Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Debido á progresiva incorporación das novas tecnoloxías ás actividades docentes co alumnado, dende a Adminitración Educativa lexislase para amplialo uso das NNTT nas ensinanzas reguladas, entre outra normas destaca ó Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recolle dito artigo é o seguinte: 

“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Hai xa moitos anos que neste Colexio se tomou a iniciativa da implantación das NNTT implicándonos na participación dos programas e-DIXGAL e Gsuite na ESO. Despois de participar nos dous proxectos, o curso 2021-2022 levouse a cabo a  integración de forma completa no Proxecto EDIXGAL para tódolos cursos da ESO, dende 1º a 4º. 

Ademais na EP, dende 3º a 6º,  implementouse neste curso a plataforma  dixital Snapet que facilita aos nenos o traballo nas materias de Lingua galega, Lingua Castella, Inglés e Matemáticas co uso de unha tablet por alumno que lle proporciona acceso a un sistema innovador da aprendizaxe na aula.

 

Dende o Plan dixital, contribuímos a o Programación xeral de centro mediante o establecemento dunha serie de obxectivos a curto, medio e longo prazo de maneira que se procure garantir a mellora e actualización da metodoloxía didáctica e o mantemento das ferramentas tecnoloxías derivadas da utilización das TICs na aula. Estes obxectivos se recollen en táboas que inclúen as accións, temporalización, indicadores, responsables e recursos necesarios para o seu desenvolvemento.

O presente PD desenvolveuse a partires do anterior Plan, con reunións semanais do Equipo de dinamización do plan dixital formado por Gonzalo Lino, María Barreiro, Susana recuna e Graciela Rodríguez.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe de autoavaliación SELFIE, do Test de CDD e outras fontes, o equipo dinamizador do Plan Dixital do centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

 

Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non Aprender a codificar nin Programar Alumnado Non
Debilidade Erros de conexión a Internet e falta de capacidade da rede Infraestruturas Si
Debilidade Falta de colaboración dixital con outras organizacións. Organización de centro Si
Debilidade Falta de tempo para explorar o ensino dixital. Persoal docente Non
Debilidade Falta de sinerxías para a aprendizaxe mixta. Persoal docente Non
Debilidade Non se fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinarios utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Competencias dixitais para diferentes materias Persoal docente Non
Debilidade Non se fomenta a participación en actividades formativas organizadas por AE Persoal docente Non
Debilidade Non respectar os dereitos de autor no desenvolvemento dos materiais para a aula. Persoal docente Non
Fortaleza Comunicarse co alumnado e as familias mediante as tecnoloxías dixitais Familias Non
Fortaleza No noso centro respectamos os dereitos de autor e as licenzas de uso á hora de utilizar as tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe. Organización de centro Non
Fortaleza No noso centro existen dispositivos dixitais que podo utilizar no meu traballo como docente. Organización de centro Non
Fortaleza Utilización das tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionada co centro educativo. Organización de centro Non
Fortaleza O noso equipo directivo implica ao profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital do centro. Persoal docente Non
Fortaleza Emprego as tecnoloxías dixitais para adaptar o meu método de ensinanza ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Utilizo datos dixitais sobre alumnos concretos para mellorar a súa experiencia de aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza Impartir as clases utilizando diferentes dispositivos e recursos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Utilización da tecnoloxía no centro para tarefas escolares. Persoal docente Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O alumnado con necesidades educativas especiais non dispoña de tecnoloxías de apoio. Administración educativa Non
Ameaza Os alumnos non poden levar aparello propio. Administración educativa Non
Ameaza Falta de actualización do profesorado por falta de formación a través da rede de formación da administración. Administración educativa Non
Ameaza A posible falta de matricula pola baixa natalidade, vai facer necesario o uso das TICS para a fidelización do alumnado Contorna Non
Ameaza Tendencia a compartimentar as distintas etapas, especialmente EI. Outras Non
Ameaza Obsolescencia dos equipos e das instalacións de rede. Outras Non
Oportunidade Dispositivos de acceso do alumnado fóra do centro Contorna Non
Oportunidade No noso centro existen sistemas de protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade Fomento do uso das tecnoloxías dixitais con fins de avaliación. Outras Non
Oportunidade Fomento do uso das tecnoloxías dixitais con fins de avaliación. Outras Non
Oportunidade Aprender doutros profesores do centro. Outras Non
Oportunidade Utilización da tecnoloxía na casa para facer os deberes. Outras Non
Oportunidade Busca de recursos educativos dixitais en internet. Outras Non
Oportunidade Realización de cursos, seminarios ou xornadas en liña. Outras Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O Equipo dinamizador do Plan Dixital elaborou un analise deste DAFo e sacou as seguintes conclusións ou comentarios:

  • A carga horaria e a falta de formación dificultanos en moitas ocasións a busqueda de novas alternativas ou metodoloxías
  • Existe certa reticencia a colaborar con organizacións axenas ao centro
  • Temos necesidade de colaborar no uso compartido dos medios dixitais e presenciais
  • No curriculo de ESO a Programación só se contempla en materias optativas. Ademais non temos CDD para dita tarefa
  • Nalgunhas materias a utilización das tecnoloxía dixitais non esta moi aproveitada.
  • O profesorado non participa neste tipo de actividades, moitas veces pola carga de formación que ven establecida dende o propio Centro
  • Algúns dos materiais de xeneración propia carecen do rigor necesario en canto ao respeto dos dereitos de autor, moitas veces por ignorancia ou falta de información.
  • Carecemos de persoal e dos recursos para o mantenemento da infraestructura técnica

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear canles de colaboración para a ensinanza dixital con outras organizacións.
O02PD Mellorar da rede de conexión a internet
O03PD Elaborar proxectos interdisciplinarios baseados no uso das TICs

Seguimento

Procedemento

Nas táboas elaboradas para a redacción do Plan de acción se recollen diferentes accións que teñen o sua propia temporalización. estas accións deben ser revisadas trimestralmente a fin de determinar o estado de execución das mesmas e serán analizadas e valoradas a fin de determinar, se e o caso, as posibles modificacións e as propostas de mellora.

 

1º Trimestre

Neste primeiro trimestre tiñamos tres accións programadas dentro do plan dixital.
Realizáronse AO01.1 e AO01.2 e comunicáronse ao profesorado.
Tamén se realizou a AO02.1, neste caso elaborouse unha acta de incidencias na que os membros facilitadores do PD anotan as que nos envían o profesorado.

 

2º Trimestre

Continuamos a desenvolver o PD. Neste trimestre, a unica acción programada era a AO03.2, que non a poidemos levar acabo pola falta de implicación e o exceso de traballo do profesorado.

 

3º Trimestre

Ao final do terceiro trimestre podemos constatar que os obxectivos do plan O01.PD e O02.PD acadaronse sen dificultade finalizando completamente as accións AO01.3; AO02.2 e AO02.3.

En canto a obxectivo O03.PD non fomos capaces de levalo a diante por mor da falta de implicación e exceso de traballo do profesorado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao finalizar o ano o Equipo dinamizador do Plan dixital avaliará o logro dos obxectivos e remitirá a o Equipo directivo unha memoria  incluíndo as liñas de actuación marcadas, obxectivos, coordinación entre integrantes dos plans, dificultades atopadas, modos para a resolución de problemas, resumo das xuntanzas dos integrantes e de seguimento da evolución do plan, valoración dos resultados,  incidencia no alumnado e no profesorado e aquelas propostas de mellora que considere adecuadas para adaptar o Plan ao estado real do uso das Tecnoloxías no centro.

 

Valoración xeral

Tendo en conta que acadaronse de maneira completa dous dos tres obxectivos propostos e realizaronse as accións derivadas dos mesmos, a valoración que este equipo dinamizador ten do PD é positiva.

Proposta de mellora

Retomar e reformular no vindeiro curso o Obxectivo O03.PD co fin de lograr a creaci´n dalgun equipo de traballo inetrdisciplinar capaz de elaborar un proxecto de esas caracteristicas

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O equipo directivo será o responsable da aprobación e presentación deste plan ao claustro do centro. 

O Plans Dixital do centro está xa visible en EduCalidade  e  xa pode crearse un enlace aberto para compartir o plan dixital.

Non será preciso loguearse para acceder ao contido do mesmo. No menú principal de EduCalidade, a través do campo "Plans dos centros", será posible visualizalo.  Os equipos directivos poderán así  compartir a URL do seu PD co claustro e consello escolar .