Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

Contextualización do Plan Dixital no centro. 

O CEIP de PORTONOVO atópase no lugar de Portonovo, localidade de Sta. Mª de Adina, concello de Sanxenxo. Linda ó Norte e ó Leste co parque Espiñeiro, ó Sur coa rúa Espiñeiro e ó Oeste coa rúa Areal. Atópase preto da zona chamada a “Boca do Río” e fronte da praza de Abastos.

Portonovo, vila do Concello de Sanxenxo, conta cunha poboación de 4.496 habitantes distribuída nun núcleo urbano, o máis poboado do concello, e nos lugares de Baltar, Barrosa, Ríal, Adina, Xesteiriña, Fabal, Vichona, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Catadoiro e Arra.

O centro educativo é de liña 2 contando cun total de 291 alumnos/as. O centro conta con todos os recursos persoais necesarios para o normal desenvolvemento da actividade docente.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23.

A través do presente Plan dixital, preténdese que todo o centro se beneficie do bo uso e manexo das Novas Tecnoloxías, e que serva para un mellor desempeño do proceso de Ensino-Aprendizaxe; e, a súa vez, se obteñan produtos finais elaborados pol@s nen@s e mestr@s como productos finais dos proxectos de centro levados a cabo cada ano (este ano foi o 50 aniversario).

Proceso de elaboración

 Descrición da organización e do proceso de elaboración do PD dentro do Equipo de Dinamización do Plan Dixital.

  • 1.- Iniciamos o proceso coa elaboración de enquisas por parte do coordinador TIC (seguindo as instrucións do coordinador Adix asociado ao centro) ás familias, alumnado de 5º e 6º, familias de 5º e 6º, profesorado con máis de un ano de antigüidade no centro, e equipo directivo para a elaboración do selfie.

  • 2.- Logo cubriuse a través da plataforma FPROFE da Xunta, o test de competencia dixital docente, logo do cal se obtiveron os datos relevantes para a elaboración do DAFO.

  • 3.- Crear o BOARD na AV do centro e subir os datos nas táboas elaboradas para tal efecto e exportar o aquivo .cvs na AV do grupo de coordinadores ADIX de Vilagarcía.

  • 3.- Enquisas DAFO da Consellería, vía aplicación online, recompilación de informes e valoración dos resultados e posterior recollida de todo o obtido.

  • 4.- Deseño, por parte do grupo de traballo do Plan Dixital, de obxectivos e propostas de mellora tendo en conta os puntos de partida de Deficiencias e Ameazas obtidas no DAFO e posible resultados finais a curto e longo prazo. E que posteriormente serán incluídos nun dos puntos do presente documento, nas Táboas de obxectivos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non teñen medo as NNTT (risco): protección de datos, seguridade, pegada dixital. Alumnado Si
Debilidade Sensibilización das familias sobre o traballo e acceso ao dixital e a pegada dixital. - Fenda dixital e necesidade dalgunhas familias. - Medo das familias a un cambio radical e excesiva dependencia das TD. Familias Si
Debilidade - Moitos dos equipos están obsoletos. - Equipamentos escasos e caros. - Mal servizo de reparación / reposición. - Sobrecarga da rede e excesiva dependencia da mesma. Infraestruturas Si
Debilidade Necesidade de formación do claustro no uso e implementación das NT. Oferta Si
Debilidade Sobrecarga do Coordinador TIC na xestións dos equipos / reparacións e pouco horario para dar resposta axeitada a tódalas incidencias. - Falta de perosal cualificado e excesiva dependencia do traballo dixital centralizado en unha persoa especialista na temática. Organización de centro Si
Debilidade Faltan mestres específicos e tempo para levar o espazo e o material TIC. - Falta de tempo no horario persoal. Persoal docente Si
Fortaleza - Implicación e motivación do alumnado durante o traballo dixital. - Motivación do alumnado e disposto a empregar as NT no quefacer diario. Alumnado Non
Fortaleza Colaboración das familias nas tarefas educativas. Familias Non
Fortaleza Recursos do centro e conectividade á rede. Infraestruturas Non
Fortaleza - Metodoloxías activas e innovadoras, que se poderían derivar cun maior dominio das NT. Oferta Si
Fortaleza Oferta educativa, recursos e tecnoloxía a disposición do alumnado e familias, colaboración entre escola, familias e alumnado. - Cesión de equipos dende a escola paliar a fenda dixital dalgunhas familias. Organización de centro Non
Fortaleza Vontade do profesorado por empregar as Tics no proceso de aprendizaxe. Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesivo tempo de resposta ante fallos ou problemas nos equipamentos dixitais por parte dos servizos técnicos. Administración educativa Si
Ameaza Medo ao dixital, protección de datos, seguridade, pegada dixital... - Fenda dixital que imposibilita o acceso ao dixital para determinadas familias. Contorna Si
Ameaza Papeleo excesivo, que fai que cada actividade precise dun documento a entregar e sexa visto como unha carga polo profesorado, restando motivación pola inclusión das TIC na educación. - Excesivos trámites burocráticos. Lexislación Non
Ameaza Dificultades dalgunhas familias pola fenda tecnolóxica. - Necesidade de equipos e conectividade aptos para á demanda de tanto equipamento, sen cortes e velocidade de conexión axeitadas. Outras Non
Oportunidade - Establecer un sistema de reposición de material TIC operativo e real, que non faga que as propostas de traballo se vexan alteradas por falta de equipamento. - Dotar ao profesorado de sesións no horario a aqueles que si contribúan na mellora das tics e na creación de actividades para o centro. Administración educativa Si
Oportunidade Posibilidade de integrar a contorna á vida do centro a través de traballos interdisciplinares usando as TD. Contorna Non
Oportunidade Propoñer á administración melloras para o centro e outros centros con propostas educativas e de organización interna - Aproveitar a nova lexislación para mellorar a dotación e o equipamento do centro. Lexislación Non
Oportunidade Posibilidade de colaborar con outros centros e organizacións. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez feia a análise dos factores internos e externos tomouse a decisción de comezar polos seguintes obxectivos para o presente curso 2022-2023.

  • Coñecer os perigos da navegación e o uso seguro de internet.
  • Inventariar e optimizar os dispositivos dixitais do centro.
  • Implementar os entornos virtuais de aprendizaxe.
  • Promover o uso de ferramentas dixitais de software libre no proceso de ensino-aprendizaxe

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Coñecer os perigos da navegación e o uso seguro de internet
O2PD Inventariar e optimizar os dispositivos dixitais do centro
O3PD Promover o uso de ferramentas dixitais de software libre no proceso de ensino-aprendizaxe
O4PD Implementar os entornos virtuais de aprendizaxe

Seguimento

Procedemento

O procedemento a seguir para comprobar o estado do Plan Dixital e a sua implementación foi o seguinte:

  • Xuntanzas e coordinación.
  • Visitas do Adix.
  • Cumplimentación da ferramenta de educalidade.
1º Trimestre

Obxectivo 1:

AO 1.1: Constituir un equipo de traballo. Realizado.

Obxectivo 2:

AO 2.1: Constituir un equipo de traballo. Realizado.

AO 2.2: Realizar un inventario de tódolos dispositivos dixitais do centro e posibles melloras dos mesmos.Pendente.

Obxectivo 3:

AO 3.1: Constituír un equipo de traballo para pomover o uso de ferramentas dixitais de software libre.Realizado.

AO 3.2: Crear un repositorio con ferramentas dixitais libres útiles para cada un dos ciclos educativos.Pendente.

AO 3.3: Solicitar formación para a aprendizaxe no uso de ferramentas de especial interese para o profesorado.Realizado.

 

 

2º Trimestre
3º Trimestre

Obxectivo 1:

AO 1.2: Participar no programa Plan Director e Navega con Rumbo para a convivencia e mellora da seguridade nos Centros Educativos.Aprazada.

AO 1.3: Participar en actividades, charlas, formación,... encamiñadas a coñecer os perigos da navegación para alumnado, profesorado e familias. Realizada.

AO 1.4: Poñer en práctica actividades para aplicar o o coñecemento no bo uso de internet. Pendente.

Obxectivo 2:

AO 2.3: Solicitar e instalar discos duros sólidos e a ampliación da memoria RAM dos equipos máis obsoletos así como da Maqueta Abalar. Pendente.

Obxectivo 3:

AO 3.4: Poñer en práctica actividades utilizando as ferramentas dixitais libres. Realizado.

Obxectivo 4:

AO 4.3: Publicación de contidos e traballo nos entornos virtuais de aprendizaxe. Realizado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
  • No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Cada unha das accións propostas neste plan serán avaliadas como mínimo unha vez ao trimestre. Con este fin, establécense uns indicadores específicos que axudarán a valorar a idoneidade das medidas adoptadas e a establecer os reaxustes necesarios.

  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Ao final de curso, dacordo cos datos do proceso de seguimento e avaliación, levarase a cabo unha avaliación final para comprobar o logro dos obxectivos e, de ser o caso, establecer propostas de mellora.

 

Valoración xeral

Anualmente farase unha valoración, seguimento e revisión da integración das tecnoloxías dixitais no ensino aprendizaxe no centro; avaliando o grao de consecución dos obxectivos propostos no presente Plan dixital e a adecuación das actividades realizadas. Terase en conta as aportacións dos equipos docentes interniveis e as propostas de mellora aportadas, que servirán como punto de partida para a actualización deste Plan de cara ao seguinte curso.

Podemos concluir dicindo que os obxectivos plantexados neste curso han sido acadadas na sua maioría. Quedan pendentes os obxectivos  AO 2.2 , AO 3.2. Realizar un inventario de tódolos dispositivos dixitais do centro e posibles melloras dos mesmos  e  Crear un repositorio con ferramentas dixitais libres útiles para cada un dos ciclos educativos,para o vindeiro curso.

Proposta de mellora

Como propostas de mellora, plantexamos as seguintes:

1. Unha maior implicación docente para acadar todos os obxectivos plantexados.

2. Participación no Programa Polos Creativos.

3. Seguir afondando na formación dixital.

4.Poñer en funcionamento a radio na escola, con programas semanais en directo.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Comunicación e difusión

A estratexia para a difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa e tendo en conta o Plan de Comunicación do Centro, baséase nas canles oficiais establecidas pola Xunta de Galicia, como o a páxina web da escola e o Abalar móbil. Ademais de medios non oficiais e RRSS, etc.

Plan Dixital