Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O plan foi elaborado conxuntamente entre os membros do equipo de dinamización do plan dixital: director do centro, coordinador Edixgal e coordinador TIC. Para a elaboración final, e despois do análise polo miúdo do Selfie, do test de competencia do profesorado e da realidade do noso centro, os obxectivos deseñáronse de forma conxunta en sucesivas reunións de traballo.

Infraestructura TIC do centro

  • O centro dispón dunha rede de datos cableada en todas as aulas e de conectividade wifi coa rede edu.xunta, a rede de edixgal e a rede antiga sen asignación automática de IP ( cada día con menos uso).

     

  • O Equipamento dispoñible distribúese nos seguntes grupos:

    - Equipamento estandar edixgal en toda a ESO.

    - Portátil de profesor conectado a pizarr ou proxector en todas as aulas.

    - Equipos de sobremesa en administración, despachos equipo directivo e sala de profesores.

    - Equipos portátiles a disposición do profesorado edixgal (non hai para todos)

    - Dotación de portátiles de fenda dixital.

    - Aula de informática con 33 equipos de sobremesa

    - Biblioteca con equipos a disposición dos alumnos (moi obsoletos)

    - Equipación moi diversa nos diferentes departamentos.

     

  • Entre os diversos servizos dixitais educativos o centro dispón de : páxina web do centro, aula virtual, E-Dixgal, espazoAbalar, Abalarmóbil, plataforma Webex para videochamadas.

     

  • O mantemento con recursos externos faise entre a UAC, o servizo Premium e empresa contratada puntualmente. O mantemento con recursos internos faino o coordinador edixgal, o coordinador TIC co apoio e coordinación do director do centro e xefatura de estudos

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A principal fonte de recollida de información foi facilitada pola plataforma SELFIE.

O test de competencia dixital do profesorado foi a outra gran fonte de recollida de información obxetiva.

A partir do Informe SELFIE, TCDD e o coñecemento directo proporcionado pola acción docente diaria no eido das TICs, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Despóis dunha análise polo miúdo das fontes descritas , o DAFO queda establecido nos seguintes termos:

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade F6: Participación do alumnado en proxectos interdisiciplinares con uso dixital G8: O propio alumnado documenta a súa aprendizaxe H4: Aprendo a comprobar se a información que atopo en internet é fiable. G5: Autorreflexión sobre a súa aprendizaxe Alumnado Non
Debilidade Hai familias reacias á incorporación dos portátiles na aula. Imposibilidade de instalar unha aplicación que permita o control parental sobre os equipos EDIXGAL. Familias Non
Debilidade C15: Acceso a tecnoloxías asistenciais para alumnado con necesidades C13: (FP) O alumnado pode traer os seus propios dispositivos e usalos en clase Infraestruturas Non
Debilidade G10: Valorar as habilidades dixitais do alumnado fóra do centro H13: O alumnado aprende a resolver problemas técnicos Oferta Non
Debilidade A4: Falta tempo para explorar coas tecnoloxías dixitais B4: Colaboración con outros centros no uso da tecnoloxía dixital B2: Debate sobre vantaxes e desvantaxes da tecno. dixital B1: Avaliación dos progresos en materia dixital Organización de centro Non
Debilidade G1: Usar as tecnoloxías dixitais para a avalaición. F3, F5: Fomento, creatividade e traballo colaborativo. Persoal docente Non
Fortaleza H8: O alumnado aprende a comunicarse utilizando tecnoloxías dixitais H3: Apréndese un uso responsable de internet Alumnado Non
Fortaleza E4. Uso dos medios dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. Familias Non
Fortaleza C1: As infrarestructuras dixitales respandan o ensino e a aprendizaxe. C10: Dispositivos portátiles que o alumnado pode levar. C8: Dispositivos dixitais que o alumnado pode utilizar. Infraestruturas Non
Fortaleza E2: O profesorado crea recursos dixitais para reforzar o seu método de ensino Oferta Non
Fortaleza A2. Involúcrante nunha estratexia dixital para o centro A3. Apoios do equipo directivo á hora de probar o ensino dixital D3: Intercambio de experiencias entre o profesorado D1: Debatemos sobre necesidades formativas dixitais Organización de centro Non
Fortaleza E5: O profesorado usa recursos dixitais abertos. E3: Uso de contornos virtuais de aprendizaxe F4: O profesorado realiza actividades de aprendizaxe dixitais que motivan ao alumnado D2: Acceso a un PFPP relacionado coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Como pasa moitas veces, os cambios chegan sen unha planificación previa que permita unha aterraxe máis suave no mundo dixital e a súa adaptación á docencia Administración educativa Non
Ameaza Necesidade de formación para que entendan o cambio metodolóxico que supón incorporar o material dixital na aula. Unha visión clásica do mundo do ensino que lles leva a ponderar os resultados sobre os procesos. ANPA Non
Ameaza O mundo dixital é un ámbito en constante cambio e cando xa estás rematando de adaptarte a unha ferramenta xa xurden outras que provocan unha sensación de estar comezando sempre. Falta unha perspectiva da solidez da ferramenta a medio longo prazo Contorna Non
Ameaza Cambios lexislativos inminentes que restarán enerxía para seguir adaptándonos ao mundo dixital Lexislación Non
Ameaza Falta de coordinación con outras iniciativas de dotación de recursos e formación impulsadas por outras institucións a nivel local Outras Non
Oportunidade Adaptación e flexibilización na oferta de formación do centro ás demandas reais do profesorado. Comeza a clarificar as necesidades formativas e a establecer itinerarios de forma semellante aos indicadores de logro do mundo dos idiomas ( B1, B2, C1...) Administración educativa Non
Oportunidade Unha ampla maioría dos pais e nais ven positivo este cambio. Queren acompañar aos seus fillos e ao profesorado no camb ANPA Non
Oportunidade A COVID espantou as reticencias a formarse continuamente no mundo dixital e a aprezar as posibilidades que ofrece tanto a nivel técnico como a nivel metodolóxico Contorna Non
Oportunidade Unha lexislación que acompaña esa necesidade de transformación da aula. Novos DCBs que impulsarán o uso das novas metodoloxías e os artefactos dixitais. O profesorado como acompañante do proceso de aprendizaxe en lugar de única vía de saber Lexislación Non
Oportunidade Fomento da páxina web, aula virtual e galería de imaxes para aglutinar e dar a coñecer todo o relacionado coas TIC do centro. Outras Non
Oportunidade Un bo momento para poñerse ao día polas oportunidades de formación que se ofrecen dende diferentes ámbitos (Cefores, Concello, Fundación Telefónica, Coursera....) Outras Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Despóis do análise previo da realidade do centro e da realización posterior do DAFO, as accións específicas do noso plan poderían incluirse nalgunha das tres liñas xerais de actuación mostradas a continuación:

- Recursos dixitais corporativos.

- Formación profesorado.

- Competencia dixital alumnado.

 

O Plan Dixital de noso centro concrétase na consecución dos 5 obxectivos seguintes:

 

1) Xestión do inventario informático do centro na plataforma amtega.

2) Participar no programa navega con Rumbo.

3) Mantemento e xestión eficiente dos medios dixitais do centro.

4) Favorecer unha formación contínua do profesorado.

5) Creación visita virtual ao centro cos Polos Creativos.

 

 

 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O03PD Mantemento e xestión eficiente dos medios dixitais do centro
O04PD Favorecer unha formación dixital contínua do profesorado
001PD Xestión do inventario informático do centro na plataforma amtega
002PD Participar no programa navega con Rumbo
005PD Creación visita virtual ao centro cos Polos creativos

Seguimento

Procedemento

Ao final de cada trimestre revisarase o grado de consecución das diversas accións asociadas a cada obxetivo.

1º Trimestre

Obxectivo O03PD:

O novo espazo para o taller-almacén de equipamento informático do centro, situado no sotano 2, estivo listo o 29 de setembro do 2023 (acción AO03.3PD)

Desde primeiros de outubro do 2023 empezou o traballo de transportar para o novo espazo todo o equipamento informático esparexido por diferentes espazos do centro, coa inestimable axuda dos alumnos de TIC de 1º de bacharelato e 4º de ESO (acción AO03.2PD).

Dende o primeiro día do curso comenza a campaña de resolución de imprevistos no funcionamento de todos os portátiles e pizarras dixitais instaladas nas aulas do centro, nesta tarefa contribúe coa sua experiencia como coordinador Edixgal o profesor D. Humberto Martínez, ao cal agradezo moito a súa axuda e implicación. (acción AO03.1)

 


 

Obxectivo O02PD:

Por un erro do coordinador TIC (Antonio Faíña) non se tramitou en prazo a solicitude para entrar nas charlas do programa Navega con Rumbo. Tentarase de novo o próximo curso.


 

Obxectivo O04PD:

A formación neste curso articulouse coma un itinerario do plan xeral PFPP P2331022 con código P2305010. No primeiro trimestre a relatora foi a profesora Dª. Alba Fuentes Sánchez tratando temas xerais de xestión a avaliación na plataforma Edixgal. As sesións presenciais foron tres, de dúas de duración, nas datas 14, 21 e 28 de novembro na aula de informática do noso centro (acción AO04.1PD)

2º Trimestre

Obxectivo O03PD:

Durante todo o segundo trimestre continúase coa tarefa de transporte, almacenamento selectivo e comprobación do equipamento e material informático (AO03.4PD) repartido por distintos espazos do centro. Posteriormente rapártese en caixas etiquetadas como:

- Cables VGA

- Cables HDMI

- Cables display port

- Memorias RAM

- Discos duros de equipos obsoletos

- Placas base (dos equipos retirados Dell optiplex) para prácticas en TIc e dixitalización.

- Teclados

- Cables alimentación

- Cargadores portatiles alumnos

- Cables de red

- Cables SATA

- Switchs

- Adaptadores VGA/HDMI

- Adaptadores VGA/Display Port

- Cables USB

- Cables audio RCA/minijack

- Alargadores

- Altavoces sobremesa

- Soportes proxectores


 

Obxecticvo O01PD:

Aínda que amtega non abriu a plataforma online para facer o inventario do centro, físoxe o traballo de selección e almacenamento do material obsoleto, relacionado a continuación, para darllo posteriormente de baixa:

- Equipos de sobremesa da serie Dell Optiplex 740/745

- Impresoras vellas

- Escáneres averiados

- Videoproyectores averiados

- Monitores averiados

Obxectivo O04PD:

 

O 17 de xaneiro o profesor D. David Rodríguez Vicente impartíu un cursiño de dúas horas sobre as posibilidades do uso da IA na aula, formación integrada naturalmante no plan PFPP anteriormente nomeado (AO04.1PD)


 

3º Trimestre

Obxectivo O03PD:

A primeiros deste terceiro primeiro chegaron ao centro 32 equipos HP de sobremesa para as aulas de informática. Decidiuse renovar con eles os 32 postos de alumno na aula de informática 1. Polo tanto tiveron que facerse, a maiores, as seguintes accións que poderíamos engadilas as accións AO03.2PD e AO03.4PD do plan dixital:


 

- Retirada dos equipos orixinais da aula informática 1.

- Almacenamento selectivo de todos os elementos que forman un equipo.

- Instalación dos 32 equipos novos.

- Configuración operativa (IP, software adicional, actualización SO) dos equipos instalados.


 

Os traballos rematáronse en só 4 días gracias a axuda dos alumnos de Dixitalización 4º de ESO e de TIC 1 de 1º de bacharelato.

Despois do almacenaxe e comprobación dos equipos retirados, e dos que xa existían no almacén, o número de equipos de sobremesa operativos dispoñibles no almacén é de 49.

Seguindo as instrucións da consellería a mediados de xuño comezou o clonado coa maqueta 11 dos 28 novos portátiles asociados aos novos paneis dixitais que aínda están por chegar.

Naturalmente atendéronse todas as incidencias diarias rexistradas tal e como o exixe a acción AO03.1PD.


 

Obxectivo O01PD:

A mediados de xuño amtega aínda non implementou a plataforma para facer o inventario online. Polo tanto, aínda que o material xa fora almacenado e ordenado non podemos comezar coa acción AO01.1PD asociada a este obxectivo.


 

Obxectivo O05PD:

Por motivos de carga de traballo no relativo ao almacenamento e clasificación de todo o material informático distribuido polo centro no novo taller de informática, atrásase a realización deste obxectivo para o curso 24-25. Ademais o plantexaremos coma unha actividade nos contidos de edición de vídeo na materia de Dixitalización de 4º ESO.


 

Obxectivo O04PD:

O 24 de abril o profesor D. Antonio Faíña Puig impartiu un cursiño de dúas horas sobre o uso do entorno Agueiro e as súas posibilidades didácticas (AO04.1PD)

A acción AO04.2PD nos se puido levar a cabo porque os paneis interactivos chegaron ao centro o 25 de xuño. Será proposta no plan para o curso que ven como eixo principal na formación do profesorado.

.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar de forma obxetiva o plan teremos en conta:

  1. A posibilidade de realización a posteriori das accións deseñadas para cada obxectivo.
  2. O número de persoas e colectivos involucrados na consecución do obxectivo.
  3. As causas reais que non permitiron alcanzar algúns indicadores.
  4. A identificación de obxectivos mal plantexados desde o principio.
Valoración xeral

A posta en marcha do taller-almacén de material informático facilitou en gran medida as accións relacionadas co mantemento, catalogación e revisión dos equipos do centro. Este espazo de traballo e almacenaxe facilitará moitísimo nos próximos anos calquera tarea relacionada co traballo diario de mantemento informático no centro.

A proposta de formación non acadou o numero esperado de participantes, arredor de 30 profesores en total, polo que haberá que revisar o plantexamento da oferta formativa para o próximo curso. Oferta que estará maioritariamente orientada ao uso dos novos paneis dixitais interactivos.

A labor de inventariado na plataforma amtega queda pendente da implementación da mesma por parte dos servicios informáticoa da consellería. O traballo de campo de recollida, revisión e almacenaxe dos equipos está parcialmente feita.

Tamén queda pendente para o curso que ven a creación da video visita virtual do centro, que opara o próximo curso a idea é coordinala coas actividades da materia Dixitalización de 4º ESO.


 

Proposta de mellora

No plan do próximo curso tentaremos:

Aumentar a participación do profesorado no plan de formación TIC do centro.

Impulsar a recuperación da segunda aula de informática.

Comezar co inventario TIC do centro, se aplataforma en amtega está lista.

Dar formación eficaz e axeitada do uso dos novos paneis dixitais interactivos.

Levar a cabo os obxectivos que quedaron pendentes neste curso.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital estara a disposición de toda a comunidade educativa e da cidadadnía en xeral na páxina web do centro.

 

Naturalmente a principios de curso os responsables de cada acción programarás reunións cos profesores implicados para levar a cabo as distintas accións dos obxectivos específicos do plandixital.