Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución do PD ao Proxecto Educativo do Centro

O CEIP Menéndez Pelayo é un centro público que imparte Educación Infantil e Primaria, situado no barrio do Castiñeiro, ao noroeste da cidade de Lugo.

Este barrio foise ampliando nos últimos anos, debido á construción de edificacións máis modernas e equipadas que conviven con vivendas máis antigas en canto á súa infraestrutura.

O centro é de liña 2, e para o presente curso o número de alumnos escolarizados é maior que o curso anterior, concretamente 450. Repartidos da seguinte maneira: 148 na etapa de Infantil e 318 na etapa de Primaria.

As familias que escolarizan aos seus fillos no noso CEIP son a maioría autóctonas do barrio ou familias que se achegaron a vivir a esta zona procedentes doutros barrios da cidade , ou de diversos concellos da provincia aínda que estes últimos anos, comeza a ser significativo o número de familias procedentes doutros países e culturas (provindo a maioría de Romanía ou da República Dominicana ademais de alumnado de etnia xitana). Todas elas con diferentes situacións, familiares, económicas e sociais que fan patente a presenza dun número de alumnos que acusan baixo rendemento escolar, actitudes, aptitudes, motivacións e intereses e coñecementos moi heteroxéneos.

O CEIP Menéndez Pelayo está adscrito ao IES Leiras Pulpeiro.

O PD xurde dos obxectivos enmarcados no PE e estará reflectido nel. Algúns dos proxectos enmarcados no PE relacionados co PD son: DIGICRAFT

E-DIXGAL PLAMBE

SECCIÓNS BILINGÜES

2. 

Os obxectivos que marca o centro no PD e a súa relación cos diferentes proxectos van estar secuenciados nas diferentes programacións didácticas do profesorado dentro da PXA do curso 22/23 xa que esta articula anualmente o PE.

Contextualización normativa en relación co Plan Dixital no noso centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art.132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

A organización e o proceso de elaboración do PD dentro do Equipo de Dinamización do Plan Dixital foi a seguinte:

  • Creación do equipo de dinamización entre todo o Claustro que quixo participar voluntariamente.

  • Nomear persoa coordinadora.

  • Inscrición de todo o equipo no PFPP creado para tal fin.

  • Asistencia ás formacións polas persoas mentoras ADIX no PFPP

  • Asistencia a cantas reunións foron precisas sempre coa presenza da persoa ADIX.

  • Entre as tarefas desenvoltas foron: concienciar ao Claustro da importancia da súa colaboración, análise do DAFO, debates internos sobre diferentes ítems que poderían levar a enganos, concretar necesidades,... e resto de accións recollidas neste plan dixital.

  • Infraestrutura dixital do centro

    Conectividade por cable en todas as aulas e espazos educativos. Infraestruturas de voz nos espazos administrativos.

    Conectividade por wifi, instalada con recursos propios do centro, practicamente en todo o colexio agás na aula de Informática e aula de Música.

  • Equipamento dispoñible e identificación dos usos segundo as seguintes categorías

    • Todas as aulas NON E-Dixgal contan con conexión a internet por ethernet, proxector, encerado dixital e un ordenador obsoleto con Windows. Os ordenadores das aulas de Infantil e de primeiro a cuarto de Primaria necesitan actualizarse e/ou renovarse.

    • Os proxectores de 4 aulas de Infantil e dos actuais terceiros e cuartos de Primaria están no final da súa vida útil.

    • Existe unha aula de Informática con 14 ordenadores totalmente inservibles, e 9 ordenadores coa maqueta Abalar operativos adquiridos polo centro.

    • A aula de Música conta cun portátil con Windows e un proxector no final da súa vida útil.

    • Na Sala de Mestres existe un PC con Windows obsoleto.

    • Na biblioteca existe dous PC, un con Windows actualizado e outro obsoleto.

    • Os equipos de xestión e administración están totalmente operativos con Windows para uso da Secretaría, Xefatura de Estudos, Dirección, Departamento de Orientación e Administración.

    • Existen TRES espazos específicos para docencia con alumnado con NEAE. Dúas contan con conexión cableada, proxector e encerado dixital en perfecto estado. Unha dela NON dispón de ordenador e a outra o PC está obsoleto. A terceira aula só ten conexión á rede.

    • O ximnasio conta cun proxector en perfecto estado de funcionamento.

  • Servizos dixitais educativos

    • Sitio web do centro: www.ceipmenendezpelayo.es dende a web accedese a todos os servizos dixitais dos que dispón o centro así como a todos os protocolos relacionados coas TIC están aí difundidos.

    • Aula virtual no proxecto webdinámicas.

    • E-Dixgal

    • Abalarmóbil

  • Xestión do mantemento do equipamento do centro

Equipamento E-Dixgal desenvolto polo servizo Premium e a coordinadora, resto de equipamento a cargo do coordinador TIC e/ou mentor ADIX do centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
Interno
47 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado NON aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet, nin a crear contidos dixitais, nin a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais nin a programar e codificar (H6- H7-H8-H11). Alumnado Non
Debilidade O alumnado NON aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa nin aprende a resolver problemas técnicos que se presentan ao utilizar as tecnoloxías dixitais (H4-H13). Alumnado Non
Debilidade Non se garante que os estudantes desenvolvan habilidades dixitais para as diferentes materias (H10). Alumnado Non
Debilidade Dispositivos dixitais para a aprendizaxe obsoleto no centro, como por exemplo: incompatibilidade software PDI e ordenador o que anula o uso interactivo da PDI - Imposibilidade de escribir na PDI manualmente - Problemas técnicos frecuentes: o profesorado non sabe solucionar pequenos problemas técnicos (C1-C2). Infraestruturas Si
Debilidade O alumnado con necesidades educativas Especiais NON ten acceso ás tecnoloxías de apoio (C15). Infraestruturas Non
Debilidade A infraestrutura dixital das aulas non edixgal e espazos comúns non é adecuado para desenvolver procesos de ensino e a aprendizaxe con Tecnoloxías dixitais. Non existe unha zona de traballo específica, con material axeitado para o uso do profesorado (fóra das aulas/titoría) (C1-C2). Infraestruturas Non
Debilidade Non existen dispositivos dixitais propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise fóra do equipamento edixgal (C8-C10). Infraestruturas Si
Debilidade Os espazos físicos NON facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. As aulas son moi reducidas para tanto alumnado e non existen espazos comúns axeitados (C14). Infraestruturas Non
Debilidade Non existen, no noso centro, repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe (C16). Infraestruturas Non
Debilidade A asistencia técnica está dispoñible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais só en aulas edixgal ¿ servizo premium (C5). Infraestruturas Non
Debilidade Non existen sistemas de protección de datos (C7). Infraestruturas Non
Debilidade O alumnado NON aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet, nin a crear contidos dixitais, nin a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais nin a programar e codificar (H6- H7-H8-H11). Oferta Non
Debilidade Non se garante que os estudantes desenvolvan habilidades dixitais para as diferentes materias (H10). Oferta Non
Debilidade O alumnado NON aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa nin aprende a resolver problemas técnicos que se presentan ao utilizar as tecnoloxías dixitais (H4-H13). Oferta Non
Debilidade O profesorado non se implica na elaboración do PD, só participan 7 docentes de 34, e non conta co apoio do equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinar con medios audiovisuais coa presenza de voz e imaxe de alumnado (A3). Organización de centro Non
Debilidade Non temos un plan para axudar aos profesores a afrontar os retos que supón a aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e a súa orixe socioeconómica (C12). Organización de centro Non
Debilidade Non existe unha estratexia dixital e o equipo directivo non involucra ao claustro na estratexia dixital (A1). Organización de centro Si
Debilidade Non contamos con medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionadas coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico (C11). Organización de centro Non
Debilidade No noso centro o alumnado NON pode levar os seus propios dispositivos portátiles e utilizalos durante as clases (C13). Organización de centro Non
Debilidade Escaso uso das tecnoloxías dixitais para avaliar as competencias do alumnado e non se utilizan para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe nin poden levar a cabo comentarios sobre o traballo dos seus compañeiros. (G1-G5-G6). Persoal docente Non
Debilidade Non recibimos axuda para utilizar as tecnoloxías dixitais con fins de avaliación (G7). Persoal docente Non
Debilidade Non avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais (B1). Persoal docente Non
Debilidade Non existe colaboración con outros centros para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais nin cultura de traballo colaborativo en redes por parte do profesorado (B4). Persoal docente Non
Debilidade Carga lectiva moi alta con insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital (A4). Persoal docente Non
Debilidade Dificultade de uso da aula virtual nos curso ata 4º de educación Primaria (E3). Persoal docente Non
Debilidade Non facilitamos ao alumnado o uso das tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe nin utilizamos datos dixitais sobre estudantes individuais para mellorar a súa experiencia de aprendizaxe (G8- G9). Persoal docente Non
Debilidade Maioritariamente empregamos novas tecnoloxías pero cun nivel de utilización moi dispar (ATIC1). Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado aprende a actuar con seguridade e responsabilidade en internet (H1-H3). Alumnado Non
Fortaleza Acceso a internet en todas as aulas tanto por ethernet como por wifi (C3). Infraestruturas Non
Fortaleza Existen dispositivos dixitais do proxecto edixgal que o alumnado utiliza e leva para a súa casa (C8- C10). Infraestruturas Non
Fortaleza Dispoñemos de servizos educativos corporativos (web, aula virtual, videoconferencia, correo electrónico...) para difundir información sobre o centro educativo virtual e participamos en actividades formativas individuais organizadas pola administración educativa para actualizar as competencias dixitais do profesorado (PE1). Infraestruturas Si
Fortaleza A infraestrutura dixital nas aulas edixgal apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais (C1- C2). Infraestruturas Non
Fortaleza A asistencia técnica NON está dispoñible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais nas aulas NON edixgal e resto de espazos educativos (C5). Infraestruturas Non
Fortaleza Somos conscientes e coñecedores das diferentes modalidades formativas para o profesorado: presencial, en liña, a través da cooperación e que contribúen ao desenvolvemento profesional a través de redes profesionais da formación interna e programas acreditados (DPC1-2-3-4-6-8). Oferta Non
Fortaleza Somos coñecedores das vantaxes do software libre no ámbito educativo e dispoñen e facemos uso deste tipo de ferramentas no centro se se adaptan ás nosas necesidades (PE5). Organización de centro Non
Fortaleza O equipo directivo coñece a normativa en materia de adquisición de equipamento informático dos centros educativos (PE4). Organización de centro Non
Fortaleza O centro conta con dispositivos dixitais propios que necesitan renovarse (PE5). Organización de centro Non
Fortaleza Promóvese o uso de software libre e a participación en actividades de formación axustándose ás nosas necesidades (PE2-PE3). Organización de centro Non
Fortaleza Os docentes intercambiamos experiencias dentro do centro sobre a docencia con tecnoloxías dixitais. Presenza no claustro de profesorado competente dixitalmente con propostas de proxectos en innovación tecnolóxica. Interese do profesorado na creación de contido audiovisual co alumnado con diferentes artefactos dixitais móbiles (D3). Persoal docente Non
Fortaleza Facilidade para buscar recursos en liña e crealos (E1-E2). Persoal docente Non
Fortaleza Existe unha aula virtual xeral e a aula virtual edixgal totalmente operativas (E3). Persoal docente Non
Fortaleza Boa disposición, tolerancia e respecto entre o profesorado do centro. Existen debates e reflexión sobre as vantaxes e inconvenientes de ensinar e aprender coas tecnoloxías dixitais. Motivación intrínseca por aprender principalmente polo profesorado comprometido na elaboración e deseño do PD (B2). Persoal docente Non
Fortaleza O claustro conta co apoio do equipo directivo para o DPC (desenvolvemento profesional continuo) Interese do profesorado na creación de contido audiovisual co alumnado con diferentes artefactos dixitais móbiles (D1-D2). Persoal docente Non
Fortaleza Utilizamos as tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionadas co centro educativo e usamos recursos dixitais en aberto (E4-E5). Persoal docente Non
Fortaleza Empréganse as tecnoloxías dixitais para proporcionar unha retroalimentación adecuada aos estudantes (G3). Persoal docente Non
Fortaleza Utilizamos as tecnoloxías dixitais para adaptar o método de ensino ás necesidades individuais do alumnado: fomentar a creatividade, motivación, colaboración e traballo interdisciplinar (F1-F3-F4-F5- F6). Persoal docente Non
Fortaleza Valoramos as competencias dixitais que o alumnado desenvolveu fóra do centro educativo (G10). Persoal docente Non
47 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Imposibilidade de mercar tecnoloxía con recursos propios axeitada ás nosas necesidades (A1). Administración educativa Non
Ameaza Moita burocracia vs pouca pedagoxía (F). Administración educativa Non
Ameaza Carga lectiva elevadísima sen tempo para formación (D). Administración educativa Si
Ameaza xcesiva carga lectiva e rateos elevados (F-G-H) Administración educativa Non
Ameaza Formación ofrecida pola administración improdutiva por excesiva burocracia e traballo extra que non axudan a formarnos (D1-D2-D3). Administración educativa Non
Ameaza Escaso equipamento dixital no fogar e escaso uso da tecnoloxía no fogar con fins educativos (UTIC1-3). Contorna Non
Ameaza Cambios lexislativos constantes: Lexislación confusa sobre tratamento de datos audiovisuais dos/as menores. Coñecemento e uso axeitado sobre a lexislación acorde os dereitos de autor e licenzas de uso así como o tratamento e uso da imaxe-voz do alumnado (A-D-F-G). Lexislación Non
Ameaza Non utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións ou entidades (B3). Outras Non
Oportunidade Actualización e renovación de equipamento dixital para a aprendizaxe obsoleto no centro (C1-C2). Administración educativa Non
Oportunidade Formación dixital continua no propio centro o profesorado é consciente da necesidade de cambios nas metodoloxías. O interese de algún docente por aprender e implementar as TIC no proceso de ensino- aprendizaxe (D1-D2-D3). Administración educativa Non
Oportunidade Organización do centro tendo moi presente o PD que xunto ao proxecto de dirección, PEC e PXA son fundamentais para a vida diaria no centro. Administración educativa Non
Oportunidade Asistencia técnica, didáctica e mentorización no propio centro por docente do centro competente dixitalmente disposto a desenvolvela coa liberación horaria correspondente: solicitar recursos humanos e materiais. As TIC no ensino provocan traballo extra: imprescindible tempo no horario para adicar a esas tarefas (C5). Administración educativa Non
Oportunidade Formar parte da rede dixital galega e ter no centro o mentor adix. Administración educativa Non
Oportunidade Queremos usalas e somos conscientes das vantaxes de empregar a tecnoloxía con solvencia para a preparación das clases, impartición de clases, retroalimentación, apoio e comunicación (SMT1-2-3-4). Administración educativa Non
Oportunidade A posibilidade de organizar horarios para elaborar e implementar tarefas dixitais axeitadas ao alumnado, para traballo en equipo e intercambio de experiencias internas con dispositivos dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade Creación de canles colaborativas e asesoramento entre o profesorado do noso centro e da contorna: Crear un banco colaborativo de centro (ou nivel) con recursos en entornos dixitais e tecnolóxicos, organizados por niveis e áreas e baseados en criterios didácticos e metodolóxicos coa súa correspondente planificación e avaliación (B-E). Contorna Non
Oportunidade Hai docentes que están na vangarda de novas tecnoloxías para introducir nos procesos de ensino e aprendizaxe: algúns docentes son moi competentes dixitalmente e poden enriquecer ao centro artellando tempos e organizando horarios (ATIC1). Contorna Non
Oportunidade Coñecemos e respectamos as licenzas de autor (A5). Lexislación Non
Oportunidade Definir horario para o desenvolvemento da coordinación TIC que sairá deste PD. Lexislación Non
Oportunidade Elaboración dun plan de acollida para o novo profesorado, así como un plan de integración, mentorización e apoio ao profesorado para implementar as tecnoloxías. Integrando a lexislación sobre tratamento de datos referente ao audiovisual que afecta á nosa comunidade educativa. Descoñecemento dos recursos materiais reais do centro e a súa dispoñibilidade (deseñado dentro dunha estratexia dixital de centro) (A1). Lexislación Non
Oportunidade Regular o uso de dispositivos persoais no centro tanto do alumnado como do profesorado (C13). Lexislación Non
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Elaborar un protocolo para crear produtos multimedia con imaxe, vídeo e/ou son dentro da estratexia dixital do centro. (A1)
O02PD Actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do profesorado (C1-C2)
O03PD Incrementar os postos de traballo docente para desenvolver con éxito o PDC (A4, C5 e D)
O04PD Adquirir dispositivos dixitais para a aprendizaxe (C8-C10)
O05PD Actualizar e participar na canle de comunicación corporativa vía web do centro (PE4)

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

As táboas do plan de acción, segundo a súa temporalización, colgaranse no taboleiro da Sala de Profesores/as e na web do centro. Segundo se vaian acadando os diferentes obxectivo e accións, ou non, marcaranse na mesma coas cores indicadas na táboa.

O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación co grao de consecución de obxectivos será nos seguintes contextos:

      • No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización está marcada nas accións do plan de acción, será como mínimo unha vez ao trimestre, nas diferentes sesións de avaliación valorando o estado do PD e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

        Ao empregar unha táboa a cores podemos facer un seguimento visual.

      • No contexto da avaliación final mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización, será como mínimo unha vez ao ano, e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

A non consecución de accións e obxectivos así como propostas de mellora contarán co correspondente plan de acción para futuros cursos de ser o caso.

 

Valoración xeral

Queda pendente explicar á comunidade educativa o protocolo elaborado no obxectivo O01PD e continuar para o vindeiro curso 2023-24 co obxectivo 3, 4 e 5.

 

Proposta de mellora

Solicitar formación sobre paneis interactivos e diferentes disposiitivos dixitais do polo creativo.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan Dixital do Centro será da seguinte forma:

  1. No propio Claustro, na sesión de información ao mesmo.

  2. No Consello Escolar, na sesión de información e aprobación.

  3. Información ao persoal non docente do centro, a través da Secretaria.

  4. Publicidade e difusión do plan dixital entre toda a Comunidade Educativa a través da web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmenendezpelayo/?q=system/files/PD_V1_xunho_21_06_22.pdf

  5. Información ás familias nas titorías dos diferentes cursos así como nas reunións conxuntas.