Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Breve xustificación  do Plan Dixital en relación á normativa vixente
A normativa de desenvolvemento do plan dixital, concrétase no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Os postulados destos decretos inciden no seguinte:

 “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

2. Contextualización do Plan Dixital no centro e contribución ao Proxecto Educativo

    Na sociedade actual, consideramos necesario acompañar ao alumnado cara a competencia dixital, de aí a importancia de definir o tratamento das novas tecnoloxías no noso centro establecendo unha liña de actuación coherente en todas as etapas educativas.

    Incorporamos as tecnoloxías e dixitalización de maneira progresiva e natural, cun enfoque competencial, respectuoso, crítico e inclusivo respectando os principios da nosa escola. Progresivamente, planificaranse novos retos e obxectivos que leven ao alumnado ao dominio do campo dixital e tecnolóxico, facilitando a súa adaptación ao proxecto Edixgal da última etapa de educación primaria, quinto e sexto, buscando unha boa alfabetización informacional e destrezas tecnolóxicas traballando en proxectos de innovación educativa que se desenvolven no centro como, PLAMBE, EDIXGAL, Robótica, Biblioteca creativa, Digicraft...

    Na escola contamos con espazos e recursos que permiten incorporar a tecnoloxía nas distintas propostas e estruturas pedagóxicas con significatividade, converténdoas nun vehículo para adentrarnos nos distintos saberes e competencias do currículo.

3. Proceso de elaboración

    A elaboración do Plan Dixital iniciouse coa configuración dun plan de partida elaborado por José Manuel Alonso Gómez no ano académico 2021/2022.

    O coordinador na actualidade é José Miguel Corcobado Lorenzo que, en coordinación con outros mestres do centro, coordinadora EDIXGAL e TIC continúan a labor iniciada.

     A liña de traballo constou da:

1. Valoración e clasificación dos test SELFIE e test CDD para obtención de información seguindo as directrices do marco común de estratexia dixital Digcomorg, realizados no curso 21/23.

2. A reflexión de necesidades, fortalezas, ameazas e oportunidades, DAFO, empregando a información recollida previamente a inicio de curso.

3. Reelaboración dun plan de acción con uns obxectivos realistas adaptados ás necesidades do centro.

 

No presente curso 2023/2024 reelaborarase o plan para adaptalo á realidade actual.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

1. SELFIE
    Valoración da aplicación do test no curso 21/22 para reflexionar sobre as diferentes áreas a traballar e mellorar as puntuacións obtidas nel.

2. TEST CDD
   Ademais da aplicación do test a revisión das liñas de formación e acreditación da competencia dixital docente axudan a obter os perfís de traballo e desempeño dentro do centro.

3. OUTRAS FONTES
   Análise cuantitativo e cualitativo do centro, co equipo TIC e Claustro de profesorado aplicado a inicio de curso 2021/2022 para a valoración das debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades que se brindan no inicio do curso.

Interno
39 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Acesibilidade en Infantil e nos primeiros cursos de primaria. Alumnado Non
Debilidade Disposición das familias para acompañamentoe seguimento da tarefa. Alumnado Non
Debilidade Seguridade e control parental. Alumnado Non
Debilidade Falta de información. Familias Si
Debilidade Comunicación e Acción Titorial. Familias Si
Debilidade Complexidade educativa. Familias Si
Debilidade Faltan pizarras dixitais actualizadas e canóns en determinadas dependencias ou aulas específicas¿ Infraestruturas Non
Debilidade Falta de equipamento en alumnado cursos inferiores. Infraestruturas Non
Debilidade Equipos anticuados en infantil¿ Infraestruturas Non
Debilidade Interese por potenciar o ensino.aprendizaxe coas tics. Oferta Non
Debilidade Falta de seguridade . Oferta Non
Debilidade Necesidades educativas Organización de centro Non
Debilidade Sobrecarga de traballo Organización de centro Non
Debilidade Motivación de certo profesorado.Falta de reciclaxe e formación. Persoal docente Non
Debilidade Avaliación. Persoal docente Non
Debilidade Ensino aprendizaxe tradicional. Persoal docente Non
Debilidade Sobrecarga de accións,protocolos e proxectos no centro. Persoal docente Si
Debilidade Outras tarefas. Persoal non docente Non
Debilidade Formación e interese. Persoal non docente Non
Debilidade Implicación. Persoal non docente Non
Fortaleza Accesibilidade, maioritariamente cursos superiores de primaria. Alumnado Non
Fortaleza Colaboración entre eles. Alumnado Non
Fortaleza Cohabitación ensino tradicional e das tics. Alumnado Non
Fortaleza Interese pola búsqueda de información. Alumnado Non
Fortaleza Existencia e disposición de medios para a conexión. Familias Non
Fortaleza Facilidades e medios ao alumnado. Familias Non
Fortaleza Enlaces e recursos para o ensino aprendizaxe. Familias Non
Fortaleza Portátiles mestres titores e especialistas. Infraestruturas Non
Fortaleza Equipamento Edixgal 5º e 6º Infraestruturas Non
Fortaleza Comunicación dixital Oferta Non
Fortaleza Formas de conexión. Oferta Non
Fortaleza Métodos de ensino relacionados coas tics. Oferta Non
Fortaleza CEIP dunha liña educativa con un curso por nivel. Organización de centro Non
Fortaleza Comunicacións,aportacións, entre expertos,integradores e exploradores. Organización de centro Non
Fortaleza Boa comunicación. Organización de centro Non
Fortaleza Utilización das tics (dispositivos, plataformas e software) e infraestrutura (acceso a Internet, rede dispoñibles no meu centro para mellorar a educación. Persoal docente Non
Fortaleza Emprego das tecnoloxías dixitais para a propia aprendizaxe profesional. Persoal docente Non
Fortaleza Uso das tecnoloxías dixitais para mellorar a comunicación co profesorado, co alumnado e/ou coas familias. Persoal docente Non
Fortaleza Disposición para búsqueda de datos e comunicación. Persoal non docente Non
39 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Achegas económicas. Administración educativa Non
Ameaza Burocracia. Administración educativa Si
Ameaza Escasa dotación aos centros pequenos. Administración educativa Non
Ameaza Nivel socioeconómico medio-baixo ANPA Non
Ameaza Competencia dixital das familias. Contorna Si
Ameaza Escaso liderazgo e dinamización. Contorna Non
Ameaza Sobrecarga de protocolos, plans, proxectos... Lexislación Si
Oportunidade Dotación as familias con escasos recursos. Administración educativa Non
Oportunidade Estabilidade laboral docente. Administración educativa Non
Oportunidade Cooperacións e integración. ANPA Non
Oportunidade Proxectos e innovación. Lexislación Non
Oportunidade Formación. Lexislación Non
Oportunidade Actividades extraescolares en relación coas tics. Outras Non
Oportunidade Proxectos externos Outras Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Neste curso 2023-24 continuamos coa fase de implementación e avaliación, e como resultado da valoración e tendo en conta as propostas de mellora do curso pasado, reformulamos novos obxectivos cos que imos creando a estratexia dixital do noso centro xa que apoiámonos, en gran medida, nas fortalezas e oportunidades que son moitas para atallar as debilidades e ameazas que se nos presentan.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Utilizar as ferramentas dixitais para mellorar a eficacia e a eficiencia dos procecementos relacionados coa comunicación coas familias.
O02PD Aumentar a presenza en redes do centro..
O03PD Creación dun espazo documental en rede (na nube).
O04PD Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na aplicación INVENTARIO.

Seguimento

Procedemento

 Instrumentos de seguimento e diagnóstico do plan: Instrumentos de diagnóstico estandarizados a utilizar.

Para poder alcanzar os resultados propostos no Plan de Dixital de Centro  vaise levar a cabo unha avaliación continua que nos permitirá ver se os obxectivos expostos son os axeitados e se as medidas propostas son as correctas para lograr os obxectivos planificados podendo realizar as modificacións oportunas.

Valorarase o grao de implicación de cada un dos membros que compoñen a nosa Comunidade Educativa, así como a coordinación entre eles e o grao de aceptación das distintas propostas. Esta avaliación continua complementarase cunha avaliación final onde se valorarán os resultados obtidos, as posibles melloras, erros cometidos, necesidades e grao de satisfacción coa experiencia. Para todo iso, empregaranse os seguintes instrumentos de avaliación:

a) Revisión dos obxectivos e actividades expostas.

b) Avaliación das actividades propostas: diagnóstico inicial, desenvolvemento e conclusións.

c) Reunión de seguimento cos axentes implicados.

d) Memoria anual do Plan Dixital de Centro.

O seguimento e avaliación de plan está vinculada ao traballo de tres equipos:

- Equipo TIC

- Comisión de Coordinación Pedagóxica

- Equipo Directivo.

O principal responsable é o coordinador do plan (director) e o equipo TIC pois segundo as súas funcións correspóndelle “Deseñar, seguir, avaliar e actualizar o Plan TIC do Centro”.

O resto dos equipos colaboran segundo o expresado en diferentes apartados deste plan.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre realizáronse distintas tarefas encamiñadas á consecución das accións e obxectivos implementados no Plan Dixital actual. 

Leváronse a cabo a comezos de curso todas as accións referentes á posta en funcionamento e operatividade da Aula Virtual e da páxina web do centro, así como ao funcionamento e actualización das RRSS do centro. Ao longo de todo o trimestre realizáronse diferentes tarefas de actualización e mantemento dos equipos informáticas, e asesoramento e resolución de dúbidas que plantexaron en cada momento os membros do claustro.

Aumentouse  para todos os membros da comunidade educativa a difusión das diferentes actividades complementarias e extraescolares do centro por medio de distintas publicacións en Facebook  e Instagram. 

2º Trimestre

Ao longo do segundo trimestre, seguiron a realizarse distintas tarefas encamiñadas á consecución das accións e obxectivos implementados no Plan Dixital actual.

Habilítase o Punto Laranxa na páxina web do centro, así como a creación da conta de correo asociada ao mesmo e credenciais para o persoal correspondente. 

-Increméntase nun 30% o número de publicacións nas RR.SS (Facebook e Instagram) sobre diferentes contidos (excursións, obradoiros, Día de Rosalía, Día da Muller Traballadora, traballos de manualidades, entroido,...).

A meirande parte do claustro de mestres seguiron a traballar no PFPP solicitado. Neste segundo trimestre a actividade céntrase no uso de Canva.

3º Trimestre

Ao longo do terceiro trimestre, seguiron a realizarse distintas tarefas encamiñadas á consecución das accións e obxectivos implementados no Plan Dixital actual.

-Seguiron inseríndose contidos informativos na páxina web do centro. Ademais, seguiu a publicarse nas redes sociais do centro contidos referentes á celebración de actividades complementarias e extraescolares. Ao longo do curso a aceptación e boa acollida das familias con respecto a estas dúas redes sociais foi moi elevada.

-Elaboración da Memoria Final do Equipo de Dinamización das TICs do centro, na que se dá conta de accións concretas realizadas en tarefas de mantemento e actualización dos recursos do centro. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cando falamos de procedementos para a avaliación enfocámonos na observación directa, cuestionarios e os informes persoais.

observación directa a realizamos a través da “táboa de observación directa” en que contemplamos a conduta da comunidade educativa en aspectos relacionados co desenvolvemento do plan dixital no centro asi definimos uns indicadores e os agrupamos en tres categorías

-      Plan de centro

-      Sensibilización da comunidade educativa

-      Implicación da comunidade educativa.

Avaliación parcial:

A frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

O equipo de dinamización do plan dixital fará unha avaliación inicial do plan.

O seguimento do plan será trimestral e avaliaranse tanto os logros dos alumnos, o profesorado, o persoal non docente e as familias, como o Plan en si (obxectivos, contido, actividades, metodoloxía,  temporalización…).

-        Os equipos de ciclo farán unha valoración das accións programadas e da aplicación do mesmo, facendo  propostas de mellora cando así o estimen necesario.

-        Na Comisión de Coordinación Pedagóxica farase un seguimento e elaborarase un informe da avaliación levada a cabo.  Á devandita reunión poderá asistir o responsable do Plan de Dixitalización. O informe trasladarase ao Claustro e ao Consello escolar para o seu coñecemento, se procede, das medidas e actuacións propostas; así como a súa revisión e avaliación.

Avaliación final:

A avaliación continua complementarase cunha avaliación final onde se valoren os resultados obtidos, as posibles melloras, erros cometidos, necesidades e grao de satisfacción coa experiencia. Para todo iso, empregaranse, entre outros, os seguintes criterios de avaliación: 

-        O nivel de implicación do profesorado do centro.

-        O grao de consecución dos obxectivos establecidos.

-        A análise das causas que expliquen os resultados.

-        A revisión das actividades realizadas.

-        A idoneidade das actuacións programadas e dos recursos previstos para alcanzar os obxectivos.

-        A eficacia dos mecanismos de coordinación. 

Da avaliación final  levada a cabo no mes de xuño realizarase un informe final, que se plasmará na memoria do centro.

 

 

Valoración xeral

Á vista do realizado neste ano, pode considerarse que se acadou con éxito o plan deseñado e implementado no curso actual. Aínda así, cómpre falar dun éxito parcial, pois houbo obxectivos dos plantexados que non se puideron acadar ao 100%, tendo en conta os valores previstos inicialmente para os mesmos.

-Así, considéranse acadados cun éxito do 100% os obxectivos O01PD e O02DP.

- No tocante ao O03DP non se iniciou e queda pendente para o vindeiro curso 2024/2025.

- O O04PD esta acadado case na súa totalidade.

Proposta de mellora

-Continuar coa difusión das actividades do centro aproveitando os recursos dixitais corporativos, así como as canles de Facebook e Instagram creadas no curso pasado.

-Incrementar o coñecemento do funcionamento e emprego por parte do profesorado e do alumnado das ferramentas dixitais coas que conta actualmente o centro.

- Acadar o O03DP que quedou sen realizar.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O CEIP Vistahermosa publicará e divulgará este documento por diferentes medios a toda a comunidade educativa.

O Equipo Directivo será o encargado de difundilo polas seguintes canles:

· Depósito de copias na Dirección e Secretaría a disposición de calquera interesado/a que forme parte da comunidade educativa ou algún outro, segundo o criterio da Dirección do centro.

· Publicación na páxina web do centro.