Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro:

O CEEPR Ilustre Mestre está situado na Rúa Ramón Puga Noguerol s/n. 32005. Ourense Correo electrónico: ceepr.ilustre.mestre@edu.xunta.es

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información foron o Selfie e o test CDD aprobados pola UE, e que cremos que foron suficientes de cara a facer a nosa análise do DAFO

Interno
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade As familias dispoñen de mala calidade no seu acceso a internet Familias Non
Debilidade Non temos recibido oferta formativa da ADMON EDUC sobre competencias dixitais Oferta Non
Debilidade Persoal con competencia dixital insuficiente Persoal docente Non
Debilidade Persoal con competencias dixitais insuficientes. Demasiados cambios no equipo non docente Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado mostra interese por traballar usando tecnoloxía dixital Alumnado Non
Fortaleza No centro facilítase acceso a internet para a E-A Infraestruturas Non
Fortaleza O profesorado colabora no centro para o uso da tecnoloxía Persoal docente Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A participación das familias é escasa ANPA Non
Ameaza A sinal de internet que recibimos no centro é deficiente Contorna Non
Ameaza Falta de colaboración intercentros e con outras entidades para compartir experiencias Outras Non
Oportunidade A ADMON EDUC aposta pola transformación educativa a través das tecnoloxías dixitais Administración educativa Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizado o DAFO tanto a nivel interno como externo, apostamos de cara aos nosos obxectivos por utiizar máis as NNTT e seguir mantendo o taller de robótica

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Matriculación de todo o alumnado no Xade. e emprego como app de comunicación de abalar pro coas familias
O02PD Facer novos taboleiros para traballar co tale bot
O03PD Posta en marcha dos polos creativos
O04PD Formación en robótica

Seguimento

Procedemento

Como somos tan pouquiño persoal o seguemento pode facerse facilmente e ademáis é un tema que se trata no claustro de profesores

1º Trimestre

Con respecto ao obxectivo de matriculación de todo o alumnado no Xade e volcado dos datos para poder utilizar o abalar pro como fonte de comunicación coas familias. Facer referencia a que é un obxectivo dificil de que o poidamos acadar algún día debido a que os centro de EE temos serios problemas de cara a utilización deste. O problema surxido e tratado coa UAC e que dado que os alumnos de escolarización combinada non poden ser matriculados en dous centro e xa están matriculados no seu centro de referencia, non podemos volcar os seus datos no abalar pro, e polo tanto non podemos ter a uns alumnos matriculados no Xade e a outros non.

Mentras non se cambien os parámetros do Xade e se axusten a tódolos modelos de centros educativos non o imos poder usar.

En canto á revisión de obxectivos de cara a traballar en robótica e creación dun grupo de traballo que os revise, e un obxectivo alcanzado, pero temos os obxectivos de robótica bastante parados dado que a persoa que principalmente se adicaba a traballar o tema de robótica por reestructuración de horarios xa non está a traballar este obxectivo

2º Trimestre

Con respecto á posta en marcha dos polos creativos, é un obxectivo que xa estamos traballando dado que xa recibimos formación ao respecto, e aínda que non mandaron material de ningún tipo ao noso centro estamos facendo actividades con material de refugallo e material sensorial.

3º Trimestre

En referencia ao obxectivo de formación en robótica o equipo de polos creativos xa recibiu formación con respecto a este obxectivo e facilitoulle a grabación do curso ao resto de persoal do centro. Polo que o obxectivo está acadado.

Con respecto ao obxectivo de usar o abalar pro de cara á comunicación coas familias como xa se aclarou no primeiro trimestre, non podemos matricular aos alumnos en escolarización combinada, polo que haberá que buscar outra aplicación de comunicación coas familias.

No referente aos obxectivos marcados con respecto ao robot que usamos no centro, somentes se acadou parcialmente o obxectivo xa que gran parte do último trimestre faltou o alumno co que máis se usa e somos pouco persoal para poder elaborar novos taboleiros, será un obxectivo a marcar de cara ao próximo curso.

E por último no que respecta ao obxectivo de implementación dos polos creativos como non se recibiu material por parte da administración este curso só o puidemos poñer en marcha no que atañe ao centro, no que atañe a buscar ubicación para o material e deseñar actividades a levar a cabo con él quedará para o próximo curso.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación final do plan será no mes de xuño, pero ao tratarse dun documento vivo, a avaliación procesual implica que se valore trimestralmente e prestarase atención ó estado de consecución das accións, análise e valoracións dos resultados, e de ser o caso as posibles modiificacións das accións e propostas de mellora.

Na avaliación final, os aspectos a considerar incluirán entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Os obxectivos e as accións que non se puideron levar a cabo escapábanse á nosa vontade, xa que algúns dependían da administración educativa, e outros á falta de horas de traballo persoal para poder desenvolvelos.

Proposta de mellora

Como propostas de mellora de cara ao curso que ven o que se pretende é:

- Buscar unha aplicación de comunicación coas familias.

- Ubicar o material dos polos creativos que envíe a administración e deseñar actividades para o seu uso.

- Elaborar novos taboleiros para traballar co robot do cole outros obxectivos.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A Comunidade Educativa está ó tanto do plan dixital e que poden ter acceso ao mesmo