Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do PD en relación coa normativa vixente.

En Galicia eos compromisos dos ODS e da Axenda 2030 reflectíronse no eixo da dixitalización no proxecto “Estratexia Galicia Dixital 2030” (EGD 2030) e, dentro desta, a “Estratexia de Educación Dixital 2030” senta as bases e marca o camiño para conseguir unha transformación dixital nas aulas a través de 12 programas entre os que se atopa o Plan Dixital de Centro.

Ademais da normativa que regula as estratexias e programas citadas no parágrafo anterior hai que destacar as seguintes normas que regulan o Plan Dixital:

•            Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

•            Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

•            Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

•            Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 

Contextualización do PD no Centro e contribución ao Proxecto Educativo.

A competencia dixital é unha das competencias clave nas que é preciso traballar co alumnado de xeito transversal ao longo do seu período escolar básico. Por este motivo é fundamental que cada centro teña definida unha estratexia neste ámbito. Pretendemos, por tanto, que o Plan Dixital sexa un instrumento de planificación integrado no Proxecto Educativo que marque as liñas para tratar a información acadar a competencia dixital e a integración das TIC como ferramentas didácticas nos procesos de ensinanza-aprendizaxe.

O Plan Dixital concíbese como un documento vivo que contén os acordos acadados no Centro con respecto aos obxectivos xerais do plan, as estratexias de dinamización e a xestión dos recursos tecnolóxicos e a inclusión das TIC nas diferentes concrecións curriculares. Ainda que o Plan Dixital garda unha estreita relación coa competencia  Tratamento da Información e competencia dixital , a natureza complexa e globalizadora desta competencia implica que as decisións tomadas neste documento contribúan ao desenvolvemento do resto das competencias básicas, especialmente , a competencia para Aprender a aprender, competencia en Comunicación Lingüística e competencia Social e cidadá.

Pola súa parte na PXA do curso que ven, como documento de concreción do Proxecto educativo, ligaremos parte dos obxectivos coa dixitalización, tanto do centro como da sociedade.

 

Proceso de elaboración.

O primeiro paso para a elaboración deste Plan foi a realización dunha enquisa (SELFIE) e un TEST de comoerencia dixital dos docentes (Test CDD) á comunidade educativa  onde se deron a coñecer as necesidades  e as fortalezas con respecto a competencia dixital. Posteriormente, analizamos os resultados nunha matriz que reflectiu as Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunudades (DAFO)  e propuxemos, en función deles, un plan de acción para alcanzar os obxectivos propostos para mellorar os puntos débiles con respecto á integración do dixital a nivel de toda a comunidade educativa, as instalacións e as infraestruturas.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A información previa que se empregou para poder facer a análise DAFO foron o cuestionario SELFIE e o test CDD, ambas ferramentas deseñadas pola Comisión Europea. Ademáis tamén se tiveron en conta as opinións dos integrantes do equipo redactor do Plan Dixital que coñecen a realidade do centro e por tanto serven para matizar os resultados das enquisas.

Interno
38 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de consciencia sobre os perigos de internet por parte do alumnado. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non aprende a actuar de xeito seguro nin responsable en internet. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non aprende a verificar a información de internet. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non aprende a codificar nin a programar. Alumnado Non
Debilidade Falta de formación e recursos para crear contidos dixitais polo alumnado. Alumnado Non
Debilidade Falta de consciencia do alumnado sobre os perigos de internet. Alumnado Non
Debilidade Falta de formación e recursos para crear contidos dixitais polo alumnado. Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital das familias. Familias Non
Debilidade Equipamento obsoleto. Infraestruturas Non
Debilidade Falta de espazos físicos que faciliten o ensino con TD. Infraestruturas Non
Debilidade Faltan dispositivo dixitais para o labor docente. Infraestruturas Non
Debilidade Falta de dispositivos dixitais para docentes e alumnos e adaptados para o ANEE. Infraestruturas Non
Debilidade Non hai portátiles para que o alumnado os leve a casa cando precise. Infraestruturas Non
Debilidade Cursos para os docentes pouco prácticos e non adaptados á realidade educativa. Oferta Non
Debilidade Non hai plan para axudar a identificar as necesidades do alumnado vulnerable para a aprendizaxe mixta. Organización de centro Non
Debilidade Non existe estratexia dixital no centro. Organización de centro Non
Debilidade Non existen repositorios nin bibliotecas en liña con material para o e-a. Outras Non
Debilidade Os docentes non participan en redes profesionais. Persoal docente Non
Debilidade Falta de tempo dos docentes para explorar o ensino dixital. Persoal docente Non
Debilidade Non se usan TD para colaborar con outras organizacións. Persoal docente Non
Debilidade Non se usan as TD para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe . Persoal docente Non
Debilidade Falta xeneralizada de autocrítica. Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado pode facer un seguimento das tarefas a través da aula virtual do centro ou do EVA do proxecto Edixgal na maioría das materias Alumnado Non
Fortaleza Boa disposición do alumnado para o uso de tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Fortaleza Non hai dificultades para implicar ao alumnado na aprendizaxe mixta. Alumnado Non
Fortaleza Non hai dificultades para asistir ás familias no apoio ao alumnado. Familias Non
Fortaleza A ANPA aboga pola implementación das tecnoloxías dixitais no ensino. Familias Non
Fortaleza Facilítase acceso a internet para o labor docente Infraestruturas Non
Fortaleza O alumnado NEE ten acceso a tecnoloxías asistenciais Infraestruturas Non
Fortaleza O equipo directivo coñece a lexislación sobre adquisición de dispositivos. Organización de centro Non
Fortaleza Disponse de asistencia técnica para problemas coas TD. Organización de centro Non
Fortaleza Existe un adecuado apoio técnico no centro. Organización de centro Non
Fortaleza O centro promove a creación conxunta de coñecemento a través da organización dun Plan de formación en centros do que moitos docentes forman parte. Organización de centro Non
Fortaleza Realízanse avisos e notificacións a través da aplicación abalar Móbil. Organización de centro Non
Fortaleza O centro difunde a información de interese e facilita o seguimento da actividade académica do alumnado a través de servizos dixitais educativos corporativos. Organización de centro Non
Fortaleza Creación de recursos dixitais para reforzar o seu método de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza Uso de TD para comunicaións relativas ao centro educativo. Persoal docente Non
Fortaleza Uso de actividades dixitais de aprendizaxe que motivan ao alumnado. Persoal docente Non
38 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza As modalidades de formación non se axustan ás necesidades do profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Cursos para os docentes pouco prácticos e non adaptados á realidade educativa (cursos xunta) Administración educativa Non
Ameaza Acceso limitado do alumnado a internet no fogar. Contorna Non
Ameaza Falta de colaboración intercentros para compartir experiencias. Outras Non
Oportunidade Aposta da administración por un cambio no ensino da man das TD. Administración educativa Non
Oportunidade O equipo directivo coñece a lexislación sobre adquisición de dispositivos Lexislación Non
Oportunidade Respéctanse os dereitos de autor e as licenzas de uso. Lexislación Non
Oportunidade Posibilidade de reutilización, compartición colaboración e mellora continua dos recursos sempre que se atopen en óptimas condicións e actualizados Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Empregar as pantallas dixitais como ferramenta habitual de aprendizaxe tendo en conta ao alumnado con NEAE. Usalas non só como proxectores. (Prácticas de Ensino e Aprendizaxe)
02PD Empregar a aula virtual (AV) do centro como ferramenta de ensino aprendizaxe para que todo o alumnado poida acceder ao día a día da aula a través deste plataforma.
03PD Emprego de ABALAR-PRO por parte de todos os docentes como ferramenta de comunicación coas familias (avisos, solicitude de titorías, xustificación de faltas¿)
04PD Coñecer as ferramentas institucionais que pon á nosa disposición a Xunta e afondar no uso dunha delas en función da etapa educativa.
05PD Implementar o programa E- dixgal en 2 E.S.O. e continuar en 1 E.S.O.
06PD Formación específica en sistemas de comunicación alternativa baseadas nas TIC para alumnado con NEE
07PD Empregar as ferramentas que nos proporciona a aula virtual do centro para elaborar recursos de ensino-aprendizaxe .
08PD Posta en marcha dos Polos Creativos.

Seguimento

Procedemento

O seguimento do Plan Dixital realizouse a través das actas das reunións do equipo EDPD e das reunións coa mentora ADIX. Comprobouse en cada reunión o estado dos obxectivos e analizáronse os motivos da evolución de cada un deles. 

1º Trimestre

As funcións que se levaron a cabo durante este trimestre foron:

  • Nomeamento de novos coordinadores, tanto do PD como da liña PD do PFPP.
  • Funcións de cada equipo.
  • Nomeamento do novo equipo dinamizador.
  • Revisión dos obxectivos do PD para analizar da pertinencia deles xa que se engaden algúns relativos aos Polos creativos que non estaban contemplados no plan de acción.
  • Quedouse en desbotar os obxectivos 1 e 4 por seren substituídos polos Polos creativos.
  • Publicación na páxina web do centro do Plan Dixital do centro.

Obxectivo 7: Polos Creativos
- Escolla de espazo para a aula destinada ó Polo Creativo.
- Avaliación da Unidade Técnica da viabilidade da proposta.
- Solicitude de presupostos para as obras da devandita aula.
- Reunión coa Consellería para a asignación de materiais e mobiliario para o Polo Creativo.
- Asistencia da coordinadora á xornada inicial da formación para coordinadores de Polos Creativos en Santiago de Compostela (2/12/22).
- Reunión co profesorado participante no proxecto para a posta en común das propostas que se van levar a cabo en cada departamento.

2º Trimestre

No segundo trimestre leváronse a cabo as accións que enumeramos a continuación:

Obxectivo 2 (Empregar a AV do centro como ferramenta de ensinoaprendizaxe). En proceso.
Obxectivo 3 (Emprego do abalar-pro como ferramenta de comunicación coas familias). En proceso.
Obxectivo 5 (edixgal). En proceso.
Obxectivo 6 (Formación en SAAC baseadas nas TIC). Recibiuse formación a través dunha liña do PFPP no uso do comunicador grid 3 usado como plataforma dixital de adaptación do currículo para alumnado con PC e con TEA. En proceso.
Obxectivo 7 (Polos Creativos):

  • Pendentes de que a administración educativa subministre todo o material de Polos Creativos.
  • O día 28 de febreiro viñeron a instalar o panel dixital.
  • Pendentes da aceptación das obras para acondicionamento da aula de Polos Creativos. Estes inconvenientes fan que a aula de Polos Creativos non estea montada de todo xa que non procede montala para despois desmontala para as obras.
  • Elaboramos un inventario con fotos de todo o material, número de expediente e descrición para maior control e posta en coñecemento do profesorado.
  • Elaboradas normas de uso da aula e material.
  • Creada un espazo na Aula Virtual do centro para compartir materiais entre os participantes no proxecto.
  • Iniciado proxecto transversal sobre posta en valor da contorna próxima: saída co alumnado, entrevista e visita guiada cun arqueólogo que participou nas diferentes escavacións do castro próximo de Santomé. Feitas e gravadas entrevistas coa veciñanza e persoal do centro para coñecer necesidades. Traballos de robótica na materia de proxecto competencial de primaria. Traballo en secundaria, na materia de proxecto competencial, sobre coidado da contorna: ecoloxía e reciclaxe.
  • Formación da coordinadora do PD no manexo de ferramentas:
    •  impresora 3D (esta ferramenta aínda non se recibiu no centro) e programas necesarios para o seu uso
    • cortadora láser e software para o seu uso
    • o mércores 19 de abril recibirá formación no uso do escáner 3D e no plóter de corte.

Aparte dos obxectivos o equipo do PD tamén levou a cabo o seguinte:

  • Posta en marcha de aula dixital móbil con carro de carga e portátiles de educa en dixital que non se precisan para préstamos.
  • Xestión da baixa de equipos tecnolóxicos obsoletos: a través da UAC os que pertencen á Xunta e directamente os adquiridos polo centro.
3º Trimestre

Obxectivo 2 (Empregar a AV do centro como ferramenta de ensinoaprendizaxe). Non se vai acadar.
Obxectivo 3 (Emprego do abalar-pro como ferramenta de comunicación coas familias): recibiuse a formación o día 4 de maio. Queda avaliar o uso da ferramenta polos docentes.
Obxectivo 7 (Polos creativos). Lévanse a cabo diversos proxectos en Primaria e na ESO en distintas materias no marco do programa. Ademais, o alumnado de 4º de ESO da materia de Plástica gañaron un premio ao mellor proxecto creativo do Reto de Polos. O 13 de xuño a coordinadora asiste a unha xornada de formación sobre Realidade Virtual e recibe as 3 grafas de RV asignadas.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Que imos avaliar

- Eficacia ou utilidade do plan nos distintos ámbitos.

- Estrutura organizativa para a elaboración e implementación do Plan.

 

Accións ou procedementos de avaliación

- Reunións periódicas.

- Mediante unha enquisa dixital cunha mostra da comunidade educativa.

 

Procedementos para a análise dos resultados

- Reunións periódicas e postas en común unha vez ao trimestre.

- Extracción de conclusións e coordinación co Equipo Directivo.

Valoración xeral

A frecuencia establecida será por anualidade, unha vez ao ano , nela valoraranse o logro dos obxectivos plantexados e as propostas de mellora.

Dos 7 obxectivos iniciais, pasamos a ter 8 xa que nos aprobaron o proxecto de Polos Creativos que pasou a ser o centro do PD.

Desbotáronse 3 obxectivos:

  • obxectivo 1, uso de pantalla dixitais porque estaban obsoletas e non se podían calibrar.
  • obxectivo 4, ferramentas institucionais, para centrarnos nos Polos Creativos e na promoción do uso de abalar pro.
  • obxectivo 7, creación de recursos na AV, porque consideramos que tiñamos demasiados obxectivos.

Modificouse un deles:

  • obxectivo 2, de xeito que só fose unha presentación de cada materia. Non foi acadado por falta de publicidade.

O obxectivo 3 do emprego de Abalar-pro, foi acadado parcialmente xa que si que se deu a formación, pero con moi pouca asistencia.  Non se emprega esta ferramenta de xeito maioritario para comunicarse coas familias.

O resto dos obxectivos: 5, 6 e 8 foron acadados.

Proposta de mellora

Podemos mellorar en:

  • Consensuar os obxectivos coa totalidade do claustro para conseguir a maior implicación posible.
  • Reducir o número de obxectivos a acadar.
  • Incidir na formación dos docentes e alumnado na protección de datos.
  • Continuar coa promoción do uso de Abalar para comunicarse coas familias.
  • Formarse para optimizar en EI e EP os paneis dixitais novos.
  • Crear na AV un espazo para compartir documentos de funcionamento do centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do centro darase a coñecer a través da páxina web do CPI, ao mesmo tempo que se difundirá entre as familias a través da Asociación de Nais e Pais; Á hora de elaborar os trípticos para as xornadas de acollida do novo alumnado e difusión dos mesmos nas escolas infantís da zona, o Plan Dixital estará presente nel.