Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O noso centro educativo, o Centro Público Integrado “Virxe da Saleta”, está situado na Costa, ó suroeste da vila medieval de Cea, a 42º 32' de latitude norte, 7º 55' de lonxitude oeste, e a 524 m. de altitude, no concello de San Cristovo de Cea, localizado ó noroeste da provincia de Ourense, a 24 km. da capital pola estrada N-525 Zamora-Santiago. Atopámonos ó lado dun tramo do Camiño de Santiago – Vía da Prata.

Contextualización do Plan Dixital no centro.
O CPI Virxe da Saleta está situado nun entorno rural, onde a incidencia das novas tecnoloxías aínda é pouca, si se compara con outras comarcas máis próximas ás cidades ou con zonas de rendas per cápita maiores. É especialmente importante, polo tanto, fomentar en maior grao o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación neste centro.
O alumnado de Infantil e Primaria do noso centro nace xa tendo acceso a novos equipos informáticos e ferramentas que fan que a súa motivación para aprender con estas tecnoloxías sexa moi superior á de xeracións anteriores.
O alumnado de Secundaria cursa materias directamente relacionadas coas TIC de carácter obrigatorio, como a Tecnoloxía, e optativas como a Informática que se oferta en 4º ESO. Consideramos que é necesario fomentar o uso dos novos recursos dixitais en tódalas demais áreas que forman parte do currículo.
Para a configuración deste Plan TICS foi preciso ter en conta a diversidade de niveis educativos que atopamos no Centro, a heteroxeneidade do alumnado existente -dadas as diferentes idades cronolóxicas e psicolóxicas- así como, as características do contorno, e así, poder levar a cabo unha atención máis precisa e individualizada.
O Centro sitúase no concello de San Cristovo de Cea, municipio da provincia de Ourense. A este Centro asiste alumnado pertencente aos concellos de San Cristovo de Cea e Piñor. O CPI Virxe da Saleta é un centro que imparte Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria dunha liña.
A creación deste novo marco regulador que será o noso Plan Dixital, resulta imprescindible para guiar o proceso de renovación e a implementación dixital do centro. O Cole pretende incluir as Tecnoloxías dixitais no día a día, utilizando as ferramentas libres para que o alumnado sexa capaz de xestionar de maneira eficiente o uso dos seus equipos.
O cambio lexislativo propiciado pola LOMLOE, incide aínda máis nos uso das tecnoloxías dixitais, obrigando, desde o currículo, a ofertar unha materia en realación as TICs en todos os cursos da ESO. Así mesmo, o proxecto competencial, materia espello da relixión, obrigará ao uso das tecnoloxías da infomación e a comunicación para o seu desenvolvemento.
Dentro dos contidos transversais, volvemos atopar o Plan Dixital, xunto ao plan lector e aos hábitos saudables, o que da mostras da importancia das TICs no quefacer docente.
Tamén o cambio a nivel competencial resalta a  súa importancia ao ter que desenvolver a Competencia Dixital.
O Cole de Cea vai dando pasiños cara a dixitalización do centro, tanto a nivel de equipos, coma de formación do profesorado. A “pandemia” obrigou a un cambio de actitude cara a informática e ao teletraballo. Foi a partir desde terrible mes de marzo cando creamos a aula virtual e todo o mundo comenzou a súa andadura na mesma. Tres accións formativas consecutivas fixemos no curso 2021-2022 para adquirir e actualizar saberes básicos sobre o manexo da aula virtual e as diferentes ferramentas dixitais docentes. No curso pasado formamos o equipo para a elaboración do plan dixital, cos mesmos integrantes que o equipo TIC do centro. Ademais, o curso pasado todo o profesorado e todo o alumnado tivo que realizar a enquisa SELFIE e o profesorado certificar a súa competencia a través do test CDD.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
46 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C.10. Dispositivos para o alumnado para levar a casa. Alumnado Si
Debilidade C.13. Traer propio dispositivo. Alumnado Non
Debilidade G.6 Usase a tecnoloxía para que os alumnos comenten otraballo dos seus compañeiros. Alumnado Si
Debilidade Moitas diferencias nas competencias TICs e medios informáticos das familias, necesarias para o acompañamento do alumnado. Familias Non
Debilidade C.5. Asistencia técnica cando xurden problemas coas TD. Infraestruturas Si
Debilidade C7. Existencia de protección de datos no centro. Infraestruturas Si
Debilidade C.10. Dispositivos para o alumnado para levar a casa. Infraestruturas Non
Debilidade C.14 Espacios físicos con dispositivos dixitais. Infraestruturas Non
Debilidade C.8. Dispositivos dixitais para a aprendizaxe (secundaria). Infraestruturas Si
Debilidade A1.A2. Estratexia dixital (2.8) (xa sería o propio Plan Dixital) Organización de centro Si
Debilidade B.1. Avaliar os nosos progresos en materia de ensino e aprendizaxe con TC. Persoal docente Non
Debilidade F.5. Uso da TD para facilitar a colaboración entre o alumnado. Persoal docente Si
Debilidade E2. Creación de contidos dixitais (primaria). Persoal docente Si
Debilidade F.6.Fomento da participación en proxectos interdisciplinais usando TD. Persoal docente Si
Debilidade F1. O profesor usa tecnoloxías dixitais para adaptar o método de ensino para alumnado con NEEA. Persoal docente Si
Debilidade F3. Uso de tecnoloxías para actividades creativas. Persoal docente Si
Debilidade F6. Traballo en grupo mediante tecnoloxías. Persoal docente Si
Debilidade F9. Proxectos que implican diferentes materias (primaria). Persoal docente Si
Debilidade G. 5 O profesorado e o alumnado de secundaria usa a tecnoloxía par mellorara súa aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade G.1 O profesorado usa tecnoloxías dixitais para avaliar habilidades. Persoal docente Si
Debilidade G.7 O profesorado usa tecnoloxías dixitais para avaliar. Persoal docente Si
Debilidade Disposición limitada a dous días á semana do persoal administrativo. Persoal non docente Non
Fortaleza H1. No noso centro apréndese a actuar de forma segura en internet. Alumnado Si
Fortaleza H4. No noso centro apréndese a comprobar se a información é precisa e fiable. Alumnado Si
Fortaleza H2. O alumnado aprende a actuar de maneira responsable en internet. Alumnado Non
Fortaleza H7. No noso centro o alumnado aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Si
Fortaleza H8. O alumnado aprende a comunicarse coas tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza H10. Utiliza tecnoloxía en diferentes materias. Alumnado Non
Fortaleza Facilidade e cercanía na comunicación coas familias. Familias Non
Fortaleza C.1. Infraestrutura dixital respalda o proceso de ensino aprendizaxe. Infraestruturas Si
Fortaleza C.2.Dispositivos dixitais para a miña labor docente. Infraestruturas Si
Fortaleza C.3. Dispoñemos de acceso a internet para o proceso de ensino aprendizaxe e para os estudos. Infraestruturas Si
Fortaleza C.8. Dispositivos dixitais para a aprendizaxe (primaria) Infraestruturas Non
Fortaleza A3. Novas formas de ensino con TD. Oferta Si
Fortaleza A.3 Existe apoio do equipo directivo para novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais (TD). Organización de centro Si
Fortaleza D.2.D.3. O profesorado ten acceso a PFPP relacionado coas TD e debate as posibilidades de formación coas TD. Persoal docente Si
Fortaleza E3. O profesorado utiliza contornos virtuais de aprendizaxe en línea. Persoal docente Si
Fortaleza E4. O profesorado utiliza TD para as comunicación de centro. Persoal docente Si
Fortaleza E5. O profesorado utiliza recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Fortaleza E2. Creación de contidos dixitais (secundaria). Persoal docente Si
Fortaleza F4. Motivamos ao alumnado con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza G.3 O profesorado usa tecnoloxía dixital para facilitar a retroalimentación. Persoal docente Si
Fortaleza B.2. Debátese sobre as vantaxes e desvantaxes das novas tecnoloxías Persoal docente Si
Fortaleza D.1. Necesidades de DPC (debatemos sobre o ensino con TD). Persoal docente Si
Fortaleza E1. Busca recursos educativos e dixitais en internet. Persoal docente Si
Fortaleza F9. Proxectos que implican diferentes materias (secundaria). Persoal docente Si
46 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de planificación a longo prazo na mellora das infraestruturas relacionadas coas TICs. Administración educativa Non
Ameaza Continuos cambios e subcontratación de servizos de instalación e mantemento da internet. Administración educativa Non
Ameaza Falta de conectividade para as familias en moitos puntos da zona de influencia do centro. Contorna Non
Ameaza Cambios continuos na lexislación educativa, en todos os ámbitos. Lexislación Non
Oportunidade Colaboracion coa ANPA na organización de xornadas divulgativas para familias sobre uso seguro de TICs. ANPA Non
Oportunidade Dinamización e promoción do rural, co obxectivo de mellora da conectividade en zonas illadas. Contorna Non
Oportunidade C.7 Existencia de protección de datos. Lexislación Si
Oportunidade B.3. O centro utiliza as tecnoloxías dixitais para colaborar con outras organizacións. Outras Si
Oportunidade Colaboración co concello que tende a dinamizar as comunicacións e promocionar o concello a través das TICs. Outras Non
Oportunidade Colaboración mediante as redes con outros organismos (asociacións, persoeiros, profesionais) da contorna. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Para este curso pretendemos seguir co plan dixital, mellorar nos aspectos de formación e infraestructuras e aumentar o número de profesorado que use a aula virtual coma a ferramenta de traballo e comunicación co seu alumnado. Tendo en conta as nosas debilidades e fortalezas internas, así como, as ameazas e as oportunidades externas. Apostamos por un Plan de Formación Permanente de Profesorado que permita a formación dixital máis básica para o profesorado e para o equipo TIC. Ademais, pretendemos mellorar o equipamento do centro que permita por en valor as novas competencias dixitais do profesorado nos procesos de ensino e aprendizaxe co seu alumnado ben sexa nas clases ou nos proxectos interdisciplinarios desenvolvidos no centro. Posteriormente pretendemos incorporarnos a proxectos dixitais máis ambiciosos como EDIXGAL ou a rede AGUEIRO, así como, a formación para a xestión da páxina web do centro e das redes sociais do centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Participar nun plan de formación do profesorado en ferramentas dixitais.
O02PD Seleccionar e participar en proxectos interdisciplinais que utilicen ferramentas dixitais (F5).
O03PD Promover nas familias o uso das ferramentas dixitais para a comunicación co centro (E4)
O04PD Promover o uso da Aula Virtual (AV) do centro polo alumnado
O05PD Fomentar a implicación, colaboración e creatividade mediante tarefas interdisciplinais a través das tecnoloxías dixitais.
O06PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente
O07PD Reducir número e o tempo de resolución de incidencias a resolver polo equipo TIC relacionadas co funcionamento do equipamento.
O08PD Formar ao equipo TIC sobre a maqueta abalar (nivel avanzado)
O09PD Migrar os equipos informáticos do centro ao software libre (maqueta abalar)
O10PD Promover o coñecemento do Plan E-Dixgal
O11PD Mellorar a a xestión da Aula Virtual (AV)
O12PD Mellorar a a xestión da páxina web do centro.
O13PD Mellorar a a xestión, manexo, educación e colaboración a través das redes sociais do centro.
O14PD Promover a avaliación (heteroavaliación, coavaliación e autoavaliación) a través da Aula Virtual (AV)
O15PD Promover o coñecemento da Rede Educativa Dixital AGUEIRO
O16PD Mellorar a conectividade
O17PD Determinar as necesidades de equipamento informático do centro para a súa renovación e reciclaxe

Seguimento

Procedemento

O equipo TIC reúnese todos os mércores de 11:30 a 12:20 horas e trata os diferentes obxectivos e accións a realizar no Plan TIC.

Recóllese nun documento as accións que se realizan en cada un dos obxectivos para finalmente trasladar esa información ao Plan TIC en Educalidade.

1º Trimestre

O01PD. Elaboramos un Plan de Formación Permanente de Profesorado: No que buscamos primeiro formar ao Equipo TIC para un control da maqueta Abalar que permita a instalación, actualización e aproveitamento dos recursos TIC. En segundo lugar formar ao profesorado na utilización da maqueta Abalar para o aproveitamento das aplicacións das que dispón a nivel ofimático e educativo e para a configuración de escritorio e organización da información en carpetas. E en terceiro lugar formar ao profesorado na configuración e matriculación de participantes nun curso, utilización e creación de recursos e na avaliación do alumnado a través da aula virtual.
O02PD. Apróbase en claustro a realización dos seguintes proxectos interdisciplinarios cunha importante compoñente dixital: 1. Digicraft. 2. Radio Roxar. 3. Revista do Picurí. 4. Radio na Biblio. E constitúense os equipos de traballo.
O03PD. Infórmase ás familias de que se estableceuse como principal vía de comunicación coas familias a aplicación abalarMóbil. Ademais, o correo electrónico utilízase para comunicacións relacionadas con organismos de control e xestión do centro. En caso de Urxencia utilízase a comunicación máis inmediata a través de chamada telefónica. As comunicacións por circulares en papel impreso redúcense máis dun 80% respecto a cursos anteriores á pandemia. Son fundamentalmente solicitudes de autorización de excursións e matriculación. A páxina web do centro, as redes sociais e os blogs utilízanse para facer visibles as diversas accións e actividades do centro. A aula virtual serve de comunicación co alumnado na súa formación e avaliación académica.
O04PD. O equipo TIC crea os diferentes cursos e realiza a matriculación masiva do alumnado. O profesorado contribúe na matriculación de alumnado. O profesorado publica recursos educativos nos seus cursos da Aula Virtual. O alumnado de secundaria e parte do alumnado de primaria sabe acceder a aula virtual e realiza as actividades propostas polo profesorado.
O05PD. Créanse os cursos que levan a realización de proxectos interdisciplinarios nos que colaboran as materias de Tecnoloxía e dixitalización de 1º ESO e o proxecto competencial de 1º ESO.
O06PD. Créase a través do plan de formación de profesorado un curso de formación destinado á creación de contidos na aula virtual. Créase na aula virtual un curso para xestionar o desenvolvemento de formación. Créase para cada profesor/a participante o seu propio curso laboratorio na aula virtual do centro para realizar as tarefas encomendadas para a súa aprendizaxe na creación de recursos e na avaliación do alumnado.
O07PD. O equipo TIC elabora unha guía de resolución de incidencias básicas.
O08PD. Créase a través do plan de formación permanente de profesorado un grupo de traballo O2205141 - PFPP O2231106 Formación na maqueta Abalar destinado á aprendizaxe: da instalación, da actualización, da instalación de programa EPOPTES e Samba e a configuración da maqueta Abalar.
O09PD. O equipo TIC promociona o uso da maqueta Abalar entre o profesorado do centro.
O10PD. O equipo TIC consigue a maqueta E-dixgal grazas ao asesor do Plan TIC.
O11PD. O equipo TIC xestiona a creación de cursos ao inicio de curso da aula virtual. O profesorado colabora coa matriculación do alumnado nos seus cursos.
O12PD. O equipo directivo e o equipo TIC considera a páxina web do centro é unha das principais vías de promoción das actividades realizadas no centro. Ademais, publican as principais actividades desenvolvidas polo centro.
O equipo directivo publica a documentación que precisan as familias do centro.
O13PD. O equipo directivo e o equipo TIC considera que as redes sociais permiten promocionar a labor do centro a toda a comunidade educativa posto que as publicacións que se realicen son notificadas de xeito inmediato a meirande parte familias. O equipo directivo e o equipo TIC publican as principais actividades desenvolvidas polo centro.
O14PD. Créase a través do plan de formación de profesorado un curso de formación destinado á creación de contidos e a avaliación na aula virtual. Créase na aula virtual un curso para xestionar o desenvolvemento de formación. Créase para cada profesor/a participante o seu propio curso laboratorio na aula virtual do centro para realizar as tarefas encomendadas para a súa aprendizaxe na creación de recursos e na avaliación do alumnado.
O15PD. Publícase na Aula Virtual no curso PFPP a información da Red Educativa Dixital Agueiro.
O16PD. O equipo directivo xestiona a creación de contas de usuario para o alumnado para obter a conectividade por wifi nos equipos portátiles do centro. O equipo directivo e o equipo TIC xestiona as incidencias de conectividade a través da Unidade de Atención a Centros.
O17PD. O equipo directivo e o equipo TIC elabora un inventario do equipamento dixital do centro e solicita a través do plan dixital o equipamento que precisa o centro.

2º Trimestre

O01PD. Ponse en marcha diferentes itinerarios de formación: un seminario de formación de profesorado: O2206174 - PFPP O2231106 para na utilización da maqueta Abalar para o aproveitamento das aplicacións das que dispón a nivel ofimático e educativo e para a configuración de escritorio e organización da información en carpetas. Un grupo de traballo O2205141 - PFPP O2231106 para formar ao Equipo TIC para un control da maqueta Abalar que permita a instalación, actualización e aproveitamento dos recursos TIC. E un curso de formación de profesorado: O2201048 - PFPP O2231106 para a configuración e matriculación de participantes nun curso, utilización e creación de recursos de recursos e na avaliación do alumnado a través da aula virtual.
O02PD. No proxecto de Digicraft realízanse tarefas de formación por videoconferencia. Aplícanse as tarefas traballadas na formación á práctica co alumnado de 4º e 6º de primaria. No proxecto de radio Roxar realízanse gravacións de podcast e programas de radio co alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria ao longo de todo o curso utilizando o equipo de gravación do centro e o software libre Audacity.  No proxecto da revista Picurí recóllense elabora o profesorado co alumnado os artigos con fotos (utilizando libre office) das principais actividades desenvolvidas no centro nos derradeiros dous cursos. No seguinte trimestre utilízanse os programas Canva para a maquetación e o GIMP para o tratamento de imaxes.  No proxecto de radio na Biblio realízanse tarefas de formación do alumnado. E realízanse gravacións co alumnado de educación primaria e de educación secundaria co equipo de gravación do centro e o software libre Audacity.
O03PD. Difúndese á comuniidade educativa as vías de comunicación a través da páxina web do centro onde se recolle a información os medios e ferramentas de comunicación co centro e coas circulares envíase tamén información co enderezo do centro, co teléfono e co correo electrónico.
O04PD. O profesorado nas materias TIC guía ao alumnado nun comportamento responsable na creación de contidos. O alumnado de secundaria coñece o significado de propiedade intelectual e o de dereitos de autor.
O05PD. O profesorado ao longo de todo o curso guía ao alumnado nos proxectos interdisciplinarios para a creación dos seus propios proxectos e produtos.Propoñense tarefas na aula virtual para que o alumnado poida subir os diferentes elementos dos seus proxectos.
O06PD. O profesorado aprende no curso de creación de contidos e avaliación na aula virtual a crear materiais e recursos dixitais e a avalialos a través de cursos proba. Ademais, crea recursos adaptados as necesidades educativas do seu alumnado na aula virtual a través dos seus propios cursos laboratorio
O07PD. O equipo TIC elabora contidos de formación e probas de avaliación prácticas para o profesorado para a resolución de incidencias dentro do seminario e o curso do PFPP. O profesorado aprende a resolver incidencias básicas co equipamento informático do centro. O alumnado de materias de TIC aprende os diferentes compoñentes do hardware dun ordenador e a súa funcionalidade e a resolver incidencias básicas de equipamento comprobando conexións: eléctricas, periféricos de hardware de entrada e saída (pantalla, teclado, rato, lousa dixital, son), conexións de rede, conexións internas (disco duro, memorias ram, electricidade, ...).
O08PD. O equipo TIC recibe formación na instalación e actualización de aplicacións na maqueta ABALAR, para a configuración do escritorio, para instalación de aplicacións Epoptes e Samba.
O09PD. No seminario e o curso de formación do Plan de Formación Permanente de Profesorado (PFPP) do centro para este curso traballaron en ordenadores coa maqueta Abalar como sistema operativo. Ademais, ensinouse como configurar o escritorio do ordenador.
O10PD. O equipo TIC proba a maqueta do plan E-Dixgal
O11PD. O equipo TIC xestiona as incidencias relacionadas coa inclusión de novos usuarios e o esquecemento de contrasinais de acceso á aula virtual.
O12PD. O equipo directivo e o equipo TIC publican as principais actividades desenvolvidas polo centro na páxina web do centro. O equipo directivo publica a documentación que precisan as familias do centro.
O13PD. O equipo directivo e o equipo TIC publican as principais actividades desenvolvidas polo centro nas redes sociais.
O14PD. O profesorado aprende no seminario e no curso de creación de contidos e avaliación na aula virtual a aprende a crear a crear recursos e actividades avaliables para poder asocialas no derradeiro trimeste ao libro de cualificacións.
O15PD. O asesor do Plan Dixital explica no Seminario do PFPP o funcionamento da Rede Dixital AGUEIRO.
O16PD. O equipo TIC elabora contidos de formación e probas de avaliación prácticas para o profesorado para a resolución de incidencias relacionadas coa conectividade dentro do seminario e o curso do PFPP. O profesorado aprende a resolver incidencias básicas de conectividade. O alumnado de materias de TIC aprende a resolver incidencias básicas de conexións de rede.
O17PD. O equipo directivo e o equipo TIC recolle as principais necesidades de equipamento informático para a xestión e adminstración do centro, para aulas de informática, para o funcionamento da biblioteca, para o desenvolvemento de materias TIC e dos proxectos interdisciplinarios, para o desenvolvemento do proceso de ensino e aprendizaxe en educación infantil, primaria e secundaria, do alumnado.

3º Trimestre

O01PD. Finalízanse os diferentes itinerarios de formación: o seminario de formación de profesorado: O2206174 - PFPP O2231106, o grupo de traballo O2205141 - PFPP O2231106 e o curso de formación de profesorado: O2201048 - PFPP O2231106
O02PD. Finalízanse as tarefas que quedan recollidas nas memorias de cada proxecto.  Os recursos adquiridos e utilizados en cada proxecto quedan recollidos nas memorias de cada proxecto. Os produtos obtidos están subidos na páxina web do centro, nas redes sociais do centro (facebook, twitter e instagram), no blog da biblioteca Ramón Caride e no blog de EDL do centro. Hai que destacar que todos os proxectos teñen como protagonistas o alumnado de primaria e secundaria do centro. Son eles os que realizan as tarefas de Digicraft, os que realizan as gravacións de podcast e programas en Radio Roxar e na Radio na Biblio e os que elaboran a revista Picurí do noso centro.
O03PD. Rexistranse as comunicacións realizadas coa aplicación de comunicación abalarMobil, as circulares enviadas ás familias, as entradas do alumnado na aula virtual.
O04PD. O alumnado das materias TIC utiliza, comparte e modifica recursos segundo a licencia Creative Commons. Ademais, o alumnado aprende a comunicarse de forma segura recoñecendo  enlaces dubidosos, descargando aplicacións de lugares oficiais, navegando por páxinas seguras, tendo coidado con contactos descoñecidos nas redes sociais, e utiliza contrasinais seguros.
O05PD. O alumnado sube os seus proxectos a aula virtual: xogo de Xadrez, xogo de Twister e xardineiras con plantas aromáticas. Publícanse na web do centro un resumo do desenvolvemento do  proxecto “Mellora dos patios de secundaria” neste curso.

O06PD. Cada semana o alumnado de secundaria e parte do alumnado de primaria vai co profesorado a aula de informática nas súas horas de clase e/ou nas titorías e acceden a aula virtual para realizar as tarefas propostas polo profesorado.
O07PD. O equipo TIC avalía o coñecemento do profesorado e do alumnado de secundaria  para resolver incidencias mediante probas prácticas nas sesións do PFPP na aula de informática II do centro.
O equipo TIC establece un protocolo para xestionar as incidencias informáticas do centro.
O08PD. O equipo TIC pon en práctica o aprendido na formación e instala e actualizaa maqueta Abalar e aplicacións como Epoptes e Samba nos equipos das aulas de informática do centro (38 equipos).
O09PD. No seminario e o curso de formación do PFPP do centro traballaron con aplicativos da maqueta como: captura de Pantalla, Buscador Nautilus e Xestor de Ficheiros, Libre Office, GIMP e Lumi. O equipo TIC instalou a maqueta Abalar nos ordenadores das aulas do centro que non tiñan maqueta Abalar. Quedan os ordenadores de xestión de centro instalados dende a Xunta de Galicia con sistema operativo Windows.
O10PD. Os titores dos cursos do terceiro ciclo de educación primaria teñen unha predisposición positiva cara o plan E-Dixgal.
O11PD. O equipo TIC elabora un protocolo de xestión da aula virtual e o pon en funcionamento para unha mellor xestión da mesma.
O12PD. O equipo directivo e o equipo TIC publican as principais actividades desenvolvidas polo centro.
O equipo directivo publica a documentación que precisan as familias do centro. O equipo TIC considera que é importante a formación para unha mellor xestión e promoción da páxina web do centro.
O13PD. O equipo directivo e o equipo TIC publican as principais actividades desenvolvidas polo centro nas redes sociais. O equipo TIC considera que é importante regular mediante un protocolo a xestión das redes sociais.
O14PD. O profesorado aprende no seminario e no curso de creación de contidos e avaliación na aula virtual a aprende a crear o seu libro de cualificacións, a crear actividades avaliables (tarefa, H5P, etc.) asociar as actividades ao libro de cualificacións, realizar as actividades e avaliar as actividades e ver as notas no libro de cualificacións.
O15PD. O profesorado que participou no PFPP ten unha predisposición positiva respecto a Rede Dixital AGUEIRO.
O16PD. O equipo TIC avalía o coñecemento do profesorado e do alumnado de secundaria para resolver incidencias mediante probas prácticas nas sesións do PFPP na aula de informática II do centro. O equipo TIC establece un protocolo para xestionar as incidencias informáticas do centro entre elas as incidencias relacionadas coa conectividade.

O17PD. O equipo directivo encárganse de proporcionar os seguintes recursos:
Renovación de equipamento para a comunicación e protección de datos persoais nas dependencias de administración e xestión do centro. Memorias RAM, discos sólidos, auriculares con micrófono, adaptadores USB a son e a maqueta Abalar nas aulas de informática. Ordenadores portátiles, un carro de carga e un convertedor de rede cableada a sinal wifi na biblioteca do centro. Horarios e equipos optimizados para utilizar nas materias TIC nas aulas de informática. Adaptación dun espazo para que serva como estudo de son e equipamento novo de son para o proxecto de Radio na Biblio. Televisións táctiles con teclado e rato para as aulas de infantil e do primeiro e segundo ciclo de educación primaria para este curso e do terceiro ciclo de primaria e educación secundaria para o vindeiro curso. Ademais, proporciona pantallas para que permita ao profesorado traballar cando o alumnado utilice a televisión dixital. Proporciona equipos portátiles ao alumnado que non dispón nas súas casas equipos informáticos. Proporciona teléfonos de centro para utilizar nas excursión e nas sesións de educación física do centro
O equipo TIC establece un plan para a reciclaxe do equipamento informático do centro a medida que se realice a renovación do equipamento informático.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Establecemos que o procedemento de avaliación baséase nos obxectivos acadados a través do cumprimento das accións de cada un deles.

Acadáronse os seguintes doce obxectivos:

O01PD. Participar nun plan de formación do profesorado en ferramentas dixitais. O02PD. Seleccionar e participar en proxectos interdisciplinarios que utilicen ferramentas dixitais. O03PD. Promover nas familias o uso das ferramentas dixitais para a comunicación co centro. O04PD. Promover o uso da Aula Virtual do centro polo alumnado. O05PD. Fomentar a implicación, colaboración e creatividade mediante tarefas interdisciplinarias a través das tecnoloxías dixitais. O06PD. Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente. O07PD. Reducir número e o tempo de resolución de incidencias a resolver polo equipo TIC relacionadas co funcionamento do equipamento. O08PD. Formar ao equipo TIC sobre a maqueta abalar (nivel avanzado). O09PD. Migrar os equipos informáticos do centro ao software libre (maqueta Abalar). O11PD. Mellorar a xestión da Aula Virtual. O16PD. Mellorar a conectividade. O17PD. Determinar as necesidades de equipamento informático do centro para a súa renovación e reciclaxe.

Os restantes cinco obxectivos foron iniciados nas súas accións pero non acadados:

O010PD. Promover o coñecemento do Plan E-Dixgal. O012PD. Mellorar a a xestión da páxina web do centro. O013PD. Mellorar a xestión, manexo, educación e colaboración a través das redes sociais do centro. O014PD. Promover a avaliación (heteroavaliación, coavaliación e autoavaliación) a través da Aula Virtual. O015PD. Promover o coñecemento da Rede Educativa Dixital AGUEIRO.

Valoración xeral

O Plan TIC do noso centro é un proxecto ambicioso que ten 17 obxectivos que se interrelacionan dependendo a consecución duns da realización doutros.

O traballo desenvolvido dende o inicio de curso polo Equipo TIC en colaboración co equipo directivo, o profesorado do centro e o alumnado permitiu acadar 12 dos obxectivos.

Para lograr estes obxectivos foi fundamental o Plan de Formación Permanente de Profesorado. Este permitiunos desenvolver as competencias dixitais entre o profesorado do centro. Este desempeño levou a unha mellora significativa na autonomía do profesorado na xestión das competencias dixitais de modo que permitiu contribuir a consecución de obxectivos que sabiamos que dependían deles. Así grazas a formación do profesorado conseguimos contribuir a obxectivos relacionados con:

1. Fomentar a implicación, colaboración e creatividade mediante tarefas interdisciplinarias a través das tecnoloxías dixitais.

2. Participar en proxectos interdisciplinarios que utilizan ferramentas dixitais.

3. Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente.

4. Promover o uso da aula virtual do centro polo alumnado.

5. Promover a avaliación a través da aula virtual.

6. Mellorar a xestión da aula virtual.

7. Reducir o número e o tempo de resolución de incidencias relacionadas co funcionamento do equipamento.

Por outra banda o Plan de Formación de Profesorado tiña un grupo de traballo para a aprendizaxe avanzada na maqueta Abalar por parte do equipo TIC.Isto permitiu a consecución dos obxectivos relacionados con:

1. Migrar os equipos informáticos do centro ao software libre (maqueta Abalar)

2. Reducir o número e o tempo de resolución de incidencias relacionadas co funcionamento do equipamento e da conectividade.

3. Determinar as necesidades reais de equipamento informático do centro para a súa renovación e reciclaxe

Ademais, dende o equipo TIC xestionouse a preparación das sesións de formación nos seminario e no curso para o profesorado contribuíndo deste xeito aos obxectivos relacionados coa formación do profesorado.

Se ben é certo que non acadamos todos os obxectivos hai que destacar que a labor de formación permitiu acadar máis do 70% dos obxectivos que dependían de converter as nosas debilidades en fortalezas. O escaso 30% restante non foi deixado de lado senon que foi iniciado e pretendemos rematalo o vindeiro curso.

Proposta de mellora

O equipo TIC propón para o vindeiro curso as seguintes propostas:
1. Fortalecer os obxectivos acadados neste curso favorecendo a formación do profesorado
1.1. Elaboraremos vídeos titoriais curtos que permitan ao profesorado consultar calquera dúbida para a administración de cursos,  a creación de contidos dixitais e a avaliación a través da aula virtual.
1.2. Probaremos a eficiencia dos protocolos elaborados para a resolución de incidencias e para a xestión da aula virtual.
1.3. Fomentaremos a implicación, colaboración e creatividade mediante tarefas interdisciplinarias a través das tecnoloxías dixitais.
1.4. Participaremos en proxectos interdisciplinarios que utilizan ferramentas dixitais.
2. Completar e mellorar os obxectivos que non se puideron rematar este curso relacionados con:
2.1. Promover de forma máis exhaustiva o coñecemento do Plan E-Dixgal como entorno virtual de aprendizaxe, ao que se pode acceder offline a través da maqueta Abalar. Ademais, proporcionan toda a documentación para unha formación inicial e unha formación avanzada.  Buscaremos promover o seu coñecemento no primeiro trimestre para unha posible solicitude de incorporación para o vindeiro curso dada a positiva predisposición do profesorado.
2.2. Mellorar a xestión da páxina web do centro para o que se promoverá crearase un grupo de formación para a aprendizaxe de Drupal para mellorar a xestión da páxina web do centro. A través do proxecto de webs dinámicas búscase principalmente favorecer a comunicación coa comunidade educativa permitindo o achegamento da labor realizada no noso centro ás familias.
2.3. Mellorar a xestión, manexo, educación e colaboración a través das redes sociais do centro.
2.4. Promover a realización da avaliación a través da Aula Virtual para o que cremos necesario promover a continuidade da formación do profesorado coa Aula Virtual para asentar a creación de contidos e a creación e utilización de libros de cualificación.
2.5. Promover o coñecemento e a utilización da Rede Educativa Dixital AGUEIRO que combina un portafolio dixital  máis unha rede social educativa.
O portafolio dixital é un sistema no que o alumnado pode rexistrar de forma permanente "evidencias da súa aprendizaxe" en formatos que poden ser almacenados dixitalmente: documentos, páxinas, fotos, vídeos, ...etc. Todos estes elementos chámanse "artefactos" en Agueiro.
A rede social educativa é un sistema que ofrece a posibilidade de crear comunidades dixitais educativas en liña, onde poden interactuar o alumnado e o profesorado. Pero en Agueiro pódense facer moitas máis cousas, utilizando diversas ferramentas dixitais.
3. Incorporar novos obxectivos:
3.1. Promover o coñecemento e uso de Abalar Box como directorio de almacenamento corporativo.
3.2. Colaborar co plan Espazos libres de móbiles incluído no proxecto de Hábitos Saudables do centro para preservar os tempos libres de tecnoloxía dixital para o noso alumnado e profesorado do centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia ou protocolo para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa farase como ven sendo habitual, a web do centro e as diferentes redes sociais cun enlace á mesma, así como directamente a todo o profesorado do centro a través do correo corporativo.