Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan Dixital de Centro recollerá as accións a desenvolver para mellorar a competencia dixital do Instituto Aínda que o proceso de desenvolvemento e difusión das tecnoloxías é imparable, parece que xa se consolidaron unha serie de recursos, ferramentas e servizos que permiten mellorar os procesos educativos, non só os que pasa na aula, senón tamén todos aqueles que axudan a que os centros educativos cumpran coa súa función formativa. Tendo en conta o mundo no que vivimos, é necesario abordar o tema da tecnoloxía dende unha perspectiva máis global, mirando 0 centro como a unidade de transformación e deseñando plans de mellora que poidan ser desenvolvidos co impulso do equipo directivo do centro. No tocante á lexislación con referencia ao Plan Dixital, hai que nomear:

  • Marco Europeo para Organizaciones Educativas Digitalmente Competentes (DigCompOrg), desenvolto polo Centro Común de Investigación.
  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art.132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Si falamos de contextualización, no relativo ó alumnado, procede do medio rural (40%) e do medio semiurbano (60%) do concello de Cervo. Tamén hai alumnos e alumnas do concello de Xove, que acoden a facer os Bacharelatos, con características semellantes. As súas familias teñen un nivel socioeconómico medio, e son traballadores fundamentalmente da industria. Existe un número importante de familias inmigrantes doutras zonas do Estado e doutros países (Cabo Verde, Cuba, Portugal ...) que en xeral están ben integradas socialmente. Caracterízase por ser activo e participativo de cara ao deporte, con algunhas excepcións de desmotivación, falta de esforzo e desinterese polas actividades académicas e intelectuais.

Sobre as familias, caracterízanse por ser socialmente participativas a través de múltiples asociacións existentes, sobre todo as de carácter deportivo. As profesións máis abundantes son os traballadores por conta allea na industria de Alcoa, pero tamén existe un número importante de economía mixta: agrícola, mariñeira e de servizos. O nivel económico é medio. Constitúense en núcleos familiares reducidos, de non máis de 5 membros. No núcleo semiurbano, a lingua familiar é o galego nun 60% dos casos, aínda que esta se reduce ao 40% de uso polos seus fillos. No rural aumenta a porcentaxe achegándose ao 100% de uso, tanto polos pais coma polos fillos. A maioría das familias interésanse polo rendemento académico dos alumnos, e asisten con frecuencia ás reunións cos titores.

Respecto ao profesorado, nestes momentos a maioría do profesorado ten praza fixa no Centro. En xeral está preocupado e motivado pola súa formación profesional e participa en numerosas actividades de formación externa.

En relación co persoal non docente, no cadro de persoal deste Centro están integradas dúas conserxes, tres limpadoras e unha administrativa.

O centro sitúase xeográficamente aos pés do Cantábrico, formando parte da Mariña occidental lucense e de Cervo, concello que ocupa unha superficie de 75 km2, na que se asenta unha poboación de aproximadamente 5.000 habitantes que se distribúen en seis parroquias: Castelo, Cervo, Lieiro, Rúa, Sargadelos e Vilaestrofe.

Os símbolos de identidade do centro son: centro público con metodoloxía activa e innovadora, con valores democráticos e pluralismo baseados no traballo e a disciplina, co galego como lingua vehicular que forma persoas con atención á diversidade respectando a igualdade de oportunidades, educando na paz e na convivencia cunha xestión democrática.

Este plan formará parte do PEC a partir do curso 22/23, tendo importancia na redacción dos seguintes documentos: Plan de Igualdade e Convivencia, Plan de Atención á Diversidade, Proxecto Lector, Plan de uso da Biblioteca, Normalización Lingüística e estará tamén reflectido nas programacións didácticas tanto LOMCE como LOMLOE.

Ó estar dentro dos plans de centro para o curso 22/23 formará parte do PXA e terá unha información, un seguimento e unha avaliación durante o vindeiro curso. Será remitido ás autoridades educativas xunto ao PXA no primeiro trimestre de curso.

No tocante ó proceso de elaboración, despois do informe SELFIE e do Test CDD de cada etapa educativa por parte da comunidade educativa comeza a elaboración do Plan Dixital de Centro. Cos datos do informe SELFIE o Equipo de Dinamización Dixital xerou unha análise DAFO que forma parte do Plan e que serve para coñecer o punto de partida para a elaboración do Plan Dixital. Nunha segunda etapa completase o resto do Plan facendo especial fincapé no Plan de Acción no que se determinan os obxectivos concretando ata onde se quere chegar e as accións para conseguilo. Establecéronse obxectivos que se consideran medibles e alcanzables para o Centro. Tanto para a análise do DAFO como par a elaboración do resto do Plan Dixital de Centro seguiuse practicamente o mesmo proceso de elaboración: a continuación das reunións virtuais cos coordinadores que orientaron sobre o traballo a realizar polos distintos centros educativos realizase unha reunión de todo o Equipo de Dinamización Dixital para poñerse dacordo nas liñas directrices e para organizar as tarefas. Faise unha división en grupos de dúas persoas, tanto para a xeración da análise DAFO como para a elaboración do Plan de acción segundo os obxectivos determinados polos compoñentes de todo o Equipo. O resto de apartados cos que conta o Plan Dixital tamén foron repartidos por grupos tendo en conta a accesibilidade á información e a experiencia no centro dos diferentes membros do Equipo.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE (páxina 4 do Informe SELFIE)

Consultar anexo "Autoavaliación SELFIE"

Autoavaliación do test CDD (táboas)

Consultar anexo "Autoavaliación do Test CDD"

Interno
42 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado en xeral non aprende a crear contidos dixitais e considera que emprega de xeito limitado as TICS no centro. Alumnado Si
Debilidade Tampouco adica en liñas xerais moito tempo no emprego das mesmas para o ocio. Alumnado Si
Debilidade Na ESO non se aprende a comprobar que a información que se atopa en internet sexa fiable e precisa. Alumnado Si
Debilidade Ademais o alumnado de ESO e FP non valora o traballo doutras persoas que atopa en internet. Alumnado Si
Debilidade Non hai implementación de programas dixitais (Edixgal) para dotación conxunta dixital. Existe pouca formación en software libre. Infraestruturas Si
Debilidade Non hai suficientes dispositivos portátiles no centro para que o alumnado poida levalos para a casa cando sexa necesario. Infraestruturas Non
Debilidade Apenas existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensino e aprendizaxe Infraestruturas Non
Debilidade O alumnado con necesidades educativas especiais non ten acceso a tecnoloxías asistenciais. Oferta Non
Debilidade Falta de liderado en materia dixital e ausencia dunha estratexia dixital común. Organización de centro Si
Debilidade Non existen medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta relacionadas coas necesidades de aprendizaxe dos alumnos e o seu contexto socioeconómico, nin un plan para axudar ao profesorado a afrontar os desafíos que xorden con este tipo de aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade Apenas se realizan visitas de estudos (por exemplo, a outros centros, empresas ou organizacións) Organización de centro Non
Debilidade Non se ten dispoñibilidade horaria para deseño de contidos dixitais propios. Persoal docente Si
Debilidade A formación é mellorable en dereitos de autor. Persoal docente Si
Debilidade O alumnado (excepto na FP) manifesta non participar máis cando se emprega a tecnoloxía. Persoal docente Non
Debilidade Non se debate o suficiente co profesorado sobre as súas necesidades de DPC no relativo ao ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade O equipo directivo non axuda o suficiente ao profesorado a que intercambien experiencias dentro da comunidade educativa sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Na ESO e bacharelato o profesorado non emprega actividades de aprendizaxe dixitais que fomenten a creatividade entre o alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Na ESO o profesorado non emprega tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado nin para fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Debilidade Non se empregan o suficiente as tecnoloxías dixitais con fins de orientación profesional. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non emprega os suficiente datos dixitais sobre o alumnado para mellorar a súa experiencia de aprendizaxe, non innova con tecnoloxías. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non emprega tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado nin para que o alumnado realice observacións sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Si
Fortaleza Actuación do alumnado en xeral de maneira segura e responsable en internet, aprendendo a comunicarse empregando as tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza Comprensión da necesidade de comprobar que a información que se atopa en internet sea fiable e precisa por parte do alumnado de Bacharelato e de FP, así como de dar crédito ao traballo doutras persoas que atopa en internet. Alumnado Si
Fortaleza Aseguramento do equipo directivo de que o alumnado desenvolva habilidades dixitais para diferentes materias. Alumnado Si
Fortaleza Existencia dunha rede, equipamentos e software á disposición do profesorado. Infraestruturas Si
Fortaleza Existencia de aulas específicas de informática (4). Infraestruturas Non
Fortaleza Asistencia técnica a cargo dun profesional externo (hardware e software existente). Infraestruturas Non
Fortaleza Os espazos físicos do centro facilitan o ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza Realización de actividades formativas internas organizadas polo centro (por exemplo, talleres impartidos polo coordinador TIC ou observando como traballan os compañeiros). Oferta Si
Fortaleza O equipo directivo coñece a normativa relativa a adquisición de equipamento informático para os centros educativos e o centro difunde a información de interese e facilita o seguimento da actividade académica do alumnado a través de servizos dixitais educativos corporativos (web, aula virtual, vídeo conferencia, abalarMóbil, correo electrónico...) Organización de centro Non
Fortaleza Nas aulas do centro hai equipamento informático mercado polo propio centro e o profesorado é coñecedor/a das vantaxes do emprego de software libre no ámbito educativo e dispón e fai uso deste tipo de ferramentas no centro. Organización de centro Si
Fortaleza Existe a posibilidade de usos de medios dixitais tanto individuais como colectivos e de axuda dixital a través de profesional externo. Organización de centro Si
Fortaleza O centro emprega servizos dixitais educativos corporativos (web,aula virtual, videoconferencia, correo corporativo...) para difundir información do centro e o ensino virtual. Organización de centro Si
Fortaleza O equipo directivo promove o emprego de software libre no ámbito educativo e a creación conxunta de coñecemento a través da organización dun Plan de formación en centros. Organización de centro Si
Fortaleza Dende o centro tamén se promove a participación do profesorado en actividades formativas individuais organizadas polas Administración Educativa para a actualización das competencias dixitais do profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza Emprego de tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ó centro educativo,para avaliar ou facilitar retroalimentación personalizada e apoio ao alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza En bacharelato e FP o profesorado emprega tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O equipo directivo tamén axuda ao profesorado a empregar tecnoloxías dixitais para a avaliación. Persoal docente Non
Fortaleza Existencia de profesorado especialista (2) en Informática. Persoal docente Non
Fortaleza Participación en actividades de formación dixital. Persoal docente Si
Fortaleza O noso profesorado busca recursos educativos dixitais en liña, crea recursos dixitais para reforzar a súa labor de ensino e emprega ambientes virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Na FP o profesorado emprega actividades de aprendizaxe dixitais que fomentan a creatividade entre o alumnado. Persoal docente Non
42 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non hai unha actualización de equipos informáticos obsoletos. Administración educativa Si
Ameaza Hai unha falta de estratexias comúns a tódolos centros. Administración educativa Si
Ameaza Pouca resposta diante das necesidades puntuais (confinamentos). Administración educativa Si
Ameaza Hai pouco persoal con praza definitiva. Administración educativa Non
Ameaza En canto ó profesorado, apenas se ofrecen programas acreditados (por exemplo, cursos breves acreditados ou programas de grao) fora dos ofertados en FPROFE. Administración educativa Non
Ameaza Non todo o alumnado dispón de dispositivos para realizar as tarefas escolares fora do centro. ANPA Non
Ameaza Hai pouca variedade de empresas con posibilidades de colaboración. ANPA Non
Oportunidade Ademais o profesorado ten acceso a posibilidades de DPC no relativo ao ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Si
Oportunidade Existe a posibilidade de incorporación a programas dixitais que aportan equipamentos xerais (Edixgal) e de formación dixital libre a través de Moodle. Administración educativa Si
Oportunidade Tamén hai unha estreita colaboración co Concello. ANPA Non
Oportunidade Existe a posibilidade de convenios con empresas punteiras así como de axudas puntuais para compra de equipos informáticos (Alcoa). ANPA Non
Oportunidade Hai unha colaboración con entidades universitarias (UDC) así como con empresas de outras provincias ou comunidades. Outras Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O centro conta cun amplo conxunto de ordenadores, que inclúe un por cada departamento, un en cada aula con encerado dixital, seis na biblioteca, sete en administración, trece na aula de tecnoloxía, dez no laboratorio do ciclo de química e cinco na sala de profesorado.

Tamén dispón de varias aulas de informática, con vinte e dous, vinte e tres e quince ordenadores en cada una das mesmas.

Ademáis, tamén se conta con varios equipos periféricos, como son dúas impresoras 3D en tecnoloxía, dúas impresoras en conserxería, catro impresoras multifunción en administración, un escáner na sala de profesorado, unha impresora multifunción na biblioteca e dúas impresoras multifunción no conxunto das aulas de informática.

Finalmente disponse de seis cámaras web para videoconferencias, así como tres canóns para presentacións no conxunto de sala de profesorado e biblioteca.

O centro conta cunha aula virtual propia na que o profesorado se sinte partícipe activo no proceso de aprendizaxe do alumnado. Tamén conta con ferramentas como AbalarMóbil, na que o equipo docente e titores poden interactuar coas familias.

Durante os últimos anos o centro participou en programas de formación relacionados coas TIC, como o de Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Facer partícipe ao centro educativo dun proxecto eTwinning.
O05PD Mellora dos equipos informáticos e das instalacións
O06PD Desenvolver as habilidades dixitais do alumnado da ESO
O07PD Realizar formación específica en Polos Creativos

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación co grao de consecución de obxectivos nos seguintes contextos:

No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao trimestre, facendo xuntanzas do Equipo de Dinamización do Plan Dixital e levantando actas de ditas reunións, e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Analizarase se os obxectivos e as accións do Plan Dixital se están a acadar ou non.

1º Trimestre

Levarase a cabo mediante o seguimento da táboa de indicadores de logro dos obxectivos do Plan Dixital de Centro establecidos na aplicación Educalidade:

Obxectivo 1: Facer partícipe ao centro educativo dun proxecto eTwinning.

Valoración da acción: non se avanzou respecto do curso pasado, polo que está en estado aprazado.

Obxectivo 2: Mellora dos equipos informáticos e das instalacións.

Valoración da acción: compráronse dous pcs que permiten usar programas informáticos máis recentes en favor da ensinzas no eido das TICs do alumnado. O estado é realizado parcialmente.

Obxectivo 3: Desenvolver as habilidades dixitais do alumnado da ESO.

Valoración da acción: cabe destacar que o Plan Dixital do centro conta con estratexias para minimizar as desigualdades e reducir a fenda dixital, poñendo a disposición do alumnado mais vulnerable o préstamo de ordenadores portátiles (programa Educa en Dixital). Aínda que non contamos con Edixgal, a maioría das materias, e en tódolos niveis, contan con recursos dixitais na Aula Virtual.  Aínda que non é de doada medición, consideramos que o estado do obxectivo está realizado parcialmente.

Obxectivo 4: Realizar formación específica en Polos Creativos.

Valoración da acción: creamos un PFPP en Polos Creativos, cun total de 7 profesores. A formación é sobre deseño e impresión 3D e tamén no eido dos contidos audiovisuais. No primeiro trimestre xa tivemos a formación (4 horas) en 3D e xa realilzamos sesións de traballo en grupo e individual. En consecuencia o estado do obxectivo é realizado parcialmente.

 

2º Trimestre

Levarase a cabo mediante o seguimento da táboa de indicadores de logro dos obxectivos do Plan Dixital de Centro establecidos na aplicación Educalidade:

Obxectivo 1: Facer partícipe ao centro educativo dun proxecto eTwinning.

Valoración da acción: non se avanzou respecto do curso pasado, polo que está en estado aprazado.

Obxectivo 2: Mellora dos equipos informáticos e das instalacións.

Valoración da acción: está pendente a compra de novos equipos para as aulas de informática. O estado é realizado parcialmente.

Obxectivo 3: Desenvolver as habilidades dixitais do alumnado da ESO.

Valoración da acción: cabe destacar que o Plan Dixital do centro conta con estratexias para minimizar as desigualdades e reducir a fenda dixital, poñendo a disposición do alumnado mais vulnerable o préstamo de ordenadores portátiles (programa Educa en Dixital). Aínda que non contamos con Edixgal, a maioría das materias, e en tódolos niveis, contan con recursos dixitais na Aula Virtual.  Aínda que non é de doada medición, consideramos que o estado do obxectivo está realizado parcialmente.

Obxectivo 4: Realizar formación específica en Polos Creativos.

Valoración da acción: creamos un PFPP en Polos Creativos, cun total de 7 profesores. Está rematada a parte de 3D. Atópase na realización de contidos dixitais. En consecuencia o estado do obxectivo é realizado parcialmente.

3º Trimestre

Levouse a cabo mediante o seguimento da táboa de indicadores de logro dos obxectivos do Plan Dixital de Centro establecidos na aplicación Educalidade:

Obxectivo 1: Facer partícipe ao centro educativo dun proxecto eTwinning.

Valoración da acción: non se avanzou respecto do curso pasado, polo que está en estado aprazado.

Obxectivo 2: Mellora dos equipos informáticos e das instalacións.

Valoración da acción: Acadáronse novos equipos para as aulas de informática e para outras aulas de docencia.

Obxectivo 3: Desenvolver as habilidades dixitais do alumnado da ESO.

Valoración da acción: cabe destacar que o Plan Dixital do centro conta con estratexias para minimizar as desigualdades e reducir a fenda dixital, poñendo a disposición do alumnado mais vulnerable o préstamo de ordenadores portátiles (programa Educa en Dixital). Aínda que non contamos con Edixgal, a maioría das materias, e en tódolos niveis, contan con recursos dixitais na Aula Virtual.  Aínda que non é de doada medición, consideramos que o estado do obxectivo está realizado parcialmente. 

A maioría das materias usan a ofimática para a elaboración de traballos e diferentes recursos dixitais. O uso dos recursos e novas tecnoloxía dixitais viuse reflexado na superación da acreditación das competencias dixitais do alumnado, coa superación do 75% do alumnado presentado a ditas probas.

Obxectivo 4: Realizar formación específica en Polos Creativos.

Valoración da acción: creamos un PFPP en Polos Creativos, cun total de 7 profesores. Rematouse dito plan de formación con gran aproveitamento e utilidade,  e continuará con outras liñas de acción o vindeiro curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación co grao de consecución de obxectivos nos seguintes contextos:

No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao trimestre, facendo xuntanzas do Equipo de Dinamización do Plan Dixital e levantando actas de ditas reunións, e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Analizarase se os obxectivos e as accións do Plan Dixital se están a acadar ou non.

No contexto da avaliación final mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao ano, e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

A valoración xeral é bastante positiva, tendo acadado cerca do 75 % dos obxectivos establecidos. Aumentou o uso dos servizos corporativos como Abalar Móbil e tamén o uso da Web do centro como medio de difusión da información para profesorado, alumnado e familias. 

Melloráronse os dispositvos electrónicos e informáticos do centro, actualizáronse outros e tamén se fomentou uso dixital da documentación do centro no repositorio compartido. 

A maioría do profesorado usou a Aula Virtual con contidos dixitais na programación da súa materia.

Levouse a cabo o PFPP con gran aproveitamento do mesmo, tanto no eido da impresión 3D como na creación de recursos audivisuáis.

 

Proposta de mellora

Seguir coa formación do PFPP en Polos Creativos, aprendendo a manexar novas ferramentas.

Promover a participación do profesorado en cursos para acadar os diferentes niveis de acreditación dixital docente.

Intentar cumplir o obxectivo de facer partícipe ao centro nun proxecto etwinning.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Realizaranse publicacións ao remate de cada Plan de Acción na páxina web do centro, explicando a consecución, ou non consecución do mesmo.