despois redactando o plan dixital
seguindo o modelo que se nos proporcionou. Unha vez aprobado no consello escolar, oído claustro, fíxose público o documento para que podan acceder a el toda a
comunidade educativa.
A seguinte fase, a de implementación e avaliación, levarase a cabo no curso 2022/2023.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a recollida da información utilizáronse o informe de autoavaliación SELFIE e TCDD o e se creou un Equipo de Dinamización do Plan Dixital e unha liña de formación no PFPP do centro destinado a crear o Plan Dixital do centro. As reunións foron destinadas á valoración da situación e punto de partida do centro que permitiu facer unha análise obxectiva e cuantitativa, que xunto coa análise cualitativa feita de maneira consunta, acadouse a información previa para posteriormente elaborar o informe DAFO. 

Tamén se fixo unha análise dos servizos dixitais dispoñibles no centro.

 


Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:
-Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
-Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para odesenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
-Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
-Resolución do  3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementacióndo Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Interno
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H7- Convén reforzar a aprendizaxe da creación de contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade En proceso de desenvolvemento e comunicación da estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade E1- O profesorado considera que non dispón de tempo autoreflexión suficiente para adicarllo á creación de recursos dixitais. O nivel medio orientativo de competencia dixital é de B1. Persoal docente Si
Fortaleza C8- Dispomos de dispositivos dixitais para o proceso de aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza H1, H3- O noso alumnado aprende a facer un uso responsable e seguro das tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza C2- Dispomos de dispositivos dixitais para o proceso de ensino. Infraestruturas Non
Fortaleza C7- O centro conta cun sistema de protección de datos coñecido e utilizado por unha elevada porcentaxe de profesorado. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro conta cunha amplia oferta de servizos de setembro a xuño: Atención a madrugadores, comedor, atención ao alumnado despois do comedor e tamén variadas actividades extraescolares (codificación e robótica) Oferta Non
Fortaleza O centro participa no plan Edixgal que lle proporciona ao alumnado hardware e software educativo axeitado. Ofrecemos á comunidade catro blogs con contido educativo para Educación Infantil e Primaria. Oferta Non
Fortaleza Participamos no Plambe (bibliotecas escolares) Oferta Si
Fortaleza O profesorado síntese apoiado polo equipo directivo á hora de desenvolver novas modalidades de ensino Organización de centro Si
Fortaleza F1- A comunidade considera que as actividades adáptanse ás necesidades do alumnado a través das TIC. Persoal docente Non
Fortaleza E4. Moi boa comunicación coa comunidade educativa a través das diferentes canles dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza G1, G5- Convén continuar o proceso de implementación do uso das TIC no ámbito da avaliación e da autoreflexión. Persoal docente Non
Fortaleza F4, F5- O alumnado implícase mais activamente cando se empregan as tecnoloxías dixitais tanto de maneira individual como a nivel grupal Persoal docente Si
Fortaleza A administrativa utiliza diariamente diferentes ferramentas dixitais para o desenvolvemento da súa labor. Os conserxes colaboran no mantemento. As coidadoras colaboran co profesorado no ámbito da comunicación Persoal non docente Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Oportunidade Pertencemos á Rede Galega de Educación Dixital, contando con máis recursos materiais e persoais. Administración educativa Si
Oportunidade Sobre un 35% do profesorado está inscrito na plataforma Etwinning Administración educativa Non
Oportunidade Oferta variada e axeitada de formación contínua para o persoal docente. Administración educativa Si
Oportunidade A administración proporciona dispositivos, recursos e acceso a internet. Administración educativa Si
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

No noso centro, seguindo a Resolución do 3 de setembro de 2021, creouse un equipo de dinamización do plan dixital. En constante comunicación e coordinación co CFR e a persoa mentora correspondente fomos realizando as distintas fases indicadas dende Servizos Centrais para elaborar o plan dixital do noso centro.
Esas fases foron:
-Fase de análise e diagnose da situación dos centros: nesta fase realizaronse varios test para determinar cal era o noso punto de partida no eido dixital.

-Fase de deseño e elaboración do plan dixital: Primeiro consideramos aqueles obxectivos prioritarios para traballar no noso centro e despois redactando o plan dixital seguindo o modelo que se nos proporcionou.

Para poder traballar os aspectos prioritarios no desenvolvemento no eido dixital no centro o plan de acción no noso centro plantexamos 12 obxectivos dentro de tres áreas de mellora:

-Liderado

-Desenvolvemento profesional contínuo-Competencial dixital do profesorado.

-Competencias dixitais do alumnado.

Para cada obxectivo cóntanse cunha serie de accións e responsables das mesmas que facilitan a consecución das mesmas.

O documento fíxose público unha vez aprobado no consello escolar, oído claustro, para que podan acceder a el toda a comunidade educativa.
A seguinte fase, a de implementación e avaliación, estase a levar a cabo neste curso 2022-23.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Asignar ao profesorado un tempo dentro do horario lectivo para a realización de distintas tarefas utilizando recursos dixitais.
O02PD Informar ao profesorado das actividades que dalgún xeito están vinculadas ao eido dixital
O03PD Crear un banco de recursos humanos, dentro da comunidade educativa, competentes en distintos aspectos do eido dixital (robótica, pensamento computacional, gamificación...)
O04PD Fomentar o intercambio de experiencias coas TICs dentro e fóra do centro.
O05PD Continuar co PFPP sobre o uso das distintas ferramentas da Aula Virtual.
O06PD Participar nun curso de gamificación para o profesorado
O07PD Continuar coa dixitalización da biblioteca do centro
O08PD Iniciar ao alumnado de E.P. na creación de contidos dixitais
O09PD Iniciar ao alumnado de E.I. na creación de contidos dixitais
O10PD Realizar talleres STE(A)M para o alumnado para a creación de contidos dixitais.
O11PD Adaptar as actividades dos talleres STE(A)M a alumnado con NEAE para a creación de contidos dixitais.
O12PD Fomentar a colaboración co uso da rede Agueiro por parte do alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento será a través das datas estipuladas para cada unha das accións recollidas nos distintos obxectivos do plan de acción do noso Plan Dixital.

O Equipo de DInamización do Plan Dixital, cunha reunión trimestral, e unha reunión formal mensual coa persoa mentora do Plan DIxital, que ao estaren no centro por ser o noso centro Rede DixitalGal, existen breves reunións de distintas cuestións referidas a aspectos relacionados co Plan Dixital.

A persoa coordinadora do Plan Dixital, xunto co equipo directivo, seguen o cumprimento daqueles obxectivos que se están a realizar e que van concretándose a través das súas accións. 

1º Trimestre

O  plan de acción no primeiro trimestre desenvolveuse sen dificultade agás nalgún obxectivo que non se realizaron as accións correspondentes. Así por exemplo, aquelas accións dirixidas á información ao Claustro e de formación, realizáronse seguindo o estipulado.

Realizouse unha reunión  cos membros do EDPD e mensualmente coa persoa mentora Adix do PD que nos mantiña informados das distintas cuestións a considerar no desenvolvemento do mesmo e coa que se consultaban as dúbidas. 

Neste trimestre os obxectivos plantexados foron acadándose, agás algún puntual. Este progreso quedou reflectido nos indicadores dos distintos obxectivos ao igual que nos seguimentos das distintas accións plantexadas no noso plan de acción. 

Iniciouse a solicitude de formación para potenciar a CDD, aspecto que consideramos moi importante no noso PD.

O obxectivo 1 (asignar ao profesorado un tempo dentro do horario lectivo para a realización de distintas tarefas utilizando recursos dixitais), non se levou a cabo por dar prioridade a outras necesidades.

A creación do banco de recursos humanos supuxo unha iniciativa ca que se pretende mellorar  o intercambio e achegamento de toda a comunidade educativa, coa participación de varias persoas da comunidade que poden resultar enriquecedoras.

Para ter en conta a solicitude de formación ao CFR a través da liña 1 (dixital) consideramos as necesidades particulares no noso centro e o MRCDD, que axudou a enmarcar aquelas áreas nas que nos convén centrarnos, aproveitando os servizos dixitais que a consellería pon á nosa disposición (AGUEIRO, ABALAR, Aula Virtual, correo electrónico, EDIXGAL...). No caso do aplicativo PROENS, recoñecemos que en xeral fixemos un uso normalizado do mesmo, pero puntualmente houbo certas dificultades para elaborar as programacións en tempo e forma debido, nalgunha ocasión, ao nivel de competencia dixital de algúns compañeiros do claustro.

Por outro lado, ao seren centro da Rede DixitalGal e en colaboración coa persoa asesora de formación e a asesora Abalar, optimizamos os recursos humanos e tecnolóxicos para tal fin.

Dende o primeiro momento procuramos a utilización dos servizos e recursos dixitais para un intercambio e colaboración con toda a comunidade educativa, que participa de maneira activa na vida diaria do centro a través de obradoiros ou charlas co alumnado sobre distintas temáticas. Valoramos a sinerxia de apertura do noso centro á comunidade.

Aínda que non concederon o PLAMBE, a biblioteca dinamízase con distintas actividades dirixidas ao alumnado. O proceso de dixitalización da mesma continúa igualmente.

 

2º Trimestre

O  plan de acción no segundo trimestre desenvolveuse sen dificultade agás nalgún obxectivo que non se realizaron as accións correspondentes. Así por exemplo, aquelas accións dirixidas á formación, realizáronse seguindo o estipulado.

Neste trimestre os obxectivos plantexados foron acadándose, agás algún puntual. Este progreso quedou reflectido nos indicadores dos distintos obxectivos ao igual que nos seguimentos das distintas accións plantexadas no noso plan de acción. Os obxectivos nos que traballamos nestre trimestre foron:

As enquisas sobre os distintos usos de disversas aplicacións informáticas foron cubertas e creouse un gráfico coas porcentaxes que corresponden.

Como centro pertencente á Rede DixitalGal formamos parte da pilotaxe do aplicativo Educalidade, que será a plataforma na que subiremos os distintos plans de centro, comezando co PD e que facilitará o seu seguimento e implementación. Fixémonos ao seu uso incluíndo o Plan Dixital do noso centro nel cos seus obxectivos e accións correspondentes. O seguimento do mesmo resultaba doado xa que permite incluír revisións en cada acción e un seguimento trimestral. Certamente, existen algunhas limitacións ao engadir imaxes ou cadros de texto, que é preciso incluír como anexos. Procuramos achegar o maior número de evidencias posibles do proceso de desenvolvemento do noso plan. Nesta versión do plan, segundo plantexamos as accións, non é de todo doado.

Neste trimestre recibimos a formación sobre o servizo corporativo AGUEIRO, que como rede educativa dixital facilita moito o intercambio e colaboración entre membros da comunidade educativa galega (vinculado cun dos nosos obxectivos); tamén incluímos o uso da ferramenta H5P na creación de recursos educativos na aula virtual do centro recoñecendo a potencialidade deste recurso no traballo co alumnado, que facilita a obtención do seu feedback e a accesibilidade en xeral e a cognitiva na atención á diversidade.

Neste mesmo trimestre o centro acudiu ao congreso "Avanzando na dixitalización do sistema educativo galego" convocado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no que se explicou as distintas actuacións que se levarán a cabo dende a Consellería para seguir no desenvolvemento da competencia dixital nos centros. Un dos temas tratados foi a acreditación do nivel de competencia dixital docente (CDD) a través de varias vías. A formación é un aspecto importante para este proceso de dixitalización nos centros.

Chegaron ao centro paneis dixitais para todas as aulas da etapa de Educación Infantil e ata 4º de Educación Primaria que se instalarán no seguinte trimestre. No vindeiro curso chegarán para os cursos de 5º e 6º, completando así unha renovación na dixitalización das aulas no noso centro.

3º Trimestre

O  plan de acción no terceiro trimestre desenvolveuse sen dificultade agás nalgún obxectivo que non se realizaron as accións correspondentes. Así por exemplo, aquelas accións ....., realizáronse seguindo o estipulado.

Realizouse unha reunión  cos membros do EDPD e mensualmente coa persoa mentora do PD que nos mantiña informados das distintas cuestións a considerar no desenvolvemento do mesmo e coa que se consultaban as dúbidas. 

Neste trimestre os obxectivos plantexados foron acadándose, agás algún puntual. Este progreso quedou reflectido nos indicadores dos distintos obxectivos ao igual que nos seguimentos das distintas accións plantexadas no noso plan de acción. Os obxectivos nos que traballamos nestre trimestre foron:

Finalmente colocaron os paneis dixitais en infantil e 1º ciclo e a asesora de AMTEGA da zona acercouse ao centro e relizou unha formación sobre as funcionalidades máis útiles nas mesmas. No vindeiro curso quedarán dixitalizadas o resto das aulas (2º e 3º ciclos).

A formación sobre o Plan Dixital quedou rematada, e debido a que manteremos como área de mellora a de Desenvolvemento Profesional Continuo"  consideramos necesaria manter a liña 1 do PFPP, na competencia dixital. Teremos en conta os intereses do profesorado, necesidades do centro e o nivel/perfil do claustro no CDD de maneira global ao igual que as distintas áreas do MRCDD para o porpór actividades de formación futuras, para o que se terá en conta a Orde publicada que contempla a acreditación do nivel de competencia do profesorado e as modalidades para dita acreditación. Aproveitar a creación da formación axeitada e adaptada ás propias necesidades do centro que permita mellorar os distintos niveis de competencia existentes no centro é prioritario.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada un dos obxectivos propostos neste plan ten unhas accións e uns indicadores específicos que axudarán a determinar si foi acadado ou si é preciso realizar variacións
no plantexamento destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen. Esta revisión levarase a cabo durante o proceso (avaliación procesual) polo menos unha vez ao trimestre para o que o coordinador do Plan Dixital, xunto co equipo TIC ,e en coordinación co equipo directivo valorarán o estado de execución das accións tendo en conta ao responsable de cada obxectivo. Farase unha análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora para o vindeiro curso.

Ao mesmo tempo tivemos en conta as indicacións que se nos fixeron, coa axuda dos equipos adix, para facer a terceira fase de implementación e avaliación do noso plan dixital.

Neste proceso as distintas reunións coas persoas do Equipo de Dinamización do Plan Dixital e coa persoa mentora mensualmente foron moi útiles.

Cada persoa responsable de cada acción, unha vez chegada a data de cumplimento da mesma facía a revisión da mesma, aportando aquelas evidencias posibles sobre o estado no que se atope a mesma.

 

Valoración xeral

Consideramos que a importancia da vinculación do PD coa CCP é a considerar, xa que o uso das TICs co noso alumnado vai máis aló do uso de recursos dixitais, senon que é un cambio de metodoloxía, polo que é importante a formación enfocada ao cambio que dende a nosa propia realidade mellor se adapte ás nosas necesidades.Dentro do novo marco lexislativo (decretos de infantil e primaria) e o MRR, recollemos a importancia da competencia dixital como un aspecto no perfil de saída do noso alumnado.

Nunha sociedade na que a competencia dixital é necesaria como compentencia cidadá, a función dos docentes asume gran peso para así fomentar unha competencia dixital competente e responsable en toda a comunidade educativa.

O labor do docente require duns niveis de conciencia e competencia dixital que permitan facer un bo uso dos recursos ao noso alcance.

O Plan Dixital do noso centro centrouse en tres áreas de mellora principais: A-Liderado, D-Desenvolvemento profesional continuo e H-Competencia Dixital do alumnado, para o que se propuxeron 12 obxectivos coas súas accións correspondentes.

As distintas propostas foron acadadas na súa maioría, pero algúns pospómolos para o vindeiro curso.

Estanse a realizar moitas actividades nas distintas aulas, pero non se coordinan nun proxecto común, o que fai que, moitas veces, se descoñeza o que se está a facer. A falta de intercambio de experiencias a través da reflexión segue a ser un freo no avance da estratexia dixital no noso centro, polo que sería convinte telo en conta na seguinte versión do PD.

Por outra banda, valoramos que o ter en conta a competencia dixital e a consideración deste aspecto como punto a tratar en tódalas CCP sería moi enriquecedor, xa que posteriormente estenderíase ás reunións de ciclos correspondentes e no Departamento de Orientación. Entendemos que os recursos dixitais deben estar ao servizo da pedagoxía e que estes facilitarían, máis ben, un cambio metodolóxico.

Por todo isto valoramos a continuidade da formación para fomentar a CDD entre todo o profesorado (cunha media de B1) no centro.

 

Proposta de mellora

Para un mellor cumplimento do plan de acción do noso centro, consideramos como necesario:

  • Poder realizar, polo menos, unha reunión trimestral (mellor ao inicio) para dar a coñecer aos responsables das accións do plan, as accións correspondentes, indicando as datas estimadas para o seu cumplimento.
  • Concretar accións medibles a través de indicadores (permiten evidencias e polo tanto é máis fácil acadalas).
  • Realizar un plan de acción novo revisando o DAFO, priorizando as áreas de mellora e tendo en conta estas propostas de mellora e outras posible.

 

Resumindo o noso plan de acción neste curso 2022/2023:

-Áreas de mellora  priorizadas neste curso: A-Liderado, D-Desenvolvemento profesional continuo-(Competencia dixital do profesorado) e H-Competencias dixitais do alumnado.

-Os obxectivos plantexados foron:

  • (A) Liderado: 
  1. Asignar ao profesorado un tempo dentro do horario lectivo para a realización de distintas tarefas utilizando recursos dixitais.
  2. Informar ao profesorado das actividades que dalgún xeito están vinculadas ao eido dixital.
  3. Crear un banco de recursos humanos, dentro da comunidade educativa, competentes en distintos aspectos, entre eles o dixital (robótica, pensamento computacional, gamificación...).
  4. Fomentar o intercambio de experiencias coas TICs dentro e fóra do centro.
  • (D) Desenvolvemento profesional continuo-(Competencia dixital do profesorado):
  1. Continuar co PFPP sobre o uso das distintas ferramentas da aula virtual)
  2. Participar nun curso de gamificación para o profesorado.
  3. Continuar coa dixitalización da biblioteca do centro.
  • (H)Competencias dixitais do alumnado:
  1. Iniciar ao alumnado de E.P. na creación de contidos dixitais.
  2. Iniciar ao alumnado de E.I. na creación de contidos dixitais.
  3. Realizar talleres STE(A)M para o alumnado coa finalidade de crear contidos dixitais.
  4. Adaptar as actividades dos talleres STE(A)M ao alumnado con NEAE para a creación de contidos dixitais.
  5. Fomentar a colaboración no uso da rede Agueiro por parte do alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria.

Destes obxectivos acadamos polo 70 % da totalidade. Un dos obxectivos eliminámolo, dous valoraremos se os mantemos ou non ao inicio do próximo curso e o resto mantémolos só que reformularemos o seu enunciado e/ou as súas accións. Deste xeito, as áreas de mellora nas que propomos seguir o curso próximo son as mesmas e os obxectivos a desenvol
ver redefiniremos lixeiramente os mesmos.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A continuación preséntase unha visión xeral do plan de traballo que permita a difusión continua dos resultados e produtos obtidos durante a realización do proxecto, buscando a mellor maneira de facelos chegar a toda a comunidade educativa.

O plan de difusión considérase un documento vivo, en continua evolución, que se actualizará periodicamente.

O principal obxectivo para a difusión do plan dixital céntrase en dar a coñecer os resultados do mesmo a toda a comunidade educativa. Para iso levaránse a cabo as seguintes accións:

  • Publicación do plan dixital na páxina Web do centro.

  • Envío de mensaxes a través de Abalar móvil ás familias informando da súa publicación.

  • Envío de información a través das RRSS.

  • Envío do plan dixital por correo electrónico aos membros do claustro e do consello escolar.

  • Participación en xornadas onde se poidan mostrar os avances do plan dixital.

Elaboración de pósters ou dípticos coa información mais relevante para expoñer no tablón de anuncios do centro e para enviar á comunidade educativa.

As presentes accións constitúen unha referencia para as actividades de difusión, non obstante, poden sufir variacións, para conseguir unha maior difusión entre a comunidade educativa.