Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CIFP Montecelo é un centro educativo de titularidade pública, situado no lugar de Montecelo, dentro da parroquia pontevedresa de Mourente, que leva impartindo formación profesional dende hai máis de 40 anos a alumnado de Pontevedra e de toda a súa comarca. No centro están autorizados Ciclos de Formación Profesional de Grao Básico, Medio e Superior, polo cal atopamos gran heteroxeneidade de intereses e casuísticas. Así, nos ensinos non obrigatorios, non adoita haber  problemas de convivencia mais existe bastante diversidade en canto á idade (cada vez evidénciase máis a presenza de alumnado adulto), motivación e poboación de procedencia, aínda que o alumnado predominante ten entre 18 e 22 anos e reside na comarca de Pontevedra. En canto á FP de grao Básico o alumnado pode englobarse nalgunha da seguintes características: alumnado que non acadou os obxectivos da Educación Secundaria Obrigatoria (cerca da metade con 15 anos), alumnado con necesidades educativas especiais, internos na Cidade Infantil ou de procedencia estranxeira e proceden de diversos centros educativos, normalmente da provincia de Pontevedra.
Entre os principios do centro destacados no Proxecto Educativo, o Plan Dixital vai contribuir a acadar infraestruturas ben dotadas e tecnoloxías modernas acordes ó sector produtivo, que permitirán formar persoas para un mundo globalizado e cambiante, así como favorecer a integración dos colectivos máis desfavorecidos.

Na procura de asociacións multilaterais con centros da UE que permitan intercambiar experiencias, aprender linguas estranxeiras e coñecer outros sistemas educativos, o centro dispón desde 2014 da acreditación de Carta Erasmus, polo que o alumnado e persoal poden realizar mobilidades e prácticas en empresas da UE. Así mesmo, o centro solicitou no 2021 a súa incorporación a FPempresa (Rede de centros de empresas relacionadas coa FP a nivel estatal), e anualmente busca alianzas con centros con intereses comúns para ser partícipe de todas aquelas iniciativas que redundan nun beneficio para os intereses do alumnado. Destacar os continuos proxectos de colaboración con entidades sen ánimo de lucro como Amencer-ASPACE ou Xuntos Pontevedra. Estase a desenvolver o programa de innovación educativa Polos Creativos, zonas dotadas dixital e tecnoloxicamente para desenvolver proxectos colaborativos, e neste curso concedeuse o programa Espazos de tecnoloxía aplicada, para a conversión de aulas tradicionais.

O Plan Dixital vai contribuir á consecución dos correspondentes obxectivos do Plan Xeral Anual.A Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, establece as medidas de actuación relativas ao deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital para o curso 2021-2022, en base aos seguintes principios e obxectivos:

1. Principios.
a) Resposta á realidade social resultante do uso xeneralizado das tecnoloxías de información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá.
b) Enfoque cara unha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía e unha reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e medio ambiente.
c) Transformación dixital que inclúa unha visión da competencia dixital máis moderna e ampla, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente.
2. Obxectivos:
a) Facilitar a integración e o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais nos procesos formativos e optimizar a xestión dos recursos humanos e materiais do centro.
b) Promover o uso das ferramentas de avaliación e diagnose dos centros educativos respecto á competencia dixital.
c) Mellorar a competencia dixital dos membros da comunidade educativa para transformar os centros en organizacións educativas dixitalmente competentes nos procesos de ensinoaprendizaxe, de xestión e de relación.
d) Definir o equipo responsable de dinamización do Plan Dixital e a súas funcións.
O referente de cara a elaboración do Plan Dixital foi o Marco Europeo de Organizacións Dixitalmente Competentes (DigCompOrg), que dispón que a transformación dixital dos centros educativos atenderá ás tres dimensións (pedagóxica, tecnolóxica e organizativa) e propón unha análise do centro baseado en sete elementos: Infraestrutura, Liderado e Gobernanza, Ensino e Aprendizaxe, Desenvolvemento Profesional, Avaliación, Contidos e Currículo, así como Redes de Apoio e Colaboración.

Constituiuse o Equipo de Dinamización do Plan Dixital en setembro de 2021 e no primeiro trimestre realizáronse as primeiras tarefas de análise da situación do centro en relación coa competencia dixital mediante as seguintes ferramentas: Informe SELFIE e Test de Competencia Dixital Docente (TCDD). Tendo en conta o informe SELFIE, o informe global do centro xerado a partir dos resultados individuais no TCDD e o coñecemento da situación do instituto nos últimos cursos, o equipo elaborou unha análise diagnóstica da competencia dixital mediante un informe DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades), detallando as seguintes categorías:
-Internas: infraestrutura-equipamento, persoal docente, persoal non docente, alumnado, familias, oferta e organización de centro.
-Externas: administración educativa, lexislación, ANPA, contorna e outras entidades.

O DAFO elaborado compartiuse a través  da aula virtual, abríndose un período para a aportación de ideas por parte de todo o profesorado mediante a actividade Board de Moodle, desta maneira o equipo de dinamización do Plan Dixital puido elaborar as táboas de obxectivos e accións a partir das necesidades detectadas polo conxunto da comunidade educativa, e configurouse o plan de acción para os próximos cursos mediante ferramentas de traballo colaborativo en rede. Englobando todo o material nun único documento elaborouse este Plan Dixital de centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

-Situación de partida. Páxinas 6-10 do Plan Dixital 2022-23.

-Resumo de resultados do SELFIE. Páxina 11 do Plan Dixital 2022-23.

-Informe grupal do TCDD. Páxinas 11-12 do Plan Dixital 2022-23.

 

Interno
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Baixa autonomía na resolución de pequenos problemas técnicos. Alumnado Si
Debilidade Alumnado de FP Básica con escaso grao de responsabilidade no uso da aula virtual e demais ferramentas TIC. Alumnado Si
Debilidade Falta de información a cerca dos recursos informáticos que dispón o centro para empréstimo. Alumnado Non
Debilidade Falta de información a cerca dos recursos informáticos que dispón o centro para empréstimo. Familias Non
Debilidade Escasa colaboración debido, por un lado a elevada porcentaxe de alumnado maior de idade e por outro de familias con poucos recursos ou escaso interese. Familias Si
Debilidade Rede interna de datos escasa, anticuada e caótica. Infraestruturas Non
Debilidade Algúns equipos requiren actualización. Infraestruturas Non
Debilidade Non se inclúen nas programacións didácticas actividades de ensinoaprendizaxe referidas á resolución de pequenos problemas técnicos. Oferta Non
Debilidade Deficiencias na comunicación de incidencias ou fallos informáticos e nos equipos. Organización de centro Si
Debilidade Carencias no emprego de recursos dixitais para proporcionar feedback ao alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Deficiencias na aplicación do sistema de protección de datos. Persoal docente Non
Debilidade Pouco traballo colaborativo coas TICs. Persoal docente Si
Debilidade Deficiencias na aplicación do sistema de protección de datos. Persoal non docente Non
Fortaleza Alumnado de ciclos medios e superiores cun alto grao de responsabilidade no uso da aula virtual e outras ferramentas TIC. Alumnado Non
Fortaleza Acceso a tecnoloxías asistenciais para neae. Alumnado Non
Fortaleza As aulas polivalentes dispoñen de panel interactivo. Infraestruturas Non
Fortaleza Disponse de equipamento informático actualizado. Infraestruturas Non
Fortaleza Todas as aulas dispoñen de, alomenos un ordenador con conexión a internet e proxector. Infraestruturas Non
Fortaleza Aulas en rede para o alumnado e profesorado do mesmo departamento. Infraestruturas Non
Fortaleza Experiencia en formación interna TIC. Organización de centro Non
Fortaleza Protocolo de emprego das aulas multimedia. Organización de centro Non
Fortaleza Servidor interno para o profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza Recursos dixitais a disposición de todo o Claustro. Persoal docente Non
Fortaleza Existencia dun grupo de profesorado experto en TIC. Persoal docente Non
Fortaleza A maior parte do profesorado traballa habitualmente coas TIC na aula. Persoal docente Non
Fortaleza Recursos dixitais a disposición de todo o persoal. Persoal non docente Non
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Demora na actuación da UAC na demanda de melloras na infraestructura da rede interna Administración educativa Si
Ameaza As necesidades de equipamento informático superan as posibilidades de compra permitidas. Administración educativa Non
Ameaza Ferramentas colaborativas corporativas pouco desenvoltas. Administración educativa Non
Ameaza Dotación insuficiente de dispositivos dixitais para o persoal. Administración educativa Non
Ameaza Limitacións para a adquisición de equipamento inventariable. Lexislación Non
Ameaza Algunhas empresas non participan nas estratexias dixitais do centro. Outras Non
Oportunidade Posibilidade de acceder a formación flexible e adaptada ás necesidades do centro. Administración educativa Non
Oportunidade Dispor de conexión por fibra de alta velocidade. Contorna Non
Oportunidade Necesidade de revisión e actualización do Plan Dixital cada curso. Lexislación Non
Oportunidade Colaboración con empresas dos sectores profesionais a través de cesións ou accesos a software necesario para a formación do alumnado. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Adaptar o protocolo de incidencias para a comunicación e resolución de todo tipo de averías, desperfectos ou incidentes co equipamento do centro.
O02PD Avanzar no emprego de recursos dixitais que permitan maior interacción e o traballo colaborativo entre o alumnado e coas familias.
O03PD Mellorar a autonomía e a responsabilidade do alumnado e do profesorado no emprego da do equipamento informático.
O04PD Actualizar o inventario de equipamento informático do centro.
O05PD Aumentar e modernizar o equipamento informático e os recursos tecnolóxicos do centro.

Seguimento

Procedemento

-O seguimento realizarase mensualmente polos responsables de cada unha das accións dos obxectivos indicados no plan.

-Nunha reunión trimestral convocada pola persoa coordinadora do PD comprobarase o estado de execución de cada unha das tarefas proxectadas.

-Emitirase un informe coa valoración dos resultados, xunto coas posibles modificacións, propostas de mellora e a planificación para o seguinte trimestre.

1º Trimestre

 Realizouse o seguemento  trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital, estudando a  execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.

Consideramos que as accións relacionadas cos obxectivos do plan dixital correspondentes ao 1ª trimestre desenvólvense  segundo o  programado e realizamos a seguinte análise cualitativa: 

-O obxectivo  O01PD  está en progreso, buscando adaptar os formularios a todo tipo de incidencias e ao entorno Office 365 facilitado pola Consellería. 

-O  obxectivo O02PD está en proceso, comezouse a formación coas necesidades detectadas entre o profesorado.

-O obxectivo  O03PD   ten varias accións adiadas por falta de tempo.

-O obxectivo O04PD  está pendente da activación por parte de AMTEGA da aplicación Inventario.

-O obxectivo   O05PD está en proceso e xa se realizaron as obras e a instalación do mobiliario da aula tecnolóxica.  

2º Trimestre

Realizouse o seguemento  trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital, estudando a execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.

Consideramos que as accións relacionadas cos obxectivos do plan dixital correspondentes ao 2ª trimestre desenvólvense  segundo o  programado e realizamos a seguinte análise cualitativa: 

-O obxectivo  O01PD  está en progreso, decidiuse establecer novos formularios separando as incidencias informáticas das de mantemento, para favorecer o acceso aos mesmos do persoal externo encargado da súa resolución. Asímesmo mellorouse a difusión de acceso aos formularios mediante códigos QR situados en cada aula e departamento, así como a través do correo corporativo. 

-O  obxectivo O02PD está en proceso, pois se avanzou no desenvolvemento das actividades do plan de formación con docencias e traballo grupal  en relación coa avaliación e a creación de cuestionarios en Moodle e o manexo avanzado do correo electrónico.

-O obxectivo  O03PD non puido ser abordado, pois a carga de traballo de posta en marcha da aula tecnolóxica e o seu equipamento ocupa todas as sesións de coordinación TIC.

-O obxectivo O04PD  está pendente da activación por parte de AMTEGA da aplicación Inventario aínda que se está a realizar o rexistro interno dos novos equipos informáticos adquiridos.

-O obxectivo O05PD está en proceso e xa se puxo en marcha o equipamento tecnolóxico e se comezou coa formación telemática das gafas VR e kit 360º.  

3º Trimestre

Realizouse o seguemento trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital, estudando a execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos. Analizamos que os obxectivos do PD correspondentes ata o 3ª trimestre desenvolvense segundo o programado da seguinte maneira:
-O obxectivo O01PD está acadado, adaptándose os formularios de recollida de incidencias a Office 365.
-O obxectivo O02PD está parcialmente conseguido pois avanzouse no emprego da aula virtual por parte de alumnado e profesorado, pero debe profundizarse no emprego de recursos que permitan a interacción e o traballo colaborativo.
-O obxectivo O03PD ten varias accións adiadas e considérase que quedará pendente e proposto para o ano que ven.
-En relación co obxectivo O04PD, fíxose o inventario de maneira interna de todo o novo equipamento informático pero está pendente da activación por parte de AMTEGA da aplicación Inventario.
-O obxectivo O05PD está en conseguido pois xa se creou a aula tecnolóxica.

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

De cara a realizar o seguemento e avaliar o desenvolvemento do Plan Dixital compre diferenciar:
-Avaliación procesual, realizarase mensualmente polos responsables de cada unha das accións dos obxectivos indicados no plan, nunha reunión convocada pola persoa coordinadora do PD na que se comprobara o estado de execución de cada unha das tarefas proxectadas e emitirase un informe coa valoración dos resultados, xunto coas posibles modificacións, propostas de mellora e a planificación do mes seguinte.
-Avaliación final, realizarase ao finalizar cada curso escolar analizando o logro dos obxectivos do plan de acción de ese período e recollendo as suxerencias de mellora por parte de toda a comunidade escolar, a partires dos datos recollidos procederase a elaborar o plan de acción do seguinte curso.

Valoración xeral

A valoración xeral do desenvolvemento deste plan no curso 2023/24 é positiva pois conseguiuse avanzar tanto na incorporación de novo equipamento tecnolóxico, como na adecuación dos espacios e no interese do profesorado pola formación no ámbito dixital e no emprego e desenvolvemento de recursos dixitais para aula.

Todo este esforzo está a dar os seus froitos, pois xa se aprecia unha maior autonomía no emprego das tecnoloxías educativas e unha evolución nas competencias dixitais do alumnado, así a aula virtual está consolidada como ferramenta de uso diario nas aulas, non só como banco de recursos senón tamén como elemento dinamizador de metodoloxías activas e facilitador do desenvolvemento dunha avaliación formativa continua que axuda aos estudiantes a identificar as súas  fortalezas e áreas de mellora.

De todas formas, aínda queda moito traballo por realizar para involucrar a toda a comunidade educativa na resolución de pequenos problemas técnicos e para optimizar o emprego de todos os recursos dispoñibles. Progresar nestes aspectos só será posible si se dispón dun grupo de persoas coordinadas entre sí e da implicación do equipo directivo, e deste xeito continuar coas liñas de mellora propostas para próximos cursos.

Proposta de mellora

Entre as propostas de mellora a abordar dentro do Plan dixital cabe destacar:

-Manter máis contacto directo co profesorado, titores e alumnado para ser máis consciente das necesidades prioritarias.

-Elaborar unha planificación mensual máis exhaustiva que permita ter presente en cada momentos as accións de cada obxectivo a abordar.

-Ser máis realista nos tempos necesarios para a posta a punto dos equipos e dos problemas coa rede, e mellorar a coordinación coa empresa de mantemento para axilizar os procesos.

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital de centro presentarase no Claustro e aprobarase Consello social, pode ser consultado na páxina web do centro e facilitarase a ligazón ao mesmo a través do correo electrónico para o profesorado e mediante abalarMóbil ás familias.