Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

CFEA  de Becerreá.

PENAMAIOR S/N. 27695. Becerreá.

ceca.altamontana@edu.xunta.gal

 

Centro con dous ciclos de FP, cunha media de 72 alumnos/as nos últimos anos e 9 profesores/as.

O noso centro de formación representa o único centro que imparte FP na comarca de "Os Ancares" e nos concellos limítrofes a mesma (Triacastela, Láncara, O Corgo, Baleira, Castroverde, A Fonsagrada, Negreira de Muñiz, Samos, Folgoso do Courel, Sarria, .......) dos que recibimos alumnadoo, onde adoitamos ter os cursos máis numerosos debido á cantidade de alumnos e alumnas que recibimos desde estes concellos de fóra da comarca.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Obtense a partir dos cuestionarios que se pasaron aos alumnos e profesores do centro.

Interno
63 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Unha gran parte do alumnado recoñece que se distrae en exceso cando emprega os dispositivos dixitais para buscar información relacionada cos temas impartidos nos diferentes módulos do ciclo. Alumnado Non
Debilidade A maior parte dos alumnos recoñece que cando emprega os dispositivos dixitais é máis para fins de carácter persoal e de entretemento que con vistas ao seu emprego como unha ferramenta de traballo. Alumnado Si
Debilidade O contar cunha única aula de informática para todo o centro prevese como un factor limitante con vistas ao incremento gradual das competencias dixitais dos alumnos. Alumnado Non
Debilidade Unha pequena parte do alumnado non dispón de conexión a internet na súa casa. Alumnado Non
Debilidade Por norma xeral, o alumnado que ven a estudar a este centro presenta unhas competencias dixitais insuficientes. Alumnado Si
Debilidade No ciclo superior, o normal é que se comparta un computador por cada dous alumnos cando se fan traballos na aula de informática. Alumnado Non
Debilidade En varias ocasións, as familias dos menores non responden as mensaxes enviadas polo centro. Familias Non
Debilidade Por norma xeral, as familias do alumnado presentan unha falta de formación no ámbito dixital e isto é un factor a ter en conta que limita a aprendizaxe dos alumnos. Familias Si
Debilidade Algúns alumnos presentan dificultades para atopar espazos tranquilos, na súa propia casa, onde poder practicar coas tecnoloxías dixitais sen ser molestados. Familias Non
Debilidade Varios dos proxectores do centro atópanse en situación de obsolescencia e dan problemas na imaxe. Infraestruturas Si
Debilidade Non dispoñemos de computadores portátiles nin de tabletas que se lle poidan prestar aos alumnos que as solicitasen para levar para a súa casa. Infraestruturas Non
Debilidade O centro non dispón de persoal especializado para solucionar os posibles problemas que poidan xurdir no emprego de tecnoloxías dixitais (dependencia dun servizo externo). Infraestruturas Si
Debilidade Os dous computadores portátiles dos que dispón o centro atópanse en situación de obsolescencia. Infraestruturas Si
Debilidade A conexión a internet é por medio dunha liña ADSL e é bastante lenta. Infraestruturas Si
Debilidade Os ordenadores da aula de informática e do resto das aulas son do ano 2018 e algúns comezan a dar problemas no acendido e tamén de bloqueo. Infraestruturas Si
Debilidade No noso centro non se desenvolve ningún plan de formación permanente do profesorado (PFPP). Oferta Non
Debilidade Actualmente, na nosa oferta educativa non existen módulos nin unidades didácticas que traten sobre o emprego das novas tecnoloxías orientadas a temas concretos. Oferta Non
Debilidade O noso centro non ofrece servizo de transporte, algo negativo para os alumnos que non poden dispoñer de coche. Oferta Non
Debilidade A oferta educativa do noso centro é reducida, tan só ofrécense 2 ciclos formativos relacionados coa familia agroforestal. Oferta Non
Debilidade O noso centro non participa en ningún programa de emprendemento dos existentes na comunidade autónoma de Galicia. Oferta Non
Debilidade A parte do internado do noso centro atópase pechada desde hai uns anos por falta de persoal encargado da seguridade no mesmo. O internado facía unha función moi positiva no caso de atraer alumnos que fosen menores de idade. Organización de centro Non
Debilidade O mantemento do centro atópase en boa parte externalizado. Organización de centro Non
Debilidade Orzamento anual moi axustado para poder levar a cabo todas as tarefas e actividades que se desenvolven no centro. Organización de centro Non
Debilidade Neste centro non existen repositorios ou bibliotecas en liña que conten con materiais de ensino e aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade A día de hoxe, o noso centro non conta con ningunha estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade O profesorado do noso centro non pode participar nas actividades formativas organizadas pola Administración educativa respecto da actualización das competencias didácticas. Organización de centro Non
Debilidade No noso centro non se avalía o progreso en materia dixital. Organización de centro Non
Debilidade O noso centro non forma nin formou nunca parte da Rede Galega de Educación Dixital (DixitalGal). Organización de centro Non
Debilidade O centro non conta con persoal especialista en temas informáticos de maneira presencial no mesmo. Organización de centro Non
Debilidade A día de hoxe, o centro non se atopa preparado para impartir clases online aos alumnos. Organización de centro Non
Debilidade Na actualidade, non existe ningún tipo de protocolo aprobado no caso de ter que impartir clase online. Organización de centro Non
Debilidade Non se fomenta a creatividade mediante o emprego de tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Parte do alumnado do noso centro considera que, nos ciclos da familia agroforestal, as tecnoloxías dixitais presentan unha importancia relativa. Persoal docente Non
Debilidade Outra parte do profesorado actual non conta co antigo Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP) ou co actual Master Universitario para a Formación do Profesorado. Persoal docente Non
Debilidade Por norma xeral, o profesorado non adoita empregar recursos educativos extraídos da rede. Persoal docente Non
Debilidade Neste centro nunca se desenvolveu ningún tipo de estratexia dixital. Persoal docente Non
Debilidade Neste tipo de centros e neste centro en concreto, o profesorado non dispón de posibilidades de desenvolvemento profesional continuo (DPC) no relativo ao emprego de tecnoloxías dixitais (do mesmo xeito que en calquera outro tipo de aprendizaxe). Persoal docente Non
Debilidade Os medios dixitais son pouco empregados por gran parte do profesorado do centro. Persoal docente Non
Debilidade Non existe ningún tipo de colaboración dixital con outros centros nin con outras organizacións. Persoal docente Non
Debilidade Os métodos de ensino do profesorado, en bastantes ocasións, non se focalizan no emprego de tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Sobrecarga de traballo, deste tipo de persoal, para comezar co emprego de novas ferramentas ofimáticas. Persoal non docente Non
Debilidade Dependencia de persoal externo ao propio centro para a resolución de incidencias tecnolóxicas. Persoal non docente Non
Fortaleza A maior parte do alumnado dispón de dispositivos dixitais (sen incluír os teléfonos móbiles) na súa casa. Alumnado Non
Fortaleza A maior parte do alumnado dispón de conexión a internet na súa casa, xa sexa esta de maior ou menor calidade. Alumnado Non
Fortaleza Practicamente a totalidade do alumnado dispón de teléfonos intelixentes que ben empregados poden ser unha ferramenta moi útil de traballo coas novas tecnoloxías. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado do centro e todo maior de 16 anos o que facilita a comunicación mediante mesaxería electrónica. Alumnado Non
Fortaleza Aceden a comunicación a través da mensaxería ABALAR. Familias Non
Fortaleza No caso dos menores de idade, infórmase diariamente ás familias sobre a súa asistencia, puntualidade, cualificacións e calquera outro tipo de incidencias a través da plataforma de comunicación do centro. Familias Non
Fortaleza No centro temos unha aula de informática con 11 ordenadores e un proxector. Infraestruturas Si
Fortaleza Dispoñemos de 6 aulas onde impartir a clase e cada unha delas presenta un ordenador e un proxector. Infraestruturas Si
Fortaleza Dispoñemos de dous ordenadores portátiles, bastante antigos, a empregar polo profesorado do centro. Infraestruturas Non
Fortaleza Contamos cun simulador de traballos forestais no que se poden combinar os programas de simulación para o traballo cunha procesadora, un autocargador ou unha retroescavadora segundo proceda (outubro de 2023). Infraestruturas Si
Fortaleza O centro dispón de conexión a internet. Infraestruturas Si
Fortaleza O noso centro ofrece servizo de comedor de luns a xoves durante todas as semanas do curso académico. Oferta Non
Fortaleza O profesorado ten liberdade para empregar a modalidade de ensino que lle pareza máis adecuada en función do módulo profesional impartido. Oferta Non
Fortaleza Empréganse recursos dixitais para a comunicación cos alumnos e as familias dos mesmos (no caso de menores de idade). Organización de centro Non
Fortaleza O equipo directivo do centro apoia a exploración de novas modalidades de ensino. Organización de centro Non
Fortaleza Emprego de medios dixitais para levar a cabo a organización interna do centro, especialmente no que se refire a comunicacións e rexistros dentro do mesmo. Organización de centro Non
Fortaleza No noso centro o profesorado ten liberdade para ensinar mediante o emprego de tecnoloxías dixitais cando o crea conveniente. Organización de centro Non
Fortaleza Unha parte do profesorado aprendeu a manexar o simulador de traballos forestais para ensinarlle a usalo aos alumnos do centro. Persoal docente Non
Fortaleza Unha parte do profesorado actual conta co antigo Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP) ou co actual Master Universitario para a Formación do Profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado deste centro, en liñas xerais, vaise desenvolvendo con certa suficiencia no emprego das novas tecnoloxías, aínda que non as usen demasiado. Persoal docente Non
Fortaleza O persoal non docente que realiza as tarefas administrativas presenta unha competencia dixital adecuada para realizar as tarefas que lle corresponden polo seu posto. Persoal non docente Non
63 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Depender, precisamente, da administración que ostenta as competencias en materia de educación para a actualización dos aparellos dixitais. Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo, por parte do profesorado, para dedicar esforzos en actualizar e mellorar os seus coñecementos coas tecnoloxías dixitais e para explorar métodos de ensino coas mesmas. Administración educativa Non
Ameaza Ao non depender os CFEA da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional non temos a posibilidade de renovar os equipos dixitais coa frecuencia que se fai nos centros que dependen da devandita consellería. Administración educativa Non
Ameaza Existe unha falta de comprensión dos estudos impartidos no noso centro e das súas necesidades dixitais específicas. Administración educativa Non
Ameaza Actualmente, máis da metade do persoal que imparte docencia neste centro atópase en situación de interinidade (inestabilidade laboral por parte do profesorado). Administración educativa Non
Ameaza O profesorado dos centros de formación, ao depender da Consellería de Medio Rural, non ten a posibilidade de solicitar a formación ofertada a través das diferentes convocatorias dos Plans de Formación Permanente do Profesorado (PFPP). Administración educativa Non
Ameaza Non todo o alumnado, matriculado actualmente no noso centro, ten acceso a internet dende a súa casa. Contorna Si
Ameaza O descenso de natalidade que están a experimentar, de maneira especial, as zonas rurais reflíctese no número de matrículas por curso. Contorna Non
Ameaza Non existe colaboración de ningún tipo con empresas, asociacións nin con outros centros, no relativo ao desenvolvemento da estratexia dixital do noso centro. Contorna Non
Ameaza En termos xerais, o nivel social e económico do noso alumnado é bastante variable. Contorna Non
Ameaza Os municipios que se atopan ao redor do noso centro presentan un marcado carácter rural e, nunha gran parte dos mesmos, non se dan, actualmente, as condicións necesarias para contar cunha conexión a internet de alta velocidade. Contorna Non
Ameaza Os municipios que se atopan ao redor do noso centro non contan cun importante tecido industrial, no sector agrario ou forestal, que poida proporcionar unha saída laboral adecuada aos alumnos que van acabando os seus estudos connosco. Contorna Non
Ameaza Os continuos cambios aos que se atopa sometida a lexislación educativa. Lexislación Non
Ameaza As ferramentas e tecnoloxías dixitais que se poden empregar atópanse bastante limitadas pola lei de protección de datos vixente. Lexislación Non
Ameaza O exceso de lexislación existente en materia de educación. Lexislación Non
Ameaza A protección dos datos de carácter persoal dos alumnos ha de quedar garantida. Lexislación Non
Ameaza A existencia dunha forte regulación lexislativa tradúcese nunha perda de autonomía pedagóxica por parte dos centros educativos e dos centros de formación. Lexislación Non
Ameaza Na actualidade, o noso centro non participa no programa ERASMUS. Outras Non
Ameaza Baixo recoñecemento do labor docente por parte da sociedade en xeral. Outras Non
Ameaza Non existe relación nin ningún tipo de colaboración co Concello onde se atopa radicado o noso centro. Outras Non
Ameaza Neste centro non existe financiamento externo por parte de ningunha entidade que non sexa o da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL). Outras Non
Ameaza Non existe colaboración dixital con outros centros nin con outras organizacións. Outras Non
Oportunidade A actualización de dispositivos dixitais é responsabilidade da Administración educativa Administración educativa Si
Oportunidade A administración educativa aposta por que todos os centros desenvolvan o seu propio plan dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Posibilidade de solicitar á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional a incorporación de equipos dixitais procedentes da renovación do material, en centros de ensino de primaria e secundaria, que se atopen en boas condicións. Administración educativa Si
Oportunidade Unha boa parte dos alumnos do centro conta con explotacións agrícolas ou gandeiras, de maior ou menor tamaño, dentro da súa contorna familiar. Contorna Non
Oportunidade A dixitalización atópase en auxe e presenta unha boa aceptación social, en liñas xerais. Contorna Si
Oportunidade Na USC, no seu campus de Lugo, impártese o grao en Enxeñería Forestal e do Medio Natural. Poden validarse ata 60 créditos, no grao en enxeñería, aos alumnos que cursaron previamente o ciclo superior en Xestión Forestal e do Medio Natural que se imparte no noso centro de formación. Contorna Non
Oportunidade O feito de dispoñer dun número reducido de alumnos, neste centro, permite ter unha ratio alumnos/profesor bastante baixa e isto mellora a calidade da atención aos mesmos. Contorna Non
Oportunidade É de supoñer que, na maior parte dos casos, o alumnado que se atope formado en competencias dixitais resultará máis atractivo para as empresas que opten por incorporar traballadores que estudasen os ciclos formativos que se están impartindo no noso centro de formación. Contorna Si
Oportunidade A lexislación apoia a dixitalización continuada de todos os centros de ensino, incluídos os centros de formación. Lexislación Non
Oportunidade Búscase consolidar a transición dixital da comunidade autónoma por medio da Estratexia de Galicia Dixital 2030. Esta Estratexia busca promover e desenvolver as capacidades dixitais no campo do ensino e da formación. Lexislación Non
Oportunidade Os CFEA atópanse financiados, nunha boa parte, por fondos procedentes de Europa, como son: o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e o Fondo Social Europeo (FSE). Outras Non
Oportunidade A existencia de editoriais que facilitan recursos dixitais para empregar tanto na modalidade presencial como na modalidade online. Outras Non
Oportunidade O incremento progresivo do emprego das tecnoloxías dixitais en sectores como o agrario, o gandeiro, o forestal e o medioambiental. Outras Non
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da análise DAFO desenvólvese o Plan de Acción cos obxectivos que se indican a continuación.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Poner un calendario para a actualización de dispositivos dixitais
O02PD Valorar a introducción da aula virtual educativa na docencia.
O03PD Solicitar a mellora das infraestructuras e do equipamento dixital.
O04PD Melllorar a formación do profesorado no ámbito dixital.
O05PD Mellorar a competencia dixital do alumnado a través dos distintos módulos impartidos.

Seguimento

Procedemento

A paritr dos obxectivos faranse revisións trimestrais das accións en reunións do equipo directivo que se anotarán nos seguientes apartados.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos realizarase a partir dunha avaliación trimestral e outra final que quedarán reflectidos neste apartado.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital será dado a coñecer aos membros do Claustro e do Consello Escolar e, unha vez aprobado, será publicado a través desta plataforma.