Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O presente Plan Dixital, está elaborado polo Equipo Dinamizador que para o efecto se creou neste centro educativo.

O presente PDC ten en conta todas as particularidades referidas á súa contorna, conectando coa realidade e incluíndo os aspectos máis relevantes e integradores para a consecución do propósito último de implementación da competencia dixital co apoio dos diversos programas e actividades que no centro se desenvolvan. Esto reflectirase no Proxecto Educativo de Centro (PEC) de maneira explícita, dando conta da relevancia que ten o feito do uso das TIC, dada a alta implantación a nivel social como uso lúdico, para tentar levar ao eido educativo a súa utilización con destreza para unha formación integral das persoas de xeito complementario a outras actuacións, comezando unha alfabetización dixital, tan necesaria para que a sociedade avance axeitadamente e non quedar relegados nun mundo cada vez máis tecnificado.

A inclusión na PXA de forma máis evidente do uso de ferramentas corporativas e un uso máis habitual das mesmas en calquera das áreas curriculares, de xeito que resulte algo cotiá para o profesorado e o alumnado. Así mesmo, todo o desenvolto ao longo do curso aparecerá reflectido na memoria final que se redactará en cada nivel, actividade ou programa a desenvolver no próximo curso, sendo estes dous últimos aspectos a decidir cando se convoque o primeiro claustro e que a día de hoxe non están aínda definidos.

De todos xeitos, a idea é potenciar o desenvolvemento profesional continuo de todo o profesorado implicado no proceso de ensino e aprendizaxe do centro, dándolles a coñecer os obxectivos expostos neste PDC a todo o claustro ao comezo do curso, dado o cambio de persoal que haberá cando se poña en marcha o próximo ano escolar.

Para a elaboración do presente PDC, tivéranse en conta as disposicións ditadas desde a Administración, para seguir unhas consignas comúns en toda a Comunidade Autónoma e conseguir unha coherencia de criterios á hora de obter un produto final o máis axeitado á realidade, tendo en conta as características propias do centro e adoptando as medidas necesarias para que aparezan reflectidas no mesmo:

  • Art. 111 bis, da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. Tecnoloxías da Información e a Comunicación”

  • Art. 121 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. “Proxecto educativo

  • Art.132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. Competencias do director ou director”

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022. Plan dixital de centro”

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022. Plan dixital de centro”

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 

Seguindo as directrices marcadas pola normativa, anteriormente descrita, no CEIP Princesa de España creouse un Equipo de Dinamización para a elaboración do Plan Dixital de Centro, integrado por 6 persoas, coa colaboración do resto do claustro.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Ao longo do curso académico 2021/22, foise realizando unha sucesión de accións para chegar ao deseño do PDC, usando unha serie de ferramentas que achegaron información para, logo, elaborar unha análise DAFO que nos permitira un plantexamento o máis axeitado posible nos seguintes pasos a dar. Estas ferramentas foron:

  • O uso de SELFIE para recoller datos representativos, tanto do alumnado como do profesorado, obtendo unha panorámica da capacidade dixital do centro, facendo unha valoración conxunta das oito áreas e analizando puntos coincidentes e diverxencias apreciables, para tentar manter e mellorar os puntos fortes detectados, así como traballar co propósito de corrixir aqueles aspectos onde peor estamos e analizar as razóns polas que en certos puntos aparecen diferenzas apreciables e ver o xeito de limalas.
  • O Test de Competencia Dixital Docente (test CDD), obtendo uns resultados acordes coa media do resto de centros de Galicia, cun nivel de competencia B1, aínda que algo por debaixo da media, atopando que máis do 60% está entre o nivel A2 e B1.

  • Fíxose unha primeira aproximación usando o SELFIE_PTK, para a revisión dos resultados obtidos.

  • Realización dunha análise cualitativa do Informe SELFIE, co obxecto de descubrir os aspectos internos e externos que afectan ao noso centro.

  • Co uso do “Modelo dos 3 porqués”, tenteouse dar resposta aos aspectos:

     

    • Busca no informe SELFIE dos dous aspectos coa maior puntuación e reflexiona sobre tres motivos que xustifican a valoración tan positiva.

    • Repetiuse o proceso anterior cos dous aspectos coa puntuación máis baixa.

    • Por último identificáronse os dous aspectos que presentan maior dispersión entre a valoración dos tres axentes (equipo directivo, profesorado e alumnado). Fíxose unha reflexión sobre 3 posibles causas que expliquen esa diverxencia.

 

Interno
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H1. Falta de incorporación de conceptos relacionados co comportamento seguro e responsable no uso da Internet (3.4) Alumnado Si
Debilidade H10. Deficientes habilidades dixitais adquiridas polo alumnado nas diferentes materias (3.2) Alumnado Si
Debilidade C10. Escasa equipación e formación dixital (1.8) Familias Si
Debilidade C7. Desinterese no aspectos colaborativo á hora de uso das ferramentas corporativas (3.3) Familias Non
Debilidade C10. Uso moi escaso dos encerados dixitais, por parte do profesorado, limitándose, en moitos casos, a un uso para proxección (1.8) Infraestruturas Non
Debilidade C11. Baixo uso das ferramentas corporativas, tanto a Aula Virtual como as de comunicación (2.8) Infraestruturas Si
Debilidade E5. Estratexia dixital (2.9) Oferta Si
Debilidade F6. Canles comunicativas entre as distintas etapas do centro con deficiencias (2.9) Organización de centro Non
Debilidade E5. Falta de tempo do que dispón o profesorado para explorar novas modalidades de ensino (2.9) Persoal docente Non
Debilidade E3. Máis dos 2/3 do persoal docente presenta un nivel inferior ao medio no relativo a capacitación dixital (3.2) Persoal docente Non
Debilidade E2. Escasa creación de recursos educativos dixitais (3.1) Persoal docente Si
Debilidade G7. Non se reflicte unha incorporación adecuada por parte do profesorado de tecnoloxías dixitais para avaliar (3.1) Persoal docente Non
Fortaleza E4. Utilización de recursos comunicativos alternativos aos corporativos, coma listas de distribución (3.6) Familias Non
Fortaleza F4. Achega de ideas e concursos participativos para o alumnado pretendendo a motivación no uso das TIC (3.4) Oferta Non
Fortaleza D3. Dinamización e publicidade en diferentes redes sociais e na páxina web do centro (3.6) Oferta Non
Fortaleza C5. Aceptable atención na resolución incidencias técnicas (4.0) Organización de centro Non
Fortaleza D1. Case 1/2 do claustro conta cunha acreditación entre media e media alta en aspectos relacionados coas TIC (3.8) Persoal docente Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza F6. Inestabilidade do claustro, con cambios continuos e perda de pezas importantes (2.9) Administración educativa Non
Ameaza C10. Dotación equipamento tecnolóxico insuficiente e obsoleto, observándose a necesidade de incremento e actualización do mesmo (1.8) Administración educativa Non
Ameaza B3. Relación coa Anpa moi escasa, con liñas de comunicación pouco fluídas (2.5) ANPA Non
Ameaza B4. Case nula participación das familias na actividade cotiá do centro, cun uso deficiente de ferramentas dixitais (2.4) ANPA Non
Ameaza C11. Condición socioeconómicas da contorna media-baixa, dificultando o acceso a medios tecnolóxicos (2.8) Contorna Non
Ameaza C10. Acceso alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro moi baixo, por problemas socioeconómicos e de conectividade (1.8) Contorna Non
Ameaza C7. Observación das normas e deberes de autor e licenzas de uso (3.3) Lexislación Non
Oportunidade A2. Posibilidades de que o profesorado que se incorpore conte cun nivel alto no uso e aproveitamento de ferramentas dixitais (3.5) Administración educativa Non
Oportunidade C2. Achegas económicas que recibe o centro axeitadas ás necesidades (4) Administración educativa Non
Oportunidade Estabilidade laboral do persoal non docente do centro Administración educativa Non
Oportunidade D3. Existencia de proxectos externos de colaboración con institucións e organizacións (3.6) Contorna Non
Oportunidade E4. Relación aceptable con persoas que non forman parte da comunidade educativa (3.6) Contorna Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, o test CDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que é de utilidade para a análise de situación e para a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital.

Seguíronse, na súa elaboración, os consellos recibidos, tales como:

  • Facer unha interpretación realista da situación.

  • Procurar unha visión de futuro para o plantexamento duns obxectivos adaptados a esta análise.

  • Visión das características fundamentais das competencias dixitais.

  • Recompilación de aspectos que poidan aportar información para as distintas categorías.

  • Considerar a ferramenta como unha axuda que será avaliada e revisada.

O proceso seguido levou ao plantexamento duns obxectivos (reflectidos no apartado seguinte), tomados como prioritarios para o próximo curso 2022/23, e que van ser o Plan de Acción a desenvolvers, tempolarizando unhas accións cuns recursos para levalas a cabo, coa conseguinte avaliación para o seu seguemento, así como a posibilidade de revisión para adaptarse ás circunstancias e mellorar no posible a implementación e continuidade do PDC.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Avanzar no uso e coñecemento dos EDI e o software dos mesmos para a creación e uso co alumnado.
O02PD Fomentar as vías de comunicación coas familias mediante o uso das ferramentas corporativas.
O03PD Analizar e salvar as carencias básicas do alumnado en competencia dixital

Seguimento

Procedemento

Para realizar un correcto seguimento de como evoluciona a implementación do Plan Dixital, o Equipo de Dinaminación do PD xuntarase unha vez ao mes para ir vendo a evolución na aplicación dos plantexamentes reflectidos na versión 1.0 do PD, e, deste xeito, ter a ocasión de ver a maneira de ir solventando os atrancos que se vaian presentando.

O mentor Adix reunirase, cando menos, dúas veces por trimestre coa persoa coordinadora para ir comentando os avances e consultar as dúbidas que poidan ir xurdindo para, así, avanzar nos chanzos para que a avaliación das accións resultantes se vaian axustando o máis posible aos plantexamentos do PD.

Baixo a supervisión da dirección do centro, a persoa coordinadora vai ter acceso á ferramenta EduCalidade para ir reflectindo o proceso evolutivo da implementación do PD ao longo da temporalización pevista no mesmo.

1º Trimestre

O previsto para a implementación do PD no primeiro trimestre atópase en estado realizado, correspondendo aos obxectivos e accións que a continuación se detallan:

  • OBXECTIVO NÚMERO 1:

    Avanzar no uso e coñecemento dos EDI e o software dos mesmos para a creación e o uso co alumnado.

    ·       ACCIÓNS A DESENVOLVER:

    -          A01.1: Petición de cursos de formación (data prevista fin – 30/10/2022): pedíronse diversos cursos de formación a través da solicitude do PFPP O2231032. A nosa formación, relacionada co PDC, será “As TIC no centro educativo. A pizarra dixital como ferramenta docente. Iniciación á robótica” (O2231032). ACADADO.

    -          A01.2: Desenvolvemento da formación (data prevista fin – Primeiro Trimestre): debido a que o PFPP nos foi concedido a finais de novembro, a formación “As TIC no centro educativo. A pizarra dixital como ferramenta docente. Iniciación á robótica” (O2231032) foi aprazada para o segundo trimestre por falta de tempo. PENDENTE.
  • OBXECTIVO NÚMERO 2:

    Fomentar as vías de comunicación coas familias mediante o uso das ferramentas corporativas.

    ·       ACCIÓNS A DESENVOLVER:

    -          A02.1: Programa de sensibilización para o uso de Abalar Móbil (data prevista fin – 01/10/2022):  ao inicio de curso, levouse a cabo unha reunión presencial coas nais e pais das alumnas e alumnos na cal se lles explicou como instalar a App. “ABALAR MOBIL” para así poder ter comunicacións regulares entre mestras e mestres e familias. ACADADO.

    -          A02.2: Videotutoriais (data prevista fin – Primeiro Trimestre):  na acta primeira recordamos que ao inicio de curso, levouse a cabo unha reunión presencial coas nais e pais das alumnas e alumnos na cal se lles explicou como instalar e usar a App. “ABALAR MOBIL” para así poder ter comunicacións regulares entre mestras e mestres e familias.  Deste vez, a maiores, creamos videotutoriais para a súa instalación e posterior uso que subimos á páxina web do centro https://www.ceipprincesaespanha.org/ e que difundimos tamén a través das redes sociais e polos grupos de difusión. ACADADO.
  • OBXECTIVO NÚMERO 3:

    Analizar e salvar as carencias básicas do alumnado en competencia dixital.

    ·       ACCIÓNS A DESENVOLVER:

    -          A03.1: Estudo das necesidades fundamentais do alumnado de acceso ás TICS (data prevista fin – Primeiro Trimestre): pasamos uns cuestionarios de avaliación inicial a través dos equipos informáticos da aula de informática do centro para detectar as necesidades do alumnado con respecto ao acceso ás TICS no seu fogar, dende 3º a 6º de Ed. Primaria. 1º e 2º de Ed. Primaria levaron un cuestionario impreso para casa. Estamos á espera de que todos sexan entregados para cumprir coa seguinte acción deste obxectivo (A03.2). ACADADO.

2º Trimestre

O previsto para a implementación do PD no segundo trimestre atópase en estado realizado, correspondendo aos obxectivos e accións que a continuación se detallan:

OBXECTIVO NÚMERO 1:

Avanzar no uso e coñecemento dos EDI e o software dos mesmos para a creación e o uso co alumnado.

·       ACCIÓNS A DESENVOLVER:

-          A01.2: Desenvolvemento da formación (data prevista fin – Primeiro Trimestre): debido a que o PFPP nos foi concedido a finais de novembro, a formación “As TIC no centro educativo. A pizarra dixital como ferramenta docente. Iniciación á robótica” (O2231032) foi aprazada para o terceiro trimestre por falta de tempo. Tivemos unha formación o 20 de abril sobre os paneis dixitais interactivos que nos chegaron ao centro. O formador, Ignacio, deunos unha formación de dúas horas que nos serviu para arranxar as nosas dúbidas e para pornos ao día para as nosas futuras clases. ACADADO.

-          A01.3: Creación de actividades para EDI (data prevista fin – Segundo Trimestre): esta acción a desenvolver queda adiada para o Terceiro Trimestre por falta de dispoñibilidade horaria. PENDENTE.

OBXECTIVO NÚMERO 3:

Analizar e salvar as carencias básicas do alumnado en competencia dixital.

·       ACCIÓNS A DESENVOLVER:

-          A03.2: Elaboración e aplicación duns obxectivos mínimos por ciclo (data prevista fin – Primeiro/segundo trimestre): xa temos todos os resultados analizados. ACADADO.

3º Trimestre

O previsto para a implementación do PD no segundo trimestre atópase en estado realizado, correspondendo aos obxectivos e accións que a continuación se detallan:

OBXECTIVO NÚMERO 1:

Avanzar no uso e coñecemento dos EDI e o software dos mesmos para a creación e o uso co alumnado.

·       ACCIÓNS A DESENVOLVER:

-          A01.3: Creación de actividades para EDI (data prevista fin – Segundo Trimestre): seguimos creando actividades para EDI.  PENDENTE (PARCIALMENTE).

-          A01.4: Videotitoriais para compartir nas redes (data prevista fin – Terceiro Trimestre): estase desenvolvendo. PENDENTE (PARCIALMENTE).

OBXECTIVO NÚMERO 3:

Analizar e salvar as carencias básicas do alumnado en competencia dixital.

·       ACCIÓNS A DESENVOLVER:

-          A03.3: Aplicación práctica dos obxectivos plantexados (data prevista fin – Segundo/Terceiro Trimestre): estamos realizando a aplicación dos obxectivos do PDC para a súa consecución coa comunidade educativa. PENDENTE (PARCIALMENTE).

*A maiores:

- Estase traballando co material de Polos Creativos, coa implicación do profesorado.

- Estase a subir a revisión do PDC na aplicación EduCalidade.

- As alumnas e alumnos de 6º de Primaria tiveron unha charla/conversa e formación na biblioteca desenvolvida por “Navega con Rumbo” sobre os mellores hábitos e consellos á hora de navegar na rede.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizarase ao finalizar do proceso, ao tentar interpretar, valorar e xulgar os resultados alcanzados en función dos obxectivos marcados na planificación xeral do Plan de Acción. Permitiranos razoar sobre os obxectivos alcanzados, o grao de satisfacción das necesidades establecidas, ver os puntos positivos e negativos para tentar darlles solucións. Permitirá determinar os obxectivos alcanzados nun momento determinado.

 

Non vai constituír un acto illado, independente ou último do proceso, senón que vai forma parte dun proceso continuo en conexión coa avaliación procesual. Establecerase unha investigación preto da práctica, unha cuantificación e cualificación que se reflectirá no período posterior.

Valoración xeral

Os membros do equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro do CEIP Princesa de España chegamos á unha conclusión moi positiva, en canto ao cumprimento dos obxectivos prantexados coas súas respectivas accións, posto que un 80% delas obtiveron o resultado de "ACADADO".

As accións que quedan contamos de acadalas para o próximo curso.

Proposta de mellora

A pesares do optimismo co que avaliamos o noso PDC, establecemos varias propostas de mellora:

- As accións relacionadas coa "Creacion de actividades para EDI e PDIs" (A01.3) e cos "Videotitoriais para compartir nas redes" (A01.4) non obtiveron o resultado de "ACADADO", polo tanto propomos que para o ano se leven a cabo PFPPs no claustro, que permitan un maior coñecemento de todos/as os/as mestres/as e así, facilitar o desenvolvemento de ditas accións.

- Maior uso dos Polos Creativos. Tamén sería necesario levar a cabo formacións entre o profesorado para aproveitar máis o material que nos chegou de Polos Creativos (Plóter de corte, impresora 3D, son combinado con imaxe...) e, deste xeito levar a cabo un proceso de ensinanza moito máis motivador, constructivo, enriquecedor e adaptado ás esixencias tecnolóxicas da sociedade moderna na que vivimos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A primeira comunicación da existencia do PDC será, como se di na norma, o coñecemento por parte do Claustro, dado que hai que informalo e darán a súa opinión sobre a idoneidade do mesmo. A continuación, pasará ao Consello Escolar, a quen se lle fará un achegamento do mesmo, presentándolle o produto final xurdido de todo o proceso e que terán que emitir a súa opinión que, de ser favorable, resultará aprobado para o seu desenvolvemento e aplicación.

 

Superados os trámites anteriores, a difusión do plan levarase a cabo a través da páxina web do cole, cando se informe ao claustro de mestres e sexa aprobado polo consello escolar, así como nas reunións de principio de curso coas familias e aos novos membros do claustro.

 

Ao longo do curso tamén se difundirá a través doutros medios como dípticos, carteis e outras actuacións a través da rede que irán dando a coñecer as partes máis importantes do PDC para que todos os membro da comunidade educativa o sintan como propio.