Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.         Datos básicos do centro

O Conservatorio profesional de Música de Ourense localízase na Rúa Pablo Iglesias s/n,da cidade de Ourense. Nel impártense ensinanzas de Grao Elemental e Grao profesional nas seguintes especialidade: Acordeón, Canto, Clarinete, Clave, Contrabaixo, Fagot, Frauta de bico, Frauta traveseira, Gaita,  Guitarra, Óboe, Órgano, Percusión, Piano, Saxofón, Trombón, Trompa, Trompeta, Tuba, Viola, Viola da gamba, Violín e  Violoncello. O centro conta no curso 2023-2024 con 510 alumnos e con 58 profesores.

1.2.         Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O motor económico da provincia conta con sectores moi diversos que desenvolven o seu proxecto empresarial na zona. Así atopamos unha actividade industrial que convive co sector agroalimentario, cada día máis puxante e que podemos ver nas numerosas explotacións que progresaron nas derradeiras décadas. Subliñar tamén a ampla oferta turística que ofrece a cidade tanto na Ruta Xacobea como no Plan de termalismo. Dentro do sector primario, as familias dos nenos que asisten ao conservatorio adícanse á agricultura e á actividade vinícola. Hai que lembrar que a comarca de Ourense e o seu entorno ten dentro de sí unha das denominacións de orixe máis importantes no sector vinícola: O Ribeiro. Por outra parte é fundamental o comercio. Moitas das familias adícanse a esta actividade sen esquecer unha amplo abano socioeconómico medio alto formado por aquelas familias de profesións liberais: médicos, profesores, avogados, etc. e incluso funcionarios na súa maioría traballadores do Sergas ou da Xunta.

Nestes últimos dous anos, por mor da pandemia, o uso de novas tecnoloxías no centro aumentou exponencialmente, ata o punto de ser a única vía de impartir docencia durante o período de confinamento, ainda que no caso das materias instrumentais precisaríamos dun material moito máis específico tanto para profesores como para alumnos para poder desempeñar cun mínimo de garantías o noso traballo docente. Dende ese momento o seu uso ven sendo máis habitual, sobre todo nas materias teóricas, polo que o PD ten moita máis utilidade nestas materias. Nas materias instrumentais en ningún caso pode suplir á presenza física na aula. A súa función sería complementaria.

A Programación Xeral Anual do curso 2023-2024 vai ter en conta tódolos aspectos relacionados co Plan Dixital, sobre todo nos obxectivos específicos da programación, entre eles a mellora do funcionamento do centro a nivel pedagóxico, administrativo e tamén se incluirá nas programacións didácticas específicas de cada materia.

1.3.         Breve xustificación do mesmo

Figura a continuación a contextualización normativa en relación á elaboración do Plan Dixital no noso centro:

·       Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

·       RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2023/24.

·       Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 4). Modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, de educación (BOE do 30).

·       Decreto 198/2007, do 27 de setembro, polo que se establece a ordenación do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música (DOG do 25 de outubro).

·       Real decreto 1577/2006, do 22 de decembro, polo que se fixan os aspectos básicos do currículo das ensinanzas profesionais de música reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 20 de xaneiro de 2007). Modificado polo Real decreto 1953/2009, do 18 de decembro (BOE do 18 de xaneiro de 2010).

·       Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1.4.         Proceso de elaboración

Para a elaboración do Plan Dixital do centro creouse específicamente un grupo de traballo que coa axuda tanto da coordinadora do CFR como do responsable de zona do Plan Dixital levaron a cabo un traballo concienzudo basado nas necesidades específicas do profesorado e do alumndao do centro.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Situación de partida

1.1.         Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

O centro ten unha conectividade limitada en certos espazos do centro e noutros nula. Disponse de conexións cable na aula de Novas tecnoloxías , nas oficinas e na bibliteca.

No referente ao equipamento, disponse da aula de Novas tecnoloxías dotada con dez ordenadores de sobremesa. Tódalas aulas de materias teóricas dispoñen de ordenadores de sobremesa e varias delas con proxector. Algunhas das aulas de materias instrumentais tamén disponen de material informático. Ainda así hai moitas que non o teñen. A biblioteca dispón de catro ordenadores á disposición da comunidade educativa e un ordenador específico para a xestión da biblioteca.

En canto a servizos dixitais educativos, o centro conta cunha páxina web, aula virtual Moodle operativa, e a plataforma Centros Net para xestión administrativa e docente. A maiores empréganse tamén as plataformas que a Consellería pon ó servizo dos centros públicos (Webex Cisco, Falemos, correo @edu.xunta.gal…)

O mantemento do equipo informático está asignado a unha empresa externa.

Figuran a continuación ligazóns a protocolos do centro relacionados coas TIC:

https://www.conservatoriourense.gal/o-centro/aula-virtual.htm

https://www.conservatoriourense.gal/almacen/upload//Plan_de_continxencia_do_centro.pdf

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1.Metodoloxías didácticas con pouca presenza das TIC¿S. Oferta Si
Debilidade 3. Profesorado pouco activo para a creación de recursos dixitais. Persoal docente Non
Debilidade 1.Formación insuficiente en materia tecnolóxico-dixital nun sector do profesorado. Persoal docente Non
Debilidade 2. Falta de tempo para adquirir destrezas dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza 3. Boa conexión á internet. Infraestruturas Non
Fortaleza 1.Edificio con espazos amplios para desenvolver calquera tipo de actividade. Infraestruturas Non
Fortaleza 2. Boa dotación nas aulas con dispositivos tecnolóxicos. Infraestruturas Non
Fortaleza 1.Fomento do equipo directivo para formación do profesorado en recursos dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza 2. Fomentar o aproveitamento de recursos dixitais nas aulas. Organización de centro Non
Fortaleza 2. Recursos educativos tecnolóxicos. Persoal docente Non
Fortaleza 1.Adxudicación no centro de profesorado novo xa formado nas novas ferramentas dixitais e no seu dominio. Persoal docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 3. Plataformas pouco operativas para o desenvolvemento das tarefas administrativas e docentes (Codex e CentrosNet) relacionadas directamente co noso ensino. Administración educativa Non
Ameaza 1.Falta de soporte, aplicacións, almacenamento amplio en nube e ferramentas útiles e axeitadas ás nosas ensinanzas. Administración educativa Si
Ameaza 2. Dificultade de adquisición de materiais dixitais idóneos para desenvolver a actividade docente nas materias instrumentais. Administración educativa Non
Ameaza 2. Lexislación restrictiva respecto dos dereitos de imaxe (para poder usar dispositivos de vídeo durante as interpretacións musicais). Lexislación Non
Ameaza 1.Limitación de uso en ferramentas dixitais. Só se autorizan as ofertadas pola Consellería, e estas non son as idóneas para o uso docente nas ensinanzas musicais. Lexislación Non
Oportunidade 1. Fomento de novas metodoloxías adaptadas ao ensino do século XXI. Administración educativa Non
Oportunidade 2. Persoa mentora da Rede Galega de Educación Dixital a disposición do centro situado no ámbito xeográfico da súa competencia. Administración educativa Non
Oportunidade 2. Lexislación sobre uso de licenzas. Lexislación Non
Oportunidade 1.Promoción de novas metodoloxías relacionadas coas tecnoloxías. Lexislación Non
Oportunidade 1. Empregar as novas tecnoloxías para comunicarse co outras institucións. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, Test de CDD e outras fontes e criterios que o equipo de traballo tivo en conta, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver. De dito análise despréndese fundamentalmente a necesidade de impulsar no profesorado a elaboración de materias didácticos dixitais e a propia dixitalización de materiais (partituras e libros).

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
Implicar ao profesorado na utilización das novas tecnoloxías dentro da aula
Continuar o proceso de catalogación dos fondos e dinamizar o funcionamento da biblioteca do centro.
Aumentar a presenza das TIC nas metodoloxías didácticas empregadas
Dotar ao centro dunha ferramenta de almacenaxe axeitada ás necesidades

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

O primeiro trimestre do curso tratouse de contribuir  a implantar  e  "transformar" o enfoque que o profesorado plantexa no uso das ferramentas tecnolóxicas no ensino profesional da música. Se ben é certo que o uso dos dispositivos, os accesos as aulas virtuais e o emprego de aplicacións puideron ter a súa presenza nas aulas, especialmente das materias teórico ou teórico prácticas, tamén é certo que nas materias instrumentais están moi lonxe do seu uso.  

No tocante á bilbioteca, a catalogación, a organización e a dixitalización favorecen o uso a e acceso inmediato ós recursos. 

O uso da plataforma ABALARBOX, aporta un espazo de almacenamento que aínda non sendo mais idóneo pola capacidade ofrecida, está a ser cada vez mais utilizado. 

 

2º Trimestre

O segundo trimestre do curso permítenos observar que tanto  profesorado como alumnado  abordan un maior  uso das ferramentas tecnolóxicas no ensino profesional da música. Detectamnos que distintas ferramentas e aplicacións son empregadas especialmente para a comunicación entre docentes e familias e se nos traslada o emprego das mesmas para a realización de  traballos e para a presentación de contidos. Se ben é certo que o uso dos dispositivo, veuse menguado nas aulas pola orde e regularización dos móbiles nos centros educativos, os accesos as aulas virtuais e o emprego de aplicacións seguen a ter a súa presenza nas aulas con fins exclusivamente pedagóxicos e especialmente das materias teórico ou teórico prácticas. 

No tocante á bilbioteca, a catalogación, a organización e a dixitalización seguen a favorecer o uso a e acceso inmediato ós recursos. 

O uso da plataforma ABALARBOX, segue a aportar un espazo de almacenamento compartido  para traslado, especialmemente, de arquivos de audio e video.

3º Trimestre

O  profesorado e o alumnado  abordan un maior  uso das ferramentas tecnolóxicas e dixitais que podan ser útiles no ensino profesional da música.  isto pode observarse por exemplo nos concertos e activiades do centro. A formación do profesorado na acreditación dixital e noutros campos tamén é favorecedora deste uso, polo que a súa presenza no ensino é mais notable. 

 

No tocante á bilbioteca, a catalogación, a organización, a dinamización e a dixitalización seguen a favorecer o uso a e acceso inmediato ós recursos dispoñibles (preto de 8000 libros e partituras).

O uso da plataforma ABALARBOX, segue a aportar un espazo de almacenamento compartido  para traslado, especialmemente, de arquivos de audio e video.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

O  plan dixital dentro do centro educativo de ensino profesional de música, como é o que nos ocupa, require dunha adaptación dos contidos e dunha creatividade no uso das ferramentas dixitais por parte dos docentes de instrumento, á que nos debemos implicar, concienciar e abordar, investigando e probando recursos para os que   a formación nestes campos debe ser inmediata e rigorosa. So cambiando a forma de pensar e de afrontar o ensino poderemos aproveitar as innumerables ferramentas que están ao alcance e dar un xiro na metodoloxía, na avaliación, na redacción de competencias referidas intrínsecamente á música e ao seu estudo. 

Proposta de mellora

Impulsar a formación, referida ao uso das múltiples ferramentas dixitais, nos docentes.

Potenciar o uso das ferramentas dixitais no alumnado como recursos para aprender contidos implícitos na música e na interpretación.

Promover o uso das ferramentas de comunicación internas e externas 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión