Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en ralación coa normativa vixente

 A elaboración do plan dixital ten a súa xustificación no regulado pola normativa vixente, máis concretamente en:

A Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio, de educación.

Artigo 111 bis

3. O Ministerio de Educación e Formación Profesional impulsará, previa consulta ás Comunidades Autónomas, a compatibilidade dos formatos que poidan ser soportados polas ferramentas e contornas virtuais de aprendizaxe no ámbito dos contidos educativos dixitais públicos, co obxecto de facilitar o seu uso con independencia da plataforma tecnolóxica na que se alberguen.

4. O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ofrecerá plataformas dixitais e tecnolóxicas de acceso a toda a comunidade educativa, que poderán incorporar recursos didácticos achegados polas Administracións educativas e outros axentes para o seu uso compartido. Os recursos deberán ser seleccionados de acordo con parámetros de calidade metodolóxica, adopción de estándares abertos e dispoñibilidade de fontes que faciliten a súa difusión, adaptación, reutilización e redistribución e serán recoñecidos como tales.

5.  As Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe. As Administracións educativas deberán establecer as condicións que fagan posible a eliminación no ámbito escolar das situacións de risco derivadas da inadecuada utilización das TIC, con especial atención ás situacións de violencia na rede. Fomentarase a confianza e seguridade no uso das tecnoloxías prestando especial atención á desaparición de estereotipos de xénero que dificultan a adquisición de competencias dixitais en condicións de igualdade.

6. O Ministerio de Educación e Formación Profesional elaborará e revisará, previa consulta ás Comunidades Autónomas, os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.

7. As Administracións públicas velarán polo acceso de todos os estudantes aos recursos dixitais necesarios, para garantir o exercicio do dereito á educación de todos os nenos e nenas en igualdade de condicións. En todo caso, as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) e os recursos didácticos que se empreguen, axustaranse á normativa reguladora dos servizos e sociedade da información e dos dereitos de propiedade intelectual, concienciando no respecto dos dereitos de terceiros.

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O centro ten unha ubicación urbana, na cidade de Pontevedra, e nas proximidades dunha das vías de comunicación ca súa contorna (Poio, Sanxenxo). Unha parte considerable do alumnado procede destes concellos.

A zona representa todas as características dunha cidade en proceso de expansión urbanística, na que domina claramente o sector servizos, especialmente a vida comercial e funcionarial. Neste contexto, destacar que a lingua vehicular predominante na zona, e por extensión do noso alumnado é o castelán.

A poboación do Concelloello, suma un total duns 84.000 habitantes.

Mediante o obxectivo do Plan Dixital de Centro preténdese:

  -  Avaliar a situación do noso Centro educativo con relación ao uso das TIC nos distintos elementos crave que recolle o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competente para poder deseñar e emprender un proceso de transformación no Centro.

  -  Recoñecer o Plan Dixital de Centro como un recurso crave para a planificación da estratexia dixital dunha organización educativa.

  -  Transformar o noso Centro educativo nunha organización que aprende, sendo só posible se é unha organización dixitalmente competente.

  -  Valorar as implicacións das organizacións escolares para desenvolver unha cultura dixital nas mesmas.

A finalidade do noso Centro educativo é que o alumnado aprenda e fórmese como individuo da sociedade na que vive. En consecuencia, a propia organización vai mellorando a través da súa práctica e da reflexión sobre ela, así como das relacións que establece coa súa contorna.

O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos os documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.

A dixitalización do centro será clave tamén para a consecución de moitos outros dos obxectivos estratéxicos establecidos no Plan Anual:

Obxectivo 5: Potenciar o uso e a dotación dos recursos dixitais do centro, optimizando o uso e aproveitamento dos mesmos, das infraestructuras e materiais disponibles.

Proceso de elaboración

O deseño do Plan Dixital de Centro ha de recoller as ideas principais, determinar as prioridades e establecer os niveis de planificación (programas, proxectos e/ou accións) que marcarán o plan de traballo do Centro escolar no seu proceso de cambio e mellora. Así mesmo, a participación do equipo directivo no proceso de deseño e implementación do Plan Dixital de Centro é clave, tanto pola visión global que pode achegar, como pola capacidade para mobilizar recursos da organización e de xerar liderados distribuídos que permitan o cambio.

O Plan Dixital de Centro debería permitir á comunidade educativa:

  -  Visualizar onde quere que chegue o Centro.

  -  Entender onde está actualmente.

  -  Trazar o camiño que leve dun estado ó outro.

Todo o traballo foi estruturado en tres fases, con diferentes etapas dentro de cada unha delas:

Fase 1: Diagnose da situación de centro

1.1.  Enquisa sobre a situación actual do colexio no ámbito dixital. Emprego de SELFIE.

1.2.  Estudo da competencia dixital do profesorado. Realización do Test CDD en Fprofe.

1.3.  Interpretación dos resultados obtidos nos dous puntos anteriores. Xeración dun cadro DAFO sobrea situación do colexio en materia dixital.

Fase 2: Deseño e elaboración do Plan dixital

2.1.  Obxectivos do plan de acción

2.2.  Elaboración do plan dixital

Fase 3: Implementación, seguimento e avaliación do Plan Dixital

Esta fase desenvolverase ao longo do presente curso 2023/24, unha vez elaborado e aprobado este Plan

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe de autoavaliación SELFIE, do Test de CDD e outras fontes, o equipo dinamizador do Plan Dixital do centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Formación no uso da tecnoloxía. Formación no disfrute e seguridade no ámbito tecnolóxico. Alumnado Si
Debilidade Escaseza de recursos económicos para infraestructura Infraestruturas Si
Debilidade Escaseza de recursos económicos para infraestructura Oferta Si
Debilidade Escaseza de formación tecnolóxica Organización de centro Non
Debilidade Tempo para a creación de recursos. Escaseza de formación tecnolóxica Persoal docente Non
Fortaleza Teledocencia. Asignación de contas Alumnado Non
Fortaleza Asignación de contas. Emprego da app para comunicarse co centro Familias Non
Fortaleza Infraestructura sólida con equipos estables Infraestruturas Non
Fortaleza Teledocencia Oferta Non
Fortaleza Protocolo de asignación de contas. Equpio e Plan anual TIC. Acordo de adaptación a tecnoloxía xeralizada. Teledocencia Organización de centro Non
Fortaleza Uso dos dispositivos. Acceso a rede. Teledocencia Persoal docente Non
Fortaleza Persoal para incidencias tecnolóxicas Persoal non docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Mal uso da tecnoloxía Administración educativa Si
Ameaza Infraestructura e mantemento. Volatilidade da tecnoloxia e o software. Mal uso da tecnoloxía Contorna Si
Ameaza Utilización fraudulenta de recursos dixitales Lexislación Non
Ameaza Custo do acceso a Internet. Custo das licenzas dixitais Outras Si
Oportunidade Realización do Plan DIXITAL. Recursos para a ensinanza e o aprendizaxe. Formación por parte da administración pública Administración educativa Non
Oportunidade Formación do profesorado. Certificación tecnolóxica do profesorado Contorna Non
Oportunidade Apoio económico da provincia Dorotea para formación e recursos Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O Equipo dinamizador do Plan Dixital elaborou un analise deste DAFO e sacou as seguintes conclusións ou comentarios:

•   A carga horaria e a falta de formación dificultanos en moitas ocasións a busqueda de novas alternativas ou metodoloxías

•   Temos necesidade de colaborar no uso compartido dos medios dixitais e presenciais

•   No curriculo de ESO a Programación só se contempla en materias optativas. Ademais non temos CDD para dita tarefa

•   Nalgunhas materias a utilización das tecnoloxía dixitais non esta moi aproveitada.

•   O profesorado non participa neste tipo de actividades, moitas veces pola carga de formación que ven establecida dende o propio Centro

•   Algúns dos materiais de xeneración propia carecen do rigor necesario en canto ao respeto dos dereitos de autor, moitas veces por ignorancia ou falta de información.

•   Carecemos de persoal e dos recursos para o mantenemento da infraestructura técnica

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Mellora da conexión WIFI do centro
O2PD Manter actualizado un rexistro de todos os dispositivos dixitais do Centro
O3PD Manter e actualizar a páxina web, diversificando os contidos, potenciar o emprego de blogs de aula e promover a difusión da actividade docente a traves das RRSS.
O4PD Fomentar o uso seguro das tecnoloxías dixitais dos alumnos
O5PD Mellorar as competencias e capacidades dixitais do profesorado para llevar a cabo a transformación dixital

Seguimento

Procedemento

Nas táboas elaboradas para a redacción do Plan de acción se recollen diferentes accións que teñen o sua propia temporalización. estas accións deben ser revisadas trimestralmente a fin de determinar o estado de execución das mesmas e serán analizadas e valoradas a fin de determinar, se e o caso, as posibles modificacións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

O1PD

INDICADOR/ES DO OBXECTIVO: Mellora da conexión wifi do Centro.

Valor de partida: 0%

Valor previsto: 40%

NON ACADADO, EN PROCESO

O2PD

INDICADOR/ES DO OBXECTIVO: Manter un rexistro de todos os dispositivos dixitais do Centro.

Valor de partida: 0%

Valor previsto: 100%

ACADADO

O3PD

INDICADOR/ES DO OBXECTIVO: Manter e actualizar a páxina web, diversificando os contidos, potenciar o emprego de blogs de aula e promover a difusión da actividade docente a traves das RRSS.

Valor de partida: 0%

Valor previsto: 100%

ACADADO PARCIALMENTE (50%)

O4PD

INDICADOR/ES DO OBXECTIVO: Fomentar o uso seguro das tecnoloxías dixitais dos alumnos

Valor de partida: 0%

Valor previsto: 100%

NON ACADADO, EN PROCESO (50%)

O5PD

INDICADOR/ES DO OBXECTIVO: Mellorar as competencias e capacidades dixitais do profesorado para llevar a cabo a transformación dixital

Valor de partida: 0%

Valor previsto: 100%

NON ACADADO, EN PROCESO (40%)

2º Trimestre

O1PD

INDICADOR/ES DO OBXECTIVO: Mellora da conexión wifi do Centro.

Valor de partida: 0%

Valor previsto: 40%

NON ACADADO, EN PROCESO

 

O3PD

INDICADOR/ES DO OBXECTIVO: Manter e actualizar a páxina web, diversificando os contidos, potenciar o emprego de blogs de aula e promover a difusión da actividade docente a traves das RRSS.

Valor de partida: 0%

Valor previsto: 100%

ACADADO PARCIALMENTE (50%)

O4PD

INDICADOR/ES DO OBXECTIVO: Fomentar o uso seguro das tecnoloxías dixitais dos alumnos

Valor de partida: 0%

Valor previsto: 100%

NON ACADADO, EN PROCESO (50%)

O5PD

INDICADOR/ES DO OBXECTIVO: Mellorar as competencias e capacidades dixitais do profesorado para llevar a cabo a transformación dixital

Valor de partida: 0%

Valor previsto: 100%

NON ACADADO, EN PROCESO (40%)

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao longo do curso, estableceranse unhas datas para realizar o seguemento do desenvolvemento do plan e da consecución dos obxectivos.

  •  Avaliación procesual: Reaalizarase una vez ao trimestre, valorando o desenvolvemento de cada obxectivo, analizando resultados e modificando, no caso de ser necesario, as acción e as propostas de mellora
  •  Avaliación final: Realizarase ao final do curso, onde farase una valoración dos logros e reformulación dos obxectivos non acadados así como a elaboración das novas propostas de mellora.
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez o plan dixital esté aprobado polo Consello Escolar e tras as achegas do mesmo e do Claustro, estará a disposición de toda a comunidade educativa a través da plataforma do Centro.