Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro.

O IES Carlos Casares é un centro rural da alta montaña ourensá. Acolle alumnado dunha zona con innumerables núcleos illados de poboación, o que dificulta o acceso a ocio, oportunidades, cultura… de calidade.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo.

Relación con outros Plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que participa… O noso centro está a participar por cuarto ano consecutivo no proxecto de libros dixitais E-Dixgal. Neste senso, un grupo de 10 docentes vén de publicar material e recursos propios a través do portal educativo Recursos Abalar. Da mesma forma, o noso alumnado traballa con contidos dixitais a través de proxectos como Aprendo Programando ou Rapazas nas TIC (Plan Proxecta) e outros similares. Consideramos fundamental ofrecer ao noso alumnado as mesmas oportunidades que o resto de nenas e nenos galegos, sendo consciente que nos ubicamos nunha zona con problemas de comunicación e mobilidade.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23.

Agardamos seguir a participar no vindeiro curso no proxecto E-Dixgal así como en diferentes programas do Plan Proxecta. Concretamente o PD permitiranos por un lado garantir accesibilidade a toda a comunidade educativa e por outro a integración en diferentes proxectos, non só dixitais, senón tamén aqueles que utilizan o medios dixitais como vía. Reseñable tamén a oportunidade de formación para o profesorado en eidos coma a avaliación e autoavaliación dixital da práctica docente.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  1. Autoavaliación SELFIE: resumo das áreas do informe SELFIE de cada etapa educativa

  2. Test CDD: información recollida nas táboas 2.1, 2.2 e 2.3 do informe grupal do TestCDD de centro, táboa 1.3. en relación co perfil do profesorado participante no TestCDD.

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Competencia dixital das familias mellorable Familias Si
Debilidade Falta da potenciación do uso ético de recursos e contornas dixitais Organización de centro Si
Debilidade Baixa aplicación das TICs no eido da autoavaliación da práctica docente e na avaliación e feedback do alumnado Persoal docente Si
Debilidade Na actualidade non procede Persoal non docente Non
Fortaleza Puntuación superior a 4 na avaliación da competencia dixital ESO e FP Existencia de voluntariado TIC para resolución eventualidades aula Alumnado Non
Fortaleza Interese das familias na vida dixital do centro Familias Si
Fortaleza Dispoñibilidade de rede e equipamentos en cesión para todo o alumnado Infraestruturas Si
Fortaleza Participación en proxectos dixitais (E-Dixgal, Aprendo programando, continuidade nas liñas TIC do PFPP) que posibilita a aprendizaxe en entornos virtuais Oferta Si
Fortaleza Alumnado, profesorado e ED en todos os niveis valoran positivamente a estratexia disital do IES Organización de centro Si
Fortaleza Compromiso coa creación de materiais propios e no uso sistemático da aula virtual e na autoaprendizaxe Seis docentes de 27 con funcións de coordinación TIC Persoal docente Si
Fortaleza Na actualidade non procede Persoal non docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Escasa oferta e baixa calidade da oferta editoria E-Dixgal Administración educativa Non
Ameaza Número reducido de familias pertencentes á ANPA ANPA Si
Ameaza Limitación de empresas e pouca diversificación de sectores na contorna máis inmediata. Baixa conectividade en determinadas aldeas dos concellos da área de influencia do IES. Contorna Non
Ameaza Necesidade dunha base de datos de empresas con oferta FCT Outras Non
Oportunidade Confianza que se nos amosa na autonomía de centro Administración educativa Si
Oportunidade Actitude colaborativa. Participación positiva en tempos de non presencialidade (Covid) ANPA Non
Oportunidade A obriga dun Plan Dixital como acicate para a propia autoavaliación Lexislación Si
Oportunidade AGARESO (proxecto EPDLAB), narrativas dixitais Fundación Botín, proxecto educación emocional campus virtual Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

As áreas prioritarias son a garantía de recursos e oportunidades para o alumnado, o traballo coas novas tecnoloxías en aspectos coma a avaliación e autoavaliación e a relación entre familias e centro a través de medios tecnolóxicos.

 

Neste intre, o centro dispón de suficiente equipamento e infraestrutura tecnolóxica. Porén, pode ser posible o requerimento de material novo, dependendo dos membros da comunidade educativa, en especial o alumnado, que así o requiran.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Garantir en todo momento a dispoñibilidade e correcto funcionamento de equipamento TIC e conectividade para todo o alumnado, tanto dentro coma fóra do IES
O2PD Crear materiais audiovisuais referentes á promoción de actividades de centro para a súa difusión en redes sociais.
O3PD Promover o uso de plataformas dixitais na comunicación entre colectivos da comunidade escolar.
O4PD Analizar e valorar os recursos que ofrece o programa Polos Creativos
O5PD Crear un material interactivo para consulta en relación á mediación escolar, nas directrices que marca a liña correspondente do PFPP

Seguimento

Procedemento

- Reunións periódicas mensuais co equipo docente

- Reunións periódicas trimestrais co mentor ADIX

1º Trimestre

- Revisión cumprimento accións primeiro trimestre

- Reunión con equipo ADIX

Valoración positiva: cumprimento do obxectivo 1 e avance nos demais.

2º Trimestre

- Revisión cumprimento accións segundo trimestre

- Reunión con equipo ADIX

Valoración positiva: avance en obxectivos 2, 3, 4, 5.

3º Trimestre

- Revisión cumprimento accións terceiro trimestre

- Reunión con equipo ADIX

- Valoración positiva: cumpridos obxectivos 1 (total), 2 (total), 3 (parcial), 4 (total) e 5 (parcial).

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Para o obxectivo 1: o 100 do alumnado tivo equipo e conectividade, e está satisfeito coa xestión.

Para o obxectivo 2: durante todo o curso creáronse diferentes vídeos e outros materiais dixitais para promover as actividades do IES, e están publicados en RRSS @ochoupin

Para o obxectivo 3: respecto ao alumnado, o uso EDIXGAL é xa unha realidade, tanto a nivel de comunicación, calendario, etc.; respecto ao profesorado creouse un curso na aula virtual con diferentes modelos de pdf e outros documentos editables, así como un curso de titoriais TIC; respecto ás familias, valoramos como máis operativo dar a información para uso ABALAR ao comezo do vindeiro curso, mesmo cos impresos de matrícula.

Para o obxectivo 4: o coordinador de Polos Creativos transmitiunos toda a información referente ao mesmos. Creáronse, entre outros materiais: curso aula virtual, chapas conmemorativas feira das ciencias, impresión 3D trofeos premio, creación dunha emisora de radio no IES.

Para o obxectivo 5: Comezouse a gravación dunha simulación dun proceso de mediación escolar, que servirá como soporte de formación. Está previsto que para o vindeiro curso se remate toda a montaxe e publicación.

Proposta de mellora

Con respecto aos obxectivos:

Obx.3) Entregar material informativo práctico sobre o uso de ABALAR ás familias coa folla de matrícula para o vindeiro curso.

Obx.5) Rematar o vindeiro curso a montaxe do material didáctico "Formación Mediación Escolar"

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Definición da estratexia ou protocolo para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa (posterior á súa aprobación).

- Publicación na web do IES

- Presentación aos novos Claustro e CE

- Inclusión nos documentos propios de centro

- Promocións das accións específicas a desenvolver dentro do plan

- Revisión/actualización do buzón de suxerencias