Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP plurilingüe Infante Felipe atópase no centro urbano de Salvaterra, máis concretamente na Rúa da Escola s/n. A súa  construcción inicial data dos anos 70, si ben, a posteriori, sufriu varias reformas e ampliacións.

 

Na actualidade conta con 21 unidades en funcionamento (sendo 6 de Educación  Infantil e o resto pertencentes a Educación Primaria) e un claustro formado por 32 mestres. Nel impártense ensinanzas correspondentes ao 2º ciclo da Educación Infantil e aos 3 ciclos da Educación Primaria, concretamente neste curso 2.013/2.014, contamos con 2 liñas en Infantil, 3º, 5º e 6º e 3 liñas en 1º, 2º e 3º, rondando o número de alumnos sobre os 420. Estamos  adscritos ao IES Salvaterra de Miño, co que mantemos varios contactos ao longo do curso que nos permiten seguir liñas de actuación comúns e procurar que a transición entre a etapa de Primaria e Secundaria sexa o menos traumática posible.

 

O horario do centro  é de 8:50  a 13:50 horas para o alumnado, contando ademais cos servizos de comedor e transporte escolar (debido á  presencia elevada  de nenos das diferentes parroquias dos arredores), ademais dunha oferta de actividades extraescolares polas tardes organizadas pola ANPA e polo Concello. Destacar finalmente que os martes pola tarde teñen lugar as distintas reunións dos mestres (Comisión de Coordinación Pedagóxica, Equipos de Ciclo, Equipo de Normalización Lingüística...) así como se recibe oficialmente aos pais.

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

 

Con respecto ao alumnado que acude ao centro dicir que  é moi variado en canto a intereses, motivacións, capacidades e necesidades, sendo a gran maioría deles, castelán falantes.Nos últimos anos, aumenta, progresivamente ademais, a presenza de alumnos procedentes de latinoamérica e , moi especialmente, de Marrocos.

 

En canto ás familias, mencionar que, en xeral, o seu  nivel económico pódese situar nun termo medio, de clase media, con salientable preocupación polos estudios dos/as seus/súas fillos/as. Contan en xeral con condicións axeitadas para o estudo na casa  apoiados polos/as seus/súas pais/nais. A maioría das familias traballa no sector servizos, seguido do sector industrial. A incidencia do paro aumenta nos últimos meses.Pódese afirmar que na maioría das familias a lingua habitual é o castelán, e nunha porcentaxe moi  baixa galego e castelán.

 

O PD contribue a consecución dos obxectivos da programación xeral anual, tanto dos relacionados coas familias como co profesorado e alumnado e coa contorna facilitando a comunicación e os medios para levala a cabo.

¿       Na Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no seu preámbulo, establecese o seguinte:

 

O uso xeneralizado das tecnoloxías de información e da comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá acelerou cambios profundos na comprensión da realidade e na maneira de comprometerse e participar nela, nas capacidades para construír a propia personalidade e aprender ao longo da vida, na cultura e na convivencia democráticas, entre outros. Este cambio de enfoque require dunha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía, de como este impacto é diferente nas mulleres e os homes, e unha reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e ambiente, que se desenvolva tanto na competencia dixital do alumnado como na competencia dixital docente. En consecuencia, faise necesario que o sistema educativo dea resposta a esta realidade social e inclúa un enfoque da competencia dixital máis moderno e amplo, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente.

 

¿       Na modificación do artigo 121 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación:

O proxecto educativo do centro recollerá, así mesmo, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis.5.»

 

¿       Artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022, e na disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021- 2022 sinala que os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.

 

¿       Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

 

 

¿       Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

 

Proceso de elaboración

Para a elaboración do PD. Organizouse un equipo que comenzou poñendo a disposición do profesorado e alumnado a enquisa da plataforma SELFIE e a partir da información obtida elabórase unha análise das fortalezas e débilidades do centro con respecto á competencia dixital.

Con esta información seleccionamos os obxectivos a acadar e elaboramos a redacción do Plan.

 

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para elaborar o Plan de Acción establecéronse as áreas prioritarias a partir do DAFO e  determináronse obxectivos específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a o marco temporal nos que os queremos conseguir. Os obxectivos están contextualizados a áreas de mellora en relación coas do marco DigCompOrg.

Ditos obxectivos contarán con valores de partida e chegada, indicadores, así como de diferentes accións que permitirán a súa consecución. Haberá unha temporalización establecida e uns recursos necesarios .

Para cada obxectivo cumprimentouse unha táboa que recolle esta información. A mesma táboa empregarase para facer o seguimento de cada obxectivo na fase de avaliación do Plan.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de información sobre seguridade na rede. Falta de información sobre o uso de dispositivos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Acceso limitado á conxión a internet. Descoñecemento das familias sobre recursos dixitais. Familias Non
Debilidade Dotación insuficiente de equipos. Alto prezo no mantemento dos equipos. Infraestruturas Si
Debilidade Non contamos con servizo de préstamo de dispositivos dixitais Oferta Non
Debilidade Apoio técnico limitado ou insuficiente Organización de centro Non
Debilidade Algún profesorado é máis reticento ao emprego das novas tectnoloxías. Necesidade de formación básica dalgúns membros do profesorado. Persoal docente Si
Debilidade Non se contempla o desenvolvemento dixital deste persoal dende o centro. Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado emprega recursos educativos dixitais con regularidade. Alumnado Si
Fortaleza Boa disposición das familias ao emprego das novas tecnoloxías. Familias Non
Fortaleza Boa conexión a internet no centro Infraestruturas Non
Fortaleza Existe un horario establecido para o uso da aula TIC. Oferta Non
Fortaleza Existen canles de comunicación dixital entre todo o profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza Moito profesorado traballa dixitalmente a través da aula virtual. Concienciación do E. Directivo da necesidade dun plan dixital. Persoal docente Si
Fortaleza O persoal administrativo emprega as TIC no seu traballo diario. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Demasiada burocratización. Administración educativa Si
Ameaza Dificultades creadas pola COVID19 ANPA Non
Ameaza Moito alumnado vive en aldeas con dificultades de conexión Contorna Si
Ameaza Continuos cambios na lexislación Lexislación Non
Ameaza Pouca implicación. Outras Si
Oportunidade Oferta de fomación. Oferta de recursos. Administración educativa Non
Oportunidade Implicación da ANPA no tocante á dixitalización do ensino. ANPA Non
Oportunidade A ubicación do colexio no núcleo urbano favorece a existencia de boa conexión. Contorna Non
Oportunidade A lexislación vixente impulsa a creación do Plan Dixital. Lexislación Si
Oportunidade Pertencemos a un concello de mediano tamaño que pode colaborar. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD Facer a enquisa SELFIE Establecer tempos para a elaboración dos obxectivos
0010PD establecer o número de profesorado que utiliza ferramentas dixitais para avaliar.
0011PD divulgar ferramentas dixitais para a avaliación entre o profesorado . P. EX. Kahoot.
0012PD utilización de ferramentas dixitais para a avaliación entre o profesorado.
0013PD solicitar ás coordinacións a realización de actividades na aula virtual.
0014PD creación de algunha actividade que implique a utilización da aula virtual por parte das coordinacións.
0015PD creación actividades na aula virtual por parte do profesorado.
002PD Valorar os resultados da enquisa para tentar mellorar os puntos febles e establecer os obxectivos.
003PD redacción do Plan
004PD Elaboración dunha listaxe de equipos do centro.
005PD listaxe de equipos que están defectuosos e os que non funcionan.
006PD seleccionar equipos que compre mercar.
007PD Búsqueda de estratexias dixitais e ferramentas para o traballo colaborativo.
008PD Difusión das estratexias e ferramentas ás coordinacións de ciclo.
009PD Comunicación das ferramentas e estratexias ao profesorado.

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Acción ou procedemento para a avaliación:

Comprobar se se conseguen os obxectivos plantexados.

Valorar se a estrutura é a axeitada.

Comprobar o conocemento do Plan por parte do profesorado.

Procedemento para a análise dos resultados:

A través dos indicadores establecidos para cada un.

Comprobar se se conseguen coa tempoaralización establecida.

Reunión do equipo TIC. Para comentar as necesidades ou dificultades atopadas.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Modificar os obxectivos.

Marcar novos obxectivos.

Modificación da temporalización.

Incluir ou reducir membros.

Modificar as estratexias de difusión.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Acción 1:Comunicación da  dirección ao claustro/Destinatarios: Todo o profesorado/ Canal: Infórmase no claustro despois da súa elaboración. Gardarase na carpeta “profesor” Responsable: Equipo directivo.Directora.

Acción 2:Solicitar ás coordinacións de ciclo a súa difusión./ Destinatarios: Cordinacións de ciclo./ Canal:Información persoal ou mensaxería./ Responsable: Coordinadora TIC.

Acción 3: Informar aos membros dos ciclos./ Destinatarios: Membros de cada ciclo./ Canal: Reunión de ciclo./ Responsable: Coordinación de ciclo.