Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo acolle principalmente alumnos procedentes dos concellos de Mondoñedo e Lourenzá. Non obstante, unha minoría importante e significativa procede do veciño concello de Abadín e outro grupo de alumnos procede doutros concellos cercanos. No caso dos ciclos formativos acollemos incluso alumnado de fóra de Galicia. A contorna do centro é eminentemente rural e de interior, pese á cercanía da costa. As densidades de poboación son baixas e sufrimos dunha tendencia alta á diminución e envellentamento da poboación, arrastrada desde os anos 50 do século pasado cando se rexistrou unha forte emigración cara as capitais, a costa e outras zonas industriais. Non obstante, nos últimos anos notouse a incidencia da inmigración de familias principalmente de orixe marroquí e latinoamericanas. A nivel económico, o sector primario ocupa aínda boa parte da ocupación (por exemplo, os produtos hortícolas de Mondoñedo e a Faba de Lourenzá, de recoñecido prestixio), a pesar da crise do sector lácteo e gandeiro que trouxo o peche de moitas explotacións. Nos últimos anos o sector industrial recibiu tamén duros golpes co peche parcial ou total de importantes fábricas na contorna (Ecar, Hermida, Alcoa...). O comercio vese tamén afectado pola baixada da demanda local, como consecuencia da diminución da poboación e o debilitamento económico polas diferentes crises que atravesamos. En canto a infraestruturas dixitais hai aínda moita marxe de mellora, como se demostrou coa recente pandemia, que descubriu moitos problemas de conectividade de moitas familias e que cobraron crecente importancia que antes non se lles outorgaba. En xeral as conexións a Internet dos núcleos urbanos son mellores cás dos rurais, aínda que recentemente existen plans de mellora e extensión de fibra por moitos puntos da área de influencia principal do centro que agardamos poidan contribuír nun futuro próximo a unha mellor conectividade. Tendo en conta esta situación, e tamén que a finalidade do centro é formar ao alumnado e axudalo a desenvolverse na sociedade na que vive, o presente Plan Dixital trata de achegar accións de mellora no ámbito da competencia dixital, polo que tamén debe estar integrado noutros documentos como o Proxecto Educativo do centro, complementándoos e servindo, ademais, como instrumento para a reflexión e a mellora. O Plan Dixital e outros plans e programacións a desenvolver no centro deberán ser totalmente compatibles e complementarios. Un exemplo importante é a Programación Xeral Anual do curso vindeiro 23/24, que terá en conta o presente Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O uso das novas tecnoloxías xeneralizouse de tal xeito na nosa contorna e sociedade que se acabou por converter nunha ferramenta imprescindible na actualidade. Tanto é así que os centros educativos non poden permanecer alleos a tal circunstancia e deben dar respostas a novas demandas por parte dunha sociedade dixitalizada, introducindo unha nova dimensión nos procesos de ensinanza-aprendizaxe que deben ser tidos en conta polos equipos docentes, que deberán tratar de formar cidadáns con competencias para desenvolverse nunha contorna dixitalizada. O marco europeo para a competencia dixital dos educadores (DigCompEdu) trata de ser unha referencia que axude a implementar ferramentas e programas dirixidos a educadores de todos os niveis educativos e ten como obxectivo proporcionar modelos de competencia dixital para todas as organizacións educativas. Neste contexto, o Plan Dixital do centro é un documento onde se planifica e coordina o desenvolvemento do centro para facelo máis competente dixitalmente. Partindo dunha análise da súa realidade en relación ao uso das tecnoloxías dixitais, defínense nel plans de actuación, con obxectivos, actuacións específicas, a súa avaliación e difusión. Todo isto encamiñado a mellorar a competencia dixital tanto do alumnado coma do profesorado e, en última instancia, transformar o centro nunha institución educativa dixitalmente competente.

Interno
45 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Emprega moi pouco a tecnoloxía fóra do centro con fins de aprendizaxe, só con fines de ocio. Alumnado Non
Debilidade Escasa formación de como usar as tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Debilidade Unha Parte importante non sabe usar o software e as aplicacións para seguir as leccións na casa. Alumnado Si
Debilidade O alumnado de BAC e FP non dispón dun sistema de préstamo de ordenadores. Alumnado Non
Debilidade Mínima capacidade para crear contidos dixitais e pouco dominio das ferramentas básicas (Word, Excel¿). Alumnado Si
Debilidade Descoñecemento dos dereitos de autor. Alumnado Si
Debilidade Existen alumnos con problemas de conexión nas súas casas (coa liña telefónica e a wifi). Alumnado Non
Debilidade Uso inadecuado de contidos non educativos na aula. Alumnado Si
Debilidade Teñen pouco coñecemento sobre o uso seguro e responsable nas TIC. Alumnado Si
Debilidade Falta un plan estruturado para abordar a fenda dixital (establecer criterios e procedementos de préstamo de material dixital ao alumnado con necesidades socioeconómicas). Familias Non
Debilidade Baixa competencia dixital. Familias Si
Debilidade Diferencia de posibilidades entre os niveis educativos en infraestrutura dixital, acceso a internet e dispositivos. Infraestruturas Non
Debilidade Non existen bibliotecas, repositorios en liña ou unha base de datos para desenvolver actividades de aprendizaxe. Oferta Non
Debilidade Ausencia de entornos propicios para o uso das TIC, pola ratio elevada. Oferta Si
Debilidade Os grupos tan numerosos, non axudan a utilización das Tics nas aulas. Organización de centro Non
Debilidade Non contamos cunha estratexia dixital ben definida. Organización de centro Non
Debilidade Dixitalmente, non existe colaboración con outros centros, a excepción do CFR ou consellería. Organización de centro Si
Debilidade Non se debate sobre vantaxes/desvantaxes do uso das TIC no ensino. Organización de centro Non
Debilidade Falta de Motivación e implicación do profesorado no uso das TICS. Persoal docente Si
Debilidade Escasa creación de contidos e recursos dixitais propios e que motivan ao alumnado, por falta de tempo. Persoal docente Si
Debilidade Non todo o profesorado emprega as canles dixitais para comunicarse coas familias e alumnos. Persoal docente Non
Debilidade Uso insuficiente de ferramentas TIC que oferten multitude de posibilidades para facilitar o aprendizaxe colaborativo e multidisciplinar Persoal docente Non
Debilidade Non existe unha comunidade de intercambio de recursos educativos abertos. Persoal docente Si
Debilidade Parte do profesorado ten competencias dixitais insuficientes. Persoal docente Non
Debilidade En xeral dáse un reducido uso das tecnoloxías dixitais na práctica docente Persoal docente Si
Debilidade Baixo uso de ferramentas dixitais para a avaliación e retroalimentación dixital. Persoal docente Si
Debilidade Só existe colaboración dixital, no que atinxe a parte da persoa administrativa e un dos conserxes. Persoal non docente Non
Fortaleza Pode facer seguimento das tarefas e avaliación nalgunha materia a través da AV do centro ou Edixgal. Alumnado Non
Fortaleza O maioría do alumnado dispón de equipamentos dixitais na súa casa. Alumnado Non
Fortaleza Uso masivo polo alumnado da tecnoloxía no seu fogar para o ocio e tarefas escolares. Alumnado Non
Fortaleza Uso do abalarmóbil como canle de comunicación con pais/nais/titores. Familias Si
Fortaleza O centro conta con un bo equipamento e infraestruturas dixitais para o aprendizaxe nas aulas. Infraestruturas Si
Fortaleza O alumnado dispón de acceso aos materiais dixitais das diferentes materias a través do EVA-Edixgal e da Aula Virtual do centro. Infraestruturas Non
Fortaleza Na ESO os alumnos dispoñen de dispositivos dixitais para usalos cando os necesitan (equipamento Edixgal). Infraestruturas Non
Fortaleza Os espazos físicos do centro están dotados de wifi. Infraestruturas Si
Fortaleza No centro hai material para solucionar as dificultades relacionadas coa fenda dixital. Infraestruturas Non
Fortaleza Os membros da comunidade educativa atopan información actualizada na web do centro. Oferta Non
Fortaleza O centro oferta ensinanzas relacionadas coas TIC ( ITI, robótica, informática, tec.industrial..) Oferta Non
Fortaleza O centro difunde información e facilita o seguimento da actividade educativa do alumnado a través dos servicios dixitais educativos corporativos (web, aula virtual, videoconferencia, abalarmóbil). Organización de centro Non
Fortaleza O centro usa o software libre, que é coñecido e usado tamén polo alumnado. Organización de centro Non
Fortaleza O centro usa as redes sociais para a comunicación co profesorado, alumnado e familias. Organización de centro Non
Fortaleza Existe apoio entre o profesorado e o equipo directivo para a exploración de novas formas de ensinanzas dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Unha parte do profesorado mostra interese, participa nas actividades formativas e manexa de forma segura a tecnoloxía para preparar as clases, impartilas e manter comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza É consciente dos dereitos de autor e licenzas de uso. Persoal docente Non
Fortaleza Boa canle de comunicación co persoal administrativo e conserxe (facilitan e axilizan o traballo) Persoal non docente Non
45 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A formación organizada pola administración , non se axusta totalmente ás necesidades formativas en competencia dixital (dereitos de autor, programas, ferramentas etc). Administración educativa Non
Ameaza Os libros dixitais son de deficiente calidade. Administración educativa Non
Ameaza Non hai moita variedade de empresas na contorna que se adiquen ás tecnoloxías dixitais. Contorna Non
Ameaza As condicións xeográficas dunha poboación tan dispersa e illada, dificulta as conexións de acceso as TIC. Contorna Non
Ameaza Cambios constantes e un excesivo papeleo. Lexislación Non
Ameaza Demasiado traballo burocrático que resta tempo para a formación e traballo diario. Lexislación Non
Ameaza Gran carga horaria, incorporación tardía do alumnado, distintas necesidades do alumnado dentro da aula, inflúen negativamente para o uso das TIC. Lexislación Non
Ameaza Pouca conexión e polo tanto obxectividade coa vida real dos centros. Lexislación Non
Ameaza Asistencia técnica limitada, con marxe de mellora. Outras Si
Oportunidade Necesidade de mellorar a aplicación abalarmóbil. Administración educativa Non
Oportunidade Establecer filtros de calidade de control de acceso a contidos dixitais por parte do alumnado. Administración educativa Non
Oportunidade Alentar e reforzar sobre as políticas e o uso de recursos educativos abertos. Administración educativa Non
Oportunidade Pode dar apoios socioeconómicos para erradicar a fenda dixital. ANPA Non
Oportunidade Poderíase ofertar programas/talleres de contidos dixitais nas actividades extraescolares. Contorna Non
Oportunidade Apoia as bases para a elaboración dun crecemento sostible de materiais de aprendizaxe de calidade. Lexislación Non
Oportunidade Persoa allea ao centro que proporciona axuda e asesoramento técnico Outras Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O IES San Rosendo de Mondoñedo incorporouse ao Proxecto Abalar no curso 2010-2011. No curso 2018-2019 o centro integrouse no proxecto E-Dixgal dunha forma limitada, solo para primeiro da ESO e en sete materias: Ciencias Naturais, Educación Física, Relixión/Valores Éticos, Xeografía e Historia, Educación Plástica, Inglés e Investigación e Tratamento da Información (ITI). Pax 7 de 34 No curso 2019-2020 E-Dixgal ampliouse a 2º da ESO coa participación dos departamentos de Ciencias Naturais, Educación Física, Relixión, Xeografía e Historia, Educación Plástica, Inglés e Tecnoloxía No curso 2021-22 o proxecto E-Dixgal estendeuse a 3º e 4º da ESO e incorporouse o departamento de Música.

O centro está, en liñas xerais, ben dotado en canto ao equipamento nos espacios adicados á ESO e ao Bacharelato. En todas as aulas da ESO e nas de Bacharelato están instalados os kits dixitais do proxecto Abalar (ordenador do profesor, PDI e proxector). A maiores conta con tres aulas de informática, aínda que parte do equipamento das mesmas está obsoleto. Dispón dunha boa conexión a Internet, grazas á instalación recente dunha nova rede de banda ancha ultrarápida a través do Programa Escuelas Conectadas e dunha ampla cobertura WiFi.En cambio, a dotación das instalacións adicadas á Formación Profesional presenta certas deficiencias pois non dispón de cobertura WiFi, as aulas non están dotadas de Pizarras Dixitais Interactivas e conta cun número importante de ordenadores obsoletos. Para as ensinanzas específicas da Formación Profesional as instalacións dispoñen dun simulador forestal cun programa de manexo de procesadora e autocargador con sistema multipantalla e tecnoloxía 3D.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD CONTINUAR NO PROXECTO POLOS CREATIVOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA
O02PD ACTUALIZAR OU RENOVAR ORDENADORES E IMPRESORAS E PIZARRAS DIXITAIS Ó CENTRO.
O03PD SEGUIR INCORPORANDO NOVAS MATERIAS AO PROXECTO E-DIXGAL NO CENTRO
O04PD CREAR CONTIDOS E RECURSOS DIXITAIS PARA A PRÁCTICA DOCENTE
O05PD CONSEGUIR COMPARTIR MÁIS INFORMACIÓN A TRAVÉS DE ABALARMÓBIL
O06PD CONCIENCIAR Ó ALUMNADO DO USO RESPONSABLE, SEGURO E FIABLE DAS TIC/DISPOSITIVOS DIXITAIS
O07PD CONSEGUIR QUE TODOS OS DEPARTAMENTOS PUBLIQUEN NAS REDES SOCIAIS(PÁX WEB, INSTAGRAM..)
O08PD OFERTAR TALLERES/OBRADOIROS DE TIC FÓRA DO HORARIO LECTIVO PARA ALUMNADO E FAMILIAS, APROVEITANDO O PLAN DE FORMACIÓN NO CENTRO.

Seguimento

Procedemento

Ao longo do presente curso realizarase un seguimento trimestral das Accións Obxectivos acadadas, así como dos Obxectivos do Plan Dixital quedando reflectido nesta sección de EduCalidade.

1º Trimestre

Durante este trimestre púxose en marcha o plan de formación no cal nos reunimos para ver qué espazos tiñamos desaproveitados no IES sendo fundamental darlle un lavado a varios dos espacios e aproveitaremos moitas sesións para facelo.

Nas primeiras CCP e claustro fixéronse invitacións ao novo profesorado que se incorporou para que se anotara no plan dixital e nas materias E-Dixgal e este ano iniciamos a Física e quimica. Tamén xa se incorporaron varios compañeiros e compañeiras ao espazo agueiro donde temos compartida información para o PFPP.

Aproveitaremos o plan de formación para recolocar espazos, á espera de que cheguen as pantallas, e podamos así recolocar equipos e proxectores.

Case na totalidade de profesorado, familias e titores, usan abalar para a comunicación: pedir citas, enviar avisos e notificacións e completar información de titoría.

En canto a formación do alumnado seguimos con obradoiros e charlas pendentes pero destacar que participamos no V Concurso de ciberseguridade que lanzou a Consellería en colaboración coa garda civil e o noso centro levou un equipo a final de Aranjuez, fou un concurso no cal participamos co alumnado de 4º ESO e estivo moi motivado en resolver os retos donde se lles plantexaba desenmascarar acosos e ciberacosos na rede.

Queda pendente así tamén que o profesorado se conciencie de difundir información e publicar no seu espazo de departamento na páxina web.

E segue tamén pendente a formación para as familias, ben a través do PFPP ou ben a través da propia ANPA en colaboración co IES.

2º Trimestre

Neste segundo trimestre seguimos coas reunións dos equipos de traballo, por unha banda o equipo do plan dixital que profundizamos no uso de diferente software para edición de video e audio e así "alimentar" en formato físico e virtual as aulas virtuais elaborando diferentes materiais. E por outra banda o equipo de polos creativos que seguimos coñecendo e traballando coas máquinas presentes no espazo.

Temos pendentes charlas sobre ciberacoso pero xa se levaron a cabo charlas sobre o uso de redes sociais para o alumnado de 4º ESO.

Queda pendente nalgunha sesión do grupo de traballo incorporar ao profesorado a difusión de materiais e actividades a través da páxina web.

 

3º Trimestre

Neste tercer trimestre procedeuse á renovación de equipos nas aulas de informática e de tecnoloxía. Tamén chegaron as pantallas das aulas abalar pero están á espera de que den a orde para empezar a instalalas nas aula.

Recolleuse todo o material elaborado, tanto no pfpp do plan dixital como no de ollomao-polos creativos, en presentacións de genially e en páxinas de agueiro, sendo a sensación xeral do profesorado participante bastante satisfactorio.

Realizouse unha enquisa entre o profesorado en abalar box. En xeral o profesorado está contento coa dotación do centro pero só solicitan que funcione todo dado que hai bastantes desaxustes e moitos problemas no mantemento da dotación.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación co grao de consecución de obxectivos nos seguintes contextos:

No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao trimestre, facendo xuntanzas do Equipo de Dinamización do Plan Dixital e levantando actas de ditas reunións, e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Analizarase se os obxectivos e as accións do Plan Dixital se están a acadar ou non.

No contexto da avaliación final mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao ano, e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

A raíz dos resultados da enquisa a valoración con respecto ao uso dos espazos queda como sigue:

O 45% do profesorado que contestou a enquisa non usou nunca nin a aula de informática, nin a aula de polos creativos  nin a aula de proxeccións; polo que haberá que seguir incidindo nesta faceta do plan para que o profesorado se anime a utilizar a dotación. Un 45% usou algo do equipamento de polos creativos. En cambio case o 90 % usa algunha vez á semana a dotación edixgal co alumnado.

Un 70% do profesorado titor usa habitualmente abalar para as comunicacións entre profesorado e familias.

A formación que esperan o vindeiro ano pode ser: QGIS, AutoCAD, Gravación de imaxe e son, usos da IA e ampliar o que se aprendeu coa maquinaria de polos creativos.

Proposta de mellora

En canto as propostas de mellora como resultado da enquisa:

- Aumentar a integración das actividades desenvolvidas nestes espazos nos currículos das materias

- Que funcione todo como ten que funcionar, incidindo na pronta comunicación de incidencias e resolución.

- Formación específica para os espazos

- Maior implicación da comunidade educativa no plan dixital para que poda ter maior impacto.

A ter en conta para o deseño do novo plan dixital.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Neste apartado imos ver cales son os protocolos ou estratexias que serán precisos para publicitar e difundir o plan dixital do centro entre a comunidade educativa. O plan Dixital de Centro recolle as accións e os obxectivos a desenrolar para mellorar a competencia dixital do noso centro. Este plan debe estar revisado, polos dinamizadores do equipo do PD en cada curso escolar. Como ben sabemos, a súa presenza é importante no centro, pois garante que seguimos preocupados e con gañas de mellorar as competencias dixitais que tan importantes son no noso día a día. Ademais, as tecnoloxías son imparables e debemos estar actualizados para mellorar os procesos educativos existentes e os que están por vir. No mundo que vivimos é moi necesario que este plan dixital se manteña activo e deseñemos plans de mellora que poidan ser desenrolados co impulso do equipo directivo do centro. Unha vez elaborado este Plan Dixital de Centro é fundamental divulgalo e compartilo cos integrantes do centro educativo. En primeiro lugar, debemos presentalo e aprobalo en Claustro e Consello Escolar e por último, debemos de facer partícipes a todos os demais membros da Comunidade Educativa colgándoo na páxina web do noso Centro.

Nós colgámolo na páxina do centro e dímoslle difusión entre o claustro. Ademáis implicamos a un tercio do profesorado no plan de formación que tiña duas liñas claramente dixitáis e de polos creativos co que a implicación dese profesorado na liña dixital está conseguida. O que se tratará o vindeiro curso será seguir implicando a máis profesorado.